Novas

Bertamiráns F.C. 1 - 1 S.D. Negreira

Valioso empate diante do líder. Puntazo do sénior diante do líder da liga, que sabe a pouco tralo tanto do Negreira na derradeira xogada do encontro. Os nosos recibiron este domingo á S.D. Negreira para desputa-la xornada 24 do campeonato, que rematou cun empate a un gol. O gol do Bertamiráns chegou aos 15 minutos de partido despois dunha boa xogada entre Fabri, Adrián Arnejo, e Caeiro, quen se encargou de comeza-la xogada e rematala cun gran testarazo. O equipo seguiu tendo ocasións a pesares do dominio do equipo visitante, que foi quen de pornos contra as cordas reiteradas veces pero sen atopa-lo camiño do gol. Despois de máis de 90 minutos moi serios, nos que os nosos fixeron un gran desgaste, tras unha xogada a balón parado, a S.D. Negreira conseguiría o tanto que igualaba o marcador e que daría lugar ao 1-1 definitivo.Temos por diante unha semana de esforzo para seguir mellorando de cara ao seguinte encontro, no cal visitamos ao C.D. Baio.

Xornada 03/03/2024

O Alevín C proclamouse campeón de liga. Esta semana temos que destacar o desempeño do Alevín C, xa que se proclamou campeón de liga con dúas xornadas de antelación e sen perder un sólo partido. Parabéns rapaces!!!!!!! Biberón F.S. Vitoria por 0-1 do Biberón fronte ao Milladoiro S.D. no pavillón de Milladoiro Prebenxamín Vitoria do PB "A" por 0-2 fronte á S.D. Villestro no campo de Cancelas.Reparto de puntos do PB "B" por 1-1 ante á E.D. O Dolmen Tordoia na Rega.Derrota fronte o Cordeiro C.F. "B" por 1-0 do noso PB "C" na Campaña. Benxamín Triunfo por 3-6 do noso Benxamín "A" en Vista Algre fronte a E.F.M. Concello de Boiro.Empate 1-1 fronte a S.D. Villestro "B" do noso Benxamín "B" no Municipal de Bertamiráns.O Benxamín "C" empatou 3-3 fronte á S.D. Villestro "C" no Municipal de Bertamiráns.O Benxamín "D" descansou. Alevín Vitoria do Alevin "A" por 1-3 fronte a S.D. Villestro en Santa Isabel.Triunfo do Alevin "B" fronte o Amio S.D. por 3-1 no Municipal de Bertamiráns.Vitoria do Alevín "C" por 2-9 fronte á S.D. Negreira en Cepelo. Con este triunfo os nosos rapaces convírtense en campións de liga! Parabéns a todos os nenos e a Joel polo título.Triunfo do Alevín "D" 11-2 fronte o Ulla Pontecesures C.F. "C" no Municipal de Bertamiráns.Suspendido o partido do noso Alevín "E" fronte o C.D. Unión por indisposición do entrenador rival.Alevín Triunfo do Alevín F-11 fronte o Victoria F.C. por 4-1 no Municipal de Bertamiráns. Infantil Derrota do Infantil "A" de División de Honra por 8-0 fronte á E.F. Denis Suárez no Penedo Redondo.Infantil "B" - E.D. Xuventude de Oroso "B". (Municipal de Bertamiráns)Vitoria do infantil "C" no Municipal de Bertamiráns ao Xallas F.C. "B" por 5-0 .Derrota do Infantil "D" por 5-2 no Julio Mato fronte o C.F. Noia"B". Cadete Triunfo por 5-1 fronte o Racing Club de Ferrol S.A.D. "B" do noso Cadete "A" de Liga Galega no Municipal de Bertamiráns.Derrota do Cadete "B" por 2-1 fronte á E.F. Silleda no Outeiriño.Derrota do noso Cadete "C" por 1-5 fronte a S.D. Compostela "C" no Municipal de Bertamiráns. Xuvenil Vitoria do noso Xuvenil "A" da Liga Galega no Municipal de Bertamiráns por 6-0 fronte a S.D. Residencia.Derrota do noso Xuvenil "B" contra a E.F. Lalín por 5-4 no Manuel Anxo Cortizo .O Xuvenil "C" descansou.

SR Calo 4 - Bertamiráns FC 0

 

Dura derrota na visita a Calo froito da excesiva relaxación. Contundente derrota do Sénior diante da S.R. Calo no Municipal de Rebordelo por 4-0.A primeira metade rematou cun 0-0 despois de 45 minutos con escasas ocasións para ambos conxuntos, ademáis o xogo tivo pouco ritmo. No segundo tempo os nosos sufriron moito a balón parado do rival, tal e como se viu aos 2 minutos de comezar cun gol de córner do conxunto local. O nerviosismo e as presas xogáronnos unha mala pasada que se viu reflectida en ocasións para a S.R. Calo, que non perdoou, e acabouse levando os 3 puntos despois de facernos 4 goles en pouco menos de media hora. Derrota que debe servir para aprender dos erros cometidos e non repetilos no futuro. O equipo seguirá traballando para voltar a sumar puntos e consegui-lo obxectivo da permanencia.

Xornada 25/02/2024

Importantes victorias na categoría cadete para manterse na pelexa polo playoff de ascenso. Dúas grandes victorias en categoría cadete, o equipo A venceu 1-3 ao Victoria da Coruña o que lle permite seguir na pelexa por clasificar para o playoff de ascenso, e pola súa banda o equipo B venceu por 2-1 no municipal ao EF Lalín, o que tamén lle permite soñar co playoff. Pola contra na categoría Infantil o noso equipo A saleu goleado en Salceda e ten moi complicada a salvación; pero temos que pelexar ata o final. Prebenxamín Vitoria do PB "A" por 2-1 fronte á S.D. Milladoiro no Municipal de Bertamiráns.Derrota do PB "B" por 0-3 ante á S.D. Dubra na casa.Empate fronte a S.D. Esclavitud por 1-1 do noso PB "C" no Municipal de Bertamiráns. Benxamín Triunfo por 1-4 do noso Benxamín "A" no Manuel Regueiro fronte a E.E.F.B. Vitoria ante o Atlético Fátima por 0-1 do noso Benxamín "B" no Campo de Cancelas.O Benxamín "C" empatou 1-1 fronte á E.D. Dolmen Tordoia "B" na súa visita ao Campo da Rega.Vitoria do Benxamín "D" 4-2 fronte o Cordeiro C.F. "D" no Municipal de Bertamiráns. Alevín Derrota do Alevin "A" por 1-3 fronte o C.D. Conxo Santiago na casa.Triunfo do Alevin "B" fronte o C.D. Cia María por 2-5 en Santa Isabel.Vitoria do Alevín "C" por 4-2 á S.D. Villestro na casa.Derrota do Alevín "D" 3-2 fronte á E.D. Santa Marta "C" no Municipal de Bertamiráns.Triunfo do noso Alevín "E" por 5-0 ante o C.C.D. Taragoña "B" no Municipal de Bertamiráns.Derrota do Alevín F-11 fronte o Pabellón Promesas C.F. por 4-3 no Campo dos Remedios. Infantil Derrota do Infantil "A" de División de Honra por 8-0 fronte á E.F. Denis Suárez no Penedo Redondo.Derrota no Campo da Merced fronte o C.D. Conxo Santiago "B" por 3-2 do noso Infantil "B".Vitoria do infantil "C" na saida ao Campo do Doce fronte á S.D. Esclavitud por 1-5 .Vitoria do Infantil "D" por 5-0 no Municipal de Bertamiráns fronte o Ulla Pontecesures "B". Cadete Triunfo por 1-3 fronte o Victoria C.F. "B" do noso Cadete "A" de Liga Galega na visita ao Visma 2.Vitoria do Cadete "B" ante a E.F. Lalin por 2-1 na casaTriunfo do noso Cadete "C" por 1-3 fronte ao Praiña S.C. na Cañoteira. Xuvenil Reparto de puntos na visita do noso Xuvenil "A" da Liga Galega ao campo da Merced tralo 2-2 acadado fronte ao C.D. Conxo Santiago "B".Vitoria do noso Xuvenil "B" contra a E.D. de Vedra por 2-1 no Municipal .Derrota do Xuvenil "C" por 2-5 ante o Crocha Balompé C.F. no Municipal. Gol de Garri na victoria do PB A. Gol de Álex na victoria do PB A.

881087583

Director Deportivo
676014018

F11 Coordinador
653345278

F8 Coordinador
690793915

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal