Gran victoria do Cadete A que lle achega ós postos altos da clasificación. Nesta xornada destacamo-la victoria do Cadete A diante dun correoso CD Calsanz. Ademáis o equipo Séniro acada un importante empate na súa visita ó campo do ADN.No debe desta xornada quedan as derrotas dos dous xuvenís que deben mellorar se queren acada-los seus obxetivos. Xuv. Oroso 0 - Infantil A 3 Partido tranquilo para o noso equipo, onde a persares de non xogar un partido moi vistoso, concedeu poucas ocasións ó rival. O primeiro gol ven na primeira parte, nunha indecisión entre o porteiro e o defensa, no cal Xurxo aproveitase e remata por riba do porteiro. O pouco de comeza-la segunda parte, o equipo local perde un balón preto da sua área, onde Mateo finaliza cunha vaselina perfecta que remata en gol. O terceiro e definitivo, chega nun saque dende o curruncho que remata Álex. O equipo empeza a meterse na parte alta da táboa. Esperemos que sega así e mellore o seu xogo. SD Xuventú Aguiño 1 - Infantil B 3 Os de primeiro ano enfrontabanse a sempre difícil saída ó casmpo da Tasca en Aguiño, e o partido non defraudou. O Aguiño ben plantado no terreo de xogo non puxo as causas sinxelas, adiantábanse os locais gracias a un penalti cometido despois dun erro en saída de balón do noso central. Esto provocou a reacción inmediata do equipo que empata por medio de Fabio a cinco minutos do descanso. Na segunda metade os nosos saíron a polo partido e Fabio primeiro e Dario despois puxeron o 1-3 definitivo no marcador, sen dar opcións ó rival. SD Dubra 3 - Infantil C 4 Entraba mal ao partido o noso infantil e eso notouse no marcador pois no minuto 10 xa perdíamos por 2-0. Por sorte fomos quen de reaccionar e logramos empata-lo partido xa na primeira parte, pero un erro na saída de balón fixo que o Dubra lograra adiantarse de novo no marcador. Tra-lo descanso saímos coutra intención e fomos a polo partido, e tras varias ocasións empatamos tras un saque dende o curruncho. O equipo seguiu traballando para consegui-la victoria, e esta chegou despois dunha falta ben executada na que nada puido face-lo porteiro rival. Temos que seguir traballando e correxindo erros. Na parte positiva a capacidade do equipo de reaccionar ante un marcador adverso e non virse abaixo. ED Santa Marta 0 - Infantil D 6 Bo partido dos mais pequenos do fñutbol 11 diante dun rival que soubo defender. Dominamo-lo partido de principio a fin, custounos atopa-lo camiño do gol, xa que eles agrupáronse ben en bloque baixo, pero co transcurso dos minutos foron chegando as ocasións e os goles. Cadete A 1 - CD Calasanz 0 Partido igualado e intenso o disputado no municipal de Bertamiráns, onde houbo poucas ocasións claras por parte de ambo-los dous conxuntos, cun fútbol pouco vistoso. O gol do noso equipo chega na segunda parte, nun centro de Xavi o segundo pau, onde aparece Lemos para rematar de maneira sinxela ó fondo da rede. Logo a balón parado e nalgunha contra puidemos ampliar distanzas no marcador. Tamén é certo que o Calasanz tivo opcións de empatar da mesma maneira. É decir nunha contra e nun saque dende o curruncho. O equipo empeza a colocarse na zona alta da táboa. Cadete B 2 - EFM Boiro B 2 Na matinal deste domingo visitaba ao noso Cadete B, o Boiro B, partido moi competido por ambo-los dous conxuntos. Adiantáronse, cun gol aos dos minutos de comeza-lo partido, os nosos rapaces grazas a Rubén. Pouco antes de chegar ao descanso empataba o Boiro tras varios erros defensivos do noso equipo. Voltamos do descanso con gañas de poñernos de novo por diante, pero quedamos ao pouco cun xogador menos, expulsión que vén inmediatamente despois de que o colexiado non sinalase un clarísimo penalti ao noso favor. Non obstante, o equipo cun xogador menos seguiu pelexando e chegou a poñerse de novo por diante a falta de 20 minutos para finaliza-lo encontro. Finalmente, na derradeira xogada do partido, despois de que o rival apretase nos minutos finais e fose moi superior grazas a superioridade numérica lograban empata-lo partido de novo cun grave error defensivo dos nosos. Unha mágoa perder dous puntos na última xogada do partido. A seguir traballando e mellorando. EF Lalín B 1 - Cadete C 1 Partido moi intenso e competido durante os oitenta minutos do mesmo. Enfrentámnos a uin gran rival que ademáis soupo sacar mellor rendemento do factor campo xa que as dimensión do mesmo favorecérono como é normal. Aínda así durante a primeira metada o noso porteiro apenas tivo traballo xa que o equipo soubo conter ó rival. Pero nos minutos finais o Lalín adiantouse cun gol de golpeo dende fóra da área. Aínda así na segunda metada o equipo seguiu coas premisas e consignas asignadas no vestiario e grazas a elo chegou o empate e ademáis o equipo disfrutou de clarísimas ocasións para acada-la victoria pero por erros na finalización o resultado quedou en empate. Boas sensacións e gran actitude grupal, avanzamos tamén en aptitude grupal. Xuvenil A 0 - Victoria CF 2 Unha xornada máis no municipal de Bertamiráns onde os erros propios condenan ó equipo a unha derrota inxusta polo fútbol amosado por cada un dos conxuntos. Os nosos xuvenís entran mal no partido nos primeiros 15 minutos onde se ven superados polo rival, pero a patrtires de ahí fanse co control do xogo e disfrutan das mellores ocasións. Aínda así o rival adiántase no marcador por dúas veces. A primeira no minuto 16 nunha falta directa maxistralmente executada pero que ven dun erro de comunicación na zona defensiva xa que nos complicamos cun balón que non iba a ningures. Despois no minuto 39 nun saque dende o curruncho mal defendido o rival consegue o definitivo 0-2. Na segunda metade o equipo impuxo o seu fútbol pero o rival defendeuse ben e concedeu menos ocasións que na primeira metade, quizáis de o remate de Málvarez na segunda metade ou a de Dopazo na primeira fosen dentro o resultado mudaba. Boa actitude e gran fútbol, no debe queda a definición e a concentración para evitar erros graves que custan goles e polo tanto puntos. Xuvenil B 2 - Cordeiro CF 3 Partido moi competido no municipal de Bertamiráns, o resultado máis xusto quizáis sería un empate. Na primeira metade o equipo estivo moi ben acadando un 2-1 parcial, onde no debe queda o erro defensivo que custa o gol visitante, pero onde tamén tivo máis ocasións ca o rival para levarse un resultado mellor ós vestiarios. Na segunda metade o equipo tivo que facer trocos por lesión e botou por terra todo o traballo realizado en dez fatídicos minutos da reanudación onde en dous erros defensivos o rival acada a remontada. Despois o equipo mellorou pero non foi quen de materializar as poucas ocasións claras das que dispuxo. ADN 0 - Sénior 0 Partido mediocre en xeral. A primeira metade do encontro é lenta, imprecisa e pouco productiva. Nin nós nin o rival dispoñemos de moitas ocasións para marcar gol. Quizais temos algunha oportunidade máis que o noso rival, e incluso poida que máis claras... pero 0-0 ao descanso quizáis fose o máis xusto. Na segunda parte as cousas mudan, o rival non é quen de pasar do medio do campo e nós, nesta ocasión, sí que empuxamos. Sucédense as ocasións, algunhas delas son clarísimas, máis se cabe, nos últimos vinte minutos, aí é acoso e derribo total. Sexa como fose a pelota non entrou e o partido acaba en empate, unha mágoa, toca remar. Gol de Andrés Martínez na victoria do Infantil D. Gol de Adri Silva na victoria do Infantil D. Gol de Falta de Zarauza que lle da a victoria ó Infantil C.
Primeira victoria do Sénior esta tempada. Nova xornada onde destaca a goleada acadada polo noso equipo Sénior diante da UD Queiruga. Ademáis primeira victoria do Xuvenil A en Liga Galega.Por outra banda os nosos equipos de fútbol 8 seguen adestrando e xogando amistosos para comenza-la tempada o máis preparados que poidan. Infantil A 3 - CD Calasanz 2 Inicio de liga con pouca concentración por parte dos nosos. Chegou cunha boa colocación do rival para dificulta-la circulación da pelota e impedir gaña-las accións aéreas e segundos balóns. Así, cun partido igualado, logran adiantarse no marcador, no minuto oito. Balón en longo que sobrepasa os centrais para recollelo o dianteiro e facer gol, obrigando ós nosos a ires pola remontada. No minuto 32 nun saque de falta en longo cara a frontal da área grande, no cal nun cúmulo de erros acaba chegando preto da área pequena, para recollelo Manu e face-lo gol do empate. Na segunda parte o noso equipo, cunha saída fulgurante logra facer dous goles case seguidos, sendo estes de Diego e Álex. O 3-2 definitivo volta a ser outro erro dos nosos, un mal pase entre centrais dentro da área, que recolle o dianteiro para facer gol. Primeiro partido onde indica que se o noso equipo se quere ter opcións a ascender debe mellorar. Infantil B 5 - Victoria FC B 0 Bo partido do equipo que dende o inicio non dou opción ó rival, con claras ocasións nos primeiros dez minutos do encontro. Únicamente a boa actuación do porteiro visitante que sacou un penalti a Marco e realizou paradas de moito mérito, evitou que o marcador fose máis amplo. Seis puntos conseguidos de seis posibles para o equipo; que xa prepara a visita a Aguiño na vindeira xornada. Infantil C 11 - EFM Boiro C 0 Partido cómodo para o Infantil C que comenzou a liga recibindo no municipal ao EFM Boiro C. Xa dende moi cedo o partido púxose de cara para os nosos e as ocasións e os goles foron en aumento. Bo resultado para comenza-la liga e ir collendo sensacións e seguir traballando e mellorando. Xuv. Oroso B 2 - Cadete A 2 Partido igualado no Lino Balado, onde dous erros penalizaronnos moito. Adiantáronse os nosos nunha boa xogada de presión avanzada, onde o balón acaba nos pés de Suárez e nun recorte e definición cá perna menos boa dentro da área fai gol. O gol do empate chega pouco despois, nun centro lateral dunha falta e despois dun mal blocaxe do noso porteiro o balón cae nos pés do dianteiro rival e finaliza en gol. A segunda parte comeza igual, igualada pero dous trocos dos nosos ó pouco da reanudación, leva a ter varias ocasións. O gol chega nun centro de Suárez que acaba en gol por remate de Lemos. O gol do empate, chega preto do final do encontro, noutro erro por conduci-lo balón en zona de iniciación, que acaba en pérdida e pase a espazo libre de xogo, onde o rival encara porteria e fai gol. Se se quere estar arriba na táboa clasificatoria teremos que ter mais seguridade e concentración. CF Noia 2 - Cadete B 2 O noso cadete B visitou este domingo ao CF Noia, despois dunha primeira parte na que os rapaces foron bastante superiores e foron ao descanso cun 0-2 a favor, saímos do descanso e mudamo-la faciana radicalmente na segunda parte, xogando moi mal, dándolle así posibilidades ao rival de empata-lo partido quedando o resultado final nun 2-2. Cadete C 5 - Praíña SPC 1 Primeiro partido de liga dos nosos cadetes diante do Praíña SPC. A pesares do bo resultado acadado e o dominio do xogo durante todo o partido non debemos caír na euforia senon na calma en canto ó xogo amosado. Temos moito que traballar para mellorar e seguir aprendendo. EF Lalin 0 - Xuvenil A 4 Segunda xornada de liga, na que vistabamos Lalín, pensando en acadar un resultado positivo, como así foi, logo dos bos adestramentos de toda a semana. Comezaba o encontro, e axiña nos adiantaríamos no marcador por obra de Mauro, esto propiciaría unha relaxación nos nosos xogadores, que serían dominadores do balón, pero custaríalles finaliza-las xogadas. Á media hora Álvaro faría o segundo, cun bo golpeo dende a frontal da área. A segunda metade, comezaria cos nosos moi imprecisos, con moitas perdas de balón algo impropio destes rapaces. Seguiríamos dominando, co rival repregado e buscando contraatacar ou aproveitarse dalgunha perda nosa en transición. Toparíamonos cos goles de Dopazo e Manu, quen entrarían o campo faltando media hora, temos que destacar a gran aportación dos xogadores que entraron dende o banquillo, sumando un traballo bárbaro. UD Bastavales 1 - Xuvenil B 2 Partido moi igualado onde os nosos rapaces souberon sufrir para acadar unha victoria moi importante para acadar canto antes a ansiada permanencia. O partido estivo cheo de imprecisións e o Xuvenil B non foi quen de impor o seu xogo combinativo e caeu na tónica de balóns longos que impuxo o rival. O Bastavales xogou sempre replegado no seu campo esperando sorprender cunha transición rápida sobre o seu dianteiro, esto fixo que nos precepitásemos no noso xogo e tentaramos chegar a área contraria con poucos e imprescisos pases e sempre en longo. Aínda así as mellores ocasións na primeira parte foron nosas cun balón o poste e un gol anulado por fóra de xogo a Mateo nunha falta sacada por Castro. O 0-1 chegou á media hora nunha boa xogada levada por Pablo que despois de finalizar o porteiro fai unha gran parada pero o rechace o marca Antelo. O rival empataría xusto antes do descanso. Na segunda metade o xogo foi aínda máis trabado e houbo poucas ocasións claras, nunha das que dispuxemos no minuto 60, Pablo marca o 1-2 nun disparo cruzado dentro da área. Toca seguir traballando e mellorando en actitude e xogo. Sénior 5 - UD Queiruga 0 Despois dunha primeira xornada desastrosa chegou a segunda e, desta volta, as cousas foron mellor. Houbo certas dúbidas ao comezo pero ao pouco comezaron a chega-las ocasións e en varias delas conseguimos marcar. Ao descanso o marcador era de 4-0 e iso fixo que a segunda parte fose máis relaxada do debido. Continuamos tendo algunha que outra ocasión e, ao final, fomos quen de atopa-lo quinto gol mediante unha boa combinación previa a un bo centro e tamén un excelente remate de testa. Gol de Varela de penalty na victoria do Sénior. Gol de Manu na victoria do Xuvenil A en Lalín.
Comezou unha nova tempada en fútbol 11 Comezou unha nova tempada de fútbol 11 para os nosos equipos que se atopan en Liga Galega e en Primeira Autonómica. Ademáis o resto de equipos da nosa base xa levan adestrando dende finais do mes de Agosto e esta fin de semana xogaron numerosos amigabeis. O final desta nota podemos ver unhas cantas fotos dos equipos que xogaron esta fin de semana. CD Conxo Santiago 3 - Infantil B 9 Primeiro partido de liga diante dun rival que deberá pelexar por estares no alto da táboa clasificatoria. Nos primeiros minutos o equipos saiu algo durmido froito desta apatía encaixamos o 0-1 no minuto 16. Este gol fai reaccionar ao equipo que consegue o empate antes da media hora de xogo grazas a Elihan, quen xa marrara unha ocasión clara poucos minutos antes. A partires de aquí o equipo faise dominador do encontro e xusto antes do descanso Carlos consegue o 1-2. A segunda parte comeza co dominio do partido pola nosa parte e Álex consegue o 1-3. Cando parecía que chegaría o cuarto gol, unha xogada mal defendida pola nosa parte propicia o 2-3, pero o equipo non baixou o pé do acelerador e non voltou a dar opción ó rival a quen goleou con facilidade. Bo partido en liñas xerais do equipo. Cadete A 2 - San Tirso SD B 0 Partido no que os nosos dispuxeron de moitas ocasións para acadar unha diferenza maior no marcador. Primeira parte moi igualada na que as ocasións máis claras foron nosas, con varios máns a máns diante do porteiro rival. Adiantámonos no marcador grazas a Suárez que tras recibir un balón na área consegue xirarse e rematar a portería. Na segunda metade por momentos o partido rompeuse xa que o rival adiantou liñas, pero as ocasións máis clara seguiron a ser nosas. O segundo gol tardou en chegar xa que non foi ata dous minutos antes do final do partido cando Rodri cun gran golpeo dende fóra da área lograba o segundo gol. Cadete B 6 - AD Nicrariense 0 Inicio da tempada para o noso cadete B, que recibían na matinal do Domingo ao AD Nicrariense. Partido no que os nosos rapaces foron durante todo o partido protagonistas co balón. O primeiro gol do partido fíxose esperar no municipal, grazas a varios paradóns do porteiro rival. Polo que non sería ata o minuto 27, no que Rubén fixo o primeiro gol no marcador. A primeira metade finalizámola cun 3-0 a favor, e a segunda máis do mesmo, sendo o resultado final un 6-0. Gran inicio de liga dos rapaces, non só polos 6 goles marcados senón tamén por deixa-la portería a 0. Agora toca seguir remando nos próximos partidos para irse consolidando nos postos altos da táboa. Xuvenil A 0 - CD Boiro 1 Partido moi competido no Municipal de Bertamiráns onde se deron cita moitos afeccionados. O partido o puido gañar calquera, pero ó final o equipo visitante levouse a victoria cun gol acadado nos primeiros compases da segunda parte nun erro da zaga local. Na primeira parte comezou mellor o CD Boiro, xa que tivo o control do balón nos primeiros 15 minutos e trataba de facer dano con balóns longos as costas dos nosos centrais. Pero o equipo mellorou e na primeira metada tivo as mellores ocasións con dous remates os postes, o primeiro obra de Malvárez e o segundo de Dopazo, tamén Rodri puido inaugura-lo marcador cun tiro cruzado dentro da área que marchou fóra por moi pouco. Na segunda metade adiantouse o CD Boiro, como comentabamos antes, nada máis comenzar. Despois do gol o CD Boiro mudou de sistema, metendo defensa de 5, e tratou de busca-las contras; esto non lle saíu nada mal xa que tivo 3 moi perigosas, unha acabou en penalty que marraron, outra sacouna Manu cunha parada espectacular en liña de gol e a outra botarona fóra sen porteiro, xa que Manu subira rematar unha falta. Pero o Xuvenil tivo tamén as súas para acada-lo empate, xa que Malvarez cunha volea espectacular topou de novo o poste da portería. Ademáis o equipo tivo algúns remates que dentro da áres que pasaron arrentes os paos da portería. Non queda outra que seguir traballando. Xuvenil B 4 - CD Rois 1 Partido máis complicado do que reflicte o marcador final. Os visitantes fixeron unha gran primeira parte e plantexaron un partido moi físico onde conseguiron anular ós nosos na finalización das xogadas xa que non fomos quen de rematar con claridade as nosas xogadas de ataque. No minuto 16 adiantouse o Rois cun penalty en contra ben pitado. Despois produciuse unha xogada parecida na que Pablo cae dentro da área pero o árbitro non entendeu que fóra acción punible. Xusto antes do final Mateo remata un córner no segundo poste que pon o empate no marcador. Na segunda metade o Rois non foi quen de aguantalo ritmo e intensidade iniciais o que facilitou que o Xuvenil sentenciase o partido antes do minuto 70 Primeiro cun gol en propia porta do central rival que tratando de despexar un centro lateral introduce o balón na súa propia portería, despois cun penalty claro a favor que Antelo converte no 3-1 e finalmente nunha xogada na que Pabo pelexa un balón cos zagueiros rivais consegue plantarse diante do porteio ó que regatea e converte o 4-1 definitivo. Gran partido dos nosos rapaces.