Novas

Xornada 31/10/2021

Comezaron as demáis ligas de fútbol 11 Arrancaron os demáis equipos de fútbol 11 que faltaban por competir. Foi grazas a que arrancaron as ligas locais, polo tanto tódo-los equipos en categorías infantil, cadete, xuvenil e senior atópanse xa competindo nas súas respectivas ligas. At. Fátima 15 - Infantil C 0 Partido no que os nosos víronse superados en todo momento polo rival tanto técnica, táctica e físicamente. Ademáis a superficie do terreo de xogo favorece os locais, e se lle sumamos o estado no que se atopaba debido a choiva máis. Aínda así non é escusa para o partido realizado polos nosos que teñen moito que mellorar. C.M. Peleteiro 2 – Cadete C 3 Partido condicionado polas dimensións do terreo de xogo, o cal fai que o o xogo sexa unha continua disputa de balóns nas respectivas zonas defensivas, polos envíos en longo, producense poucas ocasións de gol, e as aproximacións a área rival son por erros nos despexes de ambas defensas. A partires do minuto 20 o Bertamiráns ten un pouco máis de control e xenera un par de ocasións, que dan como resultado un penalti (que mandamos o longueiro) e un córner a favor do que nace o primeiro gol despois de un semiremate do capitán, que consegue sacar o porteiro, pero o rechazo é aproveitado por Labandeira. A partir deste momento seguen as emprecisions ata o descanso. A volta de vestiarios o encontro segue nas mesmas tesituras ata que nunha xogada illada o C.M. Peleteiro logra o empate e os xogadores do Bertamiráns descolocanse, froito desa situación o equipo rival aproveitase para lograr o 2-1. O equipo muda o sistema cara unn 1-3-4-3 aumentando a intensidade e logrando a remontada gracias as asociacións de Roi Ferreiro con Miguel Labandeira e principalmente con Pablo Vizcaya que se resarciu dos do erro dende os 11 metros con dous goles no minutos finais. Xuvenil A 3 - Calasanz B 1 Chegou a primeira victoria do noso xuvenil tra-lo ascenso a liga galega. Despois dun inicio de liga complicado, o noso xuvenil acada a victoria tras firmar unha primeira parte con moitas ocasiós, na que a diferencia no marcador puido ser máis abultada que o 2-0 acadado. Tra-lo descanso, o partido tornaríase complicado tras un erro na defensa que supón o 2-1. A falta de 20 minutos, o equipo acada o 3-1 final a saída dun saque dende o curruncho. Esperemos que sexa a primeira de moitas victorias Xallas 4 - Infantil D 2 Primeira xornada de liga para o Infantil D, partido moi disputado por parte de ambos equipos. O resultado foi algo cruel para os nosos rapaces despois dos méritos feitos por uns e outros. A seguir traballando. AD Nicrariense 1 - Cadete B 5 Partido controlado de principio a fin que se puxo de cara moi cedo cun gol na primeira xogada. O Cadete B atopaba moitos espacios ás costas da defensa rival con balóns longos, e así chegábase ao descanso con 0-3 no marcador. Na segunda parte o Nicrariense recortaría distancias debido a un despiste da defensa pero pronto o equipo marcaría o cuarto e quinto gol definitivos que acabaron de rompe-lo partido. ED Arzúa 1 - Cadete D 3 Partido moi serio o disputado polo cadete D, no minuto 14 de partido comezou perdendo debido a un disparo dende fóra do área do equipo local. Non obstante, o equipo repúxose e seguiu competindo sin que lle afectase a moral ese tanto. No descanso o corpo técnico deulle entrada a Dario Baraja e Adrián Capeáns, este primeiro logrou poñe-lo equipo por diante cun doblete. O terceiro gol foi logrado por Christian Rojo. Bastavales B 3 - Xuvenil B 1 Comenzaba a liga para o Xuvenil B en Brión fronte o Bastavales B e non puido ser peor. Nos primeiros minutos un erro puña ao bastavales por diante no marcador. O xuvenil botouse arriba xerando varias ocasions para empata-lo partido pero non logra introducir a pelota na porteria rival.Cando xa íamos camiño aos vestiarios outro erro, se cabe superior ao do primeiro gol provoca que o Bastavales aumente a renta. Voltamos do vestiario ca intencion clara de ir polo partido pero o Bastavales sabía o que tiña que facer para rompe-lo ritmo do mesmo. Botámonos arriba con todo e conseguimos reduci-la distancia con moita sorte. Nos minutos finais e tras unha falta quedámonos con 10 xogadores. No saque marcaron o 3-1 definitivo. De ahí ata o final intentámolo pero o equipo contrario pechado e ben posicionado impediu toda-las nosas intentonas de reduci-lo marcador. Cadete A 0 - Galicia Caranza 1 Partido moi disputado e igualado na primeira parte. Na segunda, pola contra, foi completamente dominado polos nosos, onde o rival atopouse co seu gol grazas a un erro dos nosos. Despois de encaixar este gol o Cadete A foi aínda máis superior ó rival pero non foi quen de mete-lo balón na portería contraria. O equipo marrou demasiadas ocacións claras de gol. CF Dumbria 2 - Infantil A 5 Xornada número 6 do campionato, onde nos desprazamos a un campo complicado ante un rival sempre difícil. Primeira metade dominada polo rival, onde nos crearía perigo a través de transicións, con pouco acerto de cara a gol dos nosos xogadores nas escasas oportunidades das que despuxeron. Tra-lo paso por vestiarios o equipo mudaría a faciana, estando moito máis xunto e sen permitirlle transitar ó rival, froito de eso poderíamos muda-la faciana e remonta-lo encontro, algo que se está sendo tónica habitual e que fala ben da condición física a que chegan os rapaces os intres finais dos partidos. Seguiremos traballando para mellorar, como cada día. Agrón 1 - Senior 1 O Bertamirans comeza dominando a posesión, logra adiantarse cedo no marcador e dispón de varias ocasións claras para amplia-la vantaxe pero perdoa e o Agrón consegue empatar nun saque dende o curruncho. A partir de ahí o Bertamirans intentao cun xogo directo pero o Agron logra defende-lo resultado. Un punto que sabe a pouco, pero queda moita liga, é importante seguir sumando.

Xornada 24/10/2021

Debuta con victoria o Senior na primeira xornada de liga. Dúas derrotas e unha victoria na nosa base. A victoria foi colleitada polo Infantil A diante do EF Lalín. Ademáis debutou o noso equipo Senior con victoria diante do SDC Recesende. Infantil A 3 - EF Lalín 1 Visitaba o municipal de Bertamiráns as Escolas de Fútbol Lalín, un equipo sempre aguerrido e coas ideas moi claras. Os nosos comezarían o partido sen gañas, con circulacións de balón moi lentas e sen ritmo, esto propiciaría chegar cun gol en contra ó descanso. Tra-lo paso por vestiarios, o equipo mudaría a cara e comezaria a a xogar cun ritmo moi alto o que implicaría o empate no primeiros minutos. Con esta nova cara do equipo conseguiuse remontar na segunda parte. Toca descansar para coller folgos e pensar na seguinte parada. Atl. Montañero 3 - Cadete A 1 Partido moi malo o desputado polos nosos na Coruña. Non fomos capaces de desplega-lo noso xogo e ademáis erramos varias ocasións. EF Lalín 1 - Xuvenil A 0 Nova derrota do noso Xuvenil A, que se mostrou serio durante boa parte do partido, pero non foi quen de materializa-las súas ocasións. O rival, adiantábase no marcador a falta de 15 minutos, cunha falta directa lanzada con maestría que se colou pola escadra do noso meta. A seguir adiante. Trataremos de muda-la dinámica o máis cedo posible. Senior 3 - SDC Recesende 0 Bo comenzo de liga para o primeiro equipo, que se impuxo na primeira metade 2-0 sen pasar apuros en defensa e dispoñendo de varias ocasións. Na segunda metade o Bertamiráns relaxouse e deixou de domina-la posesión pero o Recesende a penas chega con perigo a balón parado. Certificaron a victoria con un terceiro gol a 10 minutos do final. Agora a pensar no seguinte rival.

Lotaría de Nadal do Bertamiráns FC

E se toca aquí? Merca lotaría de Nadal do Bertamiráns FC Xa temos á venda lotaría de Nadal do clube. Os décimos teñen un prezo de 22€, co que axudas ó clube cun donativo de 2€ tan necesario nestos tempos.A lotaría atópase á venda na cafetería do campo de fútbol as fins de semana. E se toca aquí?? Non o penses máis!!!!!

Xornada 17/10/2021

Gran victoria a domicilio do Infantil A A nosa base colleita unha vicrotia, un empate e unha derrota nesta xornada. A vicrtoria, contundente eso sí, foi conseguida polo noso Infantil A en Boiro. Pola contra a derrota foi na casa e recibiuna o noso Cadete A fronte o Victoria FC da Coruña. O Xuvenil A pola súa banda sacou un empate in extremis tamén na casa fronte a Estrada. EFM Concello de Boiro 1-6 Infantil A Perfecta maña para a práctica deportiva, desplazaríamonos a Boiro co equipo mermado polas baixas. Cuarta xornada de liga, enfrontámonos a un Boiro repregado e apostando polo contraataque.Partido dominado polos nosos xogadores, donde a rápida reacción o gol encaixado o pouco de comezar o partido sería a crave para consegui-la primeira victoria en liga.A segunda metade o Boiro subiría líneas deixando mais espazos as súas costas, uns espazos que os nosos explotaron comos se viu reflectido no marcador. e sacar rendimento. Xuvenil A 1 - Estrada 1 Mal partido do noso xuvenil, que deixa pasar de novo a posibilidade de sumar 3 puntos. Primeira parte na que non soubemos aproveita-las nosas ocasións, chegando empatados ao descanso. A partir de ahí, o equipo meteu unha marcha máis, pero non logrou o gol ata o minuto 95, para empata-lo encontro, tralo gol inicial do rival no minuto 80. Magoa, toca levantarse e seguir traballando duro. Cadete A 1 - Victoria FC 2 O gran fútbol do equipo nos primeiros 40 minutos non se viu reflectido no marcador debido a escaso acerto dos nosos rapaces diante da portería rival, acadando únicamente un gol para afronta-la segunda parte.Na segunda parte, o noso equipo xogou cunha relaxación impropia da categoría, o que nos custou moi caro xa que o rival aproveitouse da situación para remonta-lo partido.

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal