Novas

Xornada 28/11/2021

This image for Image Layouts addon

Destacámo-la victoria do Cadete A diante do CD Lugo.

Xornada con moitos goles onde os nosos rapaces seguen a desfrutar da súa paixón. Destacámo-la victoria do noso Cadete A diante do CD Lugo que esperamos sirva como punto de inflexión. Tamén mandarlle unha forte aperta a Antía (porteira do Infantil A) que se recupere pronto e volva con moitas ganas de poñerse de novo as luvas.

Biberón A 4 - SD Villestro C 0
O Biberón A gañou un partido sen moita historia marcado pola diferenza de idade có rival que era de primeiro ano. Victoria clara nunha mañán fría pero co calor das gradas que non deixaron de desfrutar cás xogadas duns e doutros. Todo rematou cuns bos saúdos entre ambos equipos coma non podía ser doutro xeito.

Pb A 5 - San Pedro FC 0
Formar e divertirse será o único obxetivo deste grupo. Propio desa diversión sería o acontecido no encontro. Seguimos mellorando.

Pb B 2 - Tordoia 6
Partidazo dos nosos pequechos, que viven e celebran cada gol como se fose o último. Nin a auga nin o vento son capaces de quitarlle o sorriso. Eso é o máis importante e non tanto o resultado. A seguir medrando co traballo semanal.

Sar 0 - Pb C 3
Partido moi divertido nunha mañán fría onde os pequenos poideron desfrutar co fútbol e cunha victoria. Seguimos medrando.

SD Milladoiro 0 - Benxamín A 13
Sólido partido dos nosos para seguir no alto da tabla clasificatoria.

Benxamín B 4 - Sar 3
Partido perfecto, moi traballado e onde demostramos saber sufrir ata o final. Merecida recompensa para os nenos que teñen que estar orgullosos do seu traballo.

Dubra 7 - Benjamín C 1
Resultado moi abultado para os locais. Na primeira parte o marcador únicamente reflectía un 2-1 contra dos nosos. Pero nos primeiros minutos da segunda os locais tiveron máis acerto cara a porta e aproveitárono marcando 3 goles que finiquitaron o partido.

Benxamin D 3- E.F Lalin C 6
Partido diante dun rival superior, onde na primeira parte fomos quen de pornos por diante no marcador (1-0), pero na segunda parte o rival daríalle a volta con 3 goles, aínda así os nosos seguiron traballando e acadarían un empate momentáneo a tres goles, aínda que a alegría duraría pouca xa que na seguinte xogada o Lalín púxose de novo arriba no marcador. Ó final os nosos volcáronse pero non foron quen de acadar máis goles e o rival aproveitou as súas contras para marcar dous goles máis.

(FUTSAL) Benxamín 2 - SD Villestro 2
Partido moi disputado dende o minuto un que tivo dúas partes para cada equipo. Os nosos gozaron das mellores ocasións que desvaratou moi ben o porteiro rival.

Alevín A 6-1 Lalín
Partido máis serio dos nosos, que verían porta cedo e encarrilarían o partido xa na primeira metade. A partir de ahí, co 3-1 ao descanso, os cativos foron poñendo mais distancia ata acadar-lo resultado final.

Alevín B 2 - Calo 4
Moi moi boa primeira parte do noso equipo. Fomos ao descanso gañando 2-0, e con moi boas sensacións, unha mágora non poder mante-lo nivel ao longo de todo o partido.

SD Negreira 2 - Alevin C 7
Partido serio baixo a chuvia e o frío. Empezámo-lo o partido gañando 4-0. O rival deu un paso adiante, con dous zapatazos, pero o Alevín non se veu a baixo e sentenciou o partido con 3 goles na segunda parte.

SD Amio B 0 - Alevin D 4
Partido dos nosos alevíns moi completo cunha primeira parte, a mellor do que vai de tempada, chegando o descanso cunha vantaxe de dous a cero que cun pouco de acerto puideron deixa-lo partido pechado. Na segunda parte foi máis igualada aínda así marcamos dous goles e sufrimos máis dunha ocasión do equipo contrario, ó final conseguemos mante-la portería a cero. Agora a prepara-lo próximo partido

Calo B 2 - Alevín E 1
Inxusto resultado para os nosos nenos que gozaron de numerosas ocasións e non atoparon portería, mentras que o rival aproveitou as poucas que tivo para levarse o partido.

(FUTSAL) SD Villesro A 2 - Alevin A 6
Partido intenso e disputado entre dous equipos que se coñecen a perfección.
A pegada e intensidade dos nosos non dou opción en ningún intre ó rival de poder levarse o encontro.

(FUTSAL) Noia FS 1 - Alevín B 8
Moi bo partido do noso Alevín b en Noia. Os rapaces mostraron a súa superioridade e desfrutaron dunha vitoria cómoda.

SD Villestro 1 - Infantil A 9
Encontro xogado de visitantes, nun partido sen demasiada ciencia, onde o acontecido queda nun segundo plano trala lesión da nosa porteira Antía, que nos deu un susto importante pero, só quedou neso. Moito ánimo e esperamos unha boa e pronta recuperación para ela.

Infantil B 6 - Xuv. Aguiño 2
Os nosos entraron ó campo moi concentrados xa que dominaron e marcaron dous goles nos primeiros cinco minutos e dispoñeron e máis ocasións, pero non foi ata o minuto vinte cando acadaron o terceiro gol. A partires de ahí o equipo relaxouse e encaixou un gol. Na segunda metade ambos equipos quedaron cun xogador menos, quizáis esta circunstancia acusárona os nosos máis porque encaixaron outro gol que facía periga-la posible victoria que rematou producíndose xa que o equipo reaccionou marcando outros tres goles.

Indantil C 2 - SD Villestro B 0
Partido moi traballado polos nosos rapaces que foron quen de meter no seu campo ó rival durante a meirande parte dos oitenta minutos. A falta de puntería fixo que o resultado fose moi axustado, ó final quedamos cun home menos por lesión o que fixo que sufríramos un pouco. Felicitar ós rapaces que acadaron ambos goles en xogadas de estratexia.

Sar Extramundi 8 - Infantil D 1
Novo partido sen opcións para disputalo ata o final, nos primeiros catro minutos pechouse o encontro cun parcial de 4-0 en contra que deixou sen posibilidade ó noso equipo de estar enganchados ó encontro e sen capacidade de reacción. Con traballo mudaremos esta dinámica.

Cadete A 4 - CD Lugo 2
Partido moi serio dos rapaces, convencidos de que necesitabamos sumar canto antes. Tra-lo gol inicial do Lugo, os nosos plantáronlle cara a un rival superior, demostrando que poden competir contra calquera. A segunda volta está a piques de chegar e nos confiamos nos nosos rapaces para darlle a volta a esta situación.

Cadete C 6 - San Pedro FC 0
Partido onde o rival saiu ben posicionado nun bloque medio e cas liñas moi xuntas complicándonos a nosa forma de xogar. Ata que aproveitando un desaxuste e as xogadas de estratexia decantamo-lo partido o noso favor.

SP Praíña 0 - Cadete D 3
O noso cadete D medíase este domingo ao Praíña no campo de A Cañoteira, despois dun empate e unha derrota, o equipo volvía a senda da victoria derrotando ao Praíña por 0-3. Unha victoria merecida pola gran contundencia defensiva do equipo e aproveitando os espazos que deixaban as costas o equipo rival. Noraboa rapaces, toca seguir!!!

Xuvenil A 4 - Dumbria 0
Uns primeiros 25 minutos moi bos foron a mellor noticia para o noso xuvenil. Nese tempo, foron quen de poñerse por diante por medio dun penalti, pero non lograron amplia-la vantaxe a pesares de seren superiores. Na segunda parte lograron o segundo e o terceiro en tan só cinco minutos. Así de caprichoso e o fútbol. A seguir sumando.

Nicrariense 3 - Xuvenil B 2
Desprazábase o xuvenil a cepelo nesta xornada.
Iniciabamo-lo partido tendo o control e intentando saír xogando dende atrás, frente a un equipo que apostaba polo fútbol directo. Aos 10 minutos de xogo un choque dentro da nosa área acabou sendo pitado como penalti, que o rival aproveitou poñendo o 1 a 0 no marcador. Non variou a nosa forma de xogo e insistíamos en te-lo control buscando o empate que chegaría no 35. Nada máis comenza-la segunda parte logramos darlle a volta ao marcador. O partido poñíasenos de cara pero o Nicrariense conseguía o empate con certa polémica pois reclamábase un fora de xogo no inicio da xogada e unha falta posterior, pero o gol subía ao marcador. Poucos minutos despois daballe a volta ó marcador neste caso o Nicrariense. A partir de ahí varias ocasións moi claras para empatar incluíndo un gol anulado por fora de xogo que no campo parecía todo o contrario. Seguíamolo intentando pero o Nicrariense rompía o ritmo con múltiples interrupcions por problemas musculares. Intentouse pero non se acadou o empate, resultado que sería o mais xusto visto o xogo de ambos equipos.

Senior 3 - ADN 0
Tres puntos moi importantes que serven para subir na clasificación, colocarnos no terceiro posto e seguir enganchados a loita pola parte alta da taboa.
O Partido non foi bonito de ver Pois o ADN que chegaba con moitas baixas plantexou unha defensa repregada deixando sólo dous xogadores para atacar, non logrou facer perigo na nosa portería pero logrou que o Bertamirans non chegara a porta con claridade e os goles que certificaron a victoria chegaran xa avanzada a segunda metade, dous golpeos dende fóra da área onde o porteiro que estaba a realizar unha moi boa actuación non estivo acertado.

Gol de Lucas para o Benxamín A

Primeiro gol do Xuvenil A acadado por Christian

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal