Novas

Xornada 16/05/2021

Rematamo-la xornada con case pleno de victorias A continuación detallamos o que aconteceu nos derradeiros partidos da xornada que comezara entre semana debido a festividade da Ascensión. Milladoiro 1 - Xuvenil A 3 Partido espeso do noso xuvenil no Milladoiro, que sumadas as condicions meteorolóxicas tan adversas do día de onte, impediron que se vise un bo partido. O partido decidiuse con tres accions aisladas que nos permitiron logra-los goles. Conxo Santiago B 1 - PB A 9 Gran partido dos peques que mostraron un gran fútbol. O equipo colocouse en tres cuartos deixando iniciar e a partir das pérdidas do equipo contrario atopou os espazos necesarios para rematar tóda-las ocasións. Destacou Martín Silva que foi quen de anotar 5 tantos. Cadete B 2 - EF Lalín 1 O Cadete atopouse no primero tempo cun gran ritmo, agresividade e intensidade defensiva por parte do EF Lalín poñendose por diante no marcador no minuto 20 tra-lo único erro que cometeu o Cadete B na Fase de Iniciación. Según avanzaban os minutos os nosos deron dominado o balón durante o primeiro tempo o que se reflexou en perigo e ocasións non sendo quen de empata-lo partido ata o minuto 68 por medio de Recho que nun balón morto na área fai o empate. E, para poñe-la guinda o gran partido do equipo, no minuto 73 de novo Recho, cun gran golpeo dende fora da área da a victoria o equipo e deixanos a un paso de cerrar matemáticamente o acceso o play off de ascenso. Cacheiras 0 - Cadete C 4 Partido que dende o primeiro momento tivemo-la posesion e no que o rival buscaba balóns as espaldas da nosa defensa. Conseguimos adiantarnos os 5 minutos na 2° ocasion que dispuxemos. Durante os seguintes minutos repartironse varias ocasións para uns e outros, as ocasións rivais foron a balón parado. Pero o fío dondescando marcamos o 2° gol rematando cas esperanzas do rival. Na segunda metade o control do partido foi total. So crearon peligro a balón parado. Sentenciando co 0-3 e xa no tramo final incrementando oresultado a un 0-4 reflexando o gran partido feito por todo o equipo.Victoría importantísima para acadar a clasificación para a seguinte fase. Estrada C 1 - Alevín C 4 Os nosos impuxéronse con moita superioridade na Estrada, nun campo moi complicado debido as condicións meteorolóxicas.Partido cómodo de principio a fin cun hat-trick de Mario. Amio 2 -  PB B 4 Partido no que o prebenxamin partía como claro favorito e veuse reflexado nos primeiros minutos o que levou a relaxacion. Mala primeira parte na que acabamos 1-1. A segunda parte cun Dani enchufado, metendo dous goles estivemos mais tranquilos. Amio 1-0 PB A (4-2) global : FUTSAL Partido moi intenso donde xeramos moi poucas oportunidades. Moito fisico e moita loita donde os nosos PBs foron capaces de remontar o 2-0 inicial, pero no último cuarto nos ultimos 3 minutos eles aproveitaron as súas ocasións, e nos fallamos o man a man que temos para poñernos por diante. Co equipo volcado chega o último gol e o final do partido. Benxamín 7 -  Victoria C 0 : FUTSAL Posiblemente fose este o noso mellor partido no q vai de tempada. O equipo saiu con moitas ganas dende o primeiro minuto e foi capaz de manter ese gran nivel ao longo dos minutos.Toca pois felicitar aos nosos polo esforzo mostrado, tanto a nivel condicional como a nivel mental. A felicitación debe ser maior se cabe posto que no plano técnico-táctico foron precisos e rigurosos. os nosos patrocinadores sen o seu apoio non sería posible. grazas.

Xornada 13/05/2021

Comenzamo-la xornada con bos resultados Comezamos esta xornada aproveitando a festividade da Ascensión, na que se disputaron xa xornadas de competición nos nosos equipos da base. Alevín A 13- Milladoiro 0 Partido no que o noso alevín foi moi súperior ó equipo rival e goleu sen apuros. Benxamin C 10 - Noia A 1 Partido ante o Noia A, segundo clasificado, os nosos rapaces sairon moi metidos dende o pitido inicial co cal nos primeiros minutos xa tiñamos o partido encarrilado, salvo nun par de ocasions non pasamos moitos apuros. Agora a pensar no Riveira. Benxamín D 0 - Noia B 4Derrota clara do Benxamín D por 0-4 ante o Noia B, ao final da primeira volta, onde a diferenza podería marcarse pola efectividade diante da portería onde os nosos non foron quen de converter as súas ocasións en gol. Agora a seguir traballando e aprendendo. Infantil D 1 - Conxo "C" 5Mal partido dos nosos rapaces que acusaron as baixas, e aínda así lograban adiantarse no marcador. Unha mala segunda parte condenou ó equipo e o Conxo, acertado de cara a porta, non perdonou. Villestro B 1 - Alevin B 8 Partido dominado dende o pitido inicial. Os rapaces do alevin B mostraronse dominadores a través do balón durante a primeira parte ata acadar un 0-3 favorable. Na segunda, atoparon un rival moito mais presionante, polo que tiveron que buscar novas armas para alcanzar o 1-8 final. Calo 1- Benxamín B 5 Un Calo moi forte poñía en apuros ao Benxamín tras adiantarse no marcador e gozar de varias ocasións para ampliar a vantaxe. O benxamín ao que non lle estaban a sair as cousas, logrou cambiar a dinámica do partido e remontar en 5 minutos para irse 4-1 ao descanso. Unha sólida segunda parte incrementaba a vantaxe para os nosos. os nosos patrocinadores sen o seu apoio non sería posible. grazas.

As nosas promesas adestraron en Abegondo

Dentro do convenio que temos asinado co RC Deportivo da Coruña, estes días pasados 10 xogadores en idade alevín e 4 en idade infantil foron seleccionados polos técnicos do clube coruñés para realizar adestramentos na cidade deportiva de Abegondo, integrándose na dinámica de adestramento dos equipos do RC Deportivo que lles asignaron para a súa categoría.

Os xogadores elexidos foron:
Alevín A: Antía, Lucas; Manu e Álex.
Alevín B: Gabi, Fabio e Eli.

Infantil A: Uxío, Jesús, Aarón e Miguel.
Alevín B: Álex, Pla e Noya.

Máscara Protección COVID

Protéxete fronte a COVID coa máscara do nos clube.

Por tan só 6€ merca esta fantástica máscara coas cores do teu equipo. A máscara cumpre con tódolos requerimentos sanitarios necesarios frente a protección da COVID.
Faite con ela mercandoa no Campo de Fútbol do Bertamiráns FC.

 

os nosos patrocinadores sen o seu apoio non sería posible. grazas.

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal