Novas

X Campus de Fútbol Bertamiráns F.C.

X Campus de Fútbol Bertamiráns F.C. O Bertamiráns Fútbol Club organiza este verán a décima edición do seu Campus de fútbol, que se desenvolverá os días 23 e 24 de Xuño e do 27 de Xuño ó 1 de Xullo 2 de xullo; haberá opción de ires 5 ou 7 días. O Campus terá lugar tanto nas instalacións do campo de fútbol como na piscina municipal de Bertamiráns, en horario de 09.00h a 14.30 horas, agás para os cativos e cativas inscritos no servizo de almorzo, que comezarán ás 8.00h, ou no de comedor, que se estenderá ata as 15.45h. Así, as rapazas e rapaces participantes alternarán a práctica do fútbol con outras actividades como xogos na piscina, visitas de xogadores e competicións internas. O prazo de inscrición remata o 15 de xuño. Os nenos e nenas de 5 a 14 anos xa poden inscribirse no IX Campus de Fútbol BFC, que  se realizará no campo de fútbol municipal de Bertamiráns. O Campus incluirá o desenvolvemento dun traballo específico para porteiros, para o que se habilitarán un total de 10 prazas, e doutro para 90 xogadores de campo divididos por defensas, medios e dianteiros. Asemade, as crianzas participantes estarán divididas en grupos organizados por idades.  Todas e todo-los participantes traballarán de xeito individual tanto o aspecto táctico como o apartado técnico, coa abordaxe de diversos aspectos do xogo como condución, control, pase, caneos, desmarques, entradas, marcaxes...; a visualización de vídeos e a posta en práctica de todo o aprendido a través da participación en diferentes competicións. Este aspecto formativo combinarase con diversas actividades de lecer como a piscina ou visitas de distintos xogadores. Aberto o prazo de inscrición Os rapaces e rapazas interesados en participar no X Campus de Fútbol Bertamiráns FC deberán inscribirse antes do 15 de xuño. MÁIS INFORMACIÓN

Xornada 22/04/2022

O Cadete C proclámase campéon de liga por segundo ano consecutivo Esta fin de semana proclamouse Campeón de Liga o noso Cadete C por segundo ano consecutivo, estes rapaces levan facendo un bó traballo dous anos seguidos. Moitos parabéns! Ademáis o noso Biberón A quedou segundo clasificado na liga de futsal e o Sénior parece que arrancou o motor coa cuarta victoria consecutiva. Pola contra tivemos dúas derrotas mois dolorosas protagonizadas polo Infantil A en Ferrol e polo Cadete A en Santiago. Biberón F8 3 - CF Noia 5 Partido moi disputado que se decantou de lado visitante xa que estivo máis acertado cara a portería. Os nenos amosaron no terreo de xogo todo o aprendido durante estas semanas de aprendizaxe, ademáis de pasalo en grande xogando o deporte que máis lles gusta. Biberón A 2 - Victoria FC 2 Partido igualado no que calquera dos dous equipos puido levarse a victoria. Os nosos dominaron máis o balón pero o rival soubo facer dano coas contras. Partido moi ben competido polos nosos que co seu esforzo foron quen de sacar un empate. La Salle 1 - Biberón B 1 Partido moi igualado e emocionante, o disputado polo equipo dos máis peques do noso clube. Houbo ocasións para ámbolos dous conxuntos pero non puidemos levarnos unha victoria. O primeiro cuarto foi noso, para logo empatar os dous seguintes sen goles. Logo no último e a falta de moi pouco tempo o equipo rival consegueiu iguala-lo marcador. Sen lugar a dúbidas este equipo foi a máis o longo da tempada, sendo este o mellor partido que fixeron en todo o ano. PB A 0 - Xuv. Oroso 3 Encontro entre os dous primeiros clasificados, adiantaríase cedo o Oroso logo dun mal despexe noso o borde da área. Isto propiciaría moitos nervos nos nosos nenos, precipitaríanse en varias accións con e sen balón. Antes do descanso chegaría o segundo do Oroso. Saímos do tempo de lecer convencidos de que se marcabamos un gol poderíamos meternos no partido, pero non fomos quen e así o rival sentenciaría o partido e demostraría ser mellor ca nós. Noraboa polo esforzo aos nosos rapaces, demostran que este deporte os apaixona e que teñen moitas gañas de seguir aprendendo. Peleteiro 5 - PB B 2 Foi o partido máis completo da tempada diante dun rival moi complicado, líder da clasificación. Tivemos as nosas opcións pero ó final non puido ser. Moi bo partido dos nosos nenos no que se lles notou a evolución que levan acadado ó longo dos adestramentos desta tempada. PB C 1 - CD Unión 1 Partido moi intenso o disputado polos nosos pequenos na tarde do sábado diasnte dun equipo moi rápido e que defendía moi ben plantado, polo que apenas houbo ocasións. Nós intentabamos, dentro do proceso evolutivo dos rapaces, saír coa pelota xogada co risco que isto implica en ocasións pero, tamén ahí esta o aprendizaxe. Adiantabamonos no marcador na primeira parte e conseguía empatar mediada a segunda parte o Unión. Resultado xusto. E. Estrada FB 2 - Benxamín A 3 Partido moi disputado onde os nosos pequenos non foron quen de se atopar cómodos en ningunha fase do partido. Pese a isto, foron quen de darlle a volta ao marcador e voltar cos tres puntos para a casa. SD Compostela B 0 - Benxamín C 5 Partido moi completo dos rapaces que dominaron dende o minuto un ata ó final. Victoria merecida e importante de cara á recta final de tempada. Benxamín D 4 - E. Estrada FB B 2 Gran partido disputado por parte dos nosos nenos!Na primeira parte disputaríamos a mellor parte no que vai de liga, impoñéndonos con claridade a un rival que en teoría polo que mostraba a clasificación era superior, cun resultado de 2-0! Tocou sufrir un pouco á volta do descanso onde apretou o equipo visitante recortando o resultado pero con saídas rápidas á contra sentenciaríamo-lo partido. Gran esforzo e gran victoria. (FUTSAL) Benxamín 3 - Compañía de María 0 Último partido da derradeira fase de futsal e pra os nosos ía a ser un partido especial xa que nos enfrentabamos ao noso compañeiro de F8 Diego, que fixo un partidazo pero que non puido ver porta contra un acertadísimo Antonio que iba deter un a un tódo-los seus intentos. CD Sar 2 - Alevín B 0 Non foi o mellor partido o disputado polos nosos pero tamén por méritos do rival. Un equipo que xogaba un futbol directo buscando segundos balóns ou erros dos nosos xogadores. Os nosos intentaban face-lo seu fútbol xogando en curto pero o rival con tres atrás fixos non daba opcións en canto pasabamos do medio do campo, buscando directamente ao punta. O partido ía encamiñado a un empate sen goles cando nunha xogada que en principio parecía que non tiña perigo, un erro dos nosos puxo o 1-0 no marcador. De ahí ata o final xa non houbo máis historia. Outro erro por falta de contundencia no despexe dun balón dentro da nosa área supuxo o segundo. Temos que seguir melllorando sobre todo en contundencia pois en todo o partido non fixemos unha soa falta por máis de dez do rival. Alevín D 6 SD Compostela 3 Penúltimo partido de liga ca segunda posición acadada fai tres xornadas. O partido tivo momentos de bo fútbol e outros máis enmarañados por parte dos dous equipos. Agora so queda pecha-la liga frente o Compos con pouco en xogo. (FUTSAL) Alto do Vento B 1 - Alevín A 2 Derradeiro partido de liga para os nosos alevíns, onde impuxeron un ritmo alto de xogo que foi aceptapo por un rival que tamén procurou a victoria. Gabi fixo o primeiro gol ós poucos minutos do comezo e Noya aumentou a distanza no marcador de falta directa. Gran tempada dos nosos rapaces que conseguen o ascenso á Liga Galega. Parabéns a todos! (FUTSAL) Alto do Vento 2 - Alevín B 2 O equipo comezou mal, sen intensidade e con escasa ou nula concentración. Aos poucos fomos mellorando e meténdonos no partido. Dado que nos primeiros minutos encaixamos dous goles, resultounos moi complexo acada-lo empate, que, de feito, conseguemos na última xogada do partido. Malia todo, por momentos fomos quen de domina-lo xogo e crear un bo número de ocasións. Consideramos pois que o empate foi xusto, posto que os nosos rivais fixeron un bo traballo e tiveron tamén as súas ocasións para marcar máis goles. (LUIS CALVO) Alevín 1 - Xuv. Oroso 0 O domingo foi un bo día para o alevín. Aínda tendo en conta que os rapaces xogaron contra un equipo forte, serio e ordeado, os nosos esforzáronse moito por facelo ben e, de feito, baixo o meu punto de vista, conseguírono. Posiblemente non fose o partido máis vistoso de todos que levan xogado ata o momento, sexa como sexa, os nosos trataron de por en práctica algunhas das ideas traballadas, sendo capaces, na miña opinión, de facelo ben en moitos tramos de partido. Máis, se temos en conta, que os equipos que xogan en fronte tamén adestran e tamén se esforzan. Racing de Ferrol 5 - Infantil A 1 Golpe de realidade diante dun Racing, que só con intensidade foi mellor ca nós. Adiantaríamonos cedo no marcador, algo que nos perxudicaría xa que pensamos que xa tiñamo-la victoria no peto. Debemos reaccionar e non permitir que se volva a dar esta imaxe, queda tempo e por traballo non vai ser, agora a centrarse na vindeira xornada. Infantil C 4 - SD Compostela B 0 Partido máis complicado do que sinala o marcador, xa que ata o minuto 78 tan só gañabamos 1-0. O equipo levou o peso do partido pero non foi quen de sentenciar antes pola falta de puntería cara a porta. Aínda que desta vez non concedeu demasiados agasallos en defensa algo ó que nos ten acostumado. Ó final o equipo sentenciou no desconto e na vindeira xornada pode acada-lo segundo posto algo moi meritorio de cara a competir mellor na fase de ascenso. UD Bastavales B 2 - Infantil D 1 Mal partido dos nosos, onde esqueceron os conceptos aprendidos ata o momento ademáis de non competir diante dun rival sueperior físicamente pero non en xogo. Xeramos moi poucas ocasións e non se aproveitaron, tamén fomos superiores por tramos ó rival, pero o que perdoa acaba pagando. Non podemos subestimar ós rivais contrarios. SD Compostela 2 - Cadete A 1 Pau as aspiracions dos nosos na sua loita pola permanencia. Magoa, tras comezar gañando, dous erros en contraataques rivais quitaronnos tres puntos moi importantes. Cadete C 2 - SD Villestro 0 Partido complicado polo plantexamento e actitude do rival que nos obrigou a atacar sempre por fóra. Na primeira metade non fomos quen de aproveita-las nosas ocasións e o rival tampouco os nosos despistes. Na segunda parte conseguemos aproveitar no minuto 56 unha das poucas ocasións xeradas. Despois duns minutos de descontrol e grazas a un penal no 72 lograse o 2-0 definitivo que nos da tranquilidade de cara os derradeiros minutos do encontro. Orillamar SD 4 - Xuvenil A 3 Partido marcado polas baixas, no que os nosos non foron quen de mostra-lo seu nivel. A pesar de comezar gañando, o rival reaccionou ata chegar con 3-2 ao descanso. A partir de ahí, so quedaba remar contra corrente, ata chegar ao 4-3 final. Destaca-lo gol de Suárez, cadete de primer ano. Xuvenil B 1 - CD Rois 1 Partido moi intenso o vivido no municipal o sábado. Un Rois que buscaba a victoria para acabar primeiro na fase previa e un Bertamiráns que non se xogaba nada. Dende o inicio do partido xogouse sempre ao que quería o noso xuvenil, saíndo sempre en curto e superando liñas con moita facilidade e finalizando as ocasións que tiña pero sen marcar. O Rois a pesares de seren o equipo mais goleador do grupo non era quen de xerar nin xogo nin ocasións. Na segunda parte o Rois presiona un pouco máis arriba intentando facer dano pero os nos seguían tendo as ocasións. Nunha delas fomos quen de adiantarnos no marcador poñendo máis nervoso ao noso rival. O Rois foise arriba e chegaron un par de ocasións en sendos remates coa testa francos que non fomos quen de metelos. O perigo do Rois chegaba a balón parado e nun corner e tras un bo remate de cabeza chegaba o empate que non facía xusticia ao visto ata o momento.Por outro lado indicar o lamentable espectáculo que se produciu na grada por parte dos visitantes dende o minuto un con insultos constantes ao árbitro e aos xogadores locais, esuqcendo cal é o verdadeiro obxectivo do deporte. Esperemos que estas actitudes non se volvan a repetir polo ben de todos. Sénior 5 - SD Araño 1 Continúa a racha do Sénior coa cuarta victoria consecutiva. O Bertamiráns saiu a presionar, o Araño cedeu a posesión do balón e esperou en campo propio, xogando directo para non tomar riscos aguantou o empate os primeiros 30 minutos de partido pero o Berta atopábase cómodo e chegaba cada vez con máis perigo, nos últimos 10 minutos da primeira parte chegaron os goles, 3 para o Berta e un para o Araño á contra. No segundo tempo o partido segue igual, o Bertamiráns domina o xogo e aumenta a ventaxe ó pouco de saires do descanso, marca no 50 e no 60 o 5-1 final, que certifica a victoria. Rematada a primeira volta, pódese dicir que o Sénior está a facer unha gran fase de permanencia, demostrando ser superior a tódo-los rivais e non podemos evitar pensar que o noso lugar sería desputa-la fase de ascenso pero non fixemos os deberes a tempo.

Xornada 03/04/2022

Gran victoria do Sénior na casa diante do Abanqueiro SD. Por fin o equipo Sénior acada unha victoria cómoda no que vai de tempada. Ademáis salientamo-las victorias do Infantil B e do Xuvenil A, ambas facilitan a consecución dos seus obxetivos. Pola contra temo-las derrotas do Cadete B e do Infantil A, que se complican un pouco as fases de ascenso e permanencia respectivamente. UD Bastavales 1 - Biberón F8 14 Partido moi doado do noso Biberón o xogado nesta fin de semana. Dende o principio quedou clara a diferenza entre os dous equipos. Bonita mañán a pasada todos xuntos desfrutando do noso amado deporte. Xuv. Oroso B 4 - PB B 2 Partido complicado diante dun rival punteiro na táboa. Pese as baixas do equipo, os nosos nenos competiron moi ben, nesta liña de traballo e xogo chegarán as victorias. PB C 5 - SD Villestro D 1 Partido entretido o vivido no municipal de Bertamiráns onde o resultado foi o menos importante. Os nosos pequenos evolucionan na práctica do fútbol e engaden a cada partido novos conceptos que aprenderon nos adestramentos. Cordeiro CF 0 - Benxamín A 15 Victoria cómoda dos nosos diante dun rival que non foi quen de poñer oposición. Benxamín B 8 - UD Bastavales 2 Partido cómodo onde os nosos gañaron sen esforzarse demasiado. Santa Marta C 1 - Benxamín C 12 Partido doado, onde dende o primeiro minuto os nosos foron quen de impor a súa superioridade técnica e física. Benxamín D 3 - At. Fátima B 2 Partido igualado entre dous equipos da mesma zona da táboa clasificatoria, onde os nosos conseguiron impoñerse. Acadaron así a terceira victoria da tempada. Alevín A 3 - Conxo Santiago 1 Gran resultado dos nosos cativos, destacándose na primeira praza da clasificación. O rival sería quen dominaría o balón ao longo do partido, pero as ocasións, nas contras, foron nosas. SD Milladoiro B 0 - Alevín B 5 Partido cómodo para o noso Alevín b. Non foi o noso mellor partido nin moito menos, pero ao pouco do comezo conseguimos un par de goles que fixeron que o partido estivese controlado pola nosa parte. Foi un día no que contábamos con moitas baixas e, a pesar de tal feito, fomos capaces de non sufrir demasiado. Parabéns aos rapaces. Alevín C 5 - Santa Marta 1 Partido moi serio que nos facilita continuar no alto da táboa clasificatoria. Alevín D 9 - San Pedro 1 Partido dos nosos Alevins fronte o pechacancelas, non tivo moita historia, victoria cómoda que serviu para probar distintos trocos de posicións. Agora a pensar no vindeiro partido fronte ó líder. Bandeira FC 1 - Alevín E 4 Séptima victoria consecutiva pra os nosos pequenos que gañaron de forma moi contundente na casa do líder. Moi meritoria a segunda volta que estan a realizar. (FUTSAL) La Salle 2 - Alevín B 5 Moi bo comezo dos nosos; aos poucos minutos xa íamos gañando 0-3, e, ao descanso, 0-5.Na segunda metade relaxámonos bastante e a falta de intensidade e acertos nas nosas decisións fixeron que os nosos rivais puideran achegarse no marcador. (LUIS CALVO) Alevín 0 - Conxo Santiago 1 Partido moi parello, onde o rival, que volveu a te-lo balón, logrou o 0-1 a tra-lo saque dunha falta directa. Nós dispuxemos dun par de boas ocasións, pero non fomos quen de materializalas. Infantil A 0 - CD Lugo 2 Primeira toma de contacto desta segunda fase, a cal nos deixa un mal sabor. Puidose ver un encontro bonito, onde o rival tentaba ser combinativo e os nosos tentaban non cometer erros. Deuse a posibilidade de adiantarse no marcador varias veces, o Lugo tamén tería esa posibilidade con disparos dende fora de área, pero adiantaríanse eles nunha xogada a balón parado a cal tirou por terra tódo-los esforzos realizados, sen marxe de reacción encaixaríamo-lo segundo. Esto demostra o nivel que van a ter tódo-los rivais desta fase, onde imos a ter que facer moitas cousas ben para poder acadar puntos, mante-la concentración todo o partido e non cometer erros. SD O Pino 1 - Infantil B 3 Primeiro partido da eliminatoria da fase de ascenso do noso equipo. Este grupo de xogadores saiu o terreo de xogo un pouco durmido, así antes de cumprirse o primeiro minuto, agasallamos cun penalti que puxo o 1-0 no marcador. Seguidamente outro erro na zona de iniciación levou a que O Pino tivese outra ocasión clarísima, que inexplicablemente o errou. A partir de ahí os nosos xogadores empezaron a facerse co encontro, onde foron sumando ocasións erradas e goles anulados por foras de xogo moi dubidosos, certo que o noso primeiro gol tamen ben precedido dun posible fora de banda non pitado. Gol de Lucas e a primeira parte remata con 1-1. Na segunda parte seguimos co dominio do encontro, tendo a maioría das ocasións, marcando Álex de penalti o 1-2 e Martin pechou o marcador co definitivo 1-3. O resultado puido ser moito máis claro, pero as ocasións erradas deixa con probabilidades de remontada o equipo do Pino. Infantil C 3 - Conxo Santiago C 1 Gran victoria do Infantil C que lle serve para certifica-la súa clasificación para a fase de ascenso. A primeira parte os nosos rapaces desplegaron un xogo cheo de imprecisións e erros na fase de finalización, ademáis de facilitarlle as cousas ó rival regalandolle o seu gol. Todo esto tendo o rival un home menos por expulsión xusta dun defensa que realizou dúasa duras entradas merecedoras cadansúa con cartón amarelo. O descanso marchamos con empate a un gol grazas a un saque dende o curruncho ben executado xunto antes do descanso. Na segunda metade o equipo mellorou moito e co seu bo xogo e empurre acadou dous goles que puideron ser máis xa que os paos estiveron de lado do rival. Hai que seguir traballando para acada-lo segundo posto. SD Milladoiro B 2 - Infantil D 2 Moi mal partido do Infantil D diante dun rival directo. Os xogadores saíron ó campo cunha falta de actitude e intensidade que fixo que non foran quen de rebasa-lo medio campo ata o minuto trinta da primeira parte. O equipo non estivo metido no encontra nin tan siquera cando se adiantou no marcador no minuto trinta e oito da segunda metade. A falta de intensidade amosada polos xogadores ocasionou que o rival empatase o encontro no tempo de desconto. UD Santa Mariña 1 - Cadete A 1 Bo resultado diante dun gran rival, que desplegou un fútbol moi vistoso. Na primeira parte ambos dispuxemos de ocasiós, mentres que na segunda, puidemos mata-lo partido en máis dunha ocasión. Pero xa sabemos cómo é o fútbol, e a cousa mudaría nos minutos finais, onde foi o rival o que puido levarse os tres puntos. Cadete B 0 - EF Lalín 1 Afrontamos un partido cheo de baixas e de infortunios da peor maneira, cunha lesión grave do noso xogador Lio, que tivo que retirarse no primeiro minuto de xogo. Os primeiros vinte minutos foron de tanteo, saímos ben a nivel de intensidade pero o rival foi quen de supera-la nosa presión e de xerar perigo. Co paso dos minutos fomos dificultando o xogo do rival e as ocasións foron aparecendo. Despois de varias ocasións claras nunha segunda metade que foi completamente nosa, chegou un penalti a favor que erramos. No último minuto o Lalín aproveitou un erro en cadea e marcou o gol da victoria.Resultado inmerecido que non nos deixa tocados, xa que temos a confianza de poder face-lo mesmo partido que na ida pero aproveitando as ocasións que teñamos. Neste partido, demostramos moito. Cadete C 7 - Vista Alegre 2 Partido dominado completamente polo noso Cadete que non permitiu que o rival se achegase a súa portería en setenta e cinco minutos, xa que nos derradeiros cinco o árbitro cunha falta e un penalty inexistentes permitiu que o rival marcase dous goles. Parabenizar a Xoel porteiro do Infantil B que nos axudou neste partido e cumpleu perfectamente o seu cometido a pesares da diferenza de idade. SR Calo 0 - Cadete D 2 Esta semana ao noso cadete D tocáballe xogar contra o Calo, saída importante e que sabiamos sería complicada diante dun equipo que aínda que vai abaixo na clasificación compite moi ben. Logramos irnos ao descanso cun 0-2 a favor, marcador que non se movería ata a finalización do encontro, os minutos finais o equipo local gozou de varias oportunidades. Finalmente conseguimos os tres puntos e agora de gaña-la vindeira semana fronte ao Santiso no municipal de Bertamiráns, certificarase matemáticamente quedar no alto da táboa o que será unha enorme tempada dos nosos rapaces. Xuvenil A 2 - E. Estrada FB 1 Boa primeira parte dos nosos xuvenís, que lograban unha vantaxe de dous goles na súa pelexa pola permanencia. Na segunda metade, o rival empuxaría para acada-lo empate, pero so foi quen de lograr recortar distanzas. A seguir! Xuvenil B 3 - Cidade de Ribeira B 1 Cos deberes feitos xogaba o noso xuvenil xa pensando na fase final. Comenzaba ben o partido para os nosos cun bo movemento que deixaba só ao noso extremo cun man a man co porteiro rival adiantándonos no marcador. O dominio foi noso diante dun equipo que quería xoga-lo balón dende inicio pero sen chegar a xerar problemas ao noso porteiro ata que tras un erro ao tentar saír rápido ao contragolpe chega o gol do empate. A pesar do golpe fomos a pola victoria adiantándonos de novo antes do descanso. A segunda parte xogamos mirando cara ao marcador sen pasar apuros pero tendo en conta que o resultado era moi curto. Despois dunha xogada ensaida logramo-lo terceiro que daba aínda máis tranquilidade. Octava victoria consecutiva para seguir afianzando unha idea de xogo. Sénior 5 - Abanqueiro SD 0 Puidera parecer que, dado o resultado, o noso foi un partido brillante. O certo é que non.Non foi diferente a tantos outros, simplemente, desta vez fomos capaces de convertir cinco das ocasións xeradas. Comezou coma case sempre, errando diante da portería ocasións ben claras. No minuto 1 de partido dispuxemos do noso primeiro man a man co porteiro rival. Dende aí ata o minuto 15 conseguemos facer dano e dispuxemos doutras dúas boas ocasións que non fomos quen de convertir.No minuto 16 acadamo-lo noso primeiro tanto e no 17 o segundo. Foi sen dúbida unha bendición posto que nos deu certa tranquilidade que nos facía falla para poder acada-los tres puntos. A dinámica na primeira parte continuou coma até o minuto 17. Pouco a pouco íanse xerando ocasións e, desta vez, conseguimos amplia-la vantaxe no marcador ata chegar ao descanso cun 4-0 no marcador. Na segunda parte o equipo baixou bastante o seu nivel, cousa que é entendible dado o marcador; tivemos ocasións para marcar máis goles e tamén concedemos un par delas ao Abanqueiro. Ningún dos dous estivo acertado e ao final, case na última xogada conseguimos o último dos nosos goles. O resultado debe darnos certa confianza pero queda moito por diante e hai q ter en conta que, como dixemos antes... non foi un partido diferente a tantos outros, simplemente estivemos máis acertados de cara ao gol. Learn More Gol de Álex de penalty para o Infantil B. Gol de Sebas de tiro cruzado para o Alevín E.

Xornada 27/03/2022

Primeira victoria dos máis peques da nosa base. Por fin despois de moito traballar o noso Biberón B acadou a súa primeira victoria nun partido, esperamos e desexamos que sexa a primeira de moitas. Parabéns os nosos nenos e máis a seus adestradores, ó final o traballo ben feito ven acompañado de resultados positivos. Biberón A 4 - Praíña SP 0 Partido doado dos nosos nenos, o xogado na mañán do Domingo, no que foron quen de facerse cunha clara victoria suplindo as ausencias doscompañeiros. Pechada esta fase, agora pasarán a xogar polo título na fase definitiva. ¡Moita sorte os máis peques! Biberón B 1 - SD Villestro C 0 Partido moi igualado, e onde por fin, agora sí chegou a primeira victoria do equipo dos máis peques do clube. O partido tivo ocasións para os dous equipos, pero a sorte estivo con nós, xa que calquera puido gañar. Nada máis que decir que un moi bo ambente nas gradas, onde ambas afeccións disfrutaron do encontro e dos nenos. Biberón F8 10 - SD Milladoiro 2 Primeiro partido de fútbol 8 para os nosos biberóns no que quedou clara a diferenza entre ambos equipos dende o comenzo. Aínda así o máis importante foi a ledicia e ilusión mostradas nás súas facianas. CD Compañía de María 1 - PB A 5 Partido sen moita historia, onde os nosos impuxéronse con moitísima claridade! Unha xornada mais onde os nosos seguen aprendendo e gañando para manterse no mais alto da clasificación. PB B 1 - SD Villestro B 4 Resultado inxusto, xa que foi un partido moi disputado no que o rival soubo impoñer o seu físico nos minutos finais acadando así un resultado abultado. Boa dinámica do equipo, temos que seguir nesta liña de xogo. CD Rois 1 - PB C 5 Partido sinxelo para os nosos, onde probamos distintas cousas no proceso de aprendizaxe dos rapaces, aínda que queda moito percorrido pero xa amosan detalles traballados durante a semana. Medramos cos adestramentos e partidos, a seguir traballando!!! Benxamín A 4 - Conxo Santiago 2 En xogo o liderado da 1ª Benxamín e os nosos souperon estar á altura das circunstancias. Un partido moi serio e intenso ía darlle a victoria aos nosos, que dende agora son o único equipo que depende de si mesmo para ser campión a falta de cinco xornadas. SD Esclavitud 1 - Benxamín B 1 Gran partido dos nosos rapaces onde foron moi superiores ó rival, xerando ocasións suficientes para gaña-lo encontro, pero a imprecisión pasou factura. Toca seguir traballando pero sen deixar esta boa dinámica. Benxamín C 1 - Conxo Santiago C 6 Partido moi disputado na primeira metade, xa que chegamos ó descanso con empate no marcador.Na segunda metade o equipo encaixou dos goles moi cedo que minaron a moral dos nosos e provocou que o final encaixasen unha goleada. SD Cacheiras 9 - Benxamín D 1 Partido sen moita historia, onde equipo rival amosou a súa superioridade! Quedámonos co positivo, xa que na segunda parte competiuse moito mellor. (FUTSAL) SD Cacheiras 3 - Benxamín 5 (FUTSAL) SD Villestro 2 - Benxamín 2 Dous últimos partidos onde os nosos selaban o pase a derradeira fase xunto co Victoria, Compañía, do noso compañeiro en F8 Diego, e o Stellae, o gran favorito. Alevín C 6 - At. Fátima D 1 Partido serio perante un rival con boas ideas que puxo difícil as cousas cun bo xogo. Vista Alegre B 0 - Alevín D 1 Partido xogado perante o terceiro clasificado con dúas ausencias e a lesión do noso xogador Antón nos primeiros minutos onde os nosos nenos souperon superar todas esas adversidades facendo un partido moi serio e de moito traballo. Decantándose nos derradeiros intres, o que nos asegura ser subcampeóns a falta de catro xornadas. Agora a pensar no San Pedro. Alevín E 6 - Silleda CF B 1 Partido moi bronco onde os nosos impuxéronse grazas a súa superioridade amosada nas disputas. Sexta victoria consecutiva dos nosos que seguen invictos na segunda volta. (FUTSAL) SD Villestro 4 - Alevín B 3 Partido moi disputado e entretido de ver, con moitísimas ocasións claras por parte dos dous conxuntos. Ao final o partido decidiuse por pequenos detalliños que desta vez non nos foron favorables. Parabéns a tódo-los rapaces que participaron no encontro, o esforzo foi máximo a tódo-los niveis. (LUIS CALVO) SD Compostela 0 - Alevín 7 Partido frouxo na primeira parte, non estivemos rápidos, nin atentos, nin acertados... só puidemos conseguir acertos de xeito puntual e iso fixo que fósemos 0-0 ao descanso. Na segunda parte as cousas mudaron dende o principio, en parte, grazas a un gol de falta directa que nos permitiu tranquilizarnos un pouco e así comezar a facer as cousas un pouco mellor. As ocasións comenzaron a sucederse e ao final acadamos un resultado moi favorable. At. Montañeros 2 - Infantil A 1 Derradeira xornada desta primeira fase do campeonato. Visitabamos a un equipo como é o Montañeros, séptimo clasificado e sen xogarse nada, pola contra, para nos tiña importancia, pero vémonos superados por un equipo o cal nos gaña, non só en resultado, senon en esforzo e sacrificio. En canto o fútbol, ocasións para ambos conxuntos, e cando mellor parecía que estabamos, encaixamo-lo segundo. Melloraremos na segunda fase. Infantil B 3 - CF Noia 2 Partido igualado e con alternativas no marcador. Empezou o encontro adiantándose moi cedo o equipo visitante, no minuto tres. Tivemos varias ocasións para iguala-lo encontro que non foron efectivas, pero foi no 37 cando Lucas logrou o empate. No 67 a pesares de que as ocasións caían do noso lado, foi o Noia quen se volveu adiantar, aínda que desta vez de seguido conseguimos empatar, con gol no minuto 70 de Cape. No tramo final do encontro, minuto 80 logramo-lo gol da victoria por medio de Martín. Resultado final 3-2. Decir tamén que rematámo-la liga sen perden ningún encontro e tan só cun empate. Sorte na fase de ascenso. Xuv. Oroso C 1 - Infantil C 1 Partido dominado de principio a fin polos nosos rapaces, pero non foron quen de ter ocasións claras para consegui-la victoria. O rival estivo moi cómodo esperando un erro noso para poder facer dano coas súas contras grazas a seus homes rápidos da liña atacante. No debe segue quedando que un erro noso en defensa facilitou a falta onde se adiantou o rival. O empate é xusto visto os méritos de uns e outros nas áreas contrarias. O empate mantennos segundos. Infantil D 1 - Cidade de Ribeira 7 Moi mal encontro o disputado polo Infantil D que esqueceu o bo xogo que desenvolvera nos derradeiros partidos. Os xogadoees non puxeron en práctica o traballo en equipo, algo que preparamos nos adestramentos durante a semana, xogando de maneira individual, o que propiciou que o rival, superior física e técnicamente, atopárase moi cómodo no terreo de xogo. Cadete A 2 - SD Compostela 1 A primeira parte do encontro foi moi mala, o Compostela superounos no xogo; xogaron cunha intensidade moito maior á nosa e cunha concentración que estaba a anos luz da nosa. Dispuxeron de varias ocasións para adiantarse e finalmente así foi, ao descanso íamos perdendo 0-1. A segunda parte foi totalmente distinta, os rapaces, sendo conscientes do que nos xogabamos, foron quen de saír a partirse a faciana e dalo todo por reverte-la situación. Se ben é certo que conseguimos remonta-lo partido, non podemos permitir todo o que pasou na primeira parte... de volver a facelo, posiblemente perderemo-lo partido. Cidade de Ribeira 6 - Cadete B 1 Partido desastroso. Superados en tódo-los sentidos dende o primeiro ó último minuto. Perdemo-la segunda praza e imos ó playoff coma terceiros. Cadete D 2 - EF Estrada B 2 Partidazo o vivido na mañá deste Domingo no municipal de Bertamiráns. Duelo directo entre dous equipos con asipiracións a meterse nos postos altos da táboa. Visitaba ao noso cadete D o Estrada B, un dos equipos máis compensados da liga, varios dos seus xogadores compiten en liga galega co cadete A da Estrada. Os nosos rapaces saíron cunha idea moi clara, competir e non cometer erros defensivos, xa que sabíamos que nos penalizarían. Na primeira metade adiantaríase o equipo visitante tras un disparo potente dende fóra da área. Non obstante, o equipo seguiu crendo e buscando portería rival, sabíamos que gozaríamos de boas oportunidades, logrando remonta-lo partido e irnos ao descanso cun 2-1 no marcador. A segunda parte, o gran esforzo comezou a mellar nos nosos rapaces e o partido facíaselle longo, isto fixo que se cometese un erro, un minuto antes de chegar ao engadido, nun córner lanzado polo Estrada B rematou un rival só na área pequena levando o empate ó marcador. Non pasa nada, conseguimos manter os 7 puntos de vantaxe contra un rival directo e para a semana que ven poderíamos certificar matemáticamente quedar entre os catro primeiros clasificados. Seguiremos traballando para continua-lo aprendizaxe dos rapaces e que sigan competindo contra calquera rival da liga. CCD Taragoña 0 - Xuvenil B 3 Partido con pouco ritmo o xogado polo noso xuvenil contra o Taragoña que saiu pechado dende o comenzo do partido e máis preocupado de non encaixar que de marcar. A pesar diso, máis por calidade que por xogo ían chegando as ocasións de gol. Ao final un 0-3 para os nosos e a seguir sumando. AD Nicrariense 2 - Sénior 2 Comeza Ben o encontro para o Sénior que ten un man a man no primeiro minuto e logra adiantarse de corner pouco despois. O Bertamiráns xogaba en campo contrario e xerou mínimo 3 ocasións claras antes do descanso dúas delas foron o pau, outra foise pola liña de fondo. Pero tamén sufría nos balóns longos que mandaba o ADN ás costas da defensa, nun deses balóns, o Bertamiráns non acerta no despexe e queda o balón botando na frontal da área para o dianteiro que non falla. O Sénior non reacciona, todo o contrario, entran as dúbidas, os nervios e desconecta cando está o xogo parado, non consegue mante-la concentración e así chega o 2-1 para o ADN que saca unha falta rápido collendo a defensa despistada e quedando man a man que unha vez máis o ADN, non falla. O partido vai así ó descanso. No segundo tempo o rival sae máis pechado aínda, xogando á contra, perdendo tempo e parando o xogo cada vez que se presentaba a ocasión. O partido seguese a xogar no campo do ADN, pero máis a desesperada que no primeiro tempo. O banquillo do Bertamiráns pide penalti por dúas máns na área e un fora de xogo que era un man a man, pero igual que os xogadores, tamén fallan os árbitros. Xa nos últimos 10 minutos o Sénior marca o empate cun disparo de 3/4 de campo que o porteiro falla ó rechazar e chega o dianteiro do Bertamiráns para metela para dentro. Salvouse un punto e pode que se mereceran os tres, pero voltamos regalar dous goles, hai que estar moi acertado arriba para sacar algo máis que o empate deste xeito. Faltou seriedade e seguridade atrás e costóu 2 puntos, esto obríganos a facer bo este punto cunha victoria no seguinte partido.

881087583

Director Deportivo
676014018

F11 Coordinador
653345278

F8 Coordinador
634148585

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal