
Nova derrota do Sénior fóra da casa.
O equipo Sénior non é quen de gañar un partido fóra do Municipal complicándose así as súas opcións de consolidarse nos postos altos da táboa clasificatoria.
Por outra banda destaca-la importantísima victoria do Cadete A en Viviero.
Victoria FC Los Rayos 0 - Biberón A 4
Partido no que fomos claros dominadores durante tódo-los minutos, pechando ao equipo rival no seu propio campo durante a maior parte do partido. Finalmente fomos quen de gaña-las catro partes, anotando algún bonito gol producto dalgunha xogada combinativa.
Biberón B 1 - SD Dubra 1
Partido no que fomos claros dominadores pero custounos anotar gol, empatamo-la primeira parte pero tivemos moitas ocasións de gol, a segunda parte custounos máis e encaixamos un gol nunha contra doutro equipo xa que os nosos xogadores estaban mal colocados. A terceira parte ganámola tendo moitas ocasións, pero só puidemos anotar un gol, a derradeira parte estivo moi igualada xa que atacaban os dous equipos pero non logramos meter ningún gol, partido cun resultado que non fixo xustiza para o esforzo dos cativos.
PB A 0 - SR Calo A 3
Partido do nosos Prebenxamin A no que as baixas pesaron moito, e onde recibimos un gol moi tempraneiro que marcou o encontro, dende ahí non soupemos facernos co partido e en dous despistes máis custáronnos dous goles máis tendo algún tiro o pao e paradas do porteiro do Calo, o rival foi xusto vencedor do partido; non queda outra que pensar no vindeiro partido.
(FUTSAL) CD Sar Extramundi 4 - PB B 0
Primeiro partido dos pequechos na modalidade de futsal e derrota moi abultada para o gran partido que fixeron, que se resume polas ocasións maarradas polos nosos e a eficacia dos contrarios. Derrota inxusta pero a mellorar nos vindeiros partidos.
(FUTSAL) PB B 1- Noia Portus Apostolis FS 2
Primeiro partido como local e non fomos quen de acada-la primeira victoria do ano do noso PB. O partido tivo tres partes moi diferentes, onde primeiros 15 minutos foron totalmente da noso lado, logo veu un período moi igualado e o remate foi claramente controlado polo Noia que foi quen de levarse un partido moi bonito e igualado no que debe quedar unha grande aprendizaxe.
PB B 5- SD Esclavitud 0
Partido dominado de principio a fin polo noso equipo onde non permitiu saír do seu campo ó contrario grazas á boa presión e colocación defensiva dos nosos nenos pero que pola pouca claridade cara a porta non era quen de decidi-lo partido na primeira metade. Si fomos quen de facernos valer na segunda parte, levando unha clara victoria que nos coloca líderes do noso grupo.
SD Xuv. Aguiño 0 - Benxamín A 5
Bo partido en Aguiño no que a pesares das condicións do campo os nosos rapaces foron quen de saca-lo partido adiante levándose os tres puntos para Bertamiráns.
Praíña SPC B 2 - Benxamín B 8
Comeza o encontro, cos nosos rapaces volcados en marca-lo primeiro tanto, pero sería o Praíña o que se adiantaría no marcador, poñéndonos por debaixo e recibindo o primeiro gol en contra do que vai de tempada. Ese gol non mudou os nosos plans, o cal a través do balón conseguiriamos empatar e ampliar distanzas. A partires de ahí, sería un monólogo total dos nosos rapaces.
SD Cacheiras 2 - Benxamín C 2
La SD Cacheiras no partido de hoxe amosou uns valores que tamén compartimos e impartimos nós tamén no clube. Presentámonos con 7 xogadores e eles puidendo xogar con 8, decidiron facelo con 7 tamén. Partido moi bonito onde na primeira parte marchamos 0-2 e incluso parou un penalty o noso porteiro. Na segunda parte pasáronnos por riba xa que as forzas iban xustas, pero fomos quen de resistir e incluso facerlles dano con algunhas contras pero que non chegamos a materializar debido o gran porteiro do rival. Seguimos a traballar na formación do grupo.
Silleda CF 0 - Alevín A 3
Partido moi condicionado polas adversas condicións metereolóxicas. O vento sopraba moi forte e a choiva, moi intensa, tampouco axudaba. O Berta competiu o mellor que puido e soubose adaptar ao momento, o fútbol non foi o máis vistoso pero do que se trata é de seguir acumulando experiencias e aprender.
Alevín B 10 - Praíña SPC 0
Cómoda victoria dos nosos unha vez máis. Desta vez e ante as boas combinacións que lograbamos facer, o rival pronto optou por replegarse atrás con case todo o equipo, o que dificultaba que combinásemos preto da área pero pola contra facía que non houbese chegadas do equipo rival. Seguimos a lidera-la táboa!
SR Calo B 3 - Alevin C 12
Partido do noso Alevin C sen moito que contar diante dun rival que so foi quen de achegarse por erros nosos, de ahí os goles encaixados, polo demáis fomos donos do partido como así o reflicte o resultado; agora a pensar no vindeiro rival.
Alevín D 1 - EF Xuv. Oroso C 1
Enfrontabámonos ao líder por diferenza de goles e sabíamos de antemán que non ía ser doado. Na primeira só fomos quen de chegar un par de veces a portería rival posto que o rival, superior a nós, non nos deixaba pasar con fluidez do medio campo. No descanso collemos forza e axustamos un par de cousiñas e os rapaces foron quen de reverti-la situación e pese a xogar contra un rival superior, foron quen de merece-lo gol da victoria en numerosas accións. Considero que o empate foi o xusto para ambos equipos.
SD Esclavitud 4 - Alevín E 0
Comezo moi disputado de ambos conxuntos con varios tiros nas duas áreas pero ía a se-lo rival quen se adelantara nun dudoso fora de xogo. Mentres tanto nos seguiríamos tendo ocasións pero non seríamos quen de convertelas e un par de pequenos erros nosos cústannos os outros goles. A pesar do resultado os nosos traballaron moi ben e mereceron moito máis.
Infantil A 1 - S.D Viveiro 1
O infantil perde unha boa oportunidade para distanciarse dos seus inmediatos perseguidores. Partido igualado o disputado no municipal de Bertamiráns, empezou o noso equipo moi despistado, con moi pouca precisión e con erros constantes por parte de todo o grupo. Chegando o gol do Viveiro no minuto 25 da primeira parte de penalti, por causa dun mal entendemento entre a defensa e o gardamallas, onde éste derriba o dianteiro. Na segunda parte, con máis corazón que testa, o noso equipo vai pechando o rival na sua área, creando algunhas ocasións claras e chegando o gol do empate no minuto 57 por medio de David. O noso equipo despois disto seguiu empurrando, facendo lucirse nalgunha vez o gardamallas, pero non chegarían a face-lo gol da victoria. Final e reparto de puntos.
EFM Boiro B 0 - Infantil B 7
Chegaba o equipo con moitas baixas por lesións ó partido, pero os rapaces non defraudaron e fixeron un partido moi completo. A primeira metade acabou cun 0-3 e xa no segundo tempo o equipo marcaba 4 goles máis para acada-lo definitivo 0-7 e de novo deixa-la portería a 0. Victoria importante xa que sitúa o equipo líder destacado con 2 ptos. de vantaxe con respecto o segundo clasificado.
CD Rois 2 - Infantil C 2
Partido intenso e emocionante ata o pitido final onde logramos traer un punto que visto os méritos feitos consideramos que sabe a pouco. Custounos adaptarnos as dimensións do campo e non eramos quen de xunta-las liñas e pecha-los espazos dando en ocasións moita distanza aos rivais. Pasaban os minutos e íamonos asentando no partido cando tras unha falta no medio do campo que parecía non ter perigo adiantábase o Rois no marcador. Soubemos reaccionar a tempo e logramo-lo gol do empate tras unha falta directa ao borde da área. Fómonos ao descanso con empate. Na segunda parte saímos mellor pero o Rois logra adiantarse de novo no marcador. Gol que soubemos contrarrestar cedo dando lugar ao empate definitivo, a pesares dos derradeiros minutos onde puidemos levarno-la victoria.
CF Vista Alegre 0 - Infantil D 4
Partido importante para o equipo que consegue dominar e sentenciar na primeira metade. Gran victoria por parte dos nosos rapaces, temos que seguir nesta liña!!!
S.D Viveiro 1 - Cadete A 2
Mal partido o disputado polo cadete A, pero tres puntos de ouro que consolidan o noso equipo na primeira posición. Empezou o partido con erros constantes por parte dos dous equipos, pero principalmente pola parte dos nosos, con falta de concentración e pouca entrega. Así nun erro da nosa defensa nun saque de falta en longo, o balón acaba sobrepasando por arriba os centrais, recolleo o dianteiro local e remata en gol, valendo para que o Berta marche en desvantaxe ao descanso. Na segunda parte o noso equipo sae con outra actitude, saímos moito máis centrados e con maior intensidade, onde conseguimos crear ocasións de gol en contras rápidas, mentras o equipo rival, so logra crear perigo a balón parado. Os trocos tamén logran dar unha marcha máis, así Rodri o pouco de entrar na segunda parte, logra face-lo 1-1 o prantarse so diante do gardamallas, batindoo polo pau curto. O Berta segue a atacar, quizais con máis corazón ca testa, e xa no desconto Jesús logra entrar na área con vantaxe, centro cara atrás entre porteiro e defensas e uns destes no intento de despexa-lo coiro meteo en propia porta, sendo o gol que nos da tres puntos, 1-2 definitivo.
Cadete B 0 - CF Cire Melide 1
Chegou a primeira derrota do equipo na tempada na xornada 8. Visitabanos o Melide, partido no que o equipo visitante viña súper motivado e notouse nos inicios do partido. Equipo moi superior físicamente aos nosos e que facía que todo-las disputas do partido fosen pérdidas. Finalmente un gol de falta na primeira metade fixo que os 3 puntos fosen para Melide. A parte positiva foi que aínda facendo un mal partido por parte dos nosos rapaces o equipo visitante apenas creou máis accións de perigo. Para a semana visitaremos ao líder, o Ribeira, ao cal trataremos de vencer para seguir nos postos altos da táboa.
SD Cruces 0 - Cadete C 2
Partido desastrioso na primeira metade. O Cruces ben plantado fíxonos moito dano xa que foi quen de neutraliza-lo noso xogo e polo tanto non conseguíamos achegarnos a súa portería. Despois dos trocos na segunda metade e da charla no vestiario conseguimos muda-la dinámica de xogo e a aptitude dos xogadores polo que conseguimo-lo dominio do partido e ocasións de gol que fomos quen de converter. Seguimos a avanzar na aprendizaxe e formación.
Xuvenil A 2 - Imperator OAR 2
Unha vez máis o equipo regala os primeiros quince minutos de xogo propiciando que o rival acade dous goles que puxeron moi custa arriba o partido. Ademáis do mal xogo nese inicio os goles foron dous erros importantes de concentración, algo propio de categorías máis tempranas non dun equipo Xuvenil que quere competir por cousas importantes. Aínda así o equipo soubo reaccionar e conseguiu impoñe-lo seu fútbol pechando ó rival no seu campo, e tendo numerosas ocasións para remonta-lo partido, incluido un penalty marrado nos derradeiros minutos de partido. Tamén menciona-las numerosas baixas que tiña o equipo que foron suplidas con grandes actuación por xogadores Cadetes e do Xuvenil B.
Praíña SPC 1 - Sénior 0
Nesta fin de semana o noso Sénior non foi capaz de colleitar un bo resultado na súa visita ao Juan Amado.
O equipo comezou impreciso, cometeu varios erros en fase de iniciación e iso, sumado a que o Praíña axustaba ben a súa presión, fixo que o partido se xogase maiormente no noso campo. Os dous equipos tivemos algún achegamento perigoso pero a maioría das accións remataban en nada. Eles dispuxeron de máis situacións prometedoras ca nós pero moi poucas ocasións limpas. A segunda parte foi máis do mesmo, poico fútbol e poucas ocasións. A mágoa foi non ser capaces de estar tranquilos despois do gol encaixado. Puxemons corazón pero non testa.