Novas

Xornada 12/06/2022

O Cadete B clasifica para a final da Copa do SAR. O Cadete B clasificouse para a final da Copa do Sar despois de golear en semifinais ó Silleda CF. Po outra banda remataron as fases de ascenso para o Infantil C e o Xuvenil B sen éxito despois dunha gran tempada de ambolos dous conxuntos. ACD EF Arzúa 3 - Infantil C 2 Gran partido o disputado polo noso infantil, que de non ser pola actuación do árbitro houbese acadado un resultado moi positivo. O equipo presentouse con numerosas baixas e tivo que tirar de alevíns, que fixeron un gran partido. Na primeira metade o equipo controlou o xogo en todo momento e apenas sufriu achegas do rival, froito deste abrumador dominio o equipo marchou os vestiarios cunha vantaxe dun gol no marcador. Na reanudación un erro moi grave do colexiado supuxo o empate do rival, neste intre surxiron os nervos e o equipo comezou a sufrir imprecisións e concesións en defensa que nos levaron a encaixar 3 goles. Aínda así o equipo reaccionou e reduciu distanzas e volveu a recupera-lo control do partido, conseguindo mete-lo rival na súa propia área pero non conseguimos materializar ningunha das ocasións das que desfrutamos. Infantil C 0 - Cidade de Ribeira B 0 Partido moi disputado no que o equipo competiu diante do mellor equipo da fase de ascenso. Foi un partido con poucas ocasións onde os nosos rapaces defenderon moi ben pero no que non puideron facer moito dano arriba debido a diferenza de corpo e idade dos nosos alevíns coa súa defensa. Destaca-la actuación dos nosos porteiros, Javie e Jean Pierre, que desbarataron algún man a man complicado que puido supoñe-la nosa derrota.  Remata así unha gran tempada na que nos faltou competir mellor na fase de ascenso pero tamén hai que dicir que sufrimos moitas lesións. Parabenizar a Mario, Amanda, Hugo Santamarina, Hugo Castro, Carlos Daniel, Jorge, Canay, Bonome, Yago, Diana, Martín, Javi e Jean Pierre pola gran tempada que fixeron e polo seu esforzo e compromiso. Cadete B 4 - Silleda CF 1 Partido competido que comezou con dúbidas por parte do noso equipo que resultaron cun gol en contra despois dun centro lateral. A partir de ahí o equipo recompúxose e empatou cedo e comezou a defender mellor e ataca-los desaxustes do rival. Ao descanso o equipo gañaba por 3-1 con dous goles de Suárez e un de Pablo. Na segunda o guión non mudou e os intentos do Silleda foron neutralizados pola nosa defensa. Unai fixo o derradeiro 4-1 nunha contra e co rival volcado. Compañía de María 0 - Xuvenil B 2 Bo partido o disputado hoxe polo noso xuvenil B diante do Compañía de María nas Cancelas. Dende o minuto un, tomou en todo momento a iniciativa no xogo consiguindo un dominio total en moitas fases do partido. Certo é que, apesares de non xogarnos nada o partido foi moi intenso e disputado. Quédome con este último encontro da fase de ascenso dun traballo moi serio do equipo e co obxetivo de remata-la tempada cunha victoria e a esperanza de que podamos o ano que ven volver a pelexar e conseguir sí ou sí ese ascenso tan desexado.

Xornada 05/06/2022

Dúas dolorosísimas derrotas. Esta xornada foi moi dura coa nosa base. Dúas dolorosas derrotas que impiden cumplir obxetivos. Por unha banda o Infantil A non foi quen de sacara nada positivo no campo do Ural e dí adeus ó ascenso á nova Liga de Honra. Ademáis o Xuvenil B sufriu unha derrota na casa diante da SD Cacheiras que lle impide acada-lo ansiado ascenso a primeira.Pero por outra banda o noso Cadete B segue na loita na Copa do Sar despois de eliminar ó Lalín. Ural CF 4 - Infantil A 1 Fin a unha tempada, que non pasará a historia pero que si lembraremos tódolos partícipes. Sobrepoñerse a todo e a todos parece que foi a tónica, non ía ser menos neste derradeiro partido, onde os nosos rapaces daríano todo no campo, pese a iso, non conseguiron rascar punto algún. EF Lalín 1 - Cadete B 2 Voltamos a Lalín despois de ser eliminados con claridade na fase de ascenso pero con enerxías renovadas e con confianza despois de eliminar a un dos favoritos, o Noia. O equipo saeu xuntiño e intentando sorprender á contra mentres o rival tiña o balón e tentaba conectar en longo cos seus dianteiros. Nunha das contras marcamos o 0-1 nunha gran xogada individual pero ao pouco empatabannos ao manexar mal unha contra rival. Tralo descanso o partido non mudou, e nunha das moitas ocasións que tivemos marcamo-lo 1-2. O Lalín apretou ata o final pero a nosa defensa mantívose firme e aguantámo-lo resultado. Agora a esperar rival nas semis. Milladoiro SD B 2 - Cadete B 5 Encontro de copa fronte a un rival xa coñecido polo enfrontamento na liga. O inicio do mesmo caracterizouse pola falta de ocasións e a lentitude e imprecisións no xogo, que ós poucos foi mellorando pero non sendo quen de finaliza-las ocasións xeradas. Pola contra o rival si resolveu con acerto a única que tivo. Á volta de vestiarios o equipo tivo que sobrepoñerse a xogar en inferioridade, o cal serviu de acicate e fixo que todos deran un paso adiante para logra-la victoria. Especial mención a Hugo Castro por atreverse a por as luvas e defende-la portería. Xuvenil B 0 - SD Cacheiras 2 Os dous equipos tentaban impoñe-lo seu xogo. O noso xuvenil cun xogo máis combinativo e o noso rival cun xogo máis directo. O partido discurría con poucas ocasiáns claras cando nunha transición rápida do Cacheiras atopa as costas do noso lateral adiantándose no marcador. O Cacheiras víase reforzado polo seu xogo e continuaba lanzando balóns rápidos tras recuperación. Cando a primeira parte estaba chegando ao seu remate un erro nun despexe da lugar o segundo gol do Cacheiras. Na segunda parte comenzaba con varias ocasións moi claras para reducir diferencias pero non lograron ver portería. O Cacheiras seguía defendendo forte e achicando todo-los balóns. Intentámolo ata o final pero non puido ser.

Xornada 29/05/2022

Importantísimas victorias do Infantil A e o Xuvenil B. Dúas importantísimas victorias acadamos esta fin de semana na nosa base. A primeira a do Infantil A que lle permite seguir con opcións de ascenso á división de honra. A segunda do noso Xuvenil B diante do líder que lle permite seguir na pelexa polo ascenso a primeira autonómica.Pola contra o Infantil C perdeu en Extramundi toda opción de ascenso. Infantil A 3 - Racing de Ferrol 1 Derradeira xornada no municipal, visita dun Racing cas mesmas aspiracións ca nós. Comezaria o partido cos nosos rapaces moi enchufados, axiña nos adiantaríamos, e teríamos varias ocasións para aumenta-las distanzas. Marcaríamo-lo segundo e o Racing recortaría distanzas, pero sacando nós de centro acadaríamo-lo terceiro e definitivo. A segunda metade sería moito máis igualada, as forzas esgotáronse, ainda así ambos equipos teríamos varias oportunidades de marcar algún tanto máis. Queda unha xornada, onde non dependemos de nós mesmos, pero tentaremos da-la nosa mellor versión no noso partido para acada-los tres puntos. CD Sar Extramundi 4 - Infantil C 3 Partido disputado no campo de Extramundi nun dia de moita calor. O equipo comezou o encontro cunha moi boa actitude desfacéndose da presión alta do rival e desactivando os seus ataques. Froito do cal chegou o primeiro gol nun saque dende o curruncho. Unha vez postos por diante no marcador en lugar de seguir competindo o equipo baixou o nivel e concedeu varias ocasión moi claras, aproveitadas polo rival para irse o descanso 3-1. Na segunda metade o equipo volveuse a activar xerando ocasións suficientes para lograr a igualada cando menos.. Aínda que nos intres finais,debido a busca do empate, o rival tamen dispuxo dun par de ocasións moi claras. Os despistes da primeira metade foron decisivos para o resultado final de 4-3. Cadete B 2 - CF Noia 1 Bo partido dos nosos, que nas contras foi quen de acada-la victoria ante un bo equipo, que quedou sen porteiro tras unha expulsión ao final da primeira parte. Cadete C 4 - Cadete D 1 Partido disputado na mañá do Domingo contra o Cadete D. Onde cada equipo fixo un plantexamento completente distinto segundo as caracteristicas de cada platilla. Na primeira metade costounos atopa-los espazos tendo que xera-lo perigo nas accions a balón parado, de feito o primeiro gol chega dende un córner. Na segunda parte do encontro xa comezamos a xerar máis ocasións e froito delas chegan os goles. A matinal deste Domingo houbo duelo de cadetes, sabiamos que nos enfrentabamos ao mellor equipo ata agora co que nos tiveramos enfrontado en toda a tempada. Un exame para os nosos, dende o inicio sabiamos que o balón non iba ser noso e que deberíamos aproveita-las transicións para facer dano. Así foi todo o encontro, tivemos 3 ocasións tras un roubo no noso campo e intentar aproveita-los espazos ás costas do equipo rival. Ao final caemos derrotados por unha diferenza de 3 goles ante un moi bo equipo. Bo exame para finaliza-la gran tempada executada polos nosos rapaces. Xuvenil A 3 - Orillamar SD 3 Partido marcado pola abafante calor, no que o rival xogábase a salvación e os nosos disfrutaban do seu derradeiro partido da tempada. Innumerables ocasións en ambas porterías, chegando a adiantarse o rival por 0-2. Finalmente, tras remonta-lo partido ao 3-2, encaixamos un gol no último tramo do partido. Xuvenil B 2 - Racing San Lorenzo 1 Voltábamos a xogar contra o líder do grupo para non perde-lo tren da loita polo ascenso despois do último partido. Saímos moi intensos dende o primeiro minuto impoñendo o ritmo do partido e as ocasións ían aparecendo pero como ven sendo habitual non éramos quen de subi-lo primeiro gol ao marcador a pesares de ter varias moi claras. A medida que ían pasando os minutos o San Lorenzo sacudíase a presión pero tampouco nos creaba problemas. Na segunda parte decidimos meter xente fresca e notouse xa que voltamos a leva-lo peso do partido e grazas a iso chegaron os dous goles que nos puñan con vantaxe no marcador. Dende ahí ata o final xestionamos ben o resultado a pesares de que o San Lorenzo nun saque dende o curruncho reducía distanzas no marcador.Victoria importante para seguir na loita. SD Araño 1 - Sénior 1 Derradeiro partido do senior esta tempada. Por desgraza non nos xogábamos nada neste partido, asiq coma os últimos tres partidos anteriores, foi un partido de moi pouco ritmo. O noso rival, de feito, tampouco de xogaba nada e iso fixo q fose unha tarde ben tranquila. Tivemos ocasión varias para gañar e concedimos poucas ao rival mais o pouco acerto de cara a gol fixo q o derradeiro partido do ano rematar en empate. Agardamos para o ano facer un papel considerablemente mellor, asique dende xa, tocar poñerse a traballar. Gol de Anxo para o Infantil A.

Xornada 22/05/2022

Infantil B campeón da fase de ascenso a Liga Galega. Esta fin de semana estivo marcada polo gran éxito do noso Infantil B que se procalamou campéon da fase de ascenso a Liga Galega contra todo pronóstico, xa que sendo rapaces de primeiro ano competindo diante de rivais de segundo ano esto é unha auténtica xesta. Noraboa ós rapaces e os seus adestradores Vilouta e Boga.  Ademáis esta fin de semana disputáronse as fases intermedias do campeonato galego de fútbol 8 en Narón onde tivemos representación do clube en diferentes categorías. RC Deportivo da Coruña 5 - Infantil A 2 Visita A Coruña para enfrontarnos ó líder da categoría, nun encontro complicado dado o nivel dos xogadores rivais. Comezaría o partido cun Depor dominador e un Berta esperando, así tras algún roubo fixemos moito dano, aínda que tamén o Depor cando chegaba a fase de finalización. Adiantámonos no marcador e ampliamos distanzas para irnos ó descanso gañando 0-2. Na segunda metade o Depor incrementaría a velocidade, o cal fixo que nos viramos superados e con moitos metros para correr detrás do balón. Bo partido do equipo, que pesa a derrota ten que saber o tipo de xogadores que ten enfronte. Infantil B 3 - E. Estrada FB 0 O infantil B logra gaña-la fase de ascenso á liga galega, e agora toca esperar polos resultados do infantil A para poder facerse efectiva. Partido con moi poucas ocasións, onde o principio se veu o nerviosismo en ambo-los dous equipos, e que non era un partido máis. Todo esto trocou no minuto 15, onde Dani comeza moi ben unha contra, e Álex despois dun gran pase de Martín logra face-lo primeiro gol nun man a man contra o porteiro. A partir de ahí, o noso equipo fíxose forte atrás, esperando que cometese algún erro e aproveita-lo. Así nos derradeiros minutos da primeira parte, un tiro lonxano de Viqueira é repelido polo porteiro, pero o balón cae nos pes de Lucas e fai o segundo gol. Na segunda parte o Estrada sae moito máis ofensivo, mete un dianteiro máis, pero os nosos rapaces están serios e non dan opcións. Con todo esto o equipo rival descoida a súa parte defensiva e nos derradeiros minutos, nunha contra, Martín logra o 3-0 definitivo. Noraboa campeóns!!! Cidade de Ribeira B 3 - Infantil C 0 O fútbol foi moi inxusto cos nosos rapaces esta fin de semana. Este era o partido máis importante da tempada e os nosos rapaces souberon estar á altura das circunstancias, pero unha vez máis os nosos erros defensivos e a labor arbitral fixeron que o sono do ascenso quede seguramente para outro ano. O peso do partido levámolo en todo momento, pero non fomos quen de ter ocasións moi claras na primeira metade, o rival tampouco se achegou con demasiado perigo, pero unha vez máis concedemos un agasallo nun saque dende o curruncho que nos custou moi caro. Á volta de vestiarios o equipo saiu decidido a gaña-lo partido e fixo os méritos necesarios para elo pero desta vez topouse co árbitro que decidiu que él non era neutral que él é do Ribeira e que quizáis algún día lle dean unha oportunidade de xogar alí despois do favor que lles fixo na segunda metade. Este individuo decidiu mirar para outro lado na área do Ribeira e así é imposible. Ó final co equipo volcado o rival aproveitou dúas contras. Mentres as matemáticas nos dean opcións non queda outra que seguir traballando. Cadete D 8 - SD Milladoiro B 0 O noso cadete afrontou un partido sen complicacións contra un rival moi inferior. Superior durante todo o partido, o rival non foi quen de intimidar en ningún momento do partido ao noso porteiro. Aínda que na federación poñan que o resultado foi un 7-0, debeu ser unha equivocación por parte do árbitro, xa que non debeu anotar o tanto do noso xogador Odei. Xuvenil B 3 - Cía de María 4 Partido para esquecer o realizado polo noso xuvenil despois de varios partidos a un moi alto nivel, onde apareceron os erros puntuais en varios momentos do partido que non fomos quen de correxir e que provocaron que finalizaramos a primeira parte por debaixo no marcador a pesar de que non se estabamos xogando tan mal partido. Na segunda parte fomonos arriba para logra-lo empate o antes posible pero non era o noso dia e dous erros acabaron en otros dous goles. Con este resultado o ascenso está máis difícil pero non imposible polo que seguirémolo intentando. Sénior 1 - Agrón CF 4 Último partido na casa con sabor amargo. É certo q o partido era intrascendente pero tamén é certo que a intensidade mostrada foi nula. Se á falta de intensidade sumamos os erros nos primeiros minutos enténdese que o marcador reflectise o amosado ao descanso. A segunda parte non foi moi diferente, é certo que cometemos algún erro defensivo menos pero tamén é certo que de cara a gol non tivemos acerto ningún. FASE INTERMEDIA PREBENXAMÍN Bonita xornada a que viviron os nosos prebenxamíns, foi un sábado cheo de emocións e disfrute dos nosos rapaces, onde se enfrontarían aos mellores equipos da zona norte de Galicia. Chegaríamos a final fronte o Calasanz, onde o gañador sería o encargado de participar na fase galega, foi un partido moi bonito de ver, onde desfrutamos das mellores ocasións pero non fomos quen de marcar para acada-la victoria. Fomos á tanda de penaltis onde a fortuna non estivo do noso lado. Parabeniza-lo Calasanz, xa que se proclamaría campeón galego. FASE INTERMEDIA BENXAMÍN Benxamín A 2-2 Cidade de RibeiraBenxamín A 1-3 RC DeportivoBenxamín A 5-2 Ural CFBenxamín A 6-0 UC Cee Clasificamos para as finais como segundo clasificado onde perdemos diante dun gran CD Lugo.Benxamín A 1-2 CD Lugo Malia o bo desempeño dos pequenos durante todo o día, quedámonos eliminados diante dun gran rival. Logramos así clasificarnos entre os catro mellores das provincias de Lugo e A Coruña. FASE INTERMEDIA ALEVÍN Cidade de Ribeira 1-1 Alevín A SD Porto Burela 2-2 Alevín A CD Lugo 0 - 2 Alevín A E. Luis Calvo 2 - 1 Alevín A Día frustrante para o noso equipo. Non fomos quen de amosar un nivel alto ao longo do día. Houbo momentos no que o equipo mostrou ambición, capacidade e gañas de competir e gañar. O certo é que eses momentos foron só puntuais e abundaron momentos de falta de ambición e claridade no xogo. Evidentemente os rivais eran fortes, tratan de xogar da mellor maneira posible e de acada-los seus obxectivos. Dado que esta era a fase intermedia galega é sinxelo entenderes que tódo-los equipos eran moi parellos e cada un dos partidos puido caer para calquera. Sexa como fose, chegar ata aquí fala moi ben do traballo realizado polo equipo ao longo de toda esta tempada. Gol de Martín para el Infantil B

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

611615209

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal