Novas

Xornada 22/01/2023

Agónica victoria do Sénior no municipal. Fin de semana de nubes e claros, con victorias do Sénior, Infantil A e Infantil B que lles permiten continuar nos postos de privilexio da táboa clasificatoria, ademáis duras derrotas do Cadete A e Xuvenil A fóra da casa. O equipo Sénior acadou unha agónica victoria nos intres finais que lle permiten mante-lo liderado da liga.No fútbol 8 destacamo-las victorias do Benxamín A e do PB A e dura derrota do Alevín A que non é quen de engancharse nos postos altos da clasificación. Biberón A 1 - SD Milladoiro 3 Partido onde a pesar de sermos sometidos polo rival, comezamos gañando a primeira parte. O Milladoiro non se rendiría, e seguiría apretando ata darlle a volta ao marcador e levarse o partido. Biberón B 0 - SD Cacheiras B 4 Encontro moi complicado xa que xogabamos diante dun equipo de arriba, con nenos de segundo ano moito mellores ca os nosos, tivemos varias ocasións e conseguimos meter un gol na segunda parte do partido que non serviu de moito xa que na seguinte xogada metéronnos eles, pouco a pouco vanse notando diferenzas en canto as primeiras xornadas. SD Esclavitud - PB A 7 Partido do noso Prebenxamín A moi completo, xerando moitas ocasións e concedendo moi poucas, estando sempre co o control do partido; agora a pensar no vindeira xornada. Crocha Balompé CF 2 - PB B 0 Partido xogado de poder a poder entre dous equipos moi igualados e que non se decidiu ata os derradeiros minutos no que os locais acadaron o segundo gol co que pecharon o partido. Os nosos loitaron ata o fin e incluso marraron un penalti para adiantarse no marcador con empate a 0. Derrota das que hai que estar orgullosos e das que se aprende cara o futuro. (FUTSAL) CD Cía. de María 1 - PB B 3 Victoria clara a acadada polo noso equipo nun partido onde houbo moita diferenZa entre ámbolos dous contendentes polo que puideron aproveitar para facer probas de cara o futuro. Norabóa e a seguir adiante. SD Compostela 2 - Benxamín A 6 Victoria diante dun rival que pelexou o partido ata os derradeiros minutos, pero non foi quen de supera-la concentración e a seriedade dos nosos nenos, seguimos nunha boa dinámica con bo traballo e seriedade. Benxamín B 8 - SD Dubra 0 Partido no que os nosos empezaron moi espesos, pero pouco a pouco foron demostrando a súa superioridade e foron chegando os goles. Benxamín C 3 - SD Amio 1 Partido moi intenso onde o resultado puido ser máis abultado de non ser pola gran actuación do porteiro rival. Gran traballo de todo o equipo. Seguimos traballando e formando. Benxamín D 1 - SD Esclavitud 6 Partido complicado diante dun rival moi superior e onde os nosos foron quen de manterse vivos no partido ata os minutos finais onde a superioridade física e técnica do rival quedou de manifesto. Bo traballo de tódo-los nenos. Agora toca seguir traballando nos adestramentos a espera do seguinte partido. SD Compostela 1 - Alevín A 0 Partido mediocre pola nosa parte. Non fomos quen de impoñe-lo ritmo de xogo que debíamos, cometemos moitos erros de precisión e máis de interpretación... Quizáis o rival obtén demasiado premio levando os 3 puntos pero igualmente nós non estamos ben. Toca seguir e face-las cousas mellor. E. Estrada FB 0 - Alevín B 7 Partido dominado de principio a fin polos nosos nenos que non deixaron nin que o rival se achegase á nosa portería. Gran traballo dos nosos. Puebla FC B 0 - Alevín C 12 Partido do noso Alevin C diante do Puebla B como reflicte o marcador, tivemo-lo control do partido dende o inicio ao remate sen grandes problemas; agora a pensar no vindeira xornada. SD Esclavitud 2 - Alevín D 1 Partido moi disputado entre os dous equipos, onde nos adiantaríamos nunha acción a balon parado; a partires de ahí o equipo local dispuxo de grandes ocasións e conseguiu igualar xusto antes do descanso... a segunda parte comezou cun novo gol do equipo local para darlle a volta ao resultado, intentouse consegui-la igualada pero non sería posible. Alevín E 0 - AD Nicrariense B 6 Comezábamo-lo encontro cun bo plantexamento que faría que amosaramos un bo xogo, saíndo dende atrás co balón e tendo varias ocasións. Sen embargo cometeríamos dous erros individuais que significarían o 0-2 antes de ir ao descanso, quitando iso, unha moi boa parte dos nosos. Na seguinte parte baixaríamos un par de marchas e saíriamos sen intensidade, por culpa diso encaxaríamos varios goles de seguido. Nos derradeiros minutos intentaríamos subi-lo marcador ao noso favor pero non seríamos quen de facelo. Infantil A 2 - ED Xuventú Oroso 0 Partido no que os nosos volven a senda de victoria. Comezou o equipo dominando o partido na primeira parte pero sen crear ningunha ocasión clara de gol salvo unha incursión na área e un disparo de fóra da mesma por parte de álex. O Oroso tamen tivo unha contra na que o balón o detivo Xoel. Na segunda parte o equipo segue dubitativo e sen crear ocasións claras de gol debido as imprecisións e falta de chispa nos metros finais. A entrada de Lucas, Kape, Pérez e Xurxo dalle máis aire ao ataque e así unha combinación de Pérez e Álex acaba cun disparo escorado que por fin logra bater ao porteiro e adiantarse no marcador no minuto 72. Pouco despois chegaría o segundo e sentenza cun remate de Lucas nun saque dende o curruncho. Así os nosos seguen nos postos privilexiados da clasificación. Infantil B 4 - CD Conxo Santiago B Partidazo con maiúsculas dos nosos que non deron opción ao rival en ningún momento do partido. Primeira parte moi ben xogada con dominio absoluto que rematou cun 3-0 ao descanso. Na segunda metade o rival intenta apreta-la nosa saída de balón pero o equipo segue a domina-lo xogo e chega o 4-0 que finiquitaba o encontro. Un fallo do noso central na saída de balón propicia o gol do rival para remata-lo encontro con ese 4-1 que devolvía o liderado aos nosos. EFM Concello Boiro C 0 - Infantil C 11 Partido con pouca historia o xogado polo noso infantil en Boiro onde conseguimos unha victoria cómoda para comenza-la segunda volta da liga. La Salle 4 - Infantil D 3 Derrota diante dun rival físicamente superior que cun xogo duro foi quen de superar aos nosos rapaces. Parabenizar ao equipo xa que non baixaron os brazos e sempre estiveron enganchados ao partido. San Tirso SD B 3 - Cadete A 0 Duro castigo para o equipo despois do visto no campo do Monte, onde o noso equipo tivo moitas máis ocasións de gol pero todo o que tirou a meta o equipo local acabou no fondo da rede. Máxima efectividade. Empezou o noso equipo moito máis metido no encontro, chegando a área rival e facendo disparos a porta, pero o meta contrario víase seguro e noutras ocasións sería o pau, coma o remate de Jesús. Pero sería no minuto 24, na primeira vez que o San Tirso achégase á meta visitante con perigo, quen abriría o marcador por medio do número 8, Mateo. Antes do descanso, o Berta enviaría outro remate a madeira, por parte de Pablote. Na segunda parte, os nosos saen máis decididos a atacar, tentabanpechar máis ao rival na súa área, pero serían os locais en dous balóns profundos, que recollería o dorsal 15 Diego, quen faría o 2-0 no setenta e o 3-0 no minuto setenta e catro. O Berta seguiría tentando face-lo gol da honra, así Suárez non acertaría a rematar preto da liña de gol un centro lateral. En definitiva, mala sorte para os nosos, que por ocasións de gol mereceron moito máis. AD Nicrariense 0 - Cadete B 5 O noso cadete visitou este Domingo o campo de Cepelo para medirse fronte ao AD Nicrariense. Campo sempre difícil para desenvolve-lo fútbol traballado polos nosos rapaces, ademáis o equipo sabía que tiña que iniciar con moita concentración porque aínda que o rival fose colista podía meternos en calquer apreto no seu campo. Finalmente, o equipo empezou sen darlle ningún tipo de opción de meterse no partido ao rival. Fomos ao descanso cun contundente 0-3 no marcador, saímos para a segunda parte e logramos marcar 2 goles máis que facían que finalizasemos o encontro con 0-5 e os 3 puntos veñan para Bertamiráns. Na vindeira semana visitaranos o Noia, traballaremos toda a semana para que os 3 puntos queden no municipal e logremos a quinta victoria consecutiva. Praíña SP 2 - Cadete C 5 Outro partido moi disputado a pesares do resultado. Gran traballo grupal do equipo. Certo é que nos derradeiros minutos e con resultado xa finiuitado, os noso relaxáronse e encaixaron dous goles do rival, esto deixa como ensinanza que ata o pitido final hai que mante-la intensidade e equilibrio no campo. Seguimos traballando na formación. CD Boiro 2 - Xuvenil A 1 Gran partido o disputado polos nosos rapaces diante duns dos mellore equipos da categoría como así o reflicte a clasificación. A primeira metade foi espectacular onde o Xuvenil A foi quen de domina-lo xogo e crear as únicas ocasións claras de gol que se produciron, así no minuto 43 nunha boa xogada colectiva, Bonome queda só diante do porteiro e coloca o 0-1 co que nos fomos aos vestiarios. Na segunda metade o rival saíu cunha intensidade superior e con balóns longos tratou de chegar a nosa área e tratar de xerar perigo pero non era capaz de facelo. Así no minuto 55 Bonome puido face-lo 0-2 nunha xogada calcada a do primeiro gol pero o balón non quixo entrar. No debe deste equipo temos as fallas de concentración que seguen a producir erros que nos están a custar moitos puntos; e desta vez apareceron no minuto 63 e no 65, o Boiro non os desaproveitou e deulle a volta ó marcador. Aínda así cos trocos o equipo seguiu tratando de aperatar e cun xogo máis directo dispuxo de 3 ocasións claras para empatar que se marcharon lambendo o pau. CF Cire de Melide 2 - Xuvenil B 2 O encontro deste finde comezou con dúas ocasións a balón parado para o Melide, detidas polo noso gardameta. O cal nos fixo reaccionar e igualar a intensidade e posteriormente conseguir impoñerse no medio campo, gañando as disputas e os segundos balóns.Froito disto coseguimos adiantarnos no marcador... conseguindo un 0-2. Que finalmemte nos igualan en dúas xogadas illadas, un balón parado e un golpeo a escadra do mellor xogador rival. Sénior 3 - Sporting Lampón 2 Partido que se nos cumplicou moito dado que a nosa concentración e o noso esforzo non foi o axeitado. Comezou o rival adiantándose na primeira ocasión que tivo, aos 10 minutos de xogo xa íamos perdendo. Nós non éramos quen de xerar ocasións claras ata que Varela, despois dun saque de banda consegue rematar e face-lo 1-1. Xa na segunda parte o equipo saíu máis concentrado, poñendo máis esforzo e interese; seguíamos sen xerar demasiadas ocasións. Nun dos centro de Cea dende a banda esquerda o balón envelenouse e acabou dentro da portería do equipo rival. Despois do 2-1 o Lampón dispuxo de varias ocasións claras para empatar e nós dispuxemos de varias ocasións para amplia-la vantaxe. O que acabou chegando foi o empate, conseguírono por medio dun libre indirecto que entra pola escadra. Corría o minuto 90 e temos un saque dende o curruncho a favor, xusto nese intre apareceu un dos veteranos do equipo para face-lo 3-2 e sumar 3 novos puntos. Quizais moito premio para o visto no campo. Para a semana máis.   Gol de Leo na victoria do PB A.

Xornada 15/01/2023

Sorte dispar para os nosos equipos esta xornada. Malos resultados para Cadete A, Infantil A e Xuvenil B, que se complican as cousas na clasificaión para poder acada-los obxetivos marcados a principio de tempada. Destaca sobre todas a derrota do Xuvenil B na casa fronte un rival directo que viña de perder os últimos tres encontros por goleada.Pola contra o equipo Sénior e mai-lo Xuvenil A sacaron adiante os seus partidos na casa, e o primeiro segue líder da competición e o segundo segue coas aspiracións intactas de meterse na fase de ascenso. SD Compostela B 4 - Biberón B 0 Partido onde fomos superados polo noso rival, que contaba con xogadores de moita calidade que marcaron a diferenza no partido. Aínda así tamén se viu unha melloría dos nosos no xogo que practicaron. PB A 3 - Crocha Balompé CF 0 Partido do noso Prebenxamín diante dun equipo moi ben traballado, custounos moito facerlle ocasións coma defenfe-los seus ataques. Partido moi igualado que se decantou do noso lado grazas a tres contragolpes moi ben executados; agora a pensar no vindeiro partido. PB B 4 - CD Sar Extramundi 9 Resultado enganoso o acadado polos nosos nenos, no mellor partido xogado polo grupo ata o de agora e que chegou a estar igualado ata os derradeiros minutos, onde se perdeu un pouco o físico provocado polo esforzo e as baixas. Moi orgullosos dos nenos polo gran traballo e esforzo realizado. (FUTSAL) At. Fátima 0 - PB B 4 Partido sen moita historia do noso PB no que quedou demostrada a grande diferenza entre os dous equipos. O mellor de todo e que acadaron te-lo gusto do gol tódolos xogadores de campo, polo que ledicia para todos. A seguir traballando. E. Estrada FB 1 - Benxamín A 3 Sufrimos bastante máis do que parece polo resultado. Comezamo-lo partido dominando e froito do alto nivel amosado adiantámonos 0-1 despois de que Brais aproveitase un rexeite dun balón morto na frontal. Chegamos con vantaxe ó descanso. Na segunda parte o rival dominou e o noso porteiro, Lucas, sacou varias ocasión claras. Faltando dez minutos empátannos, tivemos sorte e na seguinte xogada poñémonos 1-2 cunha boa xogada de todo o equipo que materializa Breixo. Xa o final acadamos o 1-3 obra de Martín Silva. Temos que seguir aproveitando as boas sensacións e seguir medrando coma equipo, traballaremos duro! SD Milladoiro B 0 - Benxamín B 8 Encontro en Domingo, no cal xogabamos de visitantes. Primeira parte igualada, onde o xogo estaría do noso lado pero non chegarían os goles. A segunda metade sería máis igualada en canto a xogo, pero en canto a goles seríamos máis eficaces. Bo partido dos nosos. CD Rois 3 - Benxamín C 3 Partido de moita intensidas a amosada por ambo-los dous conxuntos. Ó chega-lo camiño dos vestiarios marchamos cun 0-1 a favor dos nosos. Na segunda metade sempre fomos por diante no marcador, pero faltando poucos minutos encaixamo-lo empate definitivo. Bo traballo do equipo e moi boas sensacións xa que se nota que o equipo vai progresando na súa formación. Alevín B 3 - ED Xuv. Oroso B 4 Primeira derrota da tempada nun encontro que puido caer para calquera lado. Gran traballo dos nosos que non tivo a recompensa que agardabamos. Toca mellorar e seguir traballando durante os adestramentos. Alevín C 4 - Carreira CF 2 Partido do noso Alevin C, un dos peores no que vai de ano con multitude de erros tanto en defensa coma en ataque; imprecisos nos pases, controles e golpeos. O mellor foi o resultado; espero sirva para darse conta de que non se gaña con saltar ao campo. Agora a pensar no vindeiro rival. Alevín D 5 - Puebla CF B 2 Bo partido dos nosos que conseguen a primeira victoria da segunda fase. SD Dubra B 1 - Alevín E 0 Esta xornada tocábanos desprazarnos ao Val do Dubra, un encontro no que comezabamos bastante serios e con ocasións de gol. O gol deles veu dun erro noso de non estar atentos ao rechace dunha falta e iso faría que foramos perdendo ao descanso. A Segunda parte ía ser mellor en canto a xogo noso e ocasións xeradas pero o balón non acabaría de entrar, unha mágoa xa que o xusto sería un empate e os nenos estiveron peleóns e cunha actitude positiva. Agora a seguir traballando para mellorar e ir medrando todos pouco a pouco. CD Calasanz 3 - Infantil A 3 Sete minutos nefastos dos nos, tira pola borda o traballo de todo o partido e a perda de dous puntos importantes para mante-la distanza co segundo clasificado. Empezou o partido moi equilibrado, intenso, que levaba a perdas constantes do balón no medio campo. O 0-1 chegaría cedo, nun disparo dende a frontal da área grande por parte de Manu, pega nun defensa e desvía a traxectoria do esférico que remata entrando na meta contraria.Pouco despois o Calasanz daría a resposta, nun tiro raso dende o borde da área grande, que vai a cepa do pau dereito da meta de Antía, o cal é moi ben repelido por ela. No minuto 26 Álex adéntrase na área rival dende a banda esquerda cara o medio. Éste é derrubado pola defensa contrario e o colexiado pita pena máxima, a cal é lanzada por él mesmo no minuto 27 e fai o 0-2, có cal vaise ao descanso. A segunda parte o Berta sae moi ben, controlando o partido e achegándose á meta rival, así no minuto 51, Diego fai unha conducción dende a banda dereita cara dentro, métese na área e dispara coa esquerda raso e pegado o pau esquerdo do meta local, o cal non pode evita-lo terceiro. Pouco despois disto o Calasanz á desesperada muda o sistema e vaise ó ataque, os nosos baixan a concentración e teñen varios erros graves en defensa. Así no minuto 66 nun pase dende o medio campo en profundidade, recolleo un dos dianteiros rivais e pola zona central do campo prántase diante de Antía e batea por raso. O Berta ponse nervoso, errático e así no minuto 69, nun mal despexe da defensa o dorsal 8, e mellor xogador rival, quédase co esférico, vaise cara a meta e bate novamente a Antía. Os nosos non espertan, así pouco despois, nun saque dende o curruncho o balón acaba caendo no borde da área grande, tiro dun contrario e pega na man dun defensa visitante e o colexiado pita pena máxima. Así no minuto 73 lanza o penalti o dorsal número 2 (álex), o cal acadaría para o 3-3 definitivo. Despois disto os dous equipos rondarían as metas rivais, pero ningún dos dous tería unha ocasión clara para facer un gol. Infantil B 3 - CD Unión 0 Os rapaces sairon moi mentalizados e apretaron dende o pitido inicial, e tardou pouco o equipo en marca-lo primeiro por medio de Eli no minuto oito de encontro. A partires de ahí encadeamos varias xogadas con boas chegadas á portería e no minuto 27 de novo Eli poñía o 2-0 para chegar ao descanso. Na segunda metade seguiu a mesma tónica da primeira e Simón poñía o 3-0 definitivo no minuto 53, a partires de ahí o xogo voltou un pouco duro por parte do rival con entradas a destempo que o colexiado cortou de raíz sacando 3 amarelas en 5 minutos ao rival. Bo partido dos nosos a espera de recibi-lo Conxo para disputa-lo liderado do grupo. CD Sar Estramundi 2 - Infantil C 1 Partido moi disputado entre os dous primeiros clasificados que non defraudaron. O partido comezou cun forte ritmo do noso rival pero sen ocasións de gol. A medida que ían pasando os minutos o partido foise igualando pero as ocasións so chegaban a balón parado. Ao saque dun córner o Sar puido adiantarse ao rematar de testa ao longueiro. Estivemos frouxos nesa faceta a nivel defensivo pero a nivel ofensivo tamén éramos quen de xerar perigo a balón parado. Ao fío do descanso chegou a mellor ocasión nosa onde por dúas ocasións non fomos quen de empurrar unha pelota que estaba en liña de gol. A segunda parte empezou como rematou a primeira cando tras un erro nunha saída de balón dende atrás provocou que o Sar se adiantara no marcador. Fomos quen de empatar moi cedo tras un saque dende o curruncho. A partires de ahí fomo mellores que o noso rival xerando perigo por ambas bandas. Unha transición rápida onde participan os dous extremos puido poñernos por diante no marcador pero incomprensiblemente a pelota non entrou. Cando xa estaba a piques de remata-lo partido e tras dous fallos consecutivos un bo golpeo dende a frontal adiantaba de novo ao Sar no marcador. A pesares de que so quedaba o desconto aínda tivemos tempo de poder empatar cunha xogada similar ao primeiro gol pero o remate dende dentro da área pequena saiu lambendo o longueiro. Bo partido dos infantís que rematan a primeira volta compartindo o liderato co Sar Extramundi. AD Burgo das Nacións 5 - Infantil D 4 Partido que comeza con varios erros de precipitación na saída de balón que nos fai ir a remolque o resto do encontro con númerosos fallos de precisión. A pesares da dificultade que puxo o rival para dominar, fomos quen de responder e igualarlle os golpes. Resultado de 2-2 ao descanso. No tempo de lecer o equipo axusta un par de comportamentos e prepara a segunda metade con positivismo. O equipo rival adiantaríase de novo nun erro grave, pero non nos afecta e fomos quen de facer 2 goles rápido e poñernos 1 arriba, o colexiado comete un grave erro expulsando a 2 xogadores, 1 de cada equipo, xusto cando o partido estaba sendo dominado e estaba máis preto o 3-5 que o 4-4. Lamentablemente ante un rival con máis forza física vémonos gravemente perxudicados ao ser un 9 vs 9 eles atopan moitos máis espazos e fannos moitísimo perigo. Nos derradeiros 10 minutos froito do cansanzo acumulado recibimos 2 goles que nos fan perder 3 puntos que merecimos. Seguiremos traballando duro para superar a mala racha que levabamos de resultados negativos. SCD Milagrosa 1 - Cadete A 1 O primeiro equipo da categoría deixa dous puntos importantes para seguir na loita polo ascenso directo. Ao final quixo ir polo partido pero non logrou a remontada. Empezou o partido moi igualado, sen opcións claras de gol para ningún dos dous equipos. Os nosos so creaban situacións de perigo a balón parado, facendo remates de testa en saques dende o curruncho, nunha ocasión Samu, noutra Berdu. Pero sería o equipo local quen se adiantaría no marcador, no minuto 38, David nun mal despexe, que cae na frontal da área, nos pés dun xogador rival que da pase a dentro desta, o recolle o dorsal 70, tira a meta, pega en Samu e acaba chegando o fondo da rede. Co resultado de 1-0 ímonos aos vestiarios. A segunda parte preséntase movidita, e así nos primeiros minutos o Milagrosa puido sentenciar, nun pase en profundidade, que recolle o dianteiro rival, prántase diante de Pablo e tira raso, pero o noso porteiro intercepta o disparo nunha boa acción. A partires de ahí o Berta espabila, troca o ritmo do encontro, realiza trocos de xogadores e de sistema. Así Rodri no minuto 56, que acababa de entrar ao terreo de xogo, recolle un balón enviado por Mateo dende a banda dereita, e dende dentro da área saca un zurdazo cruzado que entra a media altura polo poste esquerdo da meta rival. Despois disto o Berta cre na remontada, sube o ritmo e chega a área rival, creando accións de perigo pero ningunha acabaría en gol, quixo e intentouno pero non conseguiría a victoria. Pena de non ter esta actitude todo o partido. SD Xuv. Aguiño 0 - Cadete B 4 Partido na Tasca na que a primeira metade estaba chea de imprecisións por parte dos nosos e moi poucas oportunidades de gol creadas. Sen lograr lanzar unha soa vez a portería. No descanso a mensaxe é clara, debemos finalizar xogadas. O equipo saíu con gran intensidade e cunha idea moi clara, finaliza-las xogadas. Con isto nada máis comeza-lo segundo tempo logramo-lo primeiro gol no marcador. Finalizamo-lo partido con 0-4, a seguir equipo!!! ED Vedra 1 - Cadete C 4 Bo traballo do grupo. Posicionamento, intensidade e colaboración. Imos no camiño correcto, seguimos traballando na formación. Xuvenil A 3 - Cidade de Ribeira 1 Partido controlado totalmente polos nosos, que apenas concederon ocasións de gol ó rival e onde se estivesen algo máis atinados cara a porte houbesen anotado máis goles, temén engadir que o colexiado unha vez máis veu sen as gafas e polo tanto non sinalou dúas claras penas máximas na área do rival. O equipo adiantouse na primeira metade cun gol de Dopazo no minuto dez de encontro. Despois o Ribeira conseguiu o empate nunha falta mal defendida pola defensa, xa que un centro lateral envenenouse e entra directo na portería. Pero Quique no cuarenta fai xustiza e consegue o 2-1 nunha boa xogada colectiva. Na segunda metade, nada máis saír de vestiarios Rodri pon o 3-1 definitivo. Seguimos na pelexa polo ascenso. Xuvenil B 1 - AD Burgo das Nacións 3 Encontro igualado na primeira metade onde dispuxemos dalgunha ocasión a pesares de non facer ben as cousas. A volta de vestiarios unha cadea de erros fai que se adiante o rival; e o pouco quedamos con 10 por unha falta, e nesa falta fan o 0-2. A partires dese intre cun xogo directo e a pesares da inferioridade numérica, dispoñemos das mellores ocasións e conseguimos recurtar diferenzas... pero outra perda imnecesaria fai que o marcador reflicta o 1-3 final que nos deixa sen opcións de conseguir puntuar. Sénior 4 - SD Carcacía 1 Partido decente, aínda que por momentos non estivemos todo o metidos no partido que deberíamos, que se acabou solucionando nos derradeiros intres. O partido púxose cómodo nos primeiros minutos e todo parecía indicar que sería unha tarde tranquila. O problema foi o primeiro minuto da segunda parte, momento no que cometemos un erro grave e o pagamos cun gol en contra. Despois diso, o equipo non estivo tan ben como debería... máis tendo en conta que voltamos fallar unha pena máxima e iso xera incertidume. O bo é que, polo menos, cara o final puidemos acertar de cara a portería rival e sentenciar así o encontro. Golazo de Leo na victoria do PB A. Gol de Diego no empate do Infantil A.

Solidaridade con Kenia

O clube colabora doando equipacións aos nenos desfavorecidos de Kenya. Nuria Boullón, en representación da KUUMBA RODNEY FOUNDATION, unha asociación de axuda para a poboación infantil en Nairobi (Kenya), solicitou ó clube a posibilidade de doar equipacións de fútbol para repartir aos nenos desfavorecidos dese país.A directiva aprobou a entrega de tres equipacións de talla categoría INFANTIL para que os rapaces de Kenya poidan desfrutar practicando este hermoso deporte.

Xornada 08/01/2023

O Sénior acada o liderado co novo ano. Co novo ano 2023 o noso equipo Sénior acadou o ansiado liderado do seu grupo na categoría, esperamos que xa non o solte de aquí a final de tempada e poidamos celebra-lo ansiado ascenso.Este primeiro fin de semana de ano voltou a competición ó fútbol 11 nas categorías infantil, cadete, xuvenil e sénior. Pero únicamente nas categorías Liga Galega e Primeira Galicia.Por outra banda en fútbol 8, algúns equipos participaron no torneo Patada Solidaria de Moaña, concretamente os Pb´s, benxamíns e alevíns. Na categoría Benxamín o Bertamiráns proclamouse campéon. Infantil A 4 - Racing Club Vilalbés 0 Victoria do primeiro equipo infantil, que xunto co empate do Victoria serve para aumenta-la distanza co segundo posto. Empezou o partido cun despiste serio, que puido troca-lo sino do encontro. Pase en longo do equipo rival, onde o dianteiro recolle o envío e prántase só diante do noso meta (Marco), pero remata por fóra da portería. A partir disto o equipo local faise co encontro, apreta e chega a meta rival. Así no minuto 12, Álex recolle un envío no tercio do campo, vaise cara a meta polo lado esquerdo, prántase diante do meta e cruza o balón a cepa do poste esquerdo e fai gol. Pouco despois, no minuto 15, o Berta nunha recuperación de balón en medio campo, Pérez da un pase perfecto entre liñas ás costas dos defensas e Lucas aproveita para recollelo ir cara a meta contraria e bati-lo gardamallas. A continuación o Villalbés faría un disparo de longa distanza que saíu por riba do longueiro. Pasa o tempo, e no minuto 30, unha falta en medio campo, Diego colga o balón a área, a defensa non acerta a despexar e cae nos pes de David, que remata forte có pe dereito, pega no longueiro e entra. Có 3-0 vanse os equipos os vestiarios. A segunda metade sería igual, O Berta dominando e o Vilalbés xogo directo, buscando rápido os puntas para buscar un para un ou as costas dos defensas. Pero os nosos controlan ben o encontro e así, no minuto 75, Manu que acababa de entrar ao terreo de xogo, recibe un pase polo medio en profundidade e ás costas dos centrais, prántase diante do meta contrario e bateo por baixo. Sería o 4-0 definitivo. Bo partido e tres puntos importantes para afronta-la vindeira semana un encontro importante na Coruña, contra o terceiro clasificado. CF Cire Melide 1 - Infantil B 1 Mañán fría, con choiva e abundante vento en Melide o que provocaba que non se puidese desplega-lo xogo dos nosos infantís. Aínda así o equipo competiu e dominou en todo momento. O 0.-1 chegou tras unha xogada de todo o equipo, onde nun centro medido de Noya foi rematado por Darío cun testarazo perfecto. Con este gol de vantaxe fómonos os vestiarios. Na segunda metade o equipo encaixa o empate cedo despois dun saque precipitado que resulta nun agasallo para o rival que non perdoa e consigue o empate. Despois deste erro, o equipo muda o sistema pasando a empregar unha defensa de 3 e segue a domina-lo partido con ocasións claras que non fomos quen de materializar, ás veces por erros de puntería dos nosos rapaces e outras por acerto da defensa e o porteiro rivais. Bo traballo de todo o equipo pero cun sabor amargo por non poder acada-los tres puntos. Cadete A 2 - CF Dumbría 1 Mal partido do primeiro equipo da categoria, pero un gol nos derradeiros compases do encontro deron outros tres puntos importantes para estar en disposición de seguir loitando polos postos privelixiados. Empezou mal o noso equipo, ritmo lento, imprecisión nos pases, falta de intensidade e pouca profundidade. Todo esto sumado ás malas vixiancias dos nosos defensas, levaba ao contrario a ter varios mans a mans contra o noso meta. Unha delas clarísima que sae lambendo o longueiro. Cabe destacar dúas xogadas do noso equipo, unha un tiro fóra da área que rexeita o porteiro e Mateo envía o balón cá testa o fondo da rede. Gol que foi anulado por fóra de xogo. A outra xogada foi no minuto trinta, que supuxo o 1-0, tiro dende a frontal da área de Pablo, que peta no poste esquerdo e acaba entrando na meta contraria. A segunda parte foi prácticamente un calco da primeira, o Berta quería ir arriba, e o Dumbria en balóns en longo creaba ocasións, gañáballe as costas aos defensas. Así no minuto 3 da reanudación, un envio en longo, recolleo un dos seus dianteiros, prántase diante de Pablo e por arriba bateo. Antes de face-lo segundo gol o noso equipo, o Dumbria tivo varias ocasións iguais para face-lo segundo, salientar unha onde o balón saiu lambendo o poste dereito de Pablo. O noso gol faríao Mati no minuto 79, quen acababa de entrar ao campo. Esto sería nun centro lateral pola banda dereita, onde se anticipa a súa marca, este consegue rematar co interior do pé dereito e o defensa desvía o balón pero acaba entrando pegado a cepa do pau esquerdo. Nada máis que salientar neste encontro, tan só agardar unha melloría no xogo que nos permita seguir soñando ca pelexa polo ascenso. Cadete B 3 - SD O Pino 2 Mañán no municipal na que o noso Cadete B saía moi enchufado, elaborando un bo fútbol e sendo protagonistas co balón. Sabiamos que as transicións do equipo rival poderían facer moito dano e non podíamos ter perdas de posesión de balón e si xurdía unha perda, apretar moito para evitar que puidesen saír á contra con facilidade. Iniciabamos o encontro gañando 2-0 pero 2 goles de saque dende o curruncho puña o empate no marcador. Nestas accións sufrimos moito ao longo do partido, xa que era o principal peligro do rival. Finalmente, no minuto 70 tras un pase entre liñas moi bo de Adrián Moreno, Rubén Rama poñía o 3-2 final no marcador, facendo así que queden os 3 puntos no municipal. A semana que vén finalizamo-la primeira volta fronte ao Aguiño a domicilio, esperamos trae-los 3 puntos para Bertamiráns. CD Conxo Santiago B 2 - Xuvenil A 3 Primeiro encontro do novo ano, o cal nos tocaria remar a contracorrente, debido a un erro no cal o equipo local adiantaríase no marcador. Esto producese sendo os nosos mellores no terreo de xogo e creando mais perigro. Ao saír dos vestiarios, teríamos unha oportunidade moi clara, a cal non acabaría dentro, e a volta desa xogada convertiriase nunha falta para o 2-0, algo que nos deixaba contra as cordas. A saída de Álvaro, sería providencial xa que foi o revulsivo que o equipo precisaba, puxo todo da súa parte para inqueda-lo rival. Lograríamos recurtar distanzas por medio de Iván, nun bo golpeo dende a frontal da área, logo Adri nun saque dende o curruncho conseguiría iguala-lo marcador e por último, nunha boa xogada de Álvaro, chegaría Rodri para definir as mil maravillas e adiantarnos. Non se xogaría mais, pese os 7 minutos de desconto e así, os nosos trouxéronse o 3 puntos para a casa, algo xusto. At. Fátima 2 - Xuvenil B 0 Encontro gris de todo o equipo. No que comezamos tendo un par de ocasións, pero pouco a pouco fomos diluíndonos e superados en intensidade por un equipo rival máis adaptado ao terreo de xogo. Na segunda metade voltamos a saír un pouco máis intensos. Pero entre as condicións climatolóxicas e que unha vez máis non conseguimos ser máis intensos ca o noso contrincante non puidemos sumar. Toca aprender e seguir pelexando. Lesende CF 1 - Sénior 4 Comezamo-lo ano diante dun rival moi forte. Púxonos as cousas complicadas ao longo do partido pero ao final foron caendo os goles e conseguimo-la victoria. Os 20 primeiros minutos houbo un ritmo altísimo e ao longo dese tempo dispuxemos de moitas ocasións que non fomos quen de materializar. Pouco despois anotamo-lo primeiro gol nunha moi boa xogada colectiva anque a nosa vantaxe durou poucos minutos.Fomos ao descanso empatados e quizais os 10 primeiros minutos da segunda parte foran os peores do partido. O ritmo de xogo baixou moito e os nosos rivais subiron o seu nivel. Despois de face-los trocos o equipo volveu a coller aire e dende aí ata o final voltamos á dinámica da primeira parte, moitas ocasións e moito ritmo. Para a semana máis Gol de David na victoria do Infantil A.

881087583

Director Deportivo
676014018

F11 Coordinador
653345278

F8 Coordinador
690793915

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal