A Escola RC Deportivo abreu as súas portas por primeira vez lonxe da A Corua, aquí no noso concello de Ames, concretamente no campo do Bertamiráns F.C. Fai un ano o concello acolleu a presentación do acordo entre todalas partes. Rafael Budiño (presidente do Bertamiráns FC), José Miñones (Alcalde de Ames), Susana Señoris (concelleira de cultura e deportes de Ames), Sergio Penas (director deportivo do Bertamiráns FC) y Pablo Barros (coordinador das actividades formativas da Fundación RC Deportivo) representaron no acto a todas las partes implicadas.
A Escola RC Deportivo de Bertamiráns, ten dous turnos dispoñibles, os martes de 16:30 a 17:30 ou de 17:30 a 18:30 horas, coa opción de poder adestrar unha ou dúas horas á semana.
.
A Fundación Real Club Deportivo ten activa, por segunda tempada consecutiva, esta actividade na que se preparan contidos complementarios ó traballo que os xogadores e xogadaras desenrrolan no seus clubes, aproveitando para profundizares no coñecemento e adestramento do fútbol, formándose baixo a supervisión dos adestradores da canteira do Real Club Deportivo.
Esta Escola de Tecnificación desenvólvese como unha actividade máis dentro dos que se levan a cabo dentro do convenio que manteñen ambas entidades dende o ano 2019, cando firmaron a extensión do mesmo por 4 anos mais, rematando o mesmo na tempada 2022-2023.