Novas

Xornada 15/05/2022

Dúas alegrías e unha grande tristura. Esta xornada deixounos unha tristura enorme, o descenso do noso Cadete A a liga Galega. Non toca outra que pensares na tempada que ven para face.las cousas mellor e tratar de recupera-lo posto que merece o clube canto antes.Pero tamén tivemos alegrías, estas viñeron de parte do Alevín de fútbol 11 que acadou a clasificación para a fase final da Luis Calvo o vindeiro verán en Carballo. Ademáis o Infantil B trouxo unha victoria no partido de ida da final de ascenso. Biberón F8 - Torneo Indoor AF7 Os nosos nenos disfrutaron dunha inesquecible mañá xogando e divertíndose a futsal indoor, unha disciplina moi dinámica na que non pararon de correr e xogar co balón. Gañáronlle ó Arousa 8-4 e perderon diante da UD Santa Mariña por 8-7, quedando eliminados das finais por goalaverage. Seguen aprendendo e mellorando. PB A 5 - SD Exclavitud 0 Segundo encontro desta segunda fase, onde confirmamos que foi o mellor xogo despregado polos nenos ata o de agora. (LUIS CALVO) Alevín 3 - UD Santa Mariña 0 Partido complexo para nós, comezamos cometendo varios erros o que supuxo certos nervos e inquedanzas. Pouco a pouco fomos mellorando e gañando en confianza. Sen dúbida faltounos profundidade e ambición por finaliza-las xogadas pero a pesar dos erros, que son inevitables, non foi un mal partido. Infantil A 1 - San Tirso SD 4 Hai un dito neste deporte: se perde, máis do que se gaña, algo que lle está a pasar a este grupo. Veríamos unha primeira parte igualada, con ocasións para ambos conxuntos pero sería o San Tirso quen se adiantaría no marcador. Na segunda metade, estaría mellor o San Tirso, as forzas comenzabanse a esgotar, aínda así, recibimos o segundo tras un erro arbitral, algo que pode suceder, xa que todos nos trabucamos. Logo dese gol, acurtaríamos distanzas e incluso teríamos unha boa ocasión para empatar, a pelota non quixo entrar e o San Tirso sentenciaría o encontro. Noraboa polo esforzo ós nosos rapaces, que deron todo o que tiñan para acada-la victoria. E. Estrada F.B. 0 - Infantil B 1 O noso infantil B puido traer un resultado moito máis favorable para o partido de volta. Empezou o encontro igualado, onde ningún dos equipos lograba enlazar varios pases. Pouco a pouco o noso equipo foi empezando a crear ocasións. Así Álex antes de face-lo gol que nos deu a victoria, mediada a primeira parte, tivo dúas ocasións moi claras, onde manda un balón o poste e outro o longueiro. A segunda parte inicia igual ca primeira, xogo no medio campo, con moitos erros nos pases. Tivo Álex un man a man nunha contra, onde non puido bati-lo meta rival. Pasan os minutos sen ocasións de gol, ata que preto do final o dianteiro rival ten un man a man co noso porteiro, onde aguanta moi ben e logra dete-lo disparo. Salienta-la seriedade da nosa defensa. Infantil C 0 - ACD ED Arzúa 4 Os nosos rapaces xogaron o peor partido da tempada no peor momento da mesma. O equipo non foi quen de saíres en curto e empeñouse en xogar en longo toda a primeira metade, estes balóns acababan sempre en disputas gañadas pola defensa do rival que era físicamente superior. E unha vez máis na primeira parte concedimos unha ocasión que desbarata inicialmente Jean Pierre cun paradón pero que en ata en dúas ocasións máis non somos quen de despexar fóra da área e o rival non perdoa para adiantarse no marcador. Na segunda metadae máis do mesmo, seguimos coas concesións atrás e caen tres goles máis; unha vez que xa o partido estaba perdido o equipo comezou a xogar como sabe e apareceron as ocasións pero xa sen tempo para acadar algo positivo. Toca seguir traballando e mellorar no aspecto físico porque nesta fase os rivais apretan moito. Cadete A 3 - Pontevedra CF 0 Consúmase o descenso de categoría para os nosos cadetes, que a pesares de gañar, non lles chegou para acada-la permanencia. Toca aprender dos nosos erros e comezar a preparar a vindeira tempada para tratar de recuperar esta bonita e competitiva categoría. Xuvenil A 3 - SD Residencia 5 Partidos con pouca motivación os que lle quedan ao xuvenil. Nesta ocasión, comenzaríamos cunha gran primeira parte, na que iríamos gañando 2-0, pero que se viu empañada por unha mala segunda metade, na que encaixamos 4 goles a balón parado. SD Cacheiras 2 - Xuvenil B 2 Xogabamos esta xornada contra o líder despois dunha gran victoria na primeira xornada. Baixo unha calor abafante comenzaba o partido cun bo ritmo dos nosos que levaron o peso do partido pero sen grandes ocasións. Na primeira clara que tivemos a pelota foi para adentro. Seguíamos igual cando nun roubo e saída rápida chegaba o segundo con que rematou a primeira parte. A segunda parte a superioridade foi aínda maior con múltiples ocasións moi claras pero non fomos quen de materializalas e quen perdoa acabao pagando. Nun centro lateral o dianteiro rival nun despiste defensivo gaña as costas aos centrais e remata a pracer ao fondo da portería. A pesar diso o partido parecía controlado e cando o tempo xa estaba cumprido, nun saque dende o curruncho para o rival a xogada acaba en penalti e expulsión. Ao final un empate a douses onde o visto no campo non queda refrexado no marcador. Seguimos con moi boas sensacións e dependendo de nos mesmos para o ascenso. SD Xuv. Aguiño 5 - Sénior 3 Partido absolutamente intrascendente no cal non nos xogabamos ren. Tratamos de que nos servira para coller certa confianza á hora de levar a cabo mecanismos complexos que tiñamos mirado con anterioridade. A realidade é que cometemos erros graves na saída de balón, estes supuxeron 1 gol en contra e dúbidas. Nada novo se o que se pretende é ser protagonista e dominador do xogo. Gran papel do Benxamín A no Torneo de San Mamed. A mala fortuna fixo que volvésemos a irnos noutro torneo a penaltis. Unha mágoa despois do gran xogo desplegado durante todo o día. Benxamín A 5-1 UD Santa MartaBenxamín A 8-0 Bandeira FCBenxamín A 9-0 Victoria FCBenxamín A 5-2 SD Villestro Cuartos Benxamín A 8-0 SD Cruces SemisBenxamín A 0-0 ComposTec

Xornada 08/05/2022

Remontada do Infantil B que consegue meterse na final de ascenso. Remontada con goleada do noso Infantil B diante do Xallas FC, que lle permite meterse na gran final de ascenso a liga galega. Noraboa os rapaces e o corpo técnico por este éxito, agora toca face-la machada na final. Temén destaca-lo debut na fase de ascenso do Infantil C que goleou ó CD Sar Extramundi.Pola contra sufrimos dúas dolorosas derrotas dos nosos Infantil A e Cadete A que se complican cada vez máis a permanencia nas súas ligas. Biberón F8 10 - UD Bastavales 2 Vitoria de moito mérito acadada polos Bibes; que tiveron moitas baixas, e a pesares da abafante calor, foron quen de xogar un moi bo partido tendo que estar sempre os oito de inicio. ¡Noraboa e grazas polo esforzo nenos! EEF Boiro 1 - PB A 1 Primeiro encontro da segunda fase, viaxabamos á Estrada para enfrontarnos diante dun rival cuns números que asustaban. Comezaríamos 1-0 abaixo, algo que non era xusto, xa que os nosos rapaces estaban xogando moi ben. Seguiríamos tendo ocasións, pero a pelota non querería entrar, entraría dende os 11 metros. Parabéns os rapaces polo esforzo, xa que viñan do día anterior de disputare-lo o torneo de San Mamed, con moitas emocións, e o descanso sería mínimo. Victoria FC 2 - Benxamín A 3 Partido espeso dos nosos nenos, onde se viron por debaixo no marcador ata en dúas ocasións. A victoria acadouse con oficio e os nosos finalizan a tempada na segunda posición a un punto do campión. EF Dolmen de Tordoia 2 - Benxamín C 4 Derradeiro partido da tempada, onde os nosos completaron unha actuación brillante, todos contribuiron a que este final de tempada rematase da mellor maneira posible. Alevín A 0 - Cidade de Ribeira 3 Esta fin de semana xogamos o derradeiro partido de liga. Foi un partido complexo dado que tivemos un montón de baixas e non puidemos estar como nos gustaría. Igualmente acadouse o título de liga e agora toca afronta-la fase final. Veremos o que acontece!!! Praíña SC 5 - Alevín B 5 Partido compricado pola calor e polo tipo de terreo de xogo, xa que se xogou en herba natural.Costoulle moito aos nosos adaptarse á superficie de xogo xa que a pelota non rodaba a mesma velocidade e non eran capaces de controla-los botes do balón. O partido estaba mais pensado para disfrutar pois o traballo xa estaba feito. Noraboa aos rapaces por esta segunda praza, pelexando o título ata o final. (LUIS CALVO) RC Celta Vigo 10 - Alevín 4 Foi un bo partido a pesar do resultado. A primeira parte en particular competimos moi ben ata o minuto 25, despois foise acabando a enerxía e as cousas comezaron a ires peor. En termos xerais, a pesares de non facer un mal partido, temos que ser moito máis consistentes en defensa, non podemos encaixar tres goles en tres minutos consecutivos. Queda un só partido e trataremos de amosar unha boa imaxe do equipo. CD Lugo 5 - Infantil A 1 Encontro con altos e baixos, ós 12 minutos encontrabamos cun resultado de 2-0, o que fixo modifica-lo noso posicionamento inicial. Tra-lo paso polos vestiarios, sairíamos pola remontada, encontraríamonos cuns bos 20 minutos onde lograríamos acortar distanzas, dispoñendo de boas ocasións para acada-lo empate pero faltaríanos máis tranquilidade nesos metros fináis. O Lugo non perdoa e subiría o terceiro tanto no marcador deixándonos ca mel nos beizos. Deste encontro pensamos que vamos aprender, nunha etapa fundamental para os rapaces. Nin antes éramos tan bos, nin agora somos tan malos. Infantil B 5 - Xallas FC 0 O infantil logra unha clara victoria contra o Xallas, con este marcador logra remonta-la eliminatoria e meterse na final da fase de ascenso a Liga Galega. Xogaran contra o Estrada. Partido moi serio o feito polo noso equipo, onde competiu moi ben, aproveitando as ocasións e deixando a sua porteria a 0. Foi no minuto 23 cando Martin logra o primeiro gol, dando paso a un dominio claro no resto da primeira parte. Onde chegando o final Kappe marca o segundo, rematando moi cerca da liña de gol. Ó inicio da segunda volve igualarse un pouco o encontro, onde volve a haber maioritariamente xogo de medio campo, pero co avance dos minutos o Xallas, no intento de marcar gol, deixa espazos atrás onde serán aproveitados polos nosos para face-la goleada. No minuto 71 Martín logra batir de novo o gardamallas rival. Logo no 78 sería Matteo e pecharía a conta Alex no desconto. Infantil C 5 - CD Sar Extramundi 2 Partido xogado baixo unha intensa calor no municipal de Bertamiráns. Os nosos comezaron moi ben o partido, levando a iniciativa no xogo e non concedendo ocasións ó rival, froito deste dominio o Infantil consegue un parcial de 3-0 nos primeiros trinta minutos. Pouco antes de colle-lo camiño dos vestiarios o Sar consegue o seu primeiro gol nun despite na marca. Na segunda parte baixou o ritmo do encontro debido á calor e o cansanzo de ambos conxuntos. Aínda así o Infantil C seguiu dominando o balón e dispuxo de mellores ocasións, froito desto acadou dous goles máis. Gran partido dos nosos que debutan nesta fase de ascenso cunha importante victoria. UD Areosa 2 - Cadete A 0 Novo tropezo dos nosos, que ven como cada vez se complica máis a salvación. A pesares diso, as matemáticas seguen a darnos posibilidades, polo que seguiremos loitando ata o final! E. Estrada FB 2 - Xuvenil A 0 Partido condicionado pola abafante calor e pola minguada convocatoria. O encontro foi igualado e posiblemente o empate fose o resultado máis xusto pero os trocos foron determinantes para que o rival tivera na segunda metada unha frescura física que os nosos non tiveron. Racing San Lorenzo 0 - Xuvenil B 1 Comenzaba a fase de ascenso e tocaba visitar ao primeiro clasificado do seu grupo na liga regular polo que era un bo partido para valorar as posibilidades do equipo. O partido comenzaba con moitas precaucións polos dous equipos, con moito xogo no medio do campo e sen aproximacións ás porterías.A medida que ían pasando os minutos íamos impoñendo o noso xogo chegando un par de veces con perigo. A segunda parte seguía coa mesma tónica e cando todo parecía abocado a un empate sen goles, no desconto chegaba o gol que daba a victoria ao noso xuvenil. Abanqueiro SD 3 - Sénior 3 Partido de moi baixa intensidade, baixísima, tanto o Abanqueiro coma nós estivemos moi relaxados. Víronse erros moi graves por falta desa tensión competitiva que é necesaria para face-las cousas ben.Tivemos a vitoria na nosa man todo o partido pero a expulsión dun dos nosos defensas complicou a posibilidade de saír de Boiro cos 3 puntos e, ao final, case no desconto, encaixamos o terceiro gol que supuxo o empate do partido. O noso PB A Campeón do Torneo de San Mamed. Sábado de varios partidos, onde pola mañá custaríanos máis pero á tarde estaríamos impecables. Día de moitas emocións, bo fútbol e moito esforzo, así nos alzariamos ca copa de campións tras derrotar 2-0 a un bo Villestro na final. Fase de gruposSD Cruces 2-2 Bertamiráns FCSilleda CF 1-4 Bertamiráns FCMilladoiro SD  0-4 Bertamiráns FC Cuartos de finalEF Lalin 0-6 Bertamiráns FC SemifinalSR Calo 0-2 Bertamiráns FC FinalSD Villestro 0-2 Bertamiráns FC Gol de Martín para a remontada do Infantil B.

Xornada 01/05/2022

Con C de Campeón Esta semana os equipos Alevín C e Cadete C proclamáronse campeóns das súas respectivas ligas, o cadete de maneira invicta e por segundo ano consecutivo. Ademáis o Infantil C clasificouse á fase de ascenso como subcampeón da súa liga. Ademáis o Infantil B acadou un moi bo resultado na ida da súa eliminatoria en Xallas. SD Milladoiro 4 - Biberón F8 11 Partido moi ben xogado esta xornada polos nosos nenos, onde acadaron unha nova vitoria coma homenaxe para as nais, o que lles permite seguir loitando polo máis alto da clasificación. Ánimo para os peques nos vindeiros partidos. SD Villestro 4 - PB A 5 Encontro con moitos goles e moitas ocasións para ambos, chegando os nosos a ir gañando 1-4 e cun rival que foi quen de empatar 4-4 non dando o encontro por perdido en ningún intre. Rematamo-la liga en segunda posición, proba que demostra o talento do que dispoñen estos nenos, sumado a asistencia aos adestramentos e as gañas de mellorar. Noraboa por esta gran tempada!!! PB B 8 - SD Villestro C 3 Derradeiro partido de liga da tempada onde acadamos unha victoria moi merecida. Parabenizar ós rapaces pola gran aprendizaxe amosada durante toda a temapada, po ano que ven esperamos que melloremos estes números acadados. EFM Boiro B 2 - PB C 2 Partido moi intenso entre os dous equipos querendo acaba-la liga da mellor maneira posible. Moi bos movementos dos nosos con moita profundidade polas bandas e rematando por dentro. Dispuxemos de varias ocasións para levarnos o partido pero tamén hai que ter en conta a boa actuación de Brais, que foi quen de deter un penalti. Boa tempada dos nosos pequenos que rematan nun meritorio segundo posto. Benxamín A 6 - SD Villestro 3 Partido moi intenso dos nosos pequenos que cometeron tres erros que supuxeron os tres goles do rival, pero que arriba gozaron de moitas ocasións para aumenta-lo marcador. Ulla Pontecesures CF 2 - Benxamín B 7 Partido frouxo na primeira metade onde o rival e capaz de adiantarse e chegar con empate a un ao descanso. Na segunda metade o nivel mostrado foi bo, cun gran xogo fomos quen de adiantarnos e sentencia-lo partido nos primeiros dez minutos da segunda metade. Benxamín C 3 - SD Villestro C 3 Un dos mellores encontros do Benxamín, onde os pequenos erros cometidos fixeron que non acadasen unha victoria que sería moi merecida. Praíña SC 5 - Benxamín D 1 Derradeiro partido e moi ben xogado polos nosos de novo, diante dun dos mellores equipos da categoría, tal vez un resultado excesivo! Primeira parte igualada, con empate ó descanso. Na segunda parte os locais foron máis certeros nas áreas. CF Noia 2 - Alevín A 3 Bo esforzo dos nosos nun día e no que era imposible xogar. A calor era absolutamente insoportable e o campo enano. Neste contexto non se presupoñía que as cousas fosen perfectas nin moito menos. Sexa como fose, o equipo xerou moitísimas ocasións claras de gol e o resultado, pensamos, non se axusta á realidade do visto. Queda un partido de liga para rematar. Alá imos. Alevín B 3 - SD Cacheiras 1 Partido intenso e emocionante o vivido no municipal entre dous equipos da parte alta da clasificación.O partido comenzaba baixo o guión previsto, onde os nosos levaban o peso do partido con multiples ocasións, e mantendo ao noso rival lonxe da nosa portería. A segunda parte comenzaba igual pero nesta ocasión fosmos quen de adiantarnos no marcador e poñer terra de por medio aínda que nun saque dende o curruncho o Cacheiras consegue reducir distanzas no marcador. ADN 1 - Alevín C 9 Os pequenos sabían da necesidade de gaña-lo partido, e así foi que non deron opcións a un rival que puxo pouca oposición. Gran tempada finalizando na primeira posición e perdendo tan so o primeiro partido de liga. EF Lalín C 1 - Alevín E 7 Cómoda derradeira xornada para os nosos alevíns que pechan unha gran segunda volta con tan só unha derrota e sete victorias. Infantil A 1 - Ural CF 1 Chegaba o municipal un dos equipos máis en forma desta segunda fase, axiña adiantaríanse no marcador cun gol dende o mediocampo dun dos seus centrais. Tras este gol os nosos veríanse na obriga de muda-lo plan de partido, logrando empatar o encontro dende o punto de penalti. A segunda metade sería moito máis igualada, sen ocasións claras para ningún conxunto, chegando o final cun empate xusto no marcador. Xallas FC 3 - Infantil B 2 Partido moi igualado o disputado polo noso equipo no partido de ida das semifinais de ascenso a liga galega. A primeira parte rematou 0-0, con moi poucas ocasións para ambos equipos, tendo unha moi clara cada equipo en sendas xogadas a balón parado. Foi na segunda parte onde o partido se rompeu, e onde quizáis o noso equipo pode decirse que mereceu o empate. Antes de marca-lo Xallas o seu primeiro gol, tivemos duas ocasións moi claras, onde Santi fai dous bos remates de testa, con dúas boas respostas do porteiro contrario. Marca o primeiro gol o dianteiro do Xallas e pronto logra empatar Xurxo. Logo en dúas contras volta a marcar o dianteiro do equipo local, Alberto. O noso equipo non se veu abaixo, e nos minutos finais tivemos ocasións como para empata-lo partido, tendo un man a man co porteiro Martin, que pasou moi preto do pau. O 3-2 definitivo logrouno Martín no último minuto do encontro, nun rechace do porteiro nunha falta lanzada por Manu. Todo queda por decidirse o próximo fin de semana no partido de volta. San Pedro FC 0 - Infantil C 12 Partido xogado baixo un sol abafante. Os nosos rapaces fixeron un partido moi serio onde non deron opción algunha ó rival. Conseguiron así o obxetivo marcado a principio de tempada de meterse na fase de ascenso. Noraboa rapaces e agora a disfrutar competindo. Cadete A 0 - UD Santa Mariña 1 O fútbol mostra de novo o cruel que pode ser as veces. Tras un partido moi serio e disputado por ambos equipos, serían os nosos os que tivesen a primeira chegada na primeira parte. Na segunda, ambos equipos intercambiarían golpes. Mediado o segundo acto, expulsan a un dos nosos rapaces. A pesar diso, teríamos unha boa oportunidade, non a aproveitamos, e o rival levaría o partido no último minuto tras un penalti. Victoria FC B 1 - Cadete C 7 Última xornada de liga na que durante a primeira parte o encontro estivo bastante igualado e con erros importantes no caso do Bertamiráns, froito dun deles chegou o gol do Victoria para poñerse por diante no marcador. Despois de varias ocasións claras desbaratadas por unha gran actuación do porterio na primeira metade, conseguimos a igualada ca que chegaríamos ó tempo de lecer. Na segunda parte o equipo entrou cunha gran actitude resolvendo o partido nos primeiros dez minutos da reanudacion. Destaca-la gran tempada deste grupo de xogadores dando continuidade o feito na anterior campaña. SD Cacheiras 1 - Cadete D 4 Esta mañán o noso Cadete D pechaba a liga contra o segundo clasificado aventaxándonos nun punto. O obxetivo era claro, quedar o mais arriba posible na liga co fin de pechar unha excelente tempada dos nosos rapaces. Iniciabamos o encontro sin seren capaces de xerar oportunidades de cara a gol grazas a un enorme traballo defensivo do equipo rival. Non sería ata o minuto 30 onde abriríamo-lo marcador, e aos poucos minutos conseguiamos poñernos 2 goles por diante. Fomos ao descanso 0-2. Sabiamos que a obriga do equipo rival para poder darlle a volta ao marcador seria muda-la forma da presión e arriscar máis, co cal se xeraríanse máis espazos que poderíamos aproveitar para sentencia-lo partido. Ao pouco de saír do descanso facemo-lo terceiro gol. Levamos un susto ao pouco, xa que o Cacheiras reduce diferenzas cun gol que podería xerar dúbidas no equipo e meter no partido ao rival. Non obstante, o equipo seguiu xogando e sendo moi contundente a nivel defensivo. Finalmente, nos derradeiros minutos do encontro facemo-lo cuarto gol. Temos que parabenizar aos rapaces pola enorme tempada realizada. So perderon 4 partidos en toda a tempada. Ulla Pontecesures CF 0 - Xuvenil B 4 Derradeiro partido da fase regular e boa ocasión para probar cousas novas e dar minutos a tódo-los xogadores. O equipo foi quen de mante-la concentración requerida e levarse un partido sinxelo onde o noso porteiro non pasou apuros. Agora a pola fase de ascenso. Sénior 4 - ADN 2 Quinta victoria consecutiva para afianzarse no liderato da fase de permanencia. O ADN sae repregado en campo propio e o Bertamiráns domina pero custalle xerar perigo e sufre cos baloós longos as costas da defensa. No minuto 30 o Bertamiráns marca o 1-0, o rival segue sen presionar e o Sénior xoga con máis confianza con posesións máis longas e o partido vai así o descanso. No segundo tempo o Bertamiráns sae confiado, o ADN apreta arriba os primeiros 10 minutos e logra poñe-lo empate de penalti, o Berta reacciona e co rival máis aberto comeza a chegar con claridade, fai o 2-1 os poucos minutos e marca dous máis nos 10 minutos seguintes, 4-1 o ADN volve a replegarse e saír á contra e no 70 marca o 4-2, pero o Bertamiráns segue dominando o partido e pasan os minutos sen que nada mude, ADN adn fai un último intento de ir ó ataque e xera algunha ocasión pero o partido acaba así. Comenza a segunda volta e segue a racha de victorias, de seguir así pronto a permanencia deixará de ser virtual para ser matemática. Gol de Martín para o Infantil B. Gol de Carlos para o PB C.

X Campus de Fútbol Bertamiráns F.C.

X Campus de Fútbol Bertamiráns F.C. O Bertamiráns Fútbol Club organiza este verán a décima edición do seu Campus de fútbol, que se desenvolverá os días 23 e 24 de Xuño e do 27 de Xuño ó 1 de Xullo 2 de xullo; haberá opción de ires 5 ou 7 días. O Campus terá lugar tanto nas instalacións do campo de fútbol como na piscina municipal de Bertamiráns, en horario de 09.00h a 14.30 horas, agás para os cativos e cativas inscritos no servizo de almorzo, que comezarán ás 8.00h, ou no de comedor, que se estenderá ata as 15.45h. Así, as rapazas e rapaces participantes alternarán a práctica do fútbol con outras actividades como xogos na piscina, visitas de xogadores e competicións internas. O prazo de inscrición remata o 15 de xuño. Os nenos e nenas de 5 a 14 anos xa poden inscribirse no IX Campus de Fútbol BFC, que  se realizará no campo de fútbol municipal de Bertamiráns. O Campus incluirá o desenvolvemento dun traballo específico para porteiros, para o que se habilitarán un total de 10 prazas, e doutro para 90 xogadores de campo divididos por defensas, medios e dianteiros. Asemade, as crianzas participantes estarán divididas en grupos organizados por idades.  Todas e todo-los participantes traballarán de xeito individual tanto o aspecto táctico como o apartado técnico, coa abordaxe de diversos aspectos do xogo como condución, control, pase, caneos, desmarques, entradas, marcaxes...; a visualización de vídeos e a posta en práctica de todo o aprendido a través da participación en diferentes competicións. Este aspecto formativo combinarase con diversas actividades de lecer como a piscina ou visitas de distintos xogadores. Aberto o prazo de inscrición Os rapaces e rapazas interesados en participar no X Campus de Fútbol Bertamiráns FC deberán inscribirse antes do 15 de xuño. MÁIS INFORMACIÓN

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

611615209

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal