Novas

Xornada 30/01/2022

Primeira victoria a domicilio do Sénior

Esta xornada deixounos a primeira victoria a domicilio do noso equipo Sénior, victoria sufrida e traballada que esperemos sexa a primeira de moitas. Ademáis destacámo-la victoria do noso Cadete C que se coloca líder da súa liga.

SD Cacheiras 3 - Biberón A 0
Resultado en contra moi abultado acadado polo noso Biberón nunha tarde na que non lles saíu nada e que se lle notou ós nosos nenos sen a chispa doutros días, mentres os rivais foron quen de acadar unha victoria moi merecida. Aìnda que comezan a amosa-los conceptos futbolìsticos que adestran pola semana, toca seguir traballando.

SD Villestro 4 - Biberon B 0
Partido dominado de principio a fin polo noso rival. Fómonos sen aproveita-las poucas ocasións claras que tivemos. Agradecer a deportividade do rival por igualar o número de xogadores, xa que nos non dispoñíamos dun quinteto para inicia-lo partido.

PB B 3 - Peleteiro 8
Partido complicado contra os líderes no que pese a derrota abultada, os nosos foron quen de plantarlle cara xa que tiveron bastantes ocasións para poder acadar máis goles. Partido moi disputado onde o PB B deu a talla fronte a un rival un ano maior. Destacamo-la actuación dos 3 biberóns que xogaron neste partido.

CD Unión Asados B 3 - PB C 1
Bonito partido o xogado en Rianxo onde os nosos pequenos fixeron o posible para levarse o partido, pero pequenos erros, normais nesta etapa de aprendizaxe, evitaron que foramos quen de acadar un mellor resultado. A seguir mellorando día a día e disfrutar deste deporte.

SD Villestro 0 - Benxamín A 6
Partido bronco debido a que en vez de xogar con balóns, xogamos con pedras. Ainda así o Benxamín suma e segue para o obxetivo de ser campión e está a un partido de pecha-la primeira volta invicto.

CF Noia B 1 - Benxamín B 13
Partido sen historia onde os pequenos seguen invictos e aumentan a distancia na táboa cos seus rivais.

Benxamín C 1 - SD Villestro C 3
Derrota inxusta do equipo, que amosou unha superioridade en xogo durante todo o partido, pero que non soubo resolver nas dúas áreas. Os erros penalizáronnos moito.

EFB Estrada B 3- Benxamin D 1
Partido entretido, onde os locais dispuxeron das mellores ocasións, pero os nosos tamén tiveron os seus achegamentos á área rival, o equipo local adiantouse 2-0 antes do descanso; e marcaría o terceiro xa na segunda parte e uns minutos despois recortaríamos distancias. O mellor partido desputado no que levamos de campeonato.

(FUTSAL) Benxamín 0 - Stellae FS 7
Un imponente Stellae pasábanos por riba a un impotente Benxamín, que pouco puido facer, nada máis achegouse poucas veces cara a portería contraria.

Alevín A 6 - CF Noia 0
Partido marcado pola calor, o que fixo que o partido tivera pouco ritmo dada a falta de costume a xogar con esas temperaturas. Cedo poríase todo de cara para os nosos, tra-lo gol de Darío no minuto dous. Dita vantaxe duplicaríase pouco despois cun gol de falta de Simón. A partir de ahí, os goles irían chegando en accións illadas, pois non houbo un claro dominador no xogo.

SD Cacheiras 1 - Alevín B 5
Bo partido dos rapaces; dende o primeiro momento estivemos activos e intensos, principalmente na presión. Con balón, maiormente na primeira parte, non estivemos finos, igualmente fomos capaces de competir contra un bo rival grazas ao esforzo e á intensidade mostrada por cada un dos nosos xogadores. Na segunda parte, á que chegamos con vantaxe no marcador, as cousas foron mellor que na primeira; fomos máis precisos co balón e iso posibilitou un bo número de ocasións que acabaron co 1-5 final.

(FUTSAL) Alevin A 8 - Stellae FS B 2
De novo os nosos voltaron a demostrar ser moi superiores ó rival en toda-las facetas do xogo, control absoluto do partido de principio a fin

EF Lalín 0 - Infantil A 3
Fomos a Lalín para disputa-lo encontro onde no quecemento os rapaces xa poderían comprobar que manterse en pé ía ser tarea complicada, e cada bote do balón estrano, todo isto debido o xeo que acumulaba un campo perfecto en dimensións e céspede. O encontro comezaba cos nosos tentando dominar pero, como de costume sen fortuna para finaliza-las xogadas con premio, custaba que nos metros finais se decidira ben e así poder abri-lo marcador. Na última xogada da primeira metade, adiantaríamonos no marcador, dun saque dende o curruncho en contra, montaríamos unha contra onde plantaríamonos diante do porteiro rival, percorrendo a máxima velocidade uns 80 metros. Saímos do vestiario coas ideas claras, pero nas primeiras xogadas o Lalin comezaría a incomodar mediante o xogo directo, un hándicap que levamos sufrindo toda a tempada, pero nun saque dende o curruncho, un rapaz que debutaba na liga con nenos maiores ca él poñería o segundo no marcador. Para finalizar, pecharíamo-lo encontro, cun terceiro no tempo engadido. Parabeniza-los rapaces, logo de que novamente se produxeran baixas durante a semana, especialmente a David Rico e Martin, que debutarían na Liga Galega, cun de eles marcando un gol e o outro dando unha asistencia.

CD Unión Asados 1- infantil B 7
Mal partido dos nosos diante dun rival que na primeira parte foron mellores pero non o reflectiron no marcador. Na segunda os nosos melloraron para conseguir unha goleada e así continuar no máis alto da táboa clasificatoria e acadando máis vantaxe diante dos seus máis inmediatos competidores.

Infantil C 15 - San Pedro 3
Partido doado para os nosos rapaces que sentenciaron xa na primeira parte. O rival non foi quen de presentar batalla, áinda que que os nosos empeñáronse en axudarlle xa que voltaron a conceder agasallos na súa área que o rival non desaproveitou.

SD Dubra 4 - Infantil D 1
Outra vez o equipo amosou unha boa faciana no partido desta fin de semana, despregou un bo xogo, intensidade e non lle perdeu a faciana ó partido, pero ó final o resultado foi abultado e non reflicte o traballo realizado. Imos polo bo camino, toca seguir traballando.

Cadete C 4 - Victoria B 0
Gran partido dos nosos cadetes que acadaron unha importante victoria, e arrebatáronlle o liderato da liga ó rival. Na primeira metade con tres goles sentenciaron un partido no que o rival tamén tivo as súas ocasións con dous remates ós postes. Pero nos primeiros minutos da segunda metade o equipo sentenciaría cun golazo obra de Labandeira. Desta vez o equipo non amosou lagoas de concentración e non conedeu agasallos ó rival.

Cadete D 3 - SD Cacheiras 4
O noso cadete D xogaba diante dun rival directo, o SD Cacheiras, despois dunha primeira parte con bastantes desaxustes por parte dos nosos, saímos mellor na segunda parte, aínda que dous erros puntuais fixeron que finalizaramos o encontro perdendo 3-4. A seguir traballando!!!

Xuvenil B 9 - Ulla CF B 0
Partido sen demasiada historia o disputado no municipal de Bertamiráns, onde os nosos adiantábanse moi cedo no marcador e poñían unha distancia xa considerable nos primeiros minutos. Na segunda parte aproveitábamos para dar descanso a algúns xogadores e probar cousas novas para os seguintes partidos.

SD Urdilde 3 - Sénior 4
Bo comenzo para o Bertamiráns que converte en gol as dúas primeiras ocasións do partido e ponse 0-2 nos primeiros minutos, a partires de ahí o Urdilde presiona a tumba aberta e consegue poñer o 2-1 e o 2-2 a balón parado, pero o Bertamiráns á contra logra o 2-3 antes do descanso. No segundo tempo o dianteiro do Bertamiráns acaba expulsado por doble amarilla ós 5 minutos e xogamo-lo resto da segunda metade con un home menos, o Urdilde apreta e logra poñe-lo 3-3. O Brtamiráns non baixa os brazos e chega o premio, a falta de poucos minutos para o final un centro a área acaba en penalti a favor. Chegou a primeira victoria fóra da casa, a menos merecida sen dúbida pero a máis traballada.

Gol do Benxamín A obra de Gael.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal