Nova derrota do Sénior fóra da casa. O equipo Sénior non é quen de gañar un partido fóra do Municipal complicándose así as súas opcións de consolidarse nos postos altos da táboa clasificatoria.Por outra banda destaca-la importantísima victoria do Cadete A en Viviero. Victoria FC Los Rayos 0 - Biberón A 4 Partido no que fomos claros dominadores durante tódo-los minutos, pechando ao equipo rival no seu propio campo durante a maior parte do partido. Finalmente fomos quen de gaña-las catro partes, anotando algún bonito gol producto dalgunha xogada combinativa. Biberón B 1 - SD Dubra 1 Partido no que fomos claros dominadores pero custounos anotar gol, empatamo-la primeira parte pero tivemos moitas ocasións de gol, a segunda parte custounos máis e encaixamos un gol nunha contra doutro equipo xa que os nosos xogadores estaban mal colocados. A terceira parte ganámola tendo moitas ocasións, pero só puidemos anotar un gol, a derradeira parte estivo moi igualada xa que atacaban os dous equipos pero non logramos meter ningún gol, partido cun resultado que non fixo xustiza para o esforzo dos cativos. PB A 0 - SR Calo A 3 Partido do nosos Prebenxamin A no que as baixas pesaron moito, e onde recibimos un gol moi tempraneiro que marcou o encontro, dende ahí non soupemos facernos co partido e en dous despistes máis custáronnos dous goles máis tendo algún tiro o pao e paradas do porteiro do Calo, o rival foi xusto vencedor do partido; non queda outra que pensar no vindeiro partido. (FUTSAL) CD Sar Extramundi 4 - PB B 0 Primeiro partido dos pequechos na modalidade de futsal e derrota moi abultada para o gran partido que fixeron, que se resume polas ocasións maarradas polos nosos e a eficacia dos contrarios. Derrota inxusta pero a mellorar nos vindeiros partidos. (FUTSAL) PB B 1- Noia Portus Apostolis FS 2 Primeiro partido como local e non fomos quen de acada-la primeira victoria do ano do noso PB. O partido tivo tres partes moi diferentes, onde primeiros 15 minutos foron totalmente da noso lado, logo veu un período moi igualado e o remate foi claramente controlado polo Noia que foi quen de levarse un partido moi bonito e igualado no que debe quedar unha grande aprendizaxe. PB B 5- SD Esclavitud 0 Partido dominado de principio a fin polo noso equipo onde non permitiu saír do seu campo ó contrario grazas á boa presión e colocación defensiva dos nosos nenos pero que pola pouca claridade cara a porta non era quen de decidi-lo partido na primeira metade. Si fomos quen de facernos valer na segunda parte, levando unha clara victoria que nos coloca líderes do noso grupo. SD Xuv. Aguiño 0 - Benxamín A 5 Bo partido en Aguiño no que a pesares das condicións do campo os nosos rapaces foron quen de saca-lo partido adiante levándose os tres puntos para Bertamiráns. Praíña SPC B 2 - Benxamín B 8 Comeza o encontro, cos nosos rapaces volcados en marca-lo primeiro tanto, pero sería o Praíña o que se adiantaría no marcador, poñéndonos por debaixo e recibindo o primeiro gol en contra do que vai de tempada. Ese gol non mudou os nosos plans, o cal a través do balón conseguiriamos empatar e ampliar distanzas. A partires de ahí, sería un monólogo total dos nosos rapaces. SD Cacheiras 2 - Benxamín C 2 La SD Cacheiras no partido de hoxe amosou uns valores que tamén compartimos e impartimos nós tamén no clube. Presentámonos con 7 xogadores e eles puidendo xogar con 8, decidiron facelo con 7 tamén.Partido moi bonito onde na primeira parte marchamos 0-2 e incluso parou un penalty o noso porteiro.Na segunda parte pasáronnos por riba xa que as forzas iban xustas, pero fomos quen de resistir e incluso facerlles dano con algunhas contras pero que non chegamos a materializar debido o gran porteirodo rival. Seguimos a traballar na formación do grupo. Silleda CF 0 - Alevín A 3 Partido moi condicionado polas adversas condicións metereolóxicas. O vento sopraba moi forte e a choiva, moi intensa, tampouco axudaba. O Berta competiu o mellor que puido e soubose adaptar ao momento, o fútbol non foi o máis vistoso pero do que se trata é de seguir acumulando experiencias e aprender. Alevín B 10 - Praíña SPC 0 Cómoda victoria dos nosos unha vez máis. Desta vez e ante as boas combinacións que lograbamos facer, o rival pronto optou por replegarse atrás con case todo o equipo, o que dificultaba que combinásemos preto da área pero pola contra facía que non houbese chegadas do equipo rival. Seguimos a lidera-la táboa! SR Calo B 3 - Alevin C 12 Partido do noso Alevin C sen moito que contar diante dun rival que so foi quen de achegarse por erros nosos, de ahí os goles encaixados, polo demáis fomos donos do partido como así o reflicte o resultado; agora a pensar no vindeiro rival. Alevín D 1 - EF Xuv. Oroso C 1 Enfrontabámonos ao líder por diferenza de goles e sabíamos de antemán que non ía ser doado. Na primeira só fomos quen de chegar un par de veces a portería rival posto que o rival, superior a nós, non nos deixaba pasar con fluidez do medio campo. No descanso collemos forza e axustamos un par de cousiñas e os rapaces foron quen de reverti-la situación e pese a xogar contra un rival superior, foron quen de merece-lo gol da victoria en numerosas accións. Considero que o empate foi o xusto para ambos equipos. SD Esclavitud 4 - Alevín E 0 Comezo moi disputado de ambos conxuntos con varios tiros nas duas áreas pero ía a se-lo rival quen se adelantara nun dudoso fora de xogo. Mentres tanto nos seguiríamos tendo ocasións pero non seríamos quen de convertelas e un par de pequenos erros nosos cústannos os outros goles. A pesar do resultado os nosos traballaron moi ben e mereceron moito máis. Infantil A 1 - S.D Viveiro 1 O infantil perde unha boa oportunidade para distanciarse dos seus inmediatos perseguidores. Partido igualado o disputado no municipal de Bertamiráns, empezou o noso equipo moi despistado, con moi pouca precisión e con erros constantes por parte de todo o grupo. Chegando o gol do Viveiro no minuto 25 da primeira parte de penalti, por causa dun mal entendemento entre a defensa e o gardamallas, onde éste derriba o dianteiro. Na segunda parte, con máis corazón que testa, o noso equipo vai pechando o rival na sua área, creando algunhas ocasións claras e chegando o gol do empate no minuto 57 por medio de David. O noso equipo despois disto seguiu empurrando, facendo lucirse nalgunha vez o gardamallas, pero non chegarían a face-lo gol da victoria. Final e reparto de puntos. EFM Boiro B 0 - Infantil B 7 Chegaba o equipo con moitas baixas por lesións ó partido, pero os rapaces non defraudaron e fixeron un partido moi completo. A primeira metade acabou cun 0-3 e xa no segundo tempo o equipo marcaba 4 goles máis para acada-lo definitivo 0-7 e de novo deixa-la portería a 0. Victoria importante xa que sitúa o equipo líder destacado con 2 ptos. de vantaxe con respecto o segundo clasificado. CD Rois 2 - Infantil C 2 Partido intenso e emocionante ata o pitido final onde logramos traer un punto que visto os méritos feitos consideramos que sabe a pouco. Custounos adaptarnos as dimensións do campo e non eramos quen de xunta-las liñas e pecha-los espazos dando en ocasións moita distanza aos rivais. Pasaban os minutos e íamonos asentando no partido cando tras unha falta no medio do campo que parecía non ter perigo adiantábase o Rois no marcador. Soubemos reaccionar a tempo e logramo-lo gol do empate tras unha falta directa ao borde da área. Fómonos ao descanso con empate. Na segunda parte saímos mellor pero o Rois logra adiantarse de novo no marcador. Gol que soubemos contrarrestar cedo dando lugar ao empate definitivo, a pesares dos derradeiros minutos onde puidemos levarno-la victoria. CF Vista Alegre 0 - Infantil D 4 Partido importante para o equipo que consegue dominar e sentenciar na primeira metade. Gran victoria por parte dos nosos rapaces, temos que seguir nesta liña!!! S.D Viveiro 1 - Cadete A 2 Mal partido o disputado polo cadete A, pero tres puntos de ouro que consolidan o noso equipo na primeira posición. Empezou o partido con erros constantes por parte dos dous equipos, pero principalmente pola parte dos nosos, con falta de concentración e pouca entrega. Así nun erro da nosa defensa nun saque de falta en longo, o balón acaba sobrepasando por arriba os centrais, recolleo o dianteiro local e remata en gol, valendo para que o Berta marche en desvantaxe ao descanso.Na segunda parte o noso equipo sae con outra actitude, saímos moito máis centrados e con maior intensidade, onde conseguimos crear ocasións de gol en contras rápidas, mentras o equipo rival, so logra crear perigo a balón parado. Os trocos tamén logran dar unha marcha máis, así Rodri o pouco de entrar na segunda parte, logra face-lo 1-1 o prantarse so diante do gardamallas, batindoo polo pau corto.O Berta segue a atacar, quizais con máis corazón ca testa, e xa no desconto Jesús logra entrar na área con vantaxe, centro cara atrás entre porteiro e defensas e uns destes no intento de despexa-lo coiro meteo en propia porta, sendo o gol que nos da tres puntos, 1-2 definitivo. Cadete B 0 - CF Cire Melide 1 Chegou a primeira derrota do equipo na tempada na xornada 8. Visitabanos o Melide, partido no que o equipo visitante viña súper motivado e notouse nos inicios do partido. Equipo moi superior físicamente aos nosos e que facía que todo-las disputas do partido fosen pérdidas. Finalmente un gol de falta na primeira metade fixo que os 3 puntos fosen para Melide. A parte positiva foi que aínda facendo un mal partido por parte dos nosos rapaces o equipo visitante apenas creou máis accións de perigo. Para a semana visitaremos ao líder, o Ribeira, ao cal trataremos de vencer para seguir nos postos altos da táboa. SD Cruces 0 - Cadete C 2 Partido desastrioso na primeira metade. O Cruces ben plantado fíxonos moito dano xa que foi quen de neutraliza-lo noso xogo e polo tanto non conseguíamos achegarnos a súa portería. Despois dos trocos na segunda metade e da charla no vestiario conseguimos muda-la dinámica de xogo e a aptitude dos xogadores polo que conseguimo-lo dominio do partido e ocasións de gol que fomos quen de converter. Seguimos a avanzar na aprendizaxe e formación. Xuvenil A 2 - Imperator OAR 2 Unha vez máis o equipo regala os primeiros quince minutos de xogo propiciando que o rival acade dous goles que puxeron moi custa arriba o partido. Ademáis do mal xogo nese inicio os goles foron dous erros importantes de concentración, algo propio de categorías máis tempranas non dun equipo Xuvenil que quere competir por cousas importantes. Aínda así o equipo soubo reaccionar e conseguiu impoñe-lo seu fútbol pechando ó rival no seu campo, e tendo numerosas ocasións para remonta-lo partido, incluido un penalty marrado nos derradeiros minutos de partido. Tamén menciona-las numerosas baixas que tiña o equipo que foron suplidas con grandes actuación por xogadores Cadetes e do Xuvenil B. Praíña SPC 1 - Sénior 0 Nesta fin de semana o noso Sénior non foi capaz de colleitar un bo resultado na súa visita ao Juan Amado.O equipo comezou impreciso, cometeu varios erros en fase de iniciación e iso, sumado a que o Praíña axustaba ben a súa presión, fixo que o partido se xogase maiormente no noso campo. Os dous equipos tivemos algún achegamento perigoso pero a maioría das accións remataban en nada. Eles dispuxeron de máis situacións prometedoras ca nós pero moi poucas ocasións limpas. A segunda parte foi máis do mesmo, poico fútbol e poucas ocasións. A mágoa foi non ser capaces de estar tranquilos despois do gol encaixado. Puxemons corazón pero non testa.
Puntos importantes para o Bertamiráns FC Esta xornada deixa importantes victorias no fútbol 11, o equipo Sénior, que se achega ós postos altos da clasificación, do Xuvenil B que lle permite colocarse na zona tranquila da táboa e dos Cadetes A e B que os sitúa nos postos de privilexio da clasificación.Ademáis destacamos os empates a domicilio, diante de rivais complicados, do Infantil A e do Xuvenil A que lles permite seguir coas súas aspiracións.E por último destacamo-la victoria dos máis peques do clube, o Biberón A que acadou unha victoria no debut dos nosos adestradores noveis, xogadores da nosa base, Andrés e Dylan ós que lles desexamos a mellor das sortes nesta bonita etapa. ED Xuv. Orosos B 1 - PB A 11 Partido do noso Prebenxamin A sen moitos problemas xa que dominamos de principio a fin como reflicte o resultado final. Agora a pensar no vindeiro partido. Milladoiro SD 1 - PB B 3 Gran partido dos nosos pequechos que xogaron baixo unha intensa choiva pero a pesares diso o pasaron xenial e divertíronse competindo diante dun gran rival. Adiantámonos cun gol de falta na primeira metade, para despois na segunda marcar dous goles máis e o rival descontou nos intres finais. Agora a seguir adestrando para mellorar. Benxamín A 1 - ED Xuv. Oroso A 9 Sufrimos unha avalancha do mellor equipo da liga, que non deixou opción ós nosos cativos. Debemos traballar para saír ós partidos máis enchufados sen cometer erros que se convertan en agasallos para o rival nos primeiros minutos. Benxamin B 6- Milladoiro SD B 0 Nova victoria do benxamin, partido marcado pola intensa choiva pero onde o benxamin impuxo claramente o seu fútbol e dispuxo de moitas ocasións. Benxamín C 3 - ED Xuv. Oroso C 3 Partido moi bonito o disputado esta fin de semana polo noso equipo. A pesares de comezar gañando 1-0 o equipo rematou abaixo no electrónico cun 1-3. Aínda así, na segunda metade ademáis de empata-lo partido o equipo dispuxo de moitas oportunidades para levarse os 3 puntos. Seguimos progresando na formación do equipo. Alevín A 0 - ED Xuv. Oroso A 3 Partido moi duro e moi difícil ao que non lle perdemos a cara en ningún momento. O primeiro e máis importante é parabenizar a todo-los rapaces que participaron. Aos rapaces do Xuventude Oroso parabenizalos polo esforzo, polo xogo e pola vitoria. A os nenos do Bertamiráns parabenizalos polo esforzo e o xogo. Na primeira parte o Oroso chegou á nosa área con certa facilidade pero os nosos rapaces estiveron moi ben na defensa da área. Nós tivemos algunha ocasión, menos ca eles. Na segunda parte mudamos a nosa formación e tamén a nosa presión e axudounos o troco, roubamos máis veces e roubos de maior calidade que nos deron certas ocasións de gol. Tamén conseguimos facer que o rival dispuxera de non moitas ocasións de gol, a mágoa foi que foron efectivos.Para a semana máis. SD Cruces 2 - Alevín B 10 Un campo tan grande coma o de Cruces íanos permitir desplegar un gran xogo combinativo á hora de iniciar e atacar moi ben os espazos xerados ás costas do equipo rival, que non era quen de frear os constantes ataques dos nosos pequenos. Somos o único equipo en sumar 3 victorias, o cal di moito do bo arranque dos nosos pequenos esta tempada. Alevin C 14 - Milladoiro SD C 0 Partido do noso Alevin C diante do Milladoiro C, o pecha cancelas, sen moita historia dende o inicio fomos donos do partido como así o reflicte o resultado final; agora a pensar no vindeiro rival. SD Cacheiras C 0 - Alevín D 9 Partido sinxelo pero moi trabado. O pouco xogo combinativo que fomos quen de crear, pese ao vento e á choiva, foi freado polas constantes faltas do equipo rival. Bo partido dos nosos que nos serve para seguir nos postos altos da táboa. Alevín E 2 - Dubra SD B 4 Comezaba o partido con moita igualdade pero o bo traballo dos nosos fixo que case toda-las ocasións foran nosas, a falta de acerto pola nosa parte supuxo que marchásemos ós vestiarios con tan só un 2-0 no marcador. Sen embargo na segunda parte baixamos a intensidade e un temprano gol do rival fixo que o equipo viñérase abaixo e da aí a encaixar outros dous goles moi seguidos. Co 2-3 no marcador volveríamos a ter moitas ocasións pero non fomos quen de convertelas e ao ter ao equipo moi arriba fixo que nunha contra caera o 2-4. Toca seguir traballando e pouco a pouco vaise vendo a mellora no campo. Victoria CF 1 - Infantil A 1 Dominio do Victoria e dano as contras por parte dos nosos. Empezou o encontro co dominio do Victoria, movendo a bola constantemente de lado a lado, buscando as superioridades e os espazos libres de xogo, pero nunha perda de balón no medio campo, contra rápida por parte dos nosos que finalizada en gol por parte de Álex. Despois desto veñen uns minutos no que o partido é mais igualado en posesión de balón, pero nun córner lanzado polo Victoria acaba entrando directamente polo segundo pau. Logo disto o equipo contrario volta a facerse co dominio claramente do xogo, dominándonos e tendo varias ocasións claras, puidendo sentencia-lo encontro. Con estas sensacións fómonos o descanso. A segunda parte o noso equipo colócase mellor no terreo de xogo, deixa o dominio da pelota ao contrario pero sen deixar que teñan ocasións tan claras como na primeira parte. Así pódese decir que neste periodo o Berta tivo as mellores ocasións, quedando varias veces os nosos dianteiros diante do porteiro, pero sen materializar ningunha. En definitiva partido que deixa claro que estes dous equipos serán claros candidatos ao ascenso. Infantil B 5 - ED Xuv. Oroso B 2 O equipo afrontaba o encontro con 5 baixas por lesións e gripa, polo que tivo que convocar ao alevín Marcos Miguez e ao central do Infantil C Iker. Ambos xogadores cumpriron con creces nun bo partido diante dun rival que sempre compite, de feito o equipo encaixa o 0-1 e ten que remonta-lo marcador adverso. O empate chegaría tras un centro perfecto de Pla e un exprctacular remate de cabeza de Elihan Torres. A partires de ahí o equipo fíxose dono do encontro, cun Rodri que manexaba o centro do campo sen oposición. Froito dese dominio foron caendo os goles na portería rival. O equipo segue liderando a táboa con 7 victorias en 7 partidos. Infantil C 3 - CF Noia B 1 Comenzaba ben o noso infantil diante do Noia, adiantándose no marcador e poñendo distanza no mesmo nos primeiros minutos. Tiñamo-lo control do partido con múltiples chegadas e sin pasar apenas apuros atrás. Pero nun erro ao ser incapaces de despexar un balón directo o noia marca e acorta distanzas. Reaccionamos ben e volvemos a marcar. Na segunda parte o obxetivo principal era non encaixar. Non foi un bo partido dos nosos pois cometemos demasiados erros con balón pero seguiremos traballando para ir mellorando. Conxo Santiago C 6 - Infantil D 4 Choiva de goles no campo da Merced. Primeira parte boa na que o único erro que cometemos aproveitao rival para meter un golazo dende fóra da área, a pesares diso remontámo-lo partido e ímonos ao descanso 1-2. Un exceso de confianza e falta de concentración propicia 4 goles seguidos do rival en 10 minutos, deixando o sexto e último gol local para o minuto 58. Quedaron 20 minutos de absoluto dominio visitante onde fomos quen de volver meter 2, pero a distanza era moi abultada e fixo imposible a remontada. Galicia Caranza CF 0 - Cadete A 2 Partido serio do noso equipo, onde presentou a candidatura para loitar polo ascenso. Partido que empeza dunha maneira moi igualada en canto a posesión do balón, onde predomina o xogo do medio campo, e moi poucas ocasións de gol. Eso si, o noso equipo puido ter varias claras se acertásemos no último pase. Na segunda parte o equipo sae moito máis enchufado, da un paso ao fronte, e nos primeiros minutos consegue facer dous goles, dúas recuperacións de balón na zona media do campo, contra rápida e a pelota acaba no fondo da rede. Minuto 3 Diego e minuto 6 Rodri. Desde ese momento o Berta non pasa apuros, consegue domina-lo partido, crea ocasións pero non consegue materializar ningunha máis. Resultado final 0-2 e resalta-la importancia que aportaron os trocos. Todo o equipo aporta. SD Cacheiras 0 - Cadete B 3 Mañán pasada por auga no campo de A Cañoteira. O equipo saía ao campo sabendo que hoxe non era un día para poder practica-lo seu fútbol, xa que o campo estaba moi encharcado por toda a choiva e vento destes días. A primeira metade finalizaba con 0-0, vendonos moi incómodos sobre o terreo de xogo por non poder xogar ao futbol que vimos practicando. Nótase cara o final da primeira metade que o estado do campo mellorou e a choiva nos daba un respiro. No vestiario falamos que deberiamos comezar a xogar ao noso fútbol e polo tanto sabiamos que as ocasións comezarían a chegar, así foi, a segunda metade foi moi boa por parte dos nosos e marcamos 3 goles que fan que alcancemos o segundo posto na táboa a 2 puntos do liderato. Para a semana recibimos na nosa casa ao Melide, outro partido importantísimo ao que saíremos para tratar de acada-los 3 puntos de novo!!! Viveiro CF 3 - Xuvenil A 3 Viaxabamos á Mariña Lucense, encontro no que a viaxe longa e o ter que xantar no bus, faría que saísemos demasiado espesos. Froito do noso mal facer, o equipo local adiantaríase no marcador e, ampliaría distanzas, reflectindo un 3-0 no marcador. A partires de ahí, os nosos rapaces parecen reaccionar, antes do descanso, encontrámonos cun penalti e a expulsión do porteiro local, recurtaríamos distanzas e iríamonos para o vestiario. Tralo paso por vestiarios, o equipo mudaría radicalmente, metendo todo o ritmo que nos faltara na primeira metade, o que nos faría someter ao rival. Tra-la mala nova dun xogador noso, o cal se lesiona o pouco de comezar este segundo tempo, e por riba sen a posibilidade de facer trocos, remaríamos contra o resultado e o muro defensivo dos locais. O empate tardaría en chegar, ata o minuto 94, pero faría xustiza ao visto no campo, onde unha segunda metade moi boa faría que puidesemos traer un punto de Viveiro, de onde tamén traeriamos malas novas, para algún xogador noso, o cal resultaría gravemente perxudicado. Moral do partido: De todo se aprende. Xuvenil B 3 - Porto do Son CF 1 Gran partido o disputado na tarde do Sábado por parte dos nosos rapaces, onde amosaron unha actitude e intensidade a corde ó que demanda a categoría na que xogan; se manteñen esta maneira de afronta-los encontros conseguirán puntos suficientes para mante-la categoría. O partido comezou sen un dominador claro, xa que os nosos renuncian a iniciar en curto e apostan polo balón longo para gañar segundos balóns que propician xogadas en ataque bastante claras. Froito desto o equipo consegue colocarse cun 2-0, pero en defensa comete un erro que propicia un penalti que o rival non desaproveita, e ademáis xusto antes do pitido final prodúcese unha expulsión rigorosa para os nosos. Con 10 homes afrontamos unha segunda parte onde o equipo decide esperar e apostar polo xogo directo para tratar de gañar segundos balóns que lle dean ocasións, e o plantexamento funcionou porque o rival a penas tivo achegas á área e conseguimos un terceiro gol obra de Dylan, que todo hai que dicilo foi un golazo con toda a intención. Gran victoria e gran traballo de todo o equipo. Sénior 3 - CD Galicia Bealo 0 Bo partido do noso Sénior, supuxo tres puntos moi necesarios para non afastarnos moito dos mellores na táboa clasificatoria. Seguramente non xogamos como nos gustaría pero a presión do equipo rival era tan numerosa que decidimos que a mellor idea sería usar recursos distintos aos habituais. Cabe destaca-la ilusión e a capacidade para competir mostrada por parte dos nosos. Plantilla do Biberón A cos novos adestradores Dylan e Andrés.
Goleada do Sénior na casa que fai soñar co ascenso. Esta fin de semana tivemos victorias importantes na nosa base como foron as do Xuvenil A, Cadete B e Sénior. Pero pola contra seguimos cunha racha moi negativa no Xuvenil B que esperemos mude canto antes. Cordeiro CF 2 - PB A 5 Partido do noso Prebenxamin A moi disputado dende o pitido inicial cunha primeira parte na que fomos máis efectivos cara o gol, a segunda metade foi máis parella con ocasións en amba-las dúas áreas; ó final a victoria caeu do noso lado, agora a pensar no Oroso B. Benxamín A 2 - SD Villestro 2 Non somos quen de acostumarnos ós grandes campos, volvemos sufrir nas Cancelas. Partido no que merecemos algo máis polas ocasións creadas. O rival foi quen de ser máis eficaz ó anotar dúas ocasións das poucas que dispuxo. Toca traballar para facer un bo xogo e conseguir resultados positivos. Benxamín B 10 - SD Cacheiras C 0 Partido sen historia, onde os nosos benxamíns amosáronse moi superiores de principio a fin como indica o resultado. SD Villestro 0 - Alevín A 3 Bo esforzo dos nosos rapaces esta fin de semana. A pesares de non estar especialmente acertados co balón nos pés, a nivel defensivo estivemos bastante máis serios que a semana anterior e grazas a eso e máis a un par de boas accións co balón fomos capaces de saca-lo partido adiante. Alevín B 12 - E. Estrada FB B 0 Partido dominado dende o pitido inicial. Os nosos desplegaron un gran xogo combinativo e unha intensidade moi alta a cal o rival, que foi moi inferior a nós sobre todo en intensidade, non foi quen de igualar en ningún momento do encontro. Plácida victoria dos nosos pequenos. Alevín C 14 - UD Bastavales B 0 Partido do noso Alevin C sen moito que comentar, xa que foi dominado dende o inicio sendo moi superiores como así o reflectiu o marcador. Agora adestrar pro derbi frente o Milladoiro da vindeira xornada. Alevín D 6 - ADN B 1 Un tempraneiro gol do equipo rival serviunos para espabilar e meternos de cheo no partido, no cal fomos superiores ao rival e no cal sí realizamos un bo xogo en numerosos momentos do partidos. Destaca-lo partido de Santi, que fixo un traballo enorme pola banda dereita. SD A Baña 7 - Alevín E 0 Comezamos cunha boa actitude e gran presión sobre o rival pero non fomos quen de chegar con claridade a portería. Sen embargo o A Baña unha vez marcado o primero faría que nos viñeramos abaixo e encaixasemos máis goles de seguido. Traballando e poñendo máis empeño os bos resultados chegarán. Infantil A 6 - Imperator OAR 1 Partido que comezou de cara para os nosos xa que ós cinco minutos un pase en profundidade cara a Álex que gañou ás costas dos centrais contrarios, facendo un deles falta por agarrón e polo tanto expulsión. Esa falta provocpu que nos adiantásemos no marcador por medio de Manu. De seguido Álex conseuiría un doblete e cun 3-0 marchamos cara os vestiarios. Na segunda metade os trocos deron un gran rendemento e acadaríamos tres goles máis obra de Álex outra vez, Manu de novo e un de Xurxo. O equipo visitante conseguiu o seu gol de falta directa maxistralmente executada. Acadamos tres puntos que nos permiten seguir nos postos altos da táboa. SD Villestro 0 - Infantil B 8 Mañá otoñal en Roxos onde o equipo saíu un tanto relaxado ó encontro, froito desa relaxación pese as ocasions xeradas chegouse con 0-0 ó descanso. Na segunda metade o equipo saíu moi enchufado dende o pitido do árbitro e comezaron a chegar os goles, cun bo xogo e xerando boas xogadas e definición diante da portería rival. Ó final acadáronse oito goles pero temos que mellorar na concentración inicial. Ulla Pontecesures CF 4 - Infantil C 5 Saída diante dun rival co que estábamos emparellados na clasificación, e saímos dende o minuto 1 a pola victoria e conseguimos adiantarnos no marcador despois dun par de ocasións moi claras. O noso rival tamén estaba volcado e grazas a iso empataron o partido, pero deixaban moito espazo atrás que fomos aproveitando para distanciarnos no marcador a pesares da presión exercida polo rival. Conseguimos irnos ao descanso cun claro 2-5 que practicamente sentenciaba o partido. A segunda parte o obxetivo era mante-lo resultado sen pasar apuros e conseguímolo ata o minuto 75 onde tras un par de erros consecutivos o noso rival non perdoaba e poñíase a un so gol. Os nosos volveron a centrarse e non pasaron apuros de ahí ata o final. Tres puntos importantes que nos manteñen arriba na táboa. Infantil D 1 - Compañia María 0 Bo partido diante dun equipo fisico ben plantado que deu poucas opcións. Fomos quen de evita-lo xogo físico e sacamos un gran resultado que nos permite seguir sumando de 3. Cadete A 4 - EF Lalín 0 Partido no que os nosos no fixeron unha gran primeira metade pero conseguiron marchar ós vestiarios cun resultado positivo grazas a un gol de Berdugo minutos antes do pitido do árbitro. Na segunda metade o equipo estivo mellor y coa baixada de intensidade do rival e a frescura dos trocos os nosos conseguirían marcar tres goles máis para seguires nos postos altos da clasificación. E. Estrada FB 2 - Cadete B 3 Este fin de semana o noso Cadete B visitaba o campo do líder, o Estrada, o cal contaba tódo-los partidos por victorias. Un equipo moi complicado, sobretodo por ser de segundo ano e físicamente moito máis poderosos que os nosos rapaces. O tempo tampouco axudaba a face-lo noso fútbol, o cal estivo cheo de imprecisións. Finalmente, a base de boa actitude e traballo logramos leva-los tres puntos e gaña-lo partido por 2-3. A seguir traballando para mellorar. Cadete C 5 - AT. Fátima 1 Bo resultado do equipo nesta xornada. Partrido controlado dende o comezo a pesares do despiste da defensa nun momento puntual coa penalización dun gol en contra. O equipo mellorou a imaxe da semana pasada. Seguimos avanzando na formación. Traballo, traballo e máis traballo.... Xuvenil A 4 - Racing Vilalbés 1 Comezaba o encontro, cos nosos xogadores intentando crear e co paso dos minutos as ocasións chegaban. Non foi ata case o descanso, cando puidemois inaugura-lo marcador e facer xustiza o visto no terreo de xogo. A pausa e paso por vestiarios, faría que nos relaxasemos, froito da nosa relaxación, o rival comezaría a achegarse a nosa portería, tras varios erros e perdas nosas sen motivo aparente. Foi así cando o cadro visitante empataría o encontro, facendo xustiza o visto nesta segunda metade. Logo dese gol, tentariamos reaccionar, pero non atopabamos o camiño a portería, ata que conseguimos marcar o 2-1. A partires de ahí, o partido abriríase, non seríamos capaces de controla-lo xogo e logo duns minutos de incertidumbre, conseguiriamo-lo terceiro e cuarto para confirmar que os puntos se quedarían na casa. Milladoiro SD 5 - Xuvenil B 2 Encontro no que volvemos a recibir un gol no minuto 1 de partido e xa nos viñemos abaixo sendo superados polo rival en todo momento. Rival máis intenso e preciso ca nós... o cal fixo que o marcador ó descanso fose un 4-0. A volta de vestiarios o esceario mudou favorecido por unha mellor disposición pola nosa parte e un rival menos intenso o que deixou un 5-2 ó final do encontro. Sen concentración e intensidade non imos a ningures, temos que convencernos de que podemos gañar partidos. Sénior 5 - SD Luaña 2 Bo partido do Sénior, anque moi sufrido. O partido comezou bastante ben, fomos capaces de xerar varias ocasións de gol e manter afastado da nosa porta aos rivais. O Bertamiráns mostrou un xogo atractivo e vistoso pero non era capaz de converti-las ocasións en goles. Así ata o borde do descanso, momento no cal a Luaña foi quen de acertar nunha das poucas ocasións das q dispuxo. Por sorte empatamos aos 3 minutos e fómonos ao descanso 1-1. Á volta o guión foi o mesmo, pero as ocasións eran aínda máis constantes e, grazas á nosa constancia, fomos quen de acabar por converter un total de 5 ocasións. Gol de Mauro co Xuvenil A que abreu a lata diante do Racing Vilalbés. Gol de Rubén na importante victoria do Cadete B na Estrada. Gol de Álex Villaverde para o PB A. Gol de Álex na goleada do Alevín B.
Grandes victorias a domicilio do Cadete A e máis do Xuvenil A. Xornada entre semanal para os equipos: Cadete A, Xuvenil A e Xuvenil B. Boas victorias a domicilio dos dous primeiros e derrota do último, que a pesares dela deu unha moi boa imaxe en Villestro que se a mantén conseguirá a ansiada permanencia na categoría. Racing de Ferrol B 1 - Cadete A 5 Partido condicionado polo estado do terreo de xogo, xa que facía moi complicado enlazar xogadas de ataque polo bote impreciso do balón. Os nosos rapaces adiantáronse cun gol de Diego que aproveitou un centro de Suárez, foi unha primeira parte onde dominamos pero sen ter ocasións claras. Na segunda o Racing empatou cun penalty que inicialmente parou Pablo pero que o colexiado mandou repetir e na segunda ocasión foi gol. Despois dese gol os nosos espertaron e os trocos deron aire fresco ó equipo logrando poñerse por diante rápidamente de novo con outro penalty transformado por Jesús, despois virían os goles de Diego, Berdu e Rodri para logra-los tres puntos e seguires nos postos altos da táboa. San Tirso SD 2 - Xuvenil A 3 Partido moi sufrido onde o equipo foi quen de xogar de maneira espectacular durante fases do mesmo pero tamén de sufrires demasiado dandolle folgos ó rival para que topase portería, aínda así acadouse unha gran victoria nun campo complicado sobre todo polas dimensións do mesmo. Comzou o partido cun gol dos nosos ós 15 segundos de partido nunha gran xogada combinativa pola banda dereita que remata cun tiro dende a frontal Álvaro, e sete minuto despois nunha contra de manual ben executada por banda esquerda con Bonome, Málvarez acada o segundo gol. Despois de esto o equipo rival mudou sistema e igualou homes no medio e os nosos non foron quen de topar espazos nalgúns momentos. 1-2 foi o resultado ó descanso. Na segunda metade o equipo saíu concentrado e foi quen de conter as arremetidas do rival e nunha contra Málvarez fai o 1-3, despois desto o rival únicamente xeraba perigo con balóns parados, nun deles no desconto consegue o 2-3; despois inda marramos un penal, foi un desconto moi movido. Seguir traballando para tratar de meterse nos playoffs. SD Villestro 2 - Xuvenil B 1 Partido no que empezamos cun pequeno despiste que nos custou un gol. Pero que rápidamente o equipo soubo sobrepoñerse cunha gran actitude que trouxo consigo varias ocasións de gol na primeira metade. De cara o segundo tempo o esforzo non baixou nunca tratando de acada-lo o empate, a pesares de recibi-lo segundo gol nunha xogada illada. Non baixaron os brazos conseguindo o gol nos derradeiros intres e dispoñendo dunha última oportunidade para logra-lo empate. Con esta actitude as victorias chegarán!



