Xornada 31/10/2021

Comezaron as demáis ligas de fútbol 11

Arrancaron os demáis equipos de fútbol 11 que faltaban por competir. Foi grazas a que arrancaron as ligas locais, polo tanto tódo-los equipos en categorías infantil, cadete, xuvenil e senior atópanse xa competindo nas súas respectivas ligas.

At. Fátima 15 - Infantil C 0
Partido no que os nosos víronse superados en todo momento polo rival tanto técnica, táctica e físicamente. Ademáis a superficie do terreo de xogo favorece os locais, e se lle sumamos o estado no que se atopaba debido a choiva máis. Aínda así non é escusa para o partido realizado polos nosos que teñen moito que mellorar.

C.M. Peleteiro 2 – Cadete C 3
Partido condicionado polas dimensións do terreo de xogo, o cal fai que o o xogo sexa unha continua disputa de balóns nas respectivas zonas defensivas, polos envíos en longo, producense poucas ocasións de gol, e as aproximacións a área rival son por erros nos despexes de ambas defensas. A partires do minuto 20 o Bertamiráns ten un pouco máis de control e xenera un par de ocasións, que dan como resultado un penalti (que mandamos o longueiro) e un córner a favor do que nace o primeiro gol despois de un semiremate do capitán, que consegue sacar o porteiro, pero o rechazo é aproveitado por Labandeira. A partir deste momento seguen as emprecisions ata o descanso. A volta de vestiarios o encontro segue nas mesmas tesituras ata que nunha xogada illada o C.M. Peleteiro logra o empate e os xogadores do Bertamiráns descolocanse, froito desa situación o equipo rival aproveitase para lograr o 2-1. O equipo muda o sistema cara unn 1-3-4-3 aumentando a intensidade e logrando a remontada gracias as asociacións de Roi Ferreiro con Miguel Labandeira e principalmente con Pablo Vizcaya que se resarciu dos do erro dende os 11 metros con dous goles no minutos finais.

Xuvenil A 3 - Calasanz B 1
Chegou a primeira victoria do noso xuvenil tra-lo ascenso a liga galega. Despois dun inicio de liga complicado, o noso xuvenil acada a victoria tras firmar unha primeira parte con moitas ocasiós, na que a diferencia no marcador puido ser máis abultada que o 2-0 acadado.
Tra-lo descanso, o partido tornaríase complicado tras un erro na defensa que supón o 2-1. A falta de 20 minutos, o equipo acada o 3-1 final a saída dun saque dende o curruncho. Esperemos que sexa a primeira de moitas victorias

Xallas 4 - Infantil D 2
Primeira xornada de liga para o Infantil D, partido moi disputado por parte de ambos equipos. O resultado foi algo cruel para os nosos rapaces despois dos méritos feitos por uns e outros. A seguir traballando.

AD Nicrariense 1 - Cadete B 5
Partido controlado de principio a fin que se puxo de cara moi cedo cun gol na primeira xogada. O Cadete B atopaba moitos espacios ás costas da defensa rival con balóns longos, e así chegábase ao descanso con 0-3 no marcador. Na segunda parte o Nicrariense recortaría distancias debido a un despiste da defensa pero pronto o equipo marcaría o cuarto e quinto gol definitivos que acabaron de rompe-lo partido.

ED Arzúa 1 - Cadete D 3
Partido moi serio o disputado polo cadete D, no minuto 14 de partido comezou perdendo debido a un disparo dende fóra do área do equipo local. Non obstante, o equipo repúxose e seguiu competindo sin que lle afectase a moral ese tanto. No descanso o corpo técnico deulle entrada a Dario Baraja e Adrián Capeáns, este primeiro logrou poñe-lo equipo por diante cun doblete. O terceiro gol foi logrado por Christian Rojo.

Bastavales B 3 - Xuvenil B 1
Comenzaba a liga para o Xuvenil B en Brión fronte o Bastavales B e non puido ser peor. Nos primeiros minutos un erro puña ao bastavales por diante no marcador. O xuvenil botouse arriba xerando varias ocasions para empata-lo partido pero non logra introducir a pelota na porteria rival.
Cando xa íamos camiño aos vestiarios outro erro, se cabe superior ao do primeiro gol provoca que o Bastavales aumente a renta. Voltamos do vestiario ca intencion clara de ir polo partido pero o Bastavales sabía o que tiña que facer para rompe-lo ritmo do mesmo. Botámonos arriba con todo e conseguimos reduci-la distancia con moita sorte. Nos minutos finais e tras unha falta quedámonos con 10 xogadores. No saque marcaron o 3-1 definitivo. De ahí ata o final intentámolo pero o equipo contrario pechado e ben posicionado impediu toda-las nosas intentonas de reduci-lo marcador.

Cadete A 0 - Galicia Caranza 1
Partido moi disputado e igualado na primeira parte. Na segunda, pola contra, foi completamente dominado polos nosos, onde o rival atopouse co seu gol grazas a un erro dos nosos. Despois de encaixar este gol o Cadete A foi aínda máis superior ó rival pero non foi quen de mete-lo balón na portería contraria. O equipo marrou demasiadas ocacións claras de gol.

CF Dumbria 2 - Infantil A 5
Xornada número 6 do campionato, onde nos desprazamos a un campo complicado ante un rival sempre difícil. Primeira metade dominada polo rival, onde nos crearía perigo a través de transicións, con pouco acerto de cara a gol dos nosos xogadores nas escasas oportunidades das que despuxeron.
Tra-lo paso por vestiarios o equipo mudaría a faciana, estando moito máis xunto e sen permitirlle transitar ó rival, froito de eso poderíamos muda-la faciana e remonta-lo encontro, algo que se está sendo tónica habitual e que fala ben da condición física a que chegan os rapaces os intres finais dos partidos. Seguiremos traballando para mellorar, como cada día.

Agrón 1 - Senior 1
O Bertamirans comeza dominando a posesión, logra adiantarse cedo no marcador e dispón de varias ocasións claras para amplia-la vantaxe pero perdoa e o Agrón consegue empatar nun saque dende o curruncho. A partir de ahí o Bertamirans intentao cun xogo directo pero o Agron logra defende-lo resultado. Un punto que sabe a pouco, pero queda moita liga, é importante seguir sumando.

Golazo do noso Infantil A nesta xornada

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image