Novas

Xornada 18/09/2022

Primeira victoria do Sénior esta tempada. Nova xornada onde destaca a goleada acadada polo noso equipo Sénior diante da UD Queiruga. Ademáis primeira victoria do Xuvenil A en Liga Galega.Por outra banda os nosos equipos de fútbol 8 seguen adestrando e xogando amistosos para comenza-la tempada o máis preparados que poidan. Infantil A 3 - CD Calasanz 2 Inicio de liga con pouca concentración por parte dos nosos. Chegou cunha boa colocación do rival para dificulta-la circulación da pelota e impedir gaña-las accións aéreas e segundos balóns. Así, cun partido igualado, logran adiantarse no marcador, no minuto oito. Balón en longo que sobrepasa os centrais para recollelo o dianteiro e facer gol, obrigando ós nosos a ires pola remontada. No minuto 32 nun saque de falta en longo cara a frontal da área grande, no cal nun cúmulo de erros acaba chegando preto da área pequena, para recollelo Manu e face-lo gol do empate. Na segunda parte o noso equipo, cunha saída fulgurante logra facer dous goles case seguidos, sendo estes de Diego e Álex. O 3-2 definitivo volta a ser outro erro dos nosos, un mal pase entre centrais dentro da área, que recolle o dianteiro para facer gol. Primeiro partido onde indica que se o noso equipo se quere ter opcións a ascender debe mellorar. Infantil B 5 - Victoria FC B 0 Bo partido do equipo que dende o inicio non dou opción ó rival, con claras ocasións nos primeiros dez minutos do encontro. Únicamente a boa actuación do porteiro visitante que sacou un penalti a Marco e realizou paradas de moito mérito, evitou que o marcador fose máis amplo. Seis puntos conseguidos de seis posibles para o equipo; que xa prepara a visita a Aguiño na vindeira xornada. Infantil C 11 - EFM Boiro C 0 Partido cómodo para o Infantil C que comenzou a liga recibindo no municipal ao EFM Boiro C. Xa dende moi cedo o partido púxose de cara para os nosos e as ocasións e os goles foron en aumento. Bo resultado para comenza-la liga e ir collendo sensacións e seguir traballando e mellorando. Xuv. Oroso B 2 - Cadete A 2 Partido igualado no Lino Balado, onde dous erros penalizaronnos moito. Adiantáronse os nosos nunha boa xogada de presión avanzada, onde o balón acaba nos pés de Suárez e nun recorte e definición cá perna menos boa dentro da área fai gol. O gol do empate chega pouco despois, nun centro lateral dunha falta e despois dun mal blocaxe do noso porteiro o balón cae nos pés do dianteiro rival e finaliza en gol. A segunda parte comeza igual, igualada pero dous trocos dos nosos ó pouco da reanudación, leva a ter varias ocasións. O gol chega nun centro de Suárez que acaba en gol por remate de Lemos. O gol do empate, chega preto do final do encontro, noutro erro por conduci-lo balón en zona de iniciación, que acaba en pérdida e pase a espazo libre de xogo, onde o rival encara porteria e fai gol. Se se quere estar arriba na táboa clasificatoria teremos que ter mais seguridade e concentración. CF Noia 2 - Cadete B 2 O noso cadete B visitou este domingo ao CF Noia, despois dunha primeira parte na que os rapaces foron bastante superiores e foron ao descanso cun 0-2 a favor, saímos do descanso e mudamo-la faciana radicalmente na segunda parte, xogando moi mal, dándolle así posibilidades ao rival de empata-lo partido quedando o resultado final nun 2-2. Cadete C 5 - Praíña SPC 1 Primeiro partido de liga dos nosos cadetes diante do Praíña SPC. A pesares do bo resultado acadado e o dominio do xogo durante todo o partido non debemos caír na euforia senon na calma en canto ó xogo amosado. Temos moito que traballar para mellorar e seguir aprendendo. EF Lalin 0 - Xuvenil A 4 Segunda xornada de liga, na que vistabamos Lalín, pensando en acadar un resultado positivo, como así foi, logo dos bos adestramentos de toda a semana. Comezaba o encontro, e axiña nos adiantaríamos no marcador por obra de Mauro, esto propiciaría unha relaxación nos nosos xogadores, que serían dominadores do balón, pero custaríalles finaliza-las xogadas. Á media hora Álvaro faría o segundo, cun bo golpeo dende a frontal da área.  A segunda metade, comezaria cos nosos moi imprecisos, con moitas perdas de balón algo impropio destes rapaces. Seguiríamos dominando, co rival repregado e buscando contraatacar ou aproveitarse dalgunha perda nosa en transición. Toparíamonos cos goles de Dopazo e Manu, quen entrarían o campo faltando media hora, temos que destacar a gran aportación dos xogadores que entraron dende o banquillo, sumando un traballo bárbaro. UD Bastavales 1 - Xuvenil B 2 Partido moi igualado onde os nosos rapaces souberon sufrir para acadar unha victoria moi importante para acadar canto antes a ansiada permanencia. O partido estivo cheo de imprecisións e o Xuvenil B non foi quen de impor o seu xogo combinativo e caeu na tónica de balóns longos que impuxo o rival. O Bastavales xogou sempre replegado no seu campo esperando sorprender cunha transición rápida sobre o seu dianteiro, esto fixo que nos precepitásemos no noso xogo e tentaramos chegar a área contraria con poucos e imprescisos pases e sempre en longo. Aínda así as mellores ocasións na primeira parte foron nosas cun balón o poste e un gol anulado por fóra de xogo a Mateo nunha falta sacada por Castro. O 0-1 chegou á media hora nunha boa xogada levada por Pablo que despois de finalizar o porteiro fai unha gran parada pero o rechace o marca Antelo. O rival empataría xusto antes do descanso. Na segunda metade o xogo foi aínda máis trabado e houbo poucas ocasións claras, nunha das que dispuxemos no minuto 60, Pablo marca o 1-2 nun disparo cruzado dentro da área. Toca seguir traballando e mellorando en actitude e xogo. Sénior 5 - UD Queiruga 0 Despois dunha primeira xornada desastrosa chegou a segunda e, desta volta, as cousas foron mellor. Houbo certas dúbidas ao comezo pero ao pouco comezaron a chega-las ocasións e en varias delas conseguimos marcar. Ao descanso o marcador era de 4-0 e iso fixo que a segunda parte fose máis relaxada do debido. Continuamos tendo algunha que outra ocasión e, ao final, fomos quen de atopa-lo quinto gol mediante unha boa combinación previa a un bo centro e tamén un excelente remate de testa. Gol de Varela de penalty na victoria do Sénior. Gol de Manu na victoria do Xuvenil A en Lalín.

Xornada 11/09/2022

Comezou unha nova tempada en fútbol 11 Comezou unha nova tempada de fútbol 11 para os nosos equipos que se atopan en Liga Galega e en Primeira Autonómica. Ademáis o resto de equipos da nosa base xa levan adestrando dende finais do mes de Agosto e esta fin de semana xogaron numerosos amigabeis. O final desta nota podemos ver unhas cantas fotos dos equipos que xogaron esta fin de semana. CD Conxo Santiago 3 - Infantil B 9 Primeiro partido de liga diante dun rival que deberá pelexar por estares no alto da táboa clasificatoria. Nos primeiros minutos o equipos saiu algo durmido froito desta apatía encaixamos o 0-1 no minuto 16. Este gol fai reaccionar ao equipo que consegue o empate antes da media hora de xogo grazas a Elihan, quen xa marrara unha ocasión clara poucos minutos antes. A partires de aquí o equipo faise dominador do encontro e xusto antes do descanso Carlos consegue o 1-2. A segunda parte comeza co dominio do partido pola nosa parte e Álex consegue o 1-3. Cando parecía que chegaría o cuarto gol, unha xogada mal defendida pola nosa parte propicia o 2-3, pero o equipo non baixou o pé do acelerador e non voltou a dar opción ó rival a quen goleou con facilidade. Bo partido en liñas xerais do equipo. Cadete A 2 - San Tirso SD B 0 Partido no que os nosos dispuxeron de moitas ocasións para acadar unha diferenza maior no marcador. Primeira parte moi igualada na que as ocasións máis claras foron nosas, con varios máns a máns diante do porteiro rival. Adiantámonos no marcador grazas a Suárez que tras recibir un balón na área consegue xirarse e rematar a portería. Na segunda metade por momentos o partido rompeuse xa que o rival adiantou liñas, pero as ocasións máis clara seguiron a ser nosas. O segundo gol tardou en chegar xa que non foi ata dous minutos antes do final do partido cando Rodri cun gran golpeo dende fóra da área lograba o segundo gol. Cadete B 6 - AD Nicrariense 0 Inicio da tempada para o noso cadete B, que recibían na matinal do Domingo ao AD Nicrariense. Partido no que os nosos rapaces foron durante todo o partido protagonistas co balón. O primeiro gol do partido fíxose esperar no municipal, grazas a varios paradóns do porteiro rival. Polo que non sería ata o minuto 27, no que Rubén fixo o primeiro gol no marcador. A primeira metade finalizámola cun 3-0 a favor, e a segunda máis do mesmo, sendo o resultado final un 6-0. Gran inicio de liga dos rapaces, non só polos 6 goles marcados senón tamén por deixa-la portería a 0. Agora toca seguir remando nos próximos partidos para irse consolidando nos postos altos da táboa. Xuvenil A 0 - CD Boiro 1 Partido moi competido no Municipal de Bertamiráns onde se deron cita moitos afeccionados. O partido o puido gañar calquera, pero ó final o equipo visitante levouse a victoria cun gol acadado nos primeiros compases da segunda parte nun erro da zaga local. Na primeira parte comezou mellor o CD Boiro, xa que tivo o control do balón nos primeiros 15 minutos e trataba de facer dano con balóns longos as costas dos nosos centrais. Pero o equipo mellorou e na primeira metada tivo as mellores ocasións con dous remates os postes, o primeiro obra de Malvárez e o segundo de Dopazo, tamén Rodri puido inaugura-lo marcador cun tiro cruzado dentro da área que marchou fóra por moi pouco. Na segunda metade adiantouse o CD Boiro, como comentabamos antes, nada máis comenzar. Despois do gol o CD Boiro mudou de sistema, metendo defensa de 5, e tratou de busca-las contras; esto non lle saíu nada mal xa que tivo 3 moi perigosas, unha acabou en penalty que marraron, outra sacouna Manu cunha parada espectacular en liña de gol e a outra botarona fóra sen porteiro, xa que Manu subira rematar unha falta. Pero o Xuvenil tivo tamén as súas para acada-lo empate, xa que Malvarez cunha volea espectacular topou de novo o poste da portería. Ademáis o equipo tivo algúns remates que dentro da áres que pasaron arrentes os paos da portería. Non queda outra que seguir traballando. Xuvenil B 4 - CD Rois 1 Partido máis complicado do que reflicte o marcador final. Os visitantes fixeron unha gran primeira parte e plantexaron un partido moi físico onde conseguiron anular ós nosos na finalización das xogadas xa que non fomos quen de rematar con claridade as nosas xogadas de ataque. No minuto 16 adiantouse o Rois cun penalty en contra ben pitado. Despois produciuse unha xogada parecida na que Pablo cae dentro da área pero o árbitro non entendeu que fóra acción punible. Xusto antes do final Mateo remata un córner no segundo poste que pon o empate no marcador. Na segunda metade o Rois non foi quen de aguantalo ritmo e intensidade iniciais o que facilitou que o Xuvenil sentenciase o partido antes do minuto 70 Primeiro cun gol en propia porta do central rival que tratando de despexar un centro lateral introduce o balón na súa propia portería, despois cun penalty claro a favor que Antelo converte no 3-1 e finalmente nunha xogada na que Pabo pelexa un balón cos zagueiros rivais consegue plantarse diante do porteio ó que regatea e converte o 4-1 definitivo. Gran partido dos nosos rapaces. 

Cea Fin de Tempada Infantís

Cea fin de tempada do Infantil A e Infantil C Os equipos Infantís A e C, ambos de segundo ano, remataron onte a tempada cunha cea no restaurante Milongas, patrocinador do clube, que tivo o detalle de convida-los equipos para que desfrutasen dunha boa e merecida cea de despedida. Grazas a Jose e o equipo de Milongas por convidarnos!!!!!

881087583

Director Deportivo
676014018

F11 Coordinador
653345278

F8 Coordinador
690793915

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal