Novas

Xornada 29/01/2023

A base estivo imparable no fútbol 11

Dez victorias e un empate acadou a nosa base en fútbol 11 esta fin de semana, foi unha xornada case redonda. Destacamos por riba de todas elas a victoria unha vez máis do equipo Sénior que foi quen de gañar nun campo cunha superficie compliacada para os tempos que corren, a tan temida terra.... xa non quedan futbolistas coma os de antes.

SD Dubra 0 - Biberón A 3
Moi bo partido dos nosos rapaces, que souberon leva-lo control do partido dende o inicio. Tamén foron quen de anotar bastantes goles como resultado de xogadas combinativas.

PB A 11 - CCD Taragoña 2
Partido xogado polo noso Prebenxamín A diante do Tarragoña sen moitas dificultades; dende o inicio fomos donos do partido puidendo probar xogadores en distintas posicións. Agora prepara-la visita ao Ribeira A.

PB B 2 - SD Esclavitud 3
Partido moi igualado esta mañán dominical onde os nosos xogadores non foron quen de consegui-la a súa primeira victoria nesta fase, e que se explica pola faia de eficacia cara a porta, mentres os rivais marcaron en cada chegada. Mala sorte e agora a seguir traballando para seguir con ilusión por ser mellores. Ánimo rapaces!!

(FUTSAL) PB B 4 - Jogafán Ordes FS B 0
Partido máis claro no resultado final que no desenrolo global do marcador, xa que os nosos xogaron moi ben e con moitas oportunidades, chocaron diante da grande actuación da porteira rival. Agora a seguir aprendendo con gañas e ilusión para o futuro.

Benxamín A 2 - Victoria FC 2
Os nosos cativos tiveron un partido duro e competido que non foron quen de sacar adiante. O rival puxo as cousas moi difíciles dende o pitido inicial. Tentaron un fútbol directo que non fomos quen de contrarrestar. Seguiremos traballando para mellorar.

ED O Dolmen de Tordoia 1 - Benxamín B 5
Comezaba o encontro, cos nosos rapaces moi participativos, combinando moi ben entre eles, pese a non chega-los goles. Sorprendentemente, ca chegada do primeiro tanto noso, o xogo empeoraría, non sendo tan combinativo, destacar que o rival tamén xoga, tentando leva-lo partido o seu lado. Trataremos de crea-la base nesos 10-15 primeiros minutos.

CD Conxo Santiago B 3 - Benxamín C 1
Partido moi intenso cun resultado moi abultado para o que se veu no terreo de xogo. Varios erros defensivos e unha falta imparable fixo que o noso equipo benxamín non puidese equilibra-lo resultado. Seguimos formando.

Cordeiro CF B 2 - Benxamín D 4
Bo partido o feito polo noso benxamín diante do Cordeiro. Ben dende o punto de vista defensivo e mellor aínda ofensivamente. Imos correxindo erros e mellorando con balón. A seguir traballando.

Alevín A 5 - Victoria CF 1
Bo partido dos nosos alevíns, neste caso tocou victoria. Foi un partido no que, por moito que o resultado diga que fixemos 5 goles, a realidade é que, o mellor do noso partido foi a fase defensiva. Isto permitiunos roubar moitos balóns en zonas sensibles para o rival e dispoñer así de varias ocasións. Esperamos seguir mellorando e sabemos que con esforzo e ilusión conseguirémolo. Para a semana máis.

Alevín B 9 - SD Cruces 0
Partido outra vez dominado dende principio a fin polos nosos a través do xogo combinativo.

Alevín C 2 - SD Esclavitud 1
Partido xogado polo noso Alevín C diante do Esclavitud no que non saímos enchufados, xa que encaixamos na primeira parte un gol nun erro noso; así chegamos o remate da primeira parte. Na segunda parte saímos máis metidos e fomos claros dominadores acadando unha merecida remontada so queda sacar conclusións e saír máis metidos dende o inicio.

Alevín D 1 - Puebla CF 8
Partido máis competido do que reflicte o marcador, xa que a 10 minutos do final o equipo ía perdendo 1-3, e encaixou o goleada porque foise arriba tratando de consegi-la igualada. Tamén influiu a diferenza física entre ambos conxuntos, xa que un ano de diferenza nestas categorías nótase moito. Gran traballo do equipo que debe de pensar en seguir traballando e mellorar na presión e traballo defensivo.

AD Nicrariense 13 - Alevín E 0
Nesta quinta xornada de liga tocábanos visitar ao líder. Partido que nos serve para fixarnos nos erros que temos e para tratar de melloralos nos adestramentos e vindeiros encontros.

EF Concello Boiro 1 - Infantil A 2
Mal partido do noso primeiro equipo da categoría infantil, pero outros tres puntos importantes para seguir líeres do grupo. Empezaron mal o encontro os dous equipos, onde era difícil ver varios pases seguidos e o balón no chan. As ocasións viñan a balón parado. A primeira ocasión clara, foi nun lanzamento de falta frontal lonxano, onde Pérez golpea forte dirección portería e Santi remata mal coa testa, cando xa podía colarse directamente o balón na meta. Así no minuto 30, Pérez recolle un balón mal despexado polo meta local dun lanzamento a balón parado, e doadamente envía co pe dereito ao fondo das maias. Con ese marcador fómonos ao descanso. A segunda parte inicia igual, erros por ambo-los dous lados, poucas ocasións claras, pero víase que o gol podía chegar pola inseguridade de amba-las dúas defensas. Así no minuto 49, o Boiro envía un balón en profundidade por alto entre os dous centrais, que recolle o dorsal 15 Jacobo, e aproveita o bote para pica-lo balón na media saída de Marco. O balón colase na meta preto do longueiro. Non se veu o Berta abaixo, así nunha xogada pola banda dereita, acaba en centro mal despexado polo meta local, que cae nos pes de Lucas e aproveita para face-lo 1-2 definitivo. Despois disto, o partido segue trabado, pensando que podría vir un gol máis ben por un erro defensivo que polo acerto dos atacantes. Sufreuse ata o final pero o marcador non se movería.

Victoria FC B 1 - Infantil B 3
Tivo que madruga-lo equipo nuha mañán fría co terreo de xogo conxelado no Sergas as 9:30h. E o partido comezou igual cos dous equipos entrando en calor aos poucos, ata que Noya no minuto 9 de falta directa poñía o 0-1 no marcador. Empezaba a facerse o equipo co control do balón e as chegadas a portería rival eran cada vez máis claras, e nunha desas chegadas penalti claro sobre Rodri que o colexiado non dubidou en sinalar para que Noya puxera o 0-2 no minuto 25 de encontro. Finalizaba a primeira metade con ese 0-2 e no segundo tempo o rival poñía o 1-2 despois dun barullo na área que non fomos quen de despexar con solvencia. A partires de ahí o rival intenta apreta-la nosa saída de balón en busca do empate pero fomos quen de saír desa presión e xeramos ocasións claras que non se materializan ata que outro claro penalti sobre Elihan transformado por Pla puxo o definitivo 1-3 no marcador.

Infantil C 2 - SD Dubra 2
Partido diante dun rival directo e onde nos custou entrar no partido. A falta de intensidade e os erros nos primeiros minutos provocou que no minuto 10 da primeira parte o Dubra xa fose gañando 0-2. A partires de ahi mudamos varias cousas e notaronse no xogo e nas ocasións. Comezamos a facernos donos do partido e logramos acurtar distanzas antes do descanso. O paso polo vestiario fixo que a segunda parte foramos a polo partido o que provocou varias ocasións de gol e someter ao noso rival, aínda que no gol do empate tivemos a fortuna que nos puido faltar noutros partidos. Resultado xusto visto o feito por ambo-los dous equipos e que nos ten que facer pensar sobre a nosa actitude dende o inicio do partido. Enésima vez onde comenzamos por detras no marcador.

Infantil D 2 - EDS Santa Marta 0
Inicio de partido moi abasallador dos nosos, que son quen de adiantarse no marcador moi cedo. Co trascurso dos minutos o equipo ten catro ocasións clarísimas que non foi quen de anotar e co paso dos minutos vaise durmimdo o partido. Nos minutos finais fomos quen de anotar o 2-0. Debemos de poñer todos da nosa parte para non levar sustos no que resta de competición.

Cadete A 3 - ED Xuventú Oroso B 0
Bo partido e victoria importante do primeiro equipo cadete, que xunto co empate do Montañeros, fai que se aprete un pouco a clasificación. Saíu o Berta a polo partido, rápidas circulacións de balón, e cerco á meta rival. Así no minuto 4, Jesús recolle un balón na área, picao ao segundo pau, onde aparece Diego para envia-lo a pracer co pe ao fondo da rede. Seguiu o Berta insistindo, así Suárez faría un remate ao longueiro pouco despois. Sería tamén Suárez noutro disparo cruzado, quen batiría por segunda vez ao meta contrario no minuto 28. Non se conformou o Berta, quería sentencia-lo encontro, así Rodri no minuto 39, faría o terceiro e definitivo cá súa perna esquerda. A segunda parte, sería igual, dominio claro dos nosos, sen conceder ocasións e moita seriedade. Todo esto parece indicar que o noso primeiro equipo dos cadetes voltou á senda da entrega nos encontros, incluso por momentos con bo futbol. Esperemos que esto siga así e poidamos loitar polo ascenso.

Cadete B 7 - CF Noia 0
Partido no que o noso cadete saíu na primeira metade un pouco frío e o rival levaría inicialmente a batuta do encontro, ademáis xogaban ao fútbol que lle viña mellor ao rival e que dende o banco de suplentes víamos que podíamos favorece-las súas fortalezas, xa que a nivel físico o rival era superior a nós. Aínda así, fomos ao descanso cun resultado de 2-0, nos vestiarios falouse destas cuestións e que precisabamos ter moita máis paciencia co trato do balón, o equipo saíu cara a segunda metade moito máis metido no partido, pensando que na primeira volta fomos ao descanso co mesmo resultado a favor e na segunda parte o rival empataría o encontro, pois na segunda metade sairíamos sen darlle oportunidade de meterse no encontro ao rival facendo un fútbol espectacular, quizáis o mellor que fixemos no que vai de tempada, e con isto conseguimos marcar 5 goles máis na segunda metade, finalizando o encontro 7-0. Un gran resultado e un partido máis coa portería a 0, o terceiro partido consecutivo sen recibir goles en contra e a quinta victoria consecutiva. Na vindeira semana visitamos ao boiro B, esperando consegui-la sexta consecutiva!!!

Cadete C 2 - EF Lalín B 1
Partidazo do Cadete C na tarde do sábado no municipal. Non defraudaron os dous conxuntos co espectáculo que amosaron. Ambos querían gañar e veuse unha intensidade propia de partidos de ligas superiores. Gran traballo do equipo e moi satisfeitos coa dinámica que seguen. Lembrar que temos por bandeira: traballo, competir e crer en nós mesmos, con esto todo é posible.

Xuvenil A 2 - EF Lalín 0
Partido controlado en todo momento diante dun gran rival que mudou moito o seu xogo e a súa intensidade dende o encontro da primeira volta. Os nosos rapaces xogaron un gran encontro onde apenas concederon unha ocasión ó rival na primeira metade, eso sí non foi gol por moi pouco xa que ese disparo cruzado saiu lambendo o pau esquerdo da portería de Ángel. Un gol en cada parte sentenciaron o encontro, quizáis puidemos acadar algún tanto máis pero a falla de puntería e os erros na toma de decisión dalgunha contra fixo que o resultado non se movera.

CD Rois 2 - Xuvenil B 3
Esta xornada o equipo foi quen de acadar unha importante e sufrida victoria. A pesares de adiantarse no marcador na primeira xogada de ataque e conseguir aumenta-la distanza nunha primeira parte tranquila e sen moitos sobresaltos. Á volta de vestiarios foi todo o contrario, posto que en 4 minutos o Rois foi quen de lograr dous tantos que igualaban o encontro. A partires dese intre calquera dos dous equipos puido logra-lo tanto que dese o 3 puntos. Neste caso e despois de errar dúas ocasións claras, o balón rematou bicando as mallas da meta rival para por o 2-3 definitivo.

UD Queiruga 2 - Sénior 3
Pensabamos que ía ser un dos partidos máis duros da liga e así foi. Destacaría o esforzo dos rapaces, principalmente na segunda parte. Máis concretamente destacaría o esforzo mental de aceptar e executa-lo plan establecido. Foi un partido a cara de can pero que, desta vez tocou cara, 3 puntiños máis, que son ben necesarios.

Gol de Anxo na victoria do PB de futsal.

Gol de Hugo na victoria do PB A.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal