Novas

Xornada 30/05/2021

This image for Image Layouts addon

A Base compite acadando bos resultados

Unha nova xornada na que acadamos bos resultados e onde moitos dos nosos xa están pensando na seguinte fase onde tratarán de acadar campeonatos ou ascensos. Nesta xornada destacda o empate do noso Cadete A fronte a SD San Tirso (filial do RC Deportivo).

Futsal Biberósn 1 - Victoria CF 1
Partido moi entretido no pavillón, onde os nosos campeóns competiron en toda-las partes do mesmo ante un rival que non lles puxo as cousa sinxelas.

Benxamín C 9 - Boiro 0
Partido cómodo para o Benxamin C frente o Boiro co resultado de nove a cero, que fai xusticia o visto no partido, cun Boiro replegado no seu campo que non creou unha soa oportunidade en todo o partido. Sendo moi superiores o os nosos rapaces en toda-las facetas do xogo; agora a pensar no seguinte partido.

Cidade de Ribeira 1- Alevín A 1
Partido entre os dous mellores equipos do grupo, onde su puña o liderado en xogo. Os nosos rapaces souperon sufrir, e o final conseguiron un resultado moi positivo xa que lles permite mante-la vantaxe de 3 puntos e mai-lo goalaverage.
Os nosos sairon moi tensos e sumado o empuxe dos locais implicou que os primeiros minutos fomos inferiores. Pouco a pouco o equipo asentouse, creando algunha ocasión e chegando con empate a cero ó descanso.
Ó inicio da segunda parte saímos mellor tendo un man a man de Lucas que o porteiro e a defensa lograron despexar. E poucos minutos despois unha combinación entre Lucas e Álex significa o gol do noso alevín, sendo Álex quen pon o 0-1.
A partires dese intre o partido rompeuse, o que significou ocasións para ambos equipos pero a sentenza non chegou e a falta de cinco minutos para o final, o Cidade de Ribeira acada o empate na saída dun córner. O equipo soubo mante-lo resultado para acada-lo empate.

Atlético Fátima 1 - Futsal PB B 2
Partido omplicado no que comezamos perdendo unha parte, isto implicou que o equipo despertara  e acadase unha mercida remontada.

Xuventú Aguiño 2 - Benxamín A 2
Partido complicado o desta fin de semana.
Ao pouco do comezo, nun saque de esquina mal defendido, encaixamos o primeiro tanto. Posteriormente, e en base ao esforzo do equipo, conseguimos darlle a volta ao marcador.
O certo é que a nosa vantaxe no marcador non durou nin treinta segundos. O Aguiño acadou de novo o empate cun excepcional golpeo dende saque de centro.
Remontar un partido sempre é complexo, máis cando un non está especialmente acertado de cara o gol, como foi o noso caso este sábado.
É certo que tivemos moitas ocasións que ben poderían ternos dado os tres puntos, pero debemos ser máis precisos na nosa análise e recoñecer que este non foi un bo partido pola nosa parte.
Debemos seguir mellorando e aprendendo.

Infantil C 6 - Atlético Fátima 3
Nesta ocasión o Infantil C saiu moi concentrado e mostrou a súa teórica superioridade.
Aos poucos minutos do comezo do partido chegaron as primeiras ocasións e, con elas, os primeiros goles.
Ao descanso o equipo gañaba con comodidade e isto provocou que, na segunda parte, os nosos baixasen o nivel de intensidade. Ante a nosa relaxación, o Fátima puido recurtar distancias pero non foi dabondo e os tres puntos quedaron en Bertamiráns.

Atlético Fátima 4 - Futsal Benxamín 5
Gran partido do noso Benxamín. Dende o comezo mostramos un altísimo nivel e fomos quen de mantelo ao longo do encontro. A mágoa foi cometer varios erros na nosa circulación de balón posto que estes custáronnos cada seu gol.

PBA 7- Compostela B 0
Os nosos pequenos lograron a sétima victoria consecutiva e seguen así como lideres invictos no seu grupo.

Alevín D 1 - Villestro C 4
Os nosos alevins afrontaban o encontro con moita ilusión, pero  a pesares das gañas, os nosos cativos non foron quen de atopa-lo camiño. Unha derrota moi dura para os nosos.

PBA 3 -  SR Calo 0
Tres goles de estratexia foron a chave nun partido de tanteo entre os dous equipos.

Benxamin B 6 - SD Cacheiras 7
Pouco puido face-lo Benxamín ante o ritmo impoñente dos visitantes. O Cacheiras sempre gozou dunha vantaxe que soupo controlar mediante a superioridade física da que gozaban. Os nosos non perderon nunca a cara do partido e lograron competir ata o final a base de desplegar un gran fútbol.

Infantil D 2 - Cidade de Ribeira C 3
Gran primeira parte dos nosos que lograron irse con vantaxe no marcador e gozar de varias ocasións. Pese a poñerse 2-0 tras sair do descanso cun golazo de falta de Mario, os visitantes lograron recorta-la distancia de novo a un gol un minuto máis tarde, e acabaron por darlle a volta ao marcador.

Benxamín D 1 - Ulla 5
Partido ben disputado polos de Ánxel que acadaron un resultado máis abultado do que mereceron e contra un dos equipos punteiros do grupo. Toca seguir aprendendo.

Infantil B 0 - Amio SD 1
Visita do líder intratable ó municipal de Bertamiráns, onde puidose aprecia-lo por qué do seu liderado.
Primeira parte controlada polos visitantes donde os nosos xogadores non sabían atopar solucións para manter a posesión.
Segunda parte igualada, onde o partido estaba para calquera dos dous equipos e se acabou inclinando para os visitantes nos derradeiros intres do partido.

Noia 1 - Xuvenil B 2
Mal partido dos nosos rapaces sobre todo nunha primeira parte onde non fomos capaces de colle-lo ritmo e so dependiamos de xogadas aisladas para chegar a porteria rival. A pesar deso adiantámonos no marcador no minuto 10, cun gol que foi anulado por fora de xogo moi dudoso. No mimuto 14 voltamos a marcar, e esta vez subeu ao marcador. A partir dese momento relaxámonos e o Noia a traves dun penalty empatou o partido. A pesar dese gol pronto coseguimos poñer o marcador favorable cun gol de Pepe tras saque de corner.
A segunda parte empezou mellor para os nosos con numerables ocasións pero non fomos quen de amplia-lo marcador.
Victoria importante para seguir ao frente da clasificación.

Cordeiro 1 - Juvenil A 4
Partido marcado pola intensa calor que fixo en Valga o sábado pola mañán. O equipo tardou en entrar ó partido concedendo o 1-0 a favor do rival nos primeiros intres de partido. O equipo soubo reaccionar a tempo e acadou unha vantaxe pola mínima antes do descanso.
Na segunda parte puidemos ampliar a nosa vantaxe ata o 1-4 final grazas ó control do xogo e a unha merma física evidente no nosos rival.
Con esta victoria o xuvenir acada praza na fase de ascenso.

Alevín C 2 -  Compostela C 0
Partido moi competido frente o líder, onde nos primeiros minutos o equipo non logrou atopa-lo sitio no campo. Pero na reanudación, os nosos saíron moi concentrados e conseguiron acadar unha importante victoria perante o líder do grupo.

SD Milladoiro 0 - Alevin B 8
Partido dominado dende o primiero minto por un alevín que cada día vai a máis perante un rival moi voluntariosos que pelexou ata o último minuto.

Infantil A 4 - Dumbría 1
Partido dominado polo noso infantil, aínda que non conseguiu sentencialo ata os minutos finais da segunda parte.

Cadete B 7 - ED Vedra 1
Partido moi cómodo para so nosos rapaces que se adxudican o primeiro posto do grupo.

Cadete A 2 - San Tirso 2
Gran partido o disputado no municipal de Bertamiráns.
Os visitantes adiantábanse cedo no marcador, ós 11 minutos unha incursión de Diego pola banda dereita, habilita a Guerrero que chega a liña de fondo onde asiste a Jaime que puña o 0-1 no marcador.
Partido moi físico pero controlado polo San Tirso que dispuña de máis ocasións grazas a súa superioridade técnica e a velocidade do seu extremo esquerdo Luis. A primeira parte remata cun gran gol de longa distancia de Álex e coa sensación de que o partido estaba sentenciado.
Pero na segunda metade mudou por completo o partido. Os locais impuxeron unha maior presión e contundencia nas disputa de balón, impoñendo a súa capacidade física grazas a seus futbolistas de segundo ano, creando accións de perigo cara a portería defendida por Román Noya.
Daniel García recortou distancia no marcador cun disparo dende a frontal da área, o que deu folgos ós seus para acadar unha psoble remontada.
O partido entrou nunha fase bronca con algún cartón amarelo e moitas paradas no xogo.
O empate chegou a 10 minutos do final nunha riguosa mán dentro da área que o árbitro converteu nun penal que Vila converteu no empate.
Os nosos rapaces seguiron competindo e intentandoo máis por empuxe que por fútbol. O final non chegou ese gol que lles houbese permitido clasificar para a vindeira fase de loita polo título, e o San Tirso remata líoder imbatido.

SR Calo 1 - Cadete C 3
Partido moi disputado entre dous equipos que practican estilos diferentes de fúbol.  A SR Calo cun fútbol moi vertical e o noso cadete cun fútbol máis combinativo. 
O partido comezou ben para os nosos que se adiantaron cun 0-2 na primeira media hora de xogo cun doblete de Luis, pero a SR Calo empezou a apretar máis e a impoñe-lo seu físico e conseguiu un gol antes do descanso nun erro da nosa zaga.
A segunda comezou de novo coa SR Calo empuxando e levando o ritmo de partido, pero os nosos rapaces aguantaron ben as embestidas para o final acadar o terceiro gol e voltar a controla-lo partido.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal