Novas

Xornadas Semana Santa 2023

A pelota tamén saleu de procesión.

Esta Semana Santa moitos equipos da nosa base non pararon por vacacións xa que algúns ata tiveron xornada intersemanal. Ademáis o equipo Sénior aproveitou para xogar a súa eliminatoria da Copa do Sar.
Salienta-la victoria do Xuvenil B que supón tres puntos importantísimos de cara a acada-la ansiada permanencia na Primeira Autonómica.

XORNADA 1-2 ABRIL

CCD Taragoña 0 - PB A 5
Partido do noso Prebenxamín A diante do Taragoña. Partido que foi máis disputado do que reflectiu o marcador final sobre todo na primeira metade, onde tanto nós como eles tivemos ocasións moi claras estando nós máis acertados na área. Na segunda metade xa soubemos impor o noso xogo. Esta victoria fai que teñamos a segunda praza asegurada, agora a gaña-los dous partidos que faltan para tratar de seren campeóns.

SD Esclavitud 0 - PB B 7
Primeira ledicia en forma de victoria a acadada hoxe polos nosos pequenos, nesta fase da competición, nun partido que foron quen de gañalo sendo superiores ós locais en ambos lados do campo e cunha gran actitude durante todo o partido. Noraboa aos pequechos.

Benxamín A 6 - EF Lalín 0
Bo partido diante dun gran rival; triunfo traballado con ideas claras e querendo propoñe-lo noso xogo en todo momento. Non levanta-lo pé do acelerador será fundamental neste último treito para acada-los obxetivos.

Benxamín B 2 - ED O Dolmen de Tordoia 0
Nova victoria para o benxamín nun partido bastante igualado diante dun rival que competiu moi ben e no que se decididiu por dous goles a balón parado. Un partido que serviu para que os nosos puideran competir e continuar ca súa aprendizaxe.

Benxamín C 3 - CD Conxo Santiago B 5
Partido moi intenso e competido o disputado por ambos equipos no Municipal de Bertamiráns. Aos nosos sobráronlle os derradeiros dez minutos xa que encaixaron dous goles que supuxeron unha dura derrota. Seguimos a formar.

Benxamín D 3 - Cordeiro CF B 2
Comezabamos frouxos, e por mor diso adiantábase o Cordeiro. Melloramos os axustes defensivos e así conseguimos darlle a volta ao marcador. Bo traballo feito polos nosos pequenos.

Alevín A 3 - EF Lalín 4
Partido moi pouco habitual, unha primeira parte moi boa na que nos adiantamos claramente no marcador e dispuxemos de ocasións moi claras para  sentencia-lo encontro... por unha ou outra cousa non fomos quen de sentencia-lo partido. Ao final do encontro, co marcador 3-2 a favor e o partido vivo, cometemos dous erros graves que nos custan sendos goles e o partido. Hai q seguir!!

Alevín B 6 - SD Cacheiras 0
Enfrontabámonos a un rival que se era quen de gañarnos nos adiantaba na táboa, algo que os nosos non iban a permitir e imprimiron un ritmo tan tan alto de xogo que o rival sucumbeu dende o minuto 1. Foi o mellor partido de liga que disputamos ata o momento. Destaca-la actuación do seu porteiro benxamín Samuel, que estivo moi ben baixo paus e que salvou ao Cacheiras dunha goleada maior.

SD Esclavitud 0 - Alevín C 5
Partido do noso Alevín C diante do Esclavitud no que dende o inicio fomos quen de facernos donos do partido xerando ocasións, ademáis non sufríamos en defensa. O partido serviunos para a falta de dúas xornadas saír campeóns de lig. Agora a seguir traballando.

Puebla FC 6 - Alevín D 2
Outro encontro máis no que a primeira metade dos nosos é moi competitiva, pero a segunda lastra todo o bo conseguido ata ese momento. Toca avanzares e melloraro para que esto deixe de suceder con tanta asiduidade.

Alevín E 0 - AD Nicrariense B 15
Tocábanos contra o líder da liga e xa íamos coa idea de pelexar cada balón. Cun bo posicionamiento e cunha idea clara seríamos quen de ir 0-0 aos primeiros 10 minutos pero a superioridade do rival, e sobre todo a dun xogador concreto, facía que levasen o peso do partido. Parabenizar ao rival por ese gran resultado pero sobre todo aos nosos xogadores que a pesares do resultado nunca baixaron os brazos.

Infantil A 4 - Galicia de Caranza 1
Victoria importante para seguir loitando polo todo ou nada, nesta liga tan igualada entre os catro primeiros. Comezou o encontro cos equipos saíndo a presionar arriba. Pero sería o Berta quen abriría o marcador cedo, sería no minuto 3, nun saque dende o curruncho dereito, que remata Santi de testa no medio da área pequena e envía o balón ao fondo da rede. Non tardaría en chega-lo segundo gol dos nosos, sería no minuto 10, nunha xogada por banda dereita, cun bo centro de Matteo e remata ao fondo das maias Pérez. O equipo estaba ben, cría que tiña o encontro controlado, pero no minuto 14, un mal pase na zona de iniciación polo carril central, interceptado polo dianteiro rival Diego, avanza ca pelota cara a meta local e entrando na área grande golpea raso e a esquerda de Marco, logrando batilo. Gol que traía incerteza e nerviosismo. O partido púxose máis igualado con este marcador, habería que agardar ao 39, noutro saque dende o curruncho dereito, donde despois de varios rexeites na área pequena, o balón chega aos pés de Santi, que dispara a esquerda do meta visitante e logra batilo. Gol moi importante psicolóxicamente. Co resultado de 3-1 fómonos aos vestiarios. A segunda parte, o Berta non se mete atrás, segue querendo máis, e sería Carlos, quen no minuto 46 e noutro saque dende o curruncho dereito, quen noutro remate coa testa mandaría o balón ao fondo das maias, colándose este preto do longueiro e deixando de manifesto a superioridade no xogo aéreo do noso equipo. O partido despois disto avanza tranquilo, pode ser pola influenza da superioridade no marcador por parte dos nosos, salvo nun susto no que o Caranza puido face-lo segundo, nun saque de falta, no que a defensa tira mal a liña de fóra de xogo, e o dianteiro rival recibe o centro diante de Marco, logrando éste rechazar dous disparos do rival e evitando unha ocasión de gol moi clara. Tres puntos importantes para seguir na loita. Moita sorte.

SD Amio 0 - Infantil B 3
O partido se presentaba un tanto complicado debido as baixas, pero tanto Sande como Adri Silva xogadores do Infantil D non decepcionaron e fixeron un gran encontro, xa que foron quen de aportar moito ca súa entrega e calidade. Marcamos cedo, froito dunha gran xogada que finalizaba Eli tras un gran pase de Fabio no minuto 9 e no minuto 21 Simón no segundo pao marcaba o segundo despois dun saque dende o curruncho que executou Marco. O partido encarrilábase, e con 0-2 chegamos ao descanso. Na reanudación o rival apreta en busca da remontada pero non foi quen de crear perigo grazas oo bo traballo defensivo que seguía a mante-lo equipo. No minuto 56 Brais de falta directa pechaba o encontro para írmonos de vacacions cun 0-3 que nos segue a manteren líderes.

UD Bastavales 2 - Infantil C 2
Mal partido do noso infantil onde non fomos quen de leva-lo ritmo do partido. A pesares disto xeramos numerosas ocasións de gol sobre todo na primeira parte onde se contabilizaron non menos de tres mans a mans. Ainda así nun erro o Bastavales adiántase no marcador. Ao inicio da segunda parte un erro no axuste defensivo provoca que o Bastavales amplíe distanzas no marcador. A partires dese intre prodúcese un monólogo pola nosa parte e acadamos un empate despois de incontables ocasións.

San Pedro FC 2 - Infantil D 4
Seguimos deixando mala imaxe diante dos rivais da zona baixa. Esquecer este día será chave se queremos saca-los 3 puntos no seguinte partido.

Cadete A 3 - CD Lugo B 2
Victoria moi sufrida a acadada polo primeiro equipo da categoría, que serve para achegarse de novo ao primeiro clasificado. Empezou o encontro sendo moi disputado, disputándose todo-los balóns, pero quen tería as ocasións máis claras sería o equipo local. Destacar nos primeiros minutos un remate coa testa, que o meta rival prolonga para que a pelota se perda por riba do longueiro. Logo destacar tamen un remate de Rodri, que despois de zafarse do seu par, entra pola parte esquerda da área rival, dispara pero o porteiro logra desbarata-la ocasión. O primeiro gol tardaría en chegar, sería no minuto 29, sendo Diego o autor, nun remate no segundo pau, nun balón centrado dende a banda dereita. Có 1-0 fómonos ao descanso. A segunda parte empezaba cunha clara ocasión, moi similar a da primeira parte, onde Rodri recolle un balón no borde da área grande, logra desfacerse da marca indo cara dentro da área, dispara a uns 12 metros da meta e o gardamallallas repele o disparo. O 2-0 sería de Rodri, no minuto 45, noutra xogada típica del, recolle un balón preto da área contraria, arranca cara meta rival desfacéndose do seu par e o entrar na área golpea duro e aínda que sae bastante centrado o meta rexeita mal e a pelota acaba no fondo da rede. A partires de aquí o Berta parece que se relaxa, non mantén a mesma intensidade, as liñas sepáranse, non gaña tantos segundos balóns e así no minuto 68, unha galopada do extremo do Lugo pola banda esquerda, desfacéndose de varios dos nosos, da unha boa asistencia a Lucas dentro da área e este saca un disparo cruzado e bate polo pau esquerdo a Pablo. Con esto parece que o Berta reacciona e seis minutos despois, no 74, nun saque dende o curruncho dereito, Migui remata coa testa de forma inapelable na zona central da área pequena e fai o 3-1. Cando parecía que íamos ter un final de partido tranquilo, provocamos dous minutos despois unha falta un pouco por diante do medio campo a favor
do Lugo, éstes colgan o balón na área, a defensa non está contundente e Gabriel que entrara na segunda metade, logra bati-lo meta local Pablo. O resto do encontro tocaba sufrir, aínda que finalmente o Berta logrou a victoria, moi importante para voltar a meterse na loita pola liga e o ascenso directo.

Cadete B 4 - Porto do Son CF 0
Partido no que o noso cadete foi moi superior ao rival en todo o encontro, o problema na primeira metade foi a falta de gol, varias ocasións moi claras que non repercutiron en abri-lo marcador. Sabiamos que no momento que marcáramos o primeiro viría algún máis e así foi. Na segunda metade Rubén abre o marcador e despois veu moi rápida a sentencia, finalizando o encontro 4-0. Agora a descansar en Semana Santa e esperanos a volta o SD Compostela B. A seguir traballando!!

E. Estrada FB B 1 - Cadete C 1
Partido moi complicado onde o empate sábenos a victoria. Seguimos a formar persoas e futbolistas.

Racing de Ferrol B 1 - Xuvenil A 3
Encontro marcado por unhas dimesións e un céspede ao que os nosos rapaces non están acostumados.
Os primeiros 15 minutos de partido serían para adaptarse ao terreo de xogo, onde ao xogar en herba natural, o balón rodaría dunha forma diferente, logo deses minutos asentarímonos no terreo de xogo e adiantaríamonos no marcador. Pouco despois aumentaríamo-la nosa vantaxe e a partires dese intre, sufriríamos unha expulsión, a cal nos deixaría en inferioridade. Axustaríamos as distanzas e mudaríamos un chisco o noso sistema, pasando a facer un esforzo defensivo para lograr traer os tres puntos.
A segunda metade sería idéntica, ata que o Racing se quedaría con 10 xogadores, o que faría volver a iguala-las forzas. Parabenizar aos rapaces polo esforzo, onde esperamos que dito esforzo extra non pase factura para afronta-lo tourmalet de partidos que veñen.

SD Cacheiras 3 - Xuvenil B 1
Bo partido o disputado polos nosos rapaces na Cañoteira. O partido comezou cun golazo do equipo rival, obra de Eloy que recibe un balón na banda dereita e despois de driblar a dous defensas lanza un zapatazo imparable que entra preto da escadra do lado contrario. Aínda con este mazazo o equipo non se veu abaixo e executou o plan de partido, cun plantexamento de agarda-lo rival en bloque baixo para despois tratar de contrgolpear. Así dispuxo de dúas ocasións que non soubo materializar, ademáis tampouco pasou apuros en defensa. No minuto 39 o equipo consegueu o empate grazas a un penalti maxistralmente executado por Dylan. Pero todo este bo traballo realizado veuse abaixo nos primeiros 15 minutos da reanudación xa que o equipo encaixou dos goles en sendos erros defensivos. O primeiro por non segui-las marcas na área na defensa dun balón aéreo e o segundo por culpa dunha pasividade defensiva propia de benxamíns. Despois o equipo repúxose pero apenas inquedou a meta local.

SD Urdilde 0 - Sénior 1
Bo partido esta fin de semana o disputado no campo de O Pino. A primeira parte fomos precisos e estivemos acertados. Puidemos rompe-las liñas da presión rival con moita frecuencia. Tivemos varias ocasións pero non fomos quen de marcar. A segunda parte foi máis difícil, o Urdilde tomou máis riscos dos que xa tomaba na primeira parte e nós vímonos na obriga de xogar máis directo do que nos gustaría. Concedemos dúas ocasións que ben puideron ser dous goles, así mesmo tivemos, ao igual que na primeira parte, boas ocasións...e tampouco fomos capaces, ata que nos derradeiros minutos; a balón parado puidemos poñe-lo 0-1 definitivo

XORNADA 5-6 ABRIL

SDCR Narón O Freixo 3 - Cadete A 2
O primeiro equipo da categoría cadete deixa tres puntos importantes para seguir na loita pola liga, despois de voltar a desaproveitar moitas ocasións coas que puido gaña-lo encontro. Empezou o encontro cos dous equipos bastante estirados e xogo directo, quizáis propiciado polo estado do terreo de xogo, bastante irregular. Non tardou o Berta en ter a primeira ocasión do encontro, sería Rodri, quen se zafa do seu par preto da área grande, adéntrase nela e diante do meta marra. Pero pasaría como outras moitas veces, primeira ocasión do rival e gol, sería nunha falta lonxana, lánzana directamente a porta, sen moita forza, o balón bota antes de chegar ao noso meta, non consegue blocar e o rexeite cae nos pés do xogador local Diego e fai o primeiro. A partires de ahí as mellores ocasións da primeira metade serían do Berta, unha Suárez, que despois dun saque dende o curruncho o seu remate bota dúas veces por riba do longueiro e vaise fóra. A seguinte ocasión teríaa Diego, despois dun centro dende a dereita, no que o porteiro non se fai có balón, chega os pés deste e con todo a favor manda o balón ao pau dereito da portería local. A segunda parte sería prácticamente un calco da primeira, noutra xogada illada no minuto 50, o Narón fai o segundo, sería despois dun centro dende a esquerda, que cae por diante do punto de penalti e Sergio libre de marca remata coa testa de maneira perfecta para manda-lo balón ao fondo da rede. A partires destes intres, o Berta mete máis intensidade, vese que pode chega-lo gol, aínda que tardou. Sería no minuto 70 nunha xogada que arranca na banda esquerda, que despois dun pase a zona central do ataque, aparece Samu por sorpresa pola zona dereita da área local, envianlle o balón e despois dun control orientado, golpea perfecto para manda-lo balón ao fondo da rede. O Berta está volcado, e nun pase en longo, o Narón tería unha boa ocasión, o dianteiro local recibe preto da área do Berta, pero Pablo ben colocado, achícalle o espazo de remate. Tiña que segui-lo Berta tentandoo, e o seguinte en ter unha clara ocasión sería Xavi, despois dun centro dende a dereita, onde éste está completamente só no segundo pau, pouco despois da altura do punto de penalti, pero o control é moi lento, e cando dispara un defensa da interceptado o balón. O segundo gol sería no minuto 85, no descoto xa, nunha xogada a balón parado. Saca Samu unha falta preto da área rival, pola esquerda a uns 30 metros, colga o balón dirección portería, o segundo pau e Dani logra rematar para envia-lo balón ao fondo das maias. Cando se pensaba que o marcador non se movería, unha falta no minuto 87, no medio campo e a favor do equipo local, é colgada o medio da área grande, onde aparece Rafael para rematar coa testa ao fondo da rede. Mágoa polo punto perdido. A seguir loitando e tratar de mellorar certas cousas para ser moito máis competitivos.

Xuvenil A 1 - Bergantiños CF B 3
Mal partido do noso primeiro equipo xuvenil. Non fomos quen de xogar un partido con intensidade e tampouco soubemos abri-la defensa rival xa que a pesares de te-la pelota no nosos poder non soubemos que facer con ela. Ademáis de sufrir moitísimo co xogo directo que empregou o rival, que sabía perfectamente ao que xogaba e executou un plan de partido maxistral. Debemos de aprender que sen profundidade non podemos romper liñas defensivas e que non podemos abusar do efecto parabrisas cando temos tanta posesión de balón. Toca seguir traballando se queremos poñe-la guinda do pastel a esta tempada clasificando para o play-off de ascenso.

Xuvenil B 3 - SR Calo 0
Por fin chegou a ansiada victoria que tanto precisaba este equipo. Foi unha victoria sufrida diante dun equipo moi ben plantado sobre o terreo de xogo que soubo emprega-las súas armas para tratar de levarse os tres puntos. Os nosos foron quen de leva-lo ritmo do partido diante dun rival que preferiu esperar para tratar de contragolpear. Na primeira metade o equipo dispuxo de 3 boas ocasións para abri-lo marcador pero non soubo materializalas, pero o Calo tamén dispuxo de varias ocasións con balóns longos cara seu dianteiro que nos puxo en apuros varias veces. Na segunda metada o equipo abriu o marcador aos dez minutos cun centro-chut de Fran que se envenenou. A partires deste intre o rival muda de sistema pasando a xogar con 4 defensas e 2 dianteiros e aparecen os espazos que os nosos aproveitan para sentenza-lo encontro. Tres puntos vitais para acada-la ansiada permanencia.

XORNADA 8-9 ABRIL

Cadete A 1 - CD Conxo Santiago B 2
Nova derrota do primeiro equipo da categoría, co cal alónxase a probalidade do ascenso directo e de gaña-la liga. Encontro que empezou sendo moi disputado, con poucas ocasións e vendo que erros puntuais podían decidir. Sería Rodri, quen no minuto 18 abriría o marcador, nunha magnifica xogada individual, onde recolle un balón de costas a área contraria, xírase cara a súa perna boa, achégase ao centro da área grande e golpea raso ao pau esquerdo da meta rival. GOLAZOOOO. Parecía que o Berta tiña o partido controlado, onde ía dominando o xogo, pero no minuto 38, outro erro na defensa a balón parado, fai que un xogador visitante remate de maneira sinxela no segundo pau, enviando o balón o longueiro e despois de varios rexeites, Uxio no seu remate logra que o balón traspase a liña de gol, sendo éste moi dubidoso. Gol con efecto psicolóxico. A segunda parte o Berta segue propoñendo máis, quere o partido, pero no minuto 51, un despexe sen aparente perigo que cae no medio campo, a defensa está branda, non logra despexar nunha disputa aérea, o extremo recolle o balón, prántase só diante de Pablo e bateo por riba. Despois disto o Berta non se veu abaixo, sigueu tentadoo, facendo trocos ofensivos, mentres o Conxo defendíase e lanzaba balóns longos tentando gañarlle as costas á defensa. Salientar unha acción dos nosos nese tempo, onde un remate desde dentro da área de Diego, pegado o pau dereito da meta visitante, o porteiro fixo unha estupenda parada, lucíndose e evitando o empate.
Mereceu máis o Berta, pero o dito, erros puntuais penalizaron moito.

Galicia Caranza 2 - Xuvenil A 0
Mal partido novamente do noso primeiro equipo xuvenil. Unha vez máis voltamos a te-la posesión de balón pero non fomos quen de xerar numerosas ocasións clara de gol. O rival pola súa contra aproveitou dous erros nosos para meter dous goles e despois chegoulle con defender para non pasar apuros. Tamén debemos de saber adaptarnos a campos cunhas medidas máis grandes cas do Municipal de Bertamiráns, porque nestes campos temos bastante dificultade para mante-las liñas xuntas. Así e todo se a falta de Nico en vez de bater no longueiro entra ao fondo da rede quizáis houbésemos escrito outra crónica diferente. Temos que seguir e loitar por amarrar un posto no play-off.

SD Brión 1 - Sénior 5
Encontro de primera ronda da LV Copa do Sar que nos enfronta a un clube amigo como é a SD Brión disputado no municipal de Bertamiráns. No que respecta o meramente deportivo tratouse dun duelo de luva branca que no minuto 6 o marcador amosaba un 2-0 o cal fixo que o ritmo do mesmo fora baixo, pero xerando algunhas ocasións para irse co 3-0 ao tempo de lecer. Á volta de vestiarios o Brión tentou reaccionar pero non foi quen e encaixou dous tantos máis ata conseguir marcar no minuto 68 para por o 5-1 final a pesares de contar con varias ocasións para ambos lados o marcador non se moveu, unhas veces por erros no remate e outras por boas paradas dos gardametas. Ahora toca volver a centrarse na liga.

Gol de Carlos coa testa na victoria do Infantil A.

Gol de Santi na victoria do Infantil A.

os nosos colaboradores

Image
Image
futgal2.jpg

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Milongas
CES CAROU
Stampa
Vaca Vella
O Establo
Emma Café
Sopgal
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal