O Cadete B Campéo da Copa do Sar Rematou unha tempada con se cadra tristezas moi duras, como foron o non ascenso do Infantil A e o descenso do Cadete A; pero cunhas grandes ledicias que nos deron os títulos de liga do Cadete C, Aelvín A, Alevín C ou Infnatil B. Nesta derradeira xornada tivemos outra ledicia coa consecución da Copa do Sar por parte do Cadete B. Cadete B 2 - SD Cacheiras 0 Partido moi igualado cun rival que levaba toda a competición non renunciando o seu recoñecible estilo e xerando moitos problemas co seu xogo directo.Tras minutos de tanteo adiantámonos cedo cun testarazo de Jesús e no minuto 20 cun remate a saída dun saque dende o curruncho de Diego. O equipo tentou aumenta-la vantaxe e mantívose firme en defensa. Na segunda parte o partido foi mais desordeado polas dúas partes e co troco de sistema do rival, que pasou a liña de tres, sufrimos un pouco en defensa e non conseguimos aproveita-las claras ocasións que tivemos nas contras. Afortunadamente o partido rematou así e conseguimos unha copa que pon o broche a unha boa tempada dos rapaces.
O Cadete B clasifica para a final da Copa do SAR. O Cadete B clasificouse para a final da Copa do Sar despois de golear en semifinais ó Silleda CF. Po outra banda remataron as fases de ascenso para o Infantil C e o Xuvenil B sen éxito despois dunha gran tempada de ambolos dous conxuntos. ACD EF Arzúa 3 - Infantil C 2 Gran partido o disputado polo noso infantil, que de non ser pola actuación do árbitro houbese acadado un resultado moi positivo. O equipo presentouse con numerosas baixas e tivo que tirar de alevíns, que fixeron un gran partido. Na primeira metade o equipo controlou o xogo en todo momento e apenas sufriu achegas do rival, froito deste abrumador dominio o equipo marchou os vestiarios cunha vantaxe dun gol no marcador. Na reanudación un erro moi grave do colexiado supuxo o empate do rival, neste intre surxiron os nervos e o equipo comezou a sufrir imprecisións e concesións en defensa que nos levaron a encaixar 3 goles. Aínda así o equipo reaccionou e reduciu distanzas e volveu a recupera-lo control do partido, conseguindo mete-lo rival na súa propia área pero non conseguimos materializar ningunha das ocasións das que desfrutamos. Infantil C 0 - Cidade de Ribeira B 0 Partido moi disputado no que o equipo competiu diante do mellor equipo da fase de ascenso. Foi un partido con poucas ocasións onde os nosos rapaces defenderon moi ben pero no que non puideron facer moito dano arriba debido a diferenza de corpo e idade dos nosos alevíns coa súa defensa. Destaca-la actuación dos nosos porteiros, Javie e Jean Pierre, que desbarataron algún man a man complicado que puido supoñe-la nosa derrota. Remata así unha gran tempada na que nos faltou competir mellor na fase de ascenso pero tamén hai que dicir que sufrimos moitas lesións. Parabenizar a Mario, Amanda, Hugo Santamarina, Hugo Castro, Carlos Daniel, Jorge, Canay, Bonome, Yago, Diana, Martín, Javi e Jean Pierre pola gran tempada que fixeron e polo seu esforzo e compromiso. Cadete B 4 - Silleda CF 1 Partido competido que comezou con dúbidas por parte do noso equipo que resultaron cun gol en contra despois dun centro lateral. A partir de ahí o equipo recompúxose e empatou cedo e comezou a defender mellor e ataca-los desaxustes do rival. Ao descanso o equipo gañaba por 3-1 con dous goles de Suárez e un de Pablo. Na segunda o guión non mudou e os intentos do Silleda foron neutralizados pola nosa defensa. Unai fixo o derradeiro 4-1 nunha contra e co rival volcado. Compañía de María 0 - Xuvenil B 2 Bo partido o disputado hoxe polo noso xuvenil B diante do Compañía de María nas Cancelas. Dende o minuto un, tomou en todo momento a iniciativa no xogo consiguindo un dominio total en moitas fases do partido. Certo é que, apesares de non xogarnos nada o partido foi moi intenso e disputado. Quédome con este último encontro da fase de ascenso dun traballo moi serio do equipo e co obxetivo de remata-la tempada cunha victoria e a esperanza de que podamos o ano que ven volver a pelexar e conseguir sí ou sí ese ascenso tan desexado.
Dúas dolorosísimas derrotas. Esta xornada foi moi dura coa nosa base. Dúas dolorosas derrotas que impiden cumplir obxetivos. Por unha banda o Infantil A non foi quen de sacara nada positivo no campo do Ural e dí adeus ó ascenso á nova Liga de Honra. Ademáis o Xuvenil B sufriu unha derrota na casa diante da SD Cacheiras que lle impide acada-lo ansiado ascenso a primeira.Pero por outra banda o noso Cadete B segue na loita na Copa do Sar despois de eliminar ó Lalín. Ural CF 4 - Infantil A 1 Fin a unha tempada, que non pasará a historia pero que si lembraremos tódolos partícipes. Sobrepoñerse a todo e a todos parece que foi a tónica, non ía ser menos neste derradeiro partido, onde os nosos rapaces daríano todo no campo, pese a iso, non conseguiron rascar punto algún. EF Lalín 1 - Cadete B 2 Voltamos a Lalín despois de ser eliminados con claridade na fase de ascenso pero con enerxías renovadas e con confianza despois de eliminar a un dos favoritos, o Noia. O equipo saeu xuntiño e intentando sorprender á contra mentres o rival tiña o balón e tentaba conectar en longo cos seus dianteiros. Nunha das contras marcamos o 0-1 nunha gran xogada individual pero ao pouco empatabannos ao manexar mal unha contra rival. Tralo descanso o partido non mudou, e nunha das moitas ocasións que tivemos marcamo-lo 1-2. O Lalín apretou ata o final pero a nosa defensa mantívose firme e aguantámo-lo resultado. Agora a esperar rival nas semis. Milladoiro SD B 2 - Cadete B 5 Encontro de copa fronte a un rival xa coñecido polo enfrontamento na liga. O inicio do mesmo caracterizouse pola falta de ocasións e a lentitude e imprecisións no xogo, que ós poucos foi mellorando pero non sendo quen de finaliza-las ocasións xeradas. Pola contra o rival si resolveu con acerto a única que tivo. Á volta de vestiarios o equipo tivo que sobrepoñerse a xogar en inferioridade, o cal serviu de acicate e fixo que todos deran un paso adiante para logra-la victoria. Especial mención a Hugo Castro por atreverse a por as luvas e defende-la portería. Xuvenil B 0 - SD Cacheiras 2 Os dous equipos tentaban impoñe-lo seu xogo. O noso xuvenil cun xogo máis combinativo e o noso rival cun xogo máis directo. O partido discurría con poucas ocasiáns claras cando nunha transición rápida do Cacheiras atopa as costas do noso lateral adiantándose no marcador. O Cacheiras víase reforzado polo seu xogo e continuaba lanzando balóns rápidos tras recuperación. Cando a primeira parte estaba chegando ao seu remate un erro nun despexe da lugar o segundo gol do Cacheiras. Na segunda parte comenzaba con varias ocasións moi claras para reducir diferencias pero non lograron ver portería. O Cacheiras seguía defendendo forte e achicando todo-los balóns. Intentámolo ata o final pero non puido ser.
Importantísimas victorias do Infantil A e o Xuvenil B. Dúas importantísimas victorias acadamos esta fin de semana na nosa base. A primeira a do Infantil A que lle permite seguir con opcións de ascenso á división de honra. A segunda do noso Xuvenil B diante do líder que lle permite seguir na pelexa polo ascenso a primeira autonómica.Pola contra o Infantil C perdeu en Extramundi toda opción de ascenso. Infantil A 3 - Racing de Ferrol 1 Derradeira xornada no municipal, visita dun Racing cas mesmas aspiracións ca nós. Comezaria o partido cos nosos rapaces moi enchufados, axiña nos adiantaríamos, e teríamos varias ocasións para aumenta-las distanzas. Marcaríamo-lo segundo e o Racing recortaría distanzas, pero sacando nós de centro acadaríamo-lo terceiro e definitivo. A segunda metade sería moito máis igualada, as forzas esgotáronse, ainda así ambos equipos teríamos varias oportunidades de marcar algún tanto máis. Queda unha xornada, onde non dependemos de nós mesmos, pero tentaremos da-la nosa mellor versión no noso partido para acada-los tres puntos. CD Sar Extramundi 4 - Infantil C 3 Partido disputado no campo de Extramundi nun dia de moita calor. O equipo comezou o encontro cunha moi boa actitude desfacéndose da presión alta do rival e desactivando os seus ataques. Froito do cal chegou o primeiro gol nun saque dende o curruncho. Unha vez postos por diante no marcador en lugar de seguir competindo o equipo baixou o nivel e concedeu varias ocasión moi claras, aproveitadas polo rival para irse o descanso 3-1. Na segunda metade o equipo volveuse a activar xerando ocasións suficientes para lograr a igualada cando menos.. Aínda que nos intres finais,debido a busca do empate, o rival tamen dispuxo dun par de ocasións moi claras. Os despistes da primeira metade foron decisivos para o resultado final de 4-3. Cadete B 2 - CF Noia 1 Bo partido dos nosos, que nas contras foi quen de acada-la victoria ante un bo equipo, que quedou sen porteiro tras unha expulsión ao final da primeira parte. Cadete C 4 - Cadete D 1 Partido disputado na mañá do Domingo contra o Cadete D. Onde cada equipo fixo un plantexamento completente distinto segundo as caracteristicas de cada platilla. Na primeira metade costounos atopa-los espazos tendo que xera-lo perigo nas accions a balón parado, de feito o primeiro gol chega dende un córner. Na segunda parte do encontro xa comezamos a xerar máis ocasións e froito delas chegan os goles. A matinal deste Domingo houbo duelo de cadetes, sabiamos que nos enfrentabamos ao mellor equipo ata agora co que nos tiveramos enfrontado en toda a tempada. Un exame para os nosos, dende o inicio sabiamos que o balón non iba ser noso e que deberíamos aproveita-las transicións para facer dano. Así foi todo o encontro, tivemos 3 ocasións tras un roubo no noso campo e intentar aproveita-los espazos ás costas do equipo rival. Ao final caemos derrotados por unha diferenza de 3 goles ante un moi bo equipo. Bo exame para finaliza-la gran tempada executada polos nosos rapaces. Xuvenil A 3 - Orillamar SD 3 Partido marcado pola abafante calor, no que o rival xogábase a salvación e os nosos disfrutaban do seu derradeiro partido da tempada. Innumerables ocasións en ambas porterías, chegando a adiantarse o rival por 0-2. Finalmente, tras remonta-lo partido ao 3-2, encaixamos un gol no último tramo do partido. Xuvenil B 2 - Racing San Lorenzo 1 Voltábamos a xogar contra o líder do grupo para non perde-lo tren da loita polo ascenso despois do último partido. Saímos moi intensos dende o primeiro minuto impoñendo o ritmo do partido e as ocasións ían aparecendo pero como ven sendo habitual non éramos quen de subi-lo primeiro gol ao marcador a pesares de ter varias moi claras. A medida que ían pasando os minutos o San Lorenzo sacudíase a presión pero tampouco nos creaba problemas. Na segunda parte decidimos meter xente fresca e notouse xa que voltamos a leva-lo peso do partido e grazas a iso chegaron os dous goles que nos puñan con vantaxe no marcador. Dende ahí ata o final xestionamos ben o resultado a pesares de que o San Lorenzo nun saque dende o curruncho reducía distanzas no marcador.Victoria importante para seguir na loita. SD Araño 1 - Sénior 1 Derradeiro partido do senior esta tempada. Por desgraza non nos xogábamos nada neste partido, asiq coma os últimos tres partidos anteriores, foi un partido de moi pouco ritmo. O noso rival, de feito, tampouco de xogaba nada e iso fixo q fose unha tarde ben tranquila. Tivemos ocasión varias para gañar e concedimos poucas ao rival mais o pouco acerto de cara a gol fixo q o derradeiro partido do ano rematar en empate. Agardamos para o ano facer un papel considerablemente mellor, asique dende xa, tocar poñerse a traballar. Gol de Anxo para o Infantil A.