Novas

Xornada 09/10/2022

Xornada en homenaxe a Brasi. Xornada marcada pola dor infrinxida pola perda esta semana de Brasi, xogador do noso equipo de veteranos e ex-xogador das nosas categorías inferiores. Un fatídico accidente laboral no Porriño levou a unha gran persoa antes de tempo. DEP Brasi.Agradecer á Real Federación Galega de Fútbol que se gardase un minuto de silencio en tódo-los partidos desta xornada coma homenaxe. PB A 3 CD Sar Extramundi A 2 Primeiro partido do noso Prebenxamín A na liga, foi un encontro moi disputado dende o inicio con dous equipos volcados en acada-la victoria que caeu do noso lado por pequenos detalles. Aínda así queda moito por mellorar no noso PB A, por exemplo o posicionamento no campo. Agora traballar a reo en cada adestramento. PB B 13- CD Sar Extramundi B 0 Primeiro partido da tempada saldado con victoria e resultado moi abultado que demostra a diferenza entre os dous equipos onde os nos peques tentaron ir facendo o traballado durante a semana. Agora a seguires traballando e desfrutando. Victoria FC A 5 - Benxamín A 6 Partido trabado que non somos quen de dominar, adiantámonos no marcador pero cedo vímonos superados polo rival, que amosou máis gañas e máis interese en querer facer algo no partido. Valeunos para sacar tres puntos nun partido sufrido. Mal xogo e mala actitude. Semana de traballo para muda-la actitude. Bastavales UD 0 - Benxamin B 8 Comezaba a liga, faríamolo a domicilio, o encontro comezou cos nosos rapaces moi enchufados, tentando combinar entre eles e facer gol a través do pase, tras adiantarnos, o xogo melloraría, sendo xa bo pasaría a ser mellor, onde apenas producíronse perdas e cada acción de ataque era perigo, con esto foron chegando os goles, na que sería sen dúbida, unha moi boa toma de contácto. Noraboa a tódo-los nenos, polo fútbol despregado. SD Negreria 0 - Benxamín C 8 Bo comezo de liga para un equipo que se atopa en proceso de formación e aprendizaxe. Temos moito que mellorar a pesares do resultado... Victoria FC A 3 - Alevín A 1 Anque non é nada habitual, neste partido estivemos moi desacertados, non fomos quen de xera-lo xogo que adoitamos practicar. Foinos imposible facer controis de calidade, facer pases precisos... e aínda por riba na nosa presión tampouco estivemos ben. Chegamos sempre tarde a apretar e permitimos demasiado ao rival, ao final encaixamos dous goles de falta directa que nos rebentan o partido. Xuv. Oroso B 0 - Alevin B 4 Partido moi igualado co que pensamos será un rival directo polos postos altos. A primeira metade remataba cun 0-0 e ocasións para ambos conxuntos, pero unha gran segunda parte dos nosos rematou co equipo local que pouco puido facer ante o gran xogo e intensidade marcada polos nosos pequenos. Gran estrea ligueira. SD Cacheiras 2 - Alevín C 8 Primeiro partido da liga do noso Alevin C diante do Cacheiras. Partido sen moito que comentar xa que fomos moi superiores dende o pitido inicial, salvo dous despistes que supuxeron os dous goles encaixados. Agora adestrar para o vindeiro partido. Alevin E 0 - Alevin D 6 Primeiro derbi da tempada no que se enfrontaban os nosos alevíns. Partido marcado polas imperfeccións de ambos equipos debido aos nervos e a choiva que facía que o campo estivera rápido. O alevín D, un grupo consolidado, e o alevín E un grupo novo onde moitos rapaces empezaron a xogar este ano; de ahí o resultado do partido. Pouco a pouco e con traballo estes dous grupos irán medrando para mellor. SD O Val 0 - Infantil A 7 Partido no que os nosos demostraron todo o seu potencial e bo facer. Xa antes dos goles Álex dispuxo de dúas claras ocasións antes de que él mesmo abrise o marcador. Despois seguirían catro goles máis antes do descanso. Na segunda nada máis comezar marcaríase o sexto e dende ahí o partido foi plácido para nós ata logra-lo séptimo que nos permite contar por victorias os nosos encontros e colocarnos na primeira posición neste arranque de campeonato. Infantil B 6 - Porto do Son CF 0 Partido cómodo con dominio absoluto do xogo por parte dos nosos rapaces. Crocha Balompé CF 4 - Infantil C 0 Demasiado castigo para o infantil C o infrinxido na visita ao Crocha onde os erros castigaron a un equipo que levou o peso do partido e as ocasións dende o pitido inicial. Empezaba moi ben o noso infantil atopando ocos as costas dos laterais con centros continuos que non eramos capaces de rematar. Sen balón íamos ben á presión obrigando ao noso rival ao xogo directo, onde a nosa defensa estaba atenta para cortar eses envíos. Pero á media hora do partido nun erro na marcaxe a un golpeo directo provoca o primeiro disparo a porta do noso rival que acaba en gol. Este gol fainos moito dano e so tres minutos despois unha xogada similar acaba nun claro penalti. Fómonos ao descanso cun 2-0 que non facía xustiza ao visto no campo e as ocasións de cada un dos equipos. Saómos na segunda parte con moita intensidade tentando recortar distanzas o antes posible onde temos catro ocasións moi claras que non somos capaces de materializar. A partires de ahí volven outros cinco minutos onde sendos fallos nos condenan e o noso rival non perdoa. De ahí ata o final seguímolo tentando pero quedou claro que non era o noso día. A seguir traballando para ir medrando como persoas e deportistas. SD Amio B 0 - Infantil D 8 Destaca-lo resultado nun partido con pouco ritmo. O rival non opuxo resistencia e chegounos a lei de mínimo esforzo. Na segunda parte o equipo foi un pouco máis preciso e acabaron chegando os goles. Temos que seguir esforzándonos ó máximo se queremos quedar o máis arriba posible. Cadete A 2 - Ural-Español CF B 1 Partido igualado e con distintos tramos do partido para cada conxunto. Empezou ben o equipo local, dominando o partido, xerando ocasións e non dando opcións ao rival, así no minuto 12, o Berta consegue adiantarse no marcador por medio de Suárez. A partires de ahí, pouco a pouco o Ural foi facéndose co encontro, logrando así xerar algunha ocasión pero sen lograr materializar nengunha na primeira parte. O comezo da segunda segue igual como rematou a anterior, co dominio do equipo visitante e merodeando a portería local. Logrando facer gol no minuto 53. Despois disto, e ante a necesidade de facer gol, o Berta vai polo partido, volta a presionar arriba, xerar ocasións e maniatar ao equipo rival. Conseguindo face-lo gol da victoria Rodri no minuto 71. A partires de ahí o Berta volta dar un paso atrás e sofre ata o final do partido, pero consegue os tres puntos. Cadete B 5 - Victoria CF 2 A primeira hora deste Domingo o noso cadete B recibía ao Victoria. Chegaba ao municipal o equipo visitante cun punto diante dos nosos rapaces. Partido que o noso equipo sabía da importancia de obte-los tres puntos para enlazarse cos equipos de arriba. Aínda así, empezou máis enchufado o equipo visitante ca o noso, poñéndose por diante no primeiro minuto de partido. O equipo supose repoñer e logrou ao pouco darlle a volta ao marcador. Uns minutos mais tarde o Victoria logra empatar de novo o partido nun fallo defensivo dos nosos. A partires de ahi o equipo seguiu facendo o seu fútbol e mellorou considerablemente a nivel defensivo co paso dos minutos. Deste xeito logramos finaliza-lo encontro cun contundente 5-2 no marcador. A vindeira semana visitaremos ao líder, O Estrada, sairemos ao campo coa mellor actitude para voltar a consegui-los tres puntos e ir achegándonos aos postos altos da táboa. ADM Peleteiro 2 - Cadete C 1 Partido desastroso. Moito que mellorar nun equipo que non soubo desplega-lo seu xogo nun campo pequeno como era o do rival. Formación, traballo e esforzo, non queda outra. Xuvenil A 6 - SD O Val 1 Recibíamos na casa ao colista, un equipo con datos que axudaban ó optimismo, asi tamén faría que a concentración de cara ao partido fora boa, para evitar sustos, pero máis aló, o partido decídese nunha primeira metade onde conseguiríamos tres goles a balón parado, e nunha segunda, onde ca entrada de Álvaro, que aportou máis de profundidade e algunha transición ben levada. De todos modos, este sería un encontro aburrido, onde o rival se quedaría con 10 na primeira metade. Toca tourmalet, xa que nos esperan dous encontros en apenas catro días, veremos do que somos capaces. Xuvenil B 0 - EFM Boiro 8 Partido para esquecer o desta matinal de Domingo no municipal de Bertamiráns. Un equipo sen fútbol e o máis importante sen alma, entendendo como alma gañas de xogar, intensidade e compañerismo; propiciou que o rival fixera sangue e levase os tres puntos. Toca mudar de actitude porque este equipo ten moito máis do que amosou esta fin de semana. SD Milladoiro 1 - Sénior 1 Boa primeira parte do equipo. A nivel defensivo cometéronse poucos erros, quizáis un par deles que por pouco non acaban converténdose en goles en contra. A nivel ofensivo fomos quen de xerar moitísimas ocasións, moitísimas, aínda así fomos 0-0 ao descanso. A segunda parte é distinta, o Milladoiro sae enchufado e na primeira xogada da segunda parte teñen ocasión para facer gol. Igualmente, nós seguimos ao noso e seguimos tendo ocasións, quizáis non tantas coma na primeira parte e seguramente os nosos veciños teñen máis das que tiveran na primeira parte. Ao final un empate, 1-1, unha mágoa, o equipo fixo méritos para gaña-lo partido pero outra vez máis non acertamos de cara a gol. Equipo PB B que goleou ó seu rival nesta xornada. Gol de Iago Arias na victoria do PB A. Gol de Aarón na victoria do Alevín B.

89 anos de historia.

89 anos de historia. Hoxe 10 de Outubro o noso clube atópase de aniversario e cumple nada máis e nada menos ca 89 anos de existencia... esperemos que esta tolemia polo fútbol dure outros tantos máis. Grazas as familias e os patrocinadores que nos apoian para que este proxecto deportivo de base poida saír adiante.

Xornada 02/10/2022

Gran victoria do Sénior diante dun potente rival. Esta fin de semana comenzaron algunhas das ligas de fútbol 8, e os nosos equipos Benxamín A e Alevín A solventaron con contundencia ambos partidos. A nosa base estivo esta fin de semana moi ben representada xa que dos 12 partidos disputados acadou 11 victorias. Benxamín A 7 - SD Compostela 0 Partido serio para comeza-la tempada cos primeiros tres puntos. Nos primeiros minutos xa avisamos cunha boa chegada tras anticipar unha saída de balón, pero rexeita ben o porteiro. Pasan os minutos e empezan a chega-los goles tras dous bos contragolpes. O resto do partido o rival pouco pode facer diante dunha boa defensa concedendo poucas ocasións e estas son ben rexeitadas polo noso porteiro Lucas. Co paso dos minutos foron chegando máis goles. Toca seguir este camiño e preparar ben o vindeiro encontro. Alevín A 3 - SD Compostela 0 Primeiro partido de liga, contra o Compos. Bo partido dos nosos, que dominaron, tiveron ocasións e concederon só un par delas ao rival. No primeiro tempo non fomos quen de facer gol en ningunha das ocasións que tivemos e iso fixo que o partido estivese igualado durante máis tempo do que nos gustaría. Ao pouco do inicio da segunda parte conseguimos o primeiro gol e a partires dese momento todo foi máis sinxelo. Bo partido para comezar, queda moito! Infantil A 3 - EFM Boiro 0 Partido igualado na primeira media hora, onde cada equipo dispuxo dunha ocasión clara. O noso infantil mandou un tiro ó longueiro dende fora da área, por medio de Lucas, e o equipo visitante nunha contra, o dianteiro entra en conducción co balón e dispara as máns do porteiro. Pero no minuto 32 nun centro de Álex o defensa mete o balón na súa propia meta, así fómonos ó descanso co 1-0. No inicio da segunda parte o Berta sae decidido a sentencia-lo encontro e nos primeiros 10 minutos da reanudación mete dous goles, un Santi nun remate dun centro de córner e o 3-0 definito faino Álex nun disparo cruzado. A partires de ahí o noso equipo faise co control do balón e domina o partido podendo facer algún gol máis. O infantil A ponse con 9 puntos e na zona alta da táboa. Infantil B 19 - CM Peleteiro 0 Partido sen historia onde os nosos foron moi superiores ó rival en todo momento. Infantil C 14 - SD Negreira 1 Partido cómodo para o noso infantil que conseguía adiantarse no marcador moi cedo en dúas accións ensaiadas tras saque dende o curruncho o que nos permitiu ir probando distintas variables no sistema e no xogo para así poder ir mellorando. Ao remate da primeira parte o marcador xa reflectía un 6-0. Infantil D 10 - At. Fátima B 1 Bo partido de todos o equipo, moi controlado de principio a fin. Non tardou en chega-lo primeiro gol, o que propiciou que aparecesen máis espazos e tivésemos moitas facilidades para xerar ocasións. Imperator OAR 0 - Cadete A 1 Partido claramente dominado polos nosos onde o curto marcador mantivo a incerteza ata o final. Empezou o encontro co Imperator tentando xogar dende atrás, pero varios erros nos pases na zona de iniciación, levou a que recuperásemos varios balóns e fixesemos contras rápidas, onde nunha delas abre o marcador Diego. Despois desto o Berta tivo varias ocasións máis por parte de Mateo, Diego e Suárez. Na segunda parte o noso equipo ten máis o control do balón, o que implica que xerásemos máis ocasións claras, pero estas xa se inician máis lonxe da porteria rival, salienta-la rematada por Berdu, onde puido ser gol, pero o porteiro evitouno nunha boa intervención. O equipo rival tivo o final dúas ocasións que sen merecerelo puideron iguala-lo marcador. Nun tiro lonxano nunha falta lanzada polo mellor xogador do Imperator, que saíu lambendo o poste. Logo nun córner onde o dianteiro centro remata só na frontal da área pequena e envía o balón as máns de Pablo. Tres puntos importantes para seguir estando na zona alta da táboa. CD Conxo Santiago C 0 - Cadete B 7 O noso cadete B enfrontábase na mañá deste Domingo ao conxo C a domicilio. Partido no que os nosos rapaces saíron moi enchufados ao campo e no que o rival non foi quen de intimidar en ningun momento do partido. Finalizamos o encontro cun 0-7 a favor. Parabeniza-la seriedade coa que disputaron o partido os nosos rapaces. Na vindeira semana empezara a tourmalet, xa que comezaremos a enfrentarnos aos equipos de arriba e que loitaran por meterse no playoff. Animar aos rapces a seguir traballando para acada-los obxetivos!!! Cadete C 4 - SD Milladoiro 0 Bo resultado para o Cadete C nesta fin de semana diante dun sempre complicado rival. A pesares do ritmo alto e intenso de todo o partido que propuxo o rival, o equipo xa foi quen de marchar ós vestiarios cunha vantaxe de 1-0. Na segunda metade o equipo estivo moito mellor e grazas a un xogo combinativo desfrutou de innumerables ocasións de gol o que se traduciu en tres goles máis que deron como resultado unha importante victoria. Seguimos avanzando no camiño da formación. E. Estrada FB 1 - Xuvenil A 4 Tres puntos máis para o Xuvenil A grazas a unha primeira parte espectacular onde o equipo foi capaz de acada-los catro goles pero onde puido marcar moitos máis debido a un control total do xogo grazas a que mantivo a posesión do balón en todo momento e foi quen de amosar un gran xogo combinativo que se transformou en innumerables ocasións. Os goles foron marcados por Malvárez, Mauro e Dopazo en dúas ocasións. Na segunda metade o rival veuse obrigado a muda-lo sistema para non encaixar unha goleada de escándalo e conseguiu frear as acometidas do noso Xuvenil, que ademáis foi quen de frear os arreóns do rival que foron máis por empuxe que por xogo. Gran victoria que esperemos propicie unha nova dinámica no equipo para os partido da casa. SD Amio 4 - Xuvenil B 0 Encontro no que nos faltou un plus de intensidade para igualar ao rival e poder competir. O equipo estivo por debaixo da sua capacidade en todo momento. Un mal día que contamos non se repita. Toca traballar. Senior 4- Bastavales UD 1 Non comezamos de todo mal o partido, pero, pouco a pouco fomos apagándonos ata encaixa-lo gol visitante. Quizáis foi iso o que nos fixo espertar de novo, e pouco a pouco foron voltando a chega-las ocasións ata acabar empatando o partido antes do descanso. A segunda parte foi diferente, mostramos moita máis concentración e moita máis constancia e grazas a iso, conseguimos varias ocasións que supuxeron varios goles.   Gol de Rachi de Penalty na victoria do equipo Sénior. Golazo de Antón na victoria do Infantil D.

Xornada 25/09/2022

Gran victoria do Cadete A que lle achega ós postos altos da clasificación. Nesta xornada destacamo-la victoria do Cadete A diante dun correoso CD Calsanz. Ademáis o equipo Séniro acada un importante empate na súa visita ó campo do ADN.No debe desta xornada quedan as derrotas dos dous xuvenís que deben mellorar se queren acada-los seus obxetivos. Xuv. Oroso 0 - Infantil A 3 Partido tranquilo para o noso equipo, onde a persares de non xogar un partido moi vistoso, concedeu poucas ocasións ó rival. O primeiro gol ven na primeira parte, nunha indecisión entre o porteiro e o defensa, no cal Xurxo aproveitase e remata por riba do porteiro. O pouco de comeza-la segunda parte, o equipo local perde un balón preto da sua área, onde Mateo finaliza cunha vaselina perfecta que remata en gol. O terceiro e definitivo, chega nun saque dende o curruncho que remata Álex. O equipo empeza a meterse na parte alta da táboa. Esperemos que sega así e mellore o seu xogo. SD Xuventú Aguiño 1 - Infantil B 3 Os de primeiro ano enfrontabanse a sempre difícil saída ó casmpo da Tasca en Aguiño, e o partido non defraudou. O Aguiño ben plantado no terreo de xogo non puxo as causas sinxelas, adiantábanse os locais gracias a un penalti cometido despois dun erro en saída de balón do noso central. Esto provocou a reacción inmediata do equipo que empata por medio de Fabio a cinco minutos do descanso. Na segunda metade os nosos saíron a polo partido e Fabio primeiro e Dario despois puxeron o 1-3 definitivo no marcador, sen dar opcións ó rival. SD Dubra 3 - Infantil C 4 Entraba mal ao partido o noso infantil e eso notouse no marcador pois no minuto 10 xa perdíamos por 2-0. Por sorte fomos quen de reaccionar e logramos empata-lo partido xa na primeira parte, pero un erro na saída de balón fixo que o Dubra lograra adiantarse de novo no marcador. Tra-lo descanso saímos coutra intención e fomos a polo partido, e tras varias ocasións empatamos tras un saque dende o curruncho. O equipo seguiu traballando para consegui-la victoria, e esta chegou despois dunha falta ben executada na que nada puido face-lo porteiro rival. Temos que seguir traballando e correxindo erros. Na parte positiva a capacidade do equipo de reaccionar ante un marcador adverso e non virse abaixo. ED Santa Marta 0 - Infantil D 6 Bo partido dos mais pequenos do fñutbol 11 diante dun rival que soubo defender. Dominamo-lo partido de principio a fin, custounos atopa-lo camiño do gol, xa que eles agrupáronse ben en bloque baixo, pero co transcurso dos minutos foron chegando as ocasións e os goles. Cadete A 1 - CD Calasanz 0 Partido igualado e intenso o disputado no municipal de Bertamiráns, onde houbo poucas ocasións claras por parte de ambo-los dous conxuntos, cun fútbol pouco vistoso. O gol do noso equipo chega na segunda parte, nun centro de Xavi o segundo pau, onde aparece Lemos para rematar de maneira sinxela ó fondo da rede. Logo a balón parado e nalgunha contra puidemos ampliar distanzas no marcador. Tamén é certo que o Calasanz tivo opcións de empatar da mesma maneira. É decir nunha contra e nun saque dende o curruncho. O equipo empeza a colocarse na zona alta da táboa. Cadete B 2 - EFM Boiro B 2 Na matinal deste domingo visitaba ao noso Cadete B, o Boiro B, partido moi competido por ambo-los dous conxuntos. Adiantáronse, cun gol aos dos minutos de comeza-lo partido, os nosos rapaces grazas a Rubén. Pouco antes de chegar ao descanso empataba o Boiro tras varios erros defensivos do noso equipo. Voltamos do descanso con gañas de poñernos de novo por diante, pero quedamos ao pouco cun xogador menos, expulsión que vén inmediatamente despois de que o colexiado non sinalase un clarísimo penalti ao noso favor. Non obstante, o equipo cun xogador menos seguiu pelexando e chegou a poñerse de novo por diante a falta de 20 minutos para finaliza-lo encontro. Finalmente, na derradeira xogada do partido, despois de que o rival apretase nos minutos finais e fose moi superior grazas a superioridade numérica lograban empata-lo partido de novo cun grave error defensivo dos nosos. Unha mágoa perder dous puntos na última xogada do partido. A seguir traballando e mellorando. EF Lalín B 1 - Cadete C 1 Partido moi intenso e competido durante os oitenta minutos do mesmo. Enfrentámnos a uin gran rival que ademáis soupo sacar mellor rendemento do factor campo xa que as dimensión do mesmo favorecérono como é normal. Aínda así durante a primeira metada o noso porteiro apenas tivo traballo xa que o equipo soubo conter ó rival. Pero nos minutos finais o Lalín adiantouse cun gol de golpeo dende fóra da área. Aínda así na segunda metada o equipo seguiu coas premisas e consignas asignadas no vestiario e grazas a elo chegou o empate e ademáis o equipo disfrutou de clarísimas ocasións para acada-la victoria pero por erros na finalización o resultado quedou en empate. Boas sensacións e gran actitude grupal, avanzamos tamén en aptitude grupal. Xuvenil A 0 - Victoria CF 2 Unha xornada máis no municipal de Bertamiráns onde os erros propios condenan ó equipo a unha derrota inxusta polo fútbol amosado por cada un dos conxuntos. Os nosos xuvenís entran mal no partido nos primeiros 15 minutos onde se ven superados polo rival, pero a patrtires de ahí fanse co control do xogo e disfrutan das mellores ocasións. Aínda así o rival adiántase no marcador por dúas veces. A primeira no minuto 16 nunha falta directa maxistralmente executada pero que ven dun erro de comunicación na zona defensiva xa que nos complicamos cun balón que non iba a ningures. Despois no minuto 39 nun saque dende o curruncho mal defendido o rival consegue o definitivo 0-2. Na segunda metade o equipo impuxo o seu fútbol pero o rival defendeuse ben e concedeu menos ocasións que na primeira metade, quizáis de o remate de Málvarez na segunda metade ou a de Dopazo na primeira fosen dentro o resultado mudaba. Boa actitude e gran fútbol, no debe queda a definición e a concentración para evitar erros graves que custan goles e polo tanto puntos. Xuvenil B 2 - Cordeiro CF 3 Partido moi competido no municipal de Bertamiráns, o resultado máis xusto quizáis sería un empate. Na primeira metade o equipo estivo moi ben acadando un 2-1 parcial, onde no debe queda o erro defensivo que custa o gol visitante, pero onde tamén tivo máis ocasións ca o rival para levarse un resultado mellor ós vestiarios. Na segunda metade o equipo tivo que facer trocos por lesión e botou por terra todo o traballo realizado en dez fatídicos minutos da reanudación onde en dous erros defensivos o rival acada a remontada. Despois o equipo mellorou pero non foi quen de materializar as poucas ocasións claras das que dispuxo. ADN 0 - Sénior 0 Partido mediocre en xeral. A primeira metade do encontro é lenta, imprecisa e pouco productiva. Nin nós nin o rival dispoñemos de moitas ocasións para marcar gol. Quizais temos algunha oportunidade máis que o noso rival, e incluso poida que máis claras... pero 0-0 ao descanso quizáis fose o máis xusto. Na segunda parte as cousas mudan, o rival non é quen de pasar do medio do campo e nós, nesta ocasión, sí que empuxamos. Sucédense as ocasións, algunhas delas son clarísimas, máis se cabe, nos últimos vinte minutos, aí é acoso e derribo total. Sexa como fose a pelota non entrou e o partido acaba en empate, unha mágoa, toca remar. Gol de Andrés Martínez na victoria do Infantil D. Gol de Adri Silva na victoria do Infantil D. Gol de Falta de Zarauza que lle da a victoria ó Infantil C.

881087583

Director Deportivo
676014018

F11 Coordinador
653345278

F8 Coordinador
690793915

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal