Novas

Xornada 12/12/2021

Gran xornada para a nosa base onde acadamos 19 victorias. Xornada propicia para a nosa base onde acadamos 19 victorias, un empate e tan só 3 derrotas, sendo unha delas na complicada visita a cidade deportiva de Abegondo por parte do Cadete A. SD Villestro B 0 - Biberón A 1 Partido moi disputado esta mañán polo noso Biberón A que acadou unha victoria pola mínima e amosou parte dos conceptos aprendidos nestes primeiros meses de fútbol. SR Calo 4 - Biberón B 0 Partido dominado de principio a fin polo noso rival, onde a superioridade física quedou de manifesto durante todo o partido, con numerosas ocasións do contrario e moi poucas nosas. Pb A 4 - SD Compostela 2 Preciosa mañá de fútbol a que disfrutaron os nosos prebenxamíns. Disfrutamos no campo e fora del, seguimos formando ós máis peques polo bo camiño. EDS Santa Marta 4 - Pb B 4 Partido moi entretido o vivido en Belvís, con alternancias continuas entre os dous equipos que pelexaron ata o final pola victoria aínda que o empate fixo xusticia. A seguir medrando. Benxamín A 14 - SD Xuv. Aguiño 0 Tres puntos máis para seguir líderes. Partido controlado polos nosos rapaces dende o principio. Cidade de Ribeira 2 - Benxamín B 9 Moi superiores individualmente ó rival, xa que no minuto cinco o equipo gañaba 0-4. O resto do partido non tivo historia, a relaxación fixo q encaixáramos dous goles na segunda parte. Benxamín C 4 - Victoria C 3 Gran victoria do equipo diante dun tival que ía por riba na clasificación. Gran primeira metade onde os nosos acadaron unha vantaxe de 4-1. Na segunda parte o equipo relaxouse demasiado e estivo a piques de perde-los tres puntos nos derradeiros minutos. EDS Santa Marta B 0 - Benxamin D 4 Primeira victoria dos nosos nenos en liga, no campo de Santa Isabel, partido que se puxo de cara no minuto un adiantámonos no marcador e marchamos ao descanso cun 0-3 a favor. Na segunda parte viría o cuarto gol. (FUTSAL) Benxamín 4 - Stellae FS 3 Partido moi disputado onde os nosos impuxéronse gracias a unha gran defensa e a que souberon gañar os duelos individuais contra o rival. Moi bo traballo ante un equipo moi exixente. Gran victoria dos nosos nenos. SD Milladoiro 1 - Alevín A 6 Partido cómodo para os nosos que dominaron o partido desde o primeiro minuto, xerando moitas ocasións ata acada-lo resultado final. Dubra 1 - Alevín B 8 Nesta ocasión o Alevín B saiu moi concentrado e mostrou a súa teórica superioridade. Aos poucos minutos do comezo do partido chegaron as primeiras ocasións e, con elas, os primeiros goles. Grazas a este fulgurante arranque, ao descanso o equipo xa gañaba con comodidade. Alevin C 7 - Peleteiro 2 Partido duro e complicado, pero o rival veuse abaixo físicamente e conseguimos xerar numerosas ocasións para acada-los tres puntos. Alevin E 1 - Vedra 4 A pesar de gozar das mellores ocasións na primeira metade, tres despistes pasáronlle factura aos nosos. Bo partido de ambos conxuntos onde o resultado non reflexa de todo o acontecido no verde. (FUTSAL) Alevin A 8 - Club San Francisco de Teo 0 Partido onde os nosos foron moi superiores ó rival dende o pitido inicial. (FUTSAL)Alevín B 6 - Estrada F.S. 0 O alevín b impúxose ao Estrada F.S. Foi un partido falto de dinamismo por parte dos dous equipos. Así mesmo, a intensidade tampouco foi a desexada. O encontro non tardou en decidirse; os locais mostraron a súa superioridade ante un rival que lle puxo intención pero que non foi quen de competir de ti a ti contra os nosos. Infantil A 2 - Atl. Cor. Montañeros CF 1 Derradeira xornada da primeira volta. Encontro disputado polos dous conxuntos, os cales intentarían xogar o maior tempo posible en campo contrario e onde os nosos non terían a fortuna de materializar algunha das claras ocasións das que dispuxeron. O rival intentaba dominar pero sen perigo, gracias ó despliegue físico que fixeron os nosos xogadores. A valoración do partido é moi favorable, onde por primeira vez na tempada os nosos rapaces foron quen de demostra-lo equipo que son, animándose, apoiándose e chegando ás axudas. Rois 0- Infantil B 12 Superioridade moi clara por parte do noso equipo, onde pronto abrimo-lo marcador, as ocasións foron constantes e ningunha pola parte contraria. Puido ser máis ampla a vantaxe. Victoria C 0 - Indantil C 4 Partido moi traballado por parte dos nosos rapaces que sentenciaron na primeira metade cun parcial de 0-3. Na segunda metade o equipo non soubo materializa-las numerosas ocasións das que dispuxo. Temos que seguir mellorando en ritmo de xogo e na finalización das xogadas. Infantil D 3 - At. Fátima 2 Primeira victoria dos nosos en liga diante dun rival que lle puxo as cousas moi difíciles. Ó final os nosos rapaces traballaron moi ben durante todo o encontro con gran intensidade e sacrificio o que propiciou que conseguiran esta ansiada victoria. Toca seguir traballando para que poidan chegar moitas máis. RC Deportivo 5 - Cadete A 0 Visita sempre compricada a Abegondo. Os nosos comenzaron cun gol en contra no primeiro minuto tra-la escorregada dun dos nosos xogadores, non acostumados á superficie de herba natural. A partir de ahí, teríamos media hora boa na que logramos ter dúas ocasións de gol. No remate da última, na contra, o rival acada o 2-0. A partires de ahí, o rival fixose co partido e non fomos quen de paralos. Aínda así, bo traballo dos nosos, que siguen mellorando. Bastavales UD 2 - Cadete B 5 Mal inicio de partido, non somos quen de mudar esta dinámica inicial. Fixemos unha primeira parte horrible, sen intensidade nin acerto e fómonos ao descanso perdendo 2-0. Despois de aclarar as ideas e muda-lo plantexamento, saímos moito máis intensos e comezamos a xerar ocasións máis claras. Conseguemos marcar cinco goles e darlle a volta ao marcador aínda marrando dous penaltis. O equipo consegueu os tres puntos pero non marchou contento, xa que tiramos unha parte enteira, toca traballar para pecha-los partidos e non sufrir tanto. SD Milladoiro 1 - Cadete C 10 Partido que quedou sentenciado na primeira metade cun parcial de 0-8. Na segunda metade o equipo seguiu dominando pero dunha maneira máis relaxada o que propiciou o tanto do rival. Temos que mellora-la concentración para non caer na desidia que outro día pode darnos un susto máis grande. Cadete D 2 - EF Lalín B 1 Esta mañá o noso cadete D medíase fronte ao Lalin B no municipal de Bertamiráns. Despois de poñerse por diante na primeira metade o Lalín B empataría o encontro cun gol totalmente desafortunado, en propia meta dun dos nosos tratando de realizar un despexe. Despois de saír dos vestiarios no descanso e reforzar uns conceptos o equipo saíu máis enchufado pero a pelota non quería entrar na portería rival. Non sería ata o tempo engadido cando unha falta lateral, lanzada polo noso capitán Queiruga, que entraría dentro da porteria tras un intento de despexe do equipo rival. Merecida victoria dos nosos. Xuvenil A 2 - Orillamar 1 Tres puntos chave para os nosos que buscan colarse en postos de playoff. O partido comezaría ben para os nosos que se porían por diante cun 2-0 e xerando varias ocasións máis. Nos últimos minutos, encaixaríamos o 2-1 final e tocounos sufrir ata o pitido final. Senior 5 - Bastavales UD 1 O Bertamiráns síntese moi ben xogando na casa diante da súa afección e volveuno demostrar, tres puntos moi importantes que serven para separarse dos que veñen por baixo e seguir máis preto dos postos altos da clasificación, o senior estivo ben plantado en defensa e moi acertado de cara a gol, de ahí o resultado final. Golazo combinativo do Alevín C, participan Martín, Antón e Unai.

Xornada 05/12/2021

Poucos pero importantes partidos para a nosa base nesta xornada. Xornada na que a maioría da nosa base non competiu e aproveitaron esta ponte para desfrutar de outras actividades. Aínda así houbo competición nalgunhas ligas onde destacamo-la victoria do nosos Infantil A e mais a do Cadete A, que parece que por fin se recupera de cara a segunda metade da tempada.Ademáis o Alevín A desfrutou dun amigable diante dun rival de entidade onde deu a cara. (FUTSAL) At. Fátima 0 - Benxamín A 5 Partido dominado polos nosos benxamíns a través do xogo combinativo, a pesar de que nos custou acada-lo primeiro gol. Destaca-la actuación do porteiro do Fátima, que evitou unha goleada maior. Infantil A 4 - Bergantiños CF 3 Undécima xornada do campeonato, na que nos visitou o equipo de Carballo. A primeira metade sería un querer e non poder dos nosos, con innumerables ocasións e con bo xogo, onde só faltou o acerto nos metros finais. A segunda metade equilibraríase un chisco, pero os nosos seguirían empurrando, froito dese empurre as ocasións materializaronse en gol, neste intre quizais non soupemos pecha-lo encontro, o que propiciou que o Bergan con dous envíos directos a área nos penalizase, pero as veces e so as veces o fútbol é xusto, e atoparíamos cun chisco de fortuna para levarnos o encontro. Destaca-lo esforzo de todo-los xogadores. Cadete A 2 - Ural 0 Bo partido do equipo que comeza a sair da zona baixa da táboa. Chegounos os dous goles realizados nos primeros vintecinco minutos para conserva-la vantaxe ata o pitido final. Toca seguir mellorando. Ainda non se conseguiu nada! Cadete B 2 - Porto do Son 1 Comezaba mal o partido cun autogol dos nosos tras un despiste defensivo nunha contra. Tocaba remar contracorrente como parece ser costume. Con dúas grandes accións de estratexia démoslle a volta ao partido e tras un penalti errado chegaríamos ao descanso coa vantaxe mínima. Despois do descanso o partido parteuse e o rival buscaba o empate con accións illadas de xogo directo e a balón parado. O equipo estivo serio defendendose e consiguiu que o marcador non se movese. Conxo B 0 - Xuvenil A 1 Partido sen demasiado ritmo no que os nosos impuxéronse tra-lo tanto de Rachi na primeira metade, onde os nosos tiveron vinte minutos moi bos. Na segunda, limitámonos a defende-la vantaxe que tiñamos. Tres puntos importantes que veñen para Bertamiráns. Rois 2 - Senior 2 Mala primeira parte onde voltamos mostrar un ritmo de xogo demasiado baixo, dominamo-la posesión pero o rival aprobeita dous erros na saída de balón para poñerse 2-0 ó descanso. Na segunda mudamo-la faciana e competimos de verdade, tuvmos oportunidades para remontar pero non fomos quen de conseguilo, ó final salvamos un punto que sabe a pouco. (AMIGABLE) Alevín A 3 - RC Deportivo A Coruña B 4 Primeira toma de contacto dos cativos na modalidade de fútbol 7. Xogáronse catro tempos de quince minutos, nos que fomos por diante nos tres primeiros. No derradeiro, o rival sería quen de remontar e levarse o partido nos últimos compases do mesmo.

Xornada 28/11/2021

Destacámo-la victoria do Cadete A diante do CD Lugo. Xornada con moitos goles onde os nosos rapaces seguen a desfrutar da súa paixón. Destacámo-la victoria do noso Cadete A diante do CD Lugo que esperamos sirva como punto de inflexión. Tamén mandarlle unha forte aperta a Antía (porteira do Infantil A) que se recupere pronto e volva con moitas ganas de poñerse de novo as luvas. Biberón A 4 - SD Villestro C 0 O Biberón A gañou un partido sen moita historia marcado pola diferenza de idade có rival que era de primeiro ano. Victoria clara nunha mañán fría pero co calor das gradas que non deixaron de desfrutar cás xogadas duns e doutros. Todo rematou cuns bos saúdos entre ambos equipos coma non podía ser doutro xeito. Pb A 5 - San Pedro FC 0 Formar e divertirse será o único obxetivo deste grupo. Propio desa diversión sería o acontecido no encontro. Seguimos mellorando. Pb B 2 - Tordoia 6 Partidazo dos nosos pequechos, que viven e celebran cada gol como se fose o último. Nin a auga nin o vento son capaces de quitarlle o sorriso. Eso é o máis importante e non tanto o resultado. A seguir medrando co traballo semanal. Sar 0 - Pb C 3 Partido moi divertido nunha mañán fría onde os pequenos poideron desfrutar co fútbol e cunha victoria. Seguimos medrando. SD Milladoiro 0 - Benxamín A 13 Sólido partido dos nosos para seguir no alto da tabla clasificatoria. Benxamín B 4 - Sar 3 Partido perfecto, moi traballado e onde demostramos saber sufrir ata o final. Merecida recompensa para os nenos que teñen que estar orgullosos do seu traballo. Dubra 7 - Benjamín C 1 Resultado moi abultado para os locais. Na primeira parte o marcador únicamente reflectía un 2-1 contra dos nosos. Pero nos primeiros minutos da segunda os locais tiveron máis acerto cara a porta e aproveitárono marcando 3 goles que finiquitaron o partido. Benxamin D 3- E.F Lalin C 6 Partido diante dun rival superior, onde na primeira parte fomos quen de pornos por diante no marcador (1-0), pero na segunda parte o rival daríalle a volta con 3 goles, aínda así os nosos seguiron traballando e acadarían un empate momentáneo a tres goles, aínda que a alegría duraría pouca xa que na seguinte xogada o Lalín púxose de novo arriba no marcador. Ó final os nosos volcáronse pero non foron quen de acadar máis goles e o rival aproveitou as súas contras para marcar dous goles máis. (FUTSAL) Benxamín 2 - SD Villestro 2 Partido moi disputado dende o minuto un que tivo dúas partes para cada equipo. Os nosos gozaron das mellores ocasións que desvaratou moi ben o porteiro rival. Alevín A 6-1 Lalín Partido máis serio dos nosos, que verían porta cedo e encarrilarían o partido xa na primeira metade. A partir de ahí, co 3-1 ao descanso, os cativos foron poñendo mais distancia ata acadar-lo resultado final. Alevín B 2 - Calo 4 Moi moi boa primeira parte do noso equipo. Fomos ao descanso gañando 2-0, e con moi boas sensacións, unha mágora non poder mante-lo nivel ao longo de todo o partido. SD Negreira 2 - Alevin C 7 Partido serio baixo a chuvia e o frío. Empezámo-lo o partido gañando 4-0. O rival deu un paso adiante, con dous zapatazos, pero o Alevín non se veu a baixo e sentenciou o partido con 3 goles na segunda parte. SD Amio B 0 - Alevin D 4 Partido dos nosos alevíns moi completo cunha primeira parte, a mellor do que vai de tempada, chegando o descanso cunha vantaxe de dous a cero que cun pouco de acerto puideron deixa-lo partido pechado. Na segunda parte foi máis igualada aínda así marcamos dous goles e sufrimos máis dunha ocasión do equipo contrario, ó final conseguemos mante-la portería a cero. Agora a prepara-lo próximo partido Calo B 2 - Alevín E 1 Inxusto resultado para os nosos nenos que gozaron de numerosas ocasións e non atoparon portería, mentras que o rival aproveitou as poucas que tivo para levarse o partido. (FUTSAL) SD Villesro A 2 - Alevin A 6 Partido intenso e disputado entre dous equipos que se coñecen a perfección. A pegada e intensidade dos nosos non dou opción en ningún intre ó rival de poder levarse o encontro. (FUTSAL) Noia FS 1 - Alevín B 8 Moi bo partido do noso Alevín b en Noia. Os rapaces mostraron a súa superioridade e desfrutaron dunha vitoria cómoda. SD Villestro 1 - Infantil A 9 Encontro xogado de visitantes, nun partido sen demasiada ciencia, onde o acontecido queda nun segundo plano trala lesión da nosa porteira Antía, que nos deu un susto importante pero, só quedou neso. Moito ánimo e esperamos unha boa e pronta recuperación para ela. Infantil B 6 - Xuv. Aguiño 2 Os nosos entraron ó campo moi concentrados xa que dominaron e marcaron dous goles nos primeiros cinco minutos e dispoñeron e máis ocasións, pero non foi ata o minuto vinte cando acadaron o terceiro gol. A partires de ahí o equipo relaxouse e encaixou un gol. Na segunda metade ambos equipos quedaron cun xogador menos, quizáis esta circunstancia acusárona os nosos máis porque encaixaron outro gol que facía periga-la posible victoria que rematou producíndose xa que o equipo reaccionou marcando outros tres goles. Indantil C 2 - SD Villestro B 0 Partido moi traballado polos nosos rapaces que foron quen de meter no seu campo ó rival durante a meirande parte dos oitenta minutos. A falta de puntería fixo que o resultado fose moi axustado, ó final quedamos cun home menos por lesión o que fixo que sufríramos un pouco. Felicitar ós rapaces que acadaron ambos goles en xogadas de estratexia. Sar Extramundi 8 - Infantil D 1 Novo partido sen opcións para disputalo ata o final, nos primeiros catro minutos pechouse o encontro cun parcial de 4-0 en contra que deixou sen posibilidade ó noso equipo de estar enganchados ó encontro e sen capacidade de reacción. Con traballo mudaremos esta dinámica. Cadete A 4 - CD Lugo 2 Partido moi serio dos rapaces, convencidos de que necesitabamos sumar canto antes. Tra-lo gol inicial do Lugo, os nosos plantáronlle cara a un rival superior, demostrando que poden competir contra calquera. A segunda volta está a piques de chegar e nos confiamos nos nosos rapaces para darlle a volta a esta situación. Cadete C 6 - San Pedro FC 0 Partido onde o rival saiu ben posicionado nun bloque medio e cas liñas moi xuntas complicándonos a nosa forma de xogar. Ata que aproveitando un desaxuste e as xogadas de estratexia decantamo-lo partido o noso favor. SP Praíña 0 - Cadete D 3 O noso cadete D medíase este domingo ao Praíña no campo de A Cañoteira, despois dun empate e unha derrota, o equipo volvía a senda da victoria derrotando ao Praíña por 0-3. Unha victoria merecida pola gran contundencia defensiva do equipo e aproveitando os espazos que deixaban as costas o equipo rival. Noraboa rapaces, toca seguir!!! Xuvenil A 4 - Dumbria 0 Uns primeiros 25 minutos moi bos foron a mellor noticia para o noso xuvenil. Nese tempo, foron quen de poñerse por diante por medio dun penalti, pero non lograron amplia-la vantaxe a pesares de seren superiores. Na segunda parte lograron o segundo e o terceiro en tan só cinco minutos. Así de caprichoso e o fútbol. A seguir sumando. Nicrariense 3 - Xuvenil B 2 Desprazábase o xuvenil a cepelo nesta xornada. Iniciabamo-lo partido tendo o control e intentando saír xogando dende atrás, frente a un equipo que apostaba polo fútbol directo. Aos 10 minutos de xogo un choque dentro da nosa área acabou sendo pitado como penalti, que o rival aproveitou poñendo o 1 a 0 no marcador. Non variou a nosa forma de xogo e insistíamos en te-lo control buscando o empate que chegaría no 35. Nada máis comenza-la segunda parte logramos darlle a volta ao marcador. O partido poñíasenos de cara pero o Nicrariense conseguía o empate con certa polémica pois reclamábase un fora de xogo no inicio da xogada e unha falta posterior, pero o gol subía ao marcador. Poucos minutos despois daballe a volta ó marcador neste caso o Nicrariense. A partir de ahí varias ocasións moi claras para empatar incluíndo un gol anulado por fora de xogo que no campo parecía todo o contrario. Seguíamolo intentando pero o Nicrariense rompía o ritmo con múltiples interrupcions por problemas musculares. Intentouse pero non se acadou o empate, resultado que sería o mais xusto visto o xogo de ambos equipos. Senior 3 - ADN 0 Tres puntos moi importantes que serven para subir na clasificación, colocarnos no terceiro posto e seguir enganchados a loita pola parte alta da taboa. O Partido non foi bonito de ver Pois o ADN que chegaba con moitas baixas plantexou unha defensa repregada deixando sólo dous xogadores para atacar, non logrou facer perigo na nosa portería pero logrou que o Bertamirans non chegara a porta con claridade e os goles que certificaron a victoria chegaran xa avanzada a segunda metade, dous golpeos dende fóra da área onde o porteiro que estaba realizar unha moi boa actuación non estivo acertado. Gol de Lucas para o Benxamín A Primeiro gol do Xuvenil A acadado por Christian

Xornada 21/11/2021

Xornada con moitos goles, aínda que con algúns resultados negativos Nesta xornada destacamo-lo empate que acadou o noso Cadete A en Carballo, esperemos que sexa un punto de inflexión na súa andadura nesta complicada liga. Ademáis destacamo-lo debut do Biberó A con victoria diante do Praíña nunha mañán moi entretida para os noso peques. SD Praíña 1 - Biberón A 3 Mañán chea de emocións e ilusións no primeiro partido do noso Biberón A que rematou ca primeira victoria do ano para os peques. Saíron cun sorriso ben merecido polo partido feito destacando o esforzo de todos eles. Agora a seguir aprendendo para as vindeiras semanas. Villestro SD A 3 - Biberón B 1 Gran partido dos máis peques da nosa base, competiron moi ben e marcaron os seus primeiros goles. Comezaron gañando o primeiro cuarto pero despois non foron quen de consegui-la victoria nos outros tres, aínda que perderon pola mínima. Amio SD 1 - Pb A 5 Preciosa mañá de fútbol a que disfrutaron os nosos prebenxamíns. Disfrutamos no campo e fora del, seguimos formando os mais peques polo bo camiño. Pb B 7 - SD Compostela 0 Segundo partido de liga dos nosos prebenxamíns de primeiro ano, moi bo partido de todos eles, que estiveron concentrados en todo momento Empezan a recolle-los froitos do que traballan nos adestramentos. Pb C 1 - Exclavitud 1 Partido moi igualado no municipal. Poñíamonos por diante na primeira parte, chegando asì ao descanso. Na segunda parte o Exclavitud logra o empate. Resultado xusto. Partido para que os pequenos vaian progresando e disfrutando co deporte. Benxamín A 3 - EFM Boiro 0 Mal partido dos nosos que estiveron moi mal con e sen balón pero que souperon competir para sacar con solvencia os tres puntos. Benxamín B 3 - EFM Boiro C 0 Partido traballado diante dun rival de segundo ano que non puxo as cousas sinxelas. Un gol antes do descanso encamiñou o partido para nunha cómoda segunda parte con dous goles mais acada-la victoria. Partido serio dos rapaces. Benxamín C 13 - Cacheiras C 3 Partido moi cómodo dos nosos rapaces, onde o rival non foi quen de plantarlle cara. Benxamín D 3- Victoria CF D 3 Partido igualado na primeira parte, onde o Victoria puxose 0-3 sendo mais eficaz, mentres na segunda parte o Bertamirans foi moi superior e consegiu un empate a tres no último minuto. Xuv. Oroso 6 - Alevín A 2 Mal partido dos nosos, que tras bos partidos nas anteriores xornadas non estiveron a altura deste. O rival gañounos tanto en gañas como en ideas, polo que o resultado non puido ser outro. Toca seguir adestrando para mellorar. Esclavitude 1 - Alevín B 6 Bo partido do noso Alevín diante dun rival frouxiño. Acadouse un resultado moi favorable nos primeiros 10 minutos e dende ese momento tratamos de mante-lo control do partido sen deixar, de cando en vez, facer dano na portería rival. Alevín C 8 - A Baña 0 Partido dominado de principio a fin polos nosos. O xogo do equipo foi moi superior e non deu opcións ó rival. Alevin D 6 - Victoria C 0 Segundo partido de liga cunha victoria nun mal partido por parte nos, sen control do xogo e gañando poñendo moi pouco fútbol agora correxi-las cousas mal feitas pra próxima semana ante o Amio B. Alevin E 0 - Touro 5 Partido dominado de cabo a rabo polos visitantes que non deron opción algunha aos nosos rapaces. (FUTSAL) Stellae FS 5 - Alevín B 4 Boísimo comezo de encontro pola nosa parte. O Stellae non foi quen de facernos fronte nos primeiros 12 minutos pero a medida q foi pasando o tempo foron indo a máis para ao final acada-la victoria. Infantil A 3 - Victoria CF 3 Visitaba o municipal o equipo coruñés, ao pouco de comezar, os nosos estrelarían un balón no pau da portería visitante e, acto seguido, o rival se adiantaría no marcador. Neste encontro costaríanos moito poder combinar, debido as imprecisións nos controles e as continuas perdas no centro do campo, ainda así, fomos quen de repoñernos e darlle a volta ó marcador, por dous tantos de vantaxe. Os últimos 20 minutos de partido, quizáis foran os peores momentos que pasamos esta tempada. Os nosos serían incapaces de contraresta-la diferenza de centímetros e físico, dun rival, que nos asfixiaba. Froito do empuxe do Victoria, produciríanse moitos desaxustes, onde non sairíamos gañando en case nengunha disputa, e en situacións de vantaxe cos dous xogadores contra 1 do rival. Durante o encontro, tampouco seríamos capaces de gañar ningún segundo balón. Xusto empate no marcador. Milladoiro SD 2 - Infantil B 3 Partido de altibaixos do nosos Infantil B no que se foi o decanso co resultado e as ocasións igualadas. Na segunda parte o rival púxose por diante con dous goles nun minuto, pero os nosos souperon darlle a volta ó partido con dous goles de Lucas e outro de Álex de falta. La Salle 0 - Infantil C 5 Partido dominado completamente polos nosos rapaces, aínda que na primeira parte non foron quen de xerar moitas ocasións porque tiñamo-lo mediocampo moi metido atrás, na única ocasión clara acadaron o 0-1. Na segunda parte o equipo colocouse correctamente, co mediocampo máis adiantado, e xerou moitísimas ocasións de gol. Agora toca seguir traballando para conseguir outra victoria na vindeira xornada. Infantil D 0 - EFM Boiro B 12 Os nosos rapaces tiveron uns primeiros vinte minutos do primeiro tempo onde competiron cara a cara fronte o seu rival chegando a incomodalo. Pero unha vez que encaixaron os dous primeiros goles, a actitude do equipo foi moi mala xa que se deron por derrotados e polo tanto foron moi inferiores ó riva. Seguiremos traballando para mudar esta dinámica. Bergantiños 1 - Cadete A 1 Partido difícil o desta fin de semana. O equipo estaba intranquilo ante a necesidade dos puntos. A pesar de todo os rapaces fixeron un gran esforzo, e puidemos acada-lo empate.Unha mágoa non poder acertar de cara o gol nalgunha das ocasión claras das que dispuxo o equipo. EFM Boiro B 1 - Cadete B 8 Partido moi serio, que os rapaces souperon controlar de principio a fin. Con catro goles en cada parte o equipo soupo repoñerse da dura derrota da semana pasada e saca-los tres puntos dun dos campos mais complicados da liga. Dubra 1 - Cadete C 6 Os nosos rapaces dominaron completamente un encontro onde únicamente concederon unha ocasión de gol debido a un erro da defensa na saída do balón o que significou o empate momentáneo no marcador. Toca seguir traballando para entrar máis concentrados nos partidos. Cadete D 3 - Victoria C 6 O noso cadete D perde contra o victoria "C". Despois dunha primeira parte moi competida e que se chegaría ao descanso cun empate a un no marcador, o equipo salería moi durmido na segunda parte. Finalizando o encontro cun 3-6 no marcador. EFM Boiro 2 - Xuvenil A 1 Resultado enganoso, pois o rival foi claramente mellor durante boa parte do encontro, puidendo aumenta-la vantaxe no marcador varias veces. Ao final,un tanto de Manu no 92 maquillaría o resultado final. Xuvenil B 3 - Xuño 3 Partido raro o vivido no municipal de Bertamiráns. Nunha prmeira parte onde os nosos foron infinitamente superiores puxemonos moi cedo cun dous a cero no marcador e puideron ser mais, pois as chegadas eran constantes e incluso dous balóns estreláronse no longueiro. Pero cando estabamos no tempo de desconto o Xuño no primeiro disparo reducìa distancias. Comenzaba a segunda parte mais relaxado pero intentando acada-lo gol que nos distanciara no marcador. Este chegou a falta de dez minutos. Cando todo parecía que o marcador non se moverìa dous balons longos por parte do Xuño acaban dentro da porteria e logran empata-lo partido. Dous puntos perdidos. Luaña 3 - Senior 1 O campo condicionou o xogo do equipo que se viu obrigado a xogar directo e nunca puido estar cómodo co balon, a diferencia do Luaña, acostumado a ese xogo gañou a maioría das disputas aéreas e logrou remonta-lo partido o saír do descanso, o Berta non soubo reaccionar tra-lo gol do empate e encaixa dous máis en dez minutos, o Berta intentouno nos últimos vinte minutos pero sen éxito. Aínda peor que perde-los tres puntos foi a lesión no xeonllo de Capi na primeira parte o que lle desexamos unha pronta recuperación.

881087583

Director Deportivo
676014018

F11 Coordinador
653345278

F8 Coordinador
690793915

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal