A nosa canteira brilla no campeonato galego Este luns Eiden, xogador do Alevín "B" , consiguiu o subcampionato do Campionato Galego de Seleccións Comarcais coa selección de Santiago sub-11, despois de impoñerse por 0-1 e 1-0 ante as seleccións de Coruña e de Lugo respectivamente, e tra-lo empate a 0 fronte a selección de Vigo na fase de grupos. Na final a selección de Santiago perdeu por 0-3 fronte ao conxunto vigués. De mismo xeito, pero na categoría sub-13, os xogadores do Infantil "B" Manu, Leo e Alberto conseguiron o subcampionato. Na primeira ronda a selección de Santiago eliminaria a selección lucense despois de ganar por 1-0. Nas semifinais os nosos xogadores enfrontáronse a selección de Ourense, e acadaron a final na tanda de penaltis, despois do empate 1-1. Na final os santiagueses perderon por 3-1 fronte a selección de Vigo. Martina, xogadora do Infantil "C", ganou o Campionato Galego de Seleccións Comarcais Feminino na categoria sub-14. Na primeira ronda a selección santiaguesa venceu por 3-0 a Lugo. Nas semifinais volvéronse a enfrontar a selección lucense, vencendo desta vez por 2-0. Na final, faríanse co título, despois de vencer por 2-0 a selección de Vigo. Parabéns aos nosos canteiráns!!!
Derrota sen paliativos en Padrón Derrota moi contundente do noso Sénior, que non soubo reaccionar aos primeiros tantos do Flavia S.D.Na xornada 27 o Bertamiráns F.C. visitou o Municipal do Souto. Na primeira parte os nosos non conseguiron xerar ocasións claras e o conxunto local conseguía poñerse 2-0 no marcador. Aos 10 minutos de comeza-lo segundo tempo o Flavia marcaría outros dous tantos, dando un duro golpe á moral dos nosos. No minuto 72, encaixaríamo-lo quinto tanto do conxunto de Padrón, e na seguinte xogada, Fabricio marcaría o único tanto do noso equipo cun bo golpeo dende fóra da área.Mal partido, no que a única boa nova foi a volta aos terrenos de xogo do noso porteiro Alex Guillermes "Guille".Temos que seguir traballando para escalar posicións na táboa e levarnos os 3 puntos ante a nosa xente fronte á S.D. Agolada.
Derrotas duras para Cadete A e Xuvenil B Duras derrotas para o Cadete A e o Xuvenil B que se complican acada-los obxetivos da tempada. Prebenxamín -Triunfo do PB "C" por 2-1 ante o Carreira C.F. "B" no Municipal. Benxamín -Triunfo por 5-0 do noso Benxamín "A" na casa fronte o Praiña S.C. Infantil -Derrota do Infantil "A" de División de Honra por 5-0 fronte a U.D. Santa Mariña no Cotogrande.-Vitoria do noso Infantil "B" fronte o C.F. Noia por 1-3 no Julio Mato.-Vitoria do infantil "C" no Xeixo fronte o Trazo C.F. por 0-5.-Derrota do Infantil "D" por 0-4 na casa fronte á E.F.M. Concello de Boiro. Cadete -Derrota nas Eiroas do noso Cadete "A" de Liga Galega fronte o Bergantiños C.F. por 2-1.-Empate do Cadete "B" por 3-3 fronte á S.D. Compostela "B" no Municipal de Bertamiráns.-Derrota do noso Cadete "C" fronte a S.D. Cruces por 4-6 no Municipal de Bertamiráns. Xuvenil -Vitoria do noso Xuvenil "A" da Liga Galega na Ribela por 0-3 fronte a S.D. Sarriana. -Empate 1-1 do Xuvenil "B" contra a S.D. Milladoiro no Municipal de Bertamiráns.-Derrota do Xuvenil "C" fronte a S.D. Esclavitud por 3-0 no Campo do Doce.
Grazas por todo David Dende o Bertamiráns F.C. queremoslle desexar moita sorte e éxitos ao noso ex-xogador David González, que dende hoxe pasa a formar parte do plantel da S.D. Dubra. Moitas grazas por defenderes con tanta entrega o escudo durante todos estes anos. Esta foi e será sempre a túa casa. Learn More