Novas

Xornada 05/05/2024

O Cadete A certifica a súa praza no playoff de ascenso. O Cadete A certificou a súa praza no playoff de ascenso a División de Honra cunha victoria sufrida diante do Narón por 4-3, a falta dunha xornada para remata-la liga o equipo acadou o obxetivo, agora esperemos que poida da-la sorpresa. Prebenxamín Derrota do PB "A" por 4-0 fronte o C.D. Conxo Santiago na Merced.Empate do PB "B" 1-1 no encontro contra o Atlético Oleiros na casa.Derrota a domicilio do noso PB "C" por 3-0 fronte o C.D. Sar Extramundi "B". Benxamín Triunfo por 1-6 do noso Benxamín "A" fronte o Cidade de Ribeira C.F. na Fieiteira.Empate do Benxamín "C" por 2-2 fronte o C.D. Unión "C" na casa.Derrota do Benxamín "D" por 0-3 fronte o C.F. Noia "B" no Municipal de Bertamiráns. Alevín Triunfo do Alevín "A" por 4-2 fronte á E.F.M. Concello de Boiro na casa.Triunfo do Alevín "B" por 1-6 fronte á A.D. Nicrariense en Cepelo.Derrota do Alevín "C" fronte á S.D. Villestro "B" no Municipal por 1-2Derrota do Alevín "D" por 4-5 fronte a o Victoria F.C. "C" en Santa Isabel.Vitoria do Alevín "E" por 3-4 fronte o Ulla Pontecesures C.F. "B" no Ramón Dieguez. Infantil Derrota do Infantil "A" 1-0 fronte o Victoria C.F. no Visma II.Vitoria do noso Infantil "B" fronte á E.F.M. Concello de Boiro por 2-1 no Municipal de Bertamiráns. Cadete Triunfo do noso Cadete "A" de Liga Galega fronte a S.D.C.R. Narón o Freixopor 4-3 na casa. Cos tres puntos o equipo asegúrase a participación na fase de ascenso.Vitoria do Cadete "C" por 1-6 fronte á E.F. Lalín "B" no Anxo Cortizo. Xuvenil Derrota do noso Xuvenil "A" da Liga Galega por 4-1 fronte o C.D. Calasanz no Visma I. Vitoria por 2-4 do Xuvenil "B" contra o Cordeiro C.F. na Campaña.

S.D. Esteirana 1 - 1 Bertamiráns F.C.

O Bertamiráns FC acada a ansiada permanencia en Esteiro. O pasado domingo o noso equipo visitou á S.D. Esteirana no Xosé Luis Vara para desputa-la xornada 32.A primeira parte non tivo un dominador claro, posto que ningún dos equipos quería expoñer moito, deixando as costas descubertas. Malia os escasos ataques, o Bertamiráns adiantouse no marcador no minuto 24 cunha gran xogada individual de Julito, que culminou cun disparo dende fóra da área. A ledicia non durou moito para os nosos, pois no minuto 29, o conxunto local igualaba o encontro cun balón ás costas da nosa liña defensiva, que deixaron ao dianteiro rival nunha situación de man a man con Ferreiro, na que nada puido facer. Ao minuto 33 os nosos quedábanse cun menos despois de que "Ferre" evitase unha ocasión manifesta de gol. Na segunda metade o equipo soubo sufrir cun menos no campo, e os nosos xogadores fixeron grandes esforzos, traducíndose algúns deles en ocasións de gol. Aínda asi, ningun equipo foi quen de desface-la igualada e o encontro rematou co 1-1 no marcador. Con este empate o equipo alcanza os 42 puntos e por ende a permanencia matemática. Parabéns a Sechu, Edu, Marcos e a tódo-los xogadores por cumplires o obxetivo. O Bertamiráns F.C. é un ano máis de Primeira. Na vindeira xornada recibimos ao Puebla F.C. no Municipal, esperámosvos.

C.D. Sport Team Estrada 2 - 2 Bertamiráns F.C.

Outro importante punto a domicilio O pasado domingo o noso equipo visitou ao C.D. Sport Team Estrada no Manuel Regueiro para desputar a xornada 31. O marcador inaugurouno Adrián Arnejo no minuto 28, que veu o porteiro rival adiantado e cun gran golpeo puxo ao Bertamiráns por diante. Con escasas ocasións para ambos equipos e moita igualdade no xogo o conxunto local foi quen de empatar o encontro cun centro nunha falta lateral.A poucos minutos de comezar a segunda metade o Sport Team Estrada adiantouse cun remate dende dentro da area despois dun saque de banda. A tónica do partido seguiu sendo a mesma que na primeira metade, poucas ocasións claras para ambos equipos. No minuto 86 os nosos empatarían o encontro despois de que un defensor do conxunto estradense marcase un gol na sua propia meta.Na seguinte xornada visitamos a S.D. Esteirana, para tentar levar os 3 puntos e así conseguir o noso obxetivo.

Xornada 28/04/2024

O Xuvenil A acada un merecido ascenso a Liga Nacional. Esta fin de semana o noso Xuvenil A proclamouse campeón de Liga Galega, e polo tanto acadou un merecido ascenso a Liga Nacional, o equipo sumou os 3 puntos na súa visita a Carballo diante do Bergantiños B; e os seus máis inmediatos perseguidores non conseguiron a victoria o Domingo e polo tanto o equipo acadou o campeonato.Por outra banda o noso Infantil C proclamouse tamén campeón de liga cunha solvencia importante. Prebenxamín Derrota do PB "B" por 0-3 no encontro contra o C.D. Sar Extramundi "C" na casa.Vitoria do noso PB "C" por 0-3 fronte o Cordeiro C.F. "C" na Campaña. Benxamín Triunfo por 6-0 do noso Benxamín "A" na casa fronte a S.D. Cacheiras.Empate do Benxamín "C" por 2-2 fronte o Atlético Oleiros "B" na casa.Vitoria do Benxamín "D" por 2-8 fronte a S.D. Milladoiro "B" no Novo Milladoiro. Alevín Triunfo do Alevín "A" por 0-5 fronte o Atlético Fátima en Cancelas.Triunfo do Alevín "B" por 5-1 fronte a E.D. Santa Marta no Municipal.Vitoria do Alevín "C" fronte ao Puebla F.C. "B" no Cadreche por 2-12.Empate do Alevín "D" por 2-2 fronte a E.D. Xuventude de Oroso "C" no Municipal.Derrota do Alevín "E" por 4-8fronte a E.F.M. Concello de Boiro "C" no Municipal.Vitoria por 5-2 no Municipal do noso Alevín F-11 fronte o Club Rápido de Bouzas. Infantil Vitoria do noso Infantil "B" fronte S.D. Milladoiro por 1-2 no Novo Milladoiro.Vitoria na casa do Infantil "C" por 8-0 fronte o C.D. Vedra "B". Triunfo co que Edu, Rios e os seus pupilos se proclaman campeóns de liga. Parabéns a todos!Derrota como visitante do Infantil "D" por 9-1 fronte o C.D. Sar Extramundi. Cadete Triunfo do noso Cadete "A" de Liga Galega a domicilio fronte o Galicia Caranza por 0-4.Vitoria do Cadete "B" por 6-1 fronte a S.D. Villestro no Municipal.Derrota do Cadete "C" por 0-5 fronte o C.D. Conxo Santiago "C" na casa. Xuvenil Vitoria do noso Xuvenil "A" da Liga Galega por 0-3 fronte o Bergantiños C.F. "B" nas Eiroas. Triunfo co que Juan Diego, Garrido e os seus pupilos se consolidan como campións da categoría e consiguen o ascenso a Liga Nacional. Parabéns a todos polo esforzo e o traballo!Derrota por 3-7 do Xuvenil "B" contra o Cidade de Ribeira C.F. na casa.Vitoria en Rebordelo do Xuvenil "C" fronte a S.R. Calo "B" por 0-5.

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal