Dous ilustres do fútbol galego voltan de visita Aproveitando o parón nas ligas profesionais debido os compromisos das seleccións nacionais rumbo a Qatar 2022, dous futbolistas ilustres que se formaron na nosa base aproveitaron para visitar ó noso presidente Rafael Budiño onde o noso patrocinador Café Don Budi. Os dous futbolistas non son outras ca Hugo Novoa e Fran Vieites. Hugo Novoa militou no nosa base ata categoría benxamín, agora con só 18 anos xa debutou na Bundesliga co seu actual clube o RB Leizpig, onde xa veu porta en partido oficial de liga. Fran Vieites, pola contra, estivo na nosa base ata cadetes cando fichou polo Celta de Vigo para o seu equipo Xuvenil B. Actualmente está cedido no CD Lugo de Segunda Division onde xa debutou. Atesora moita experiencia en segunda B debido ó seu paso polo filial do Celta. Dende aquí desexamoslles a mellor das sortes para que triunfen neste difícil e complicado mundo do balón. Unha aperta moi forte para os dous.
Por fin comezaron todas as ligas para a nosa base Esta fin de semana deron comezo as ligas que faltaban polo tanto toda a nosa base comezou a competir e a divertirse nos campos de fútbol. Únicamente o Biberón A, que descansaba por ser o seu grupo impar, e o Alevín A en futsal non tiveron xornada de liga. Biberón B 0 - At. Fátima 4 Inicio de liga para os máis pequenos do noso clube, os Biberons B. Partido dominado de principio a fin polo equipo visitante con innumerables ocasións. Os nosos pequenos só puideron xerar moi poucas polo noso lado. Resultado final 0-4. Hai que resalta-la boa entrada no municipal de Bertamiráns, onde o público asistente desfrutou moito dos peques e da súa deportividade, xa que a parte de xogar ó fútbol, nalgún momento ambos equipos fixeron paréntese para outros xogos. Pb A 5 - Victoria FC 2 Preciosa mañá de fútbol a que desfrutaron os nosos prebenxamíns. Desfrutamos no campo e fóra del, traballamos para formar ós mais peques na mellor práctica deste deporte. Pb B 1 - Milladoiro 7 Primeiro partido de liga en campo grande para os nosos pbs de primeiro ano, diante dun rival de segundo ano. Bo partido dos nosos nenos onde pouco puideron facer diante dun rival superior físicamente. Cordeiro 1 - Pb C 7 Primeiro partido de liga para o prebenxamín C que conseguiu a victoria en cordeiro. Partido para que vaian aprendendo os nosos pequenos e se divirtan xogando. X. Oroso 1 - Benxamín A 2 Victoria importantísima do benxamín A ante un rival moi forte que non lle perdeu a cara en ningún momento do partido. A pesar de gozar das mellores ocasións, un penalti a prol dos nosos daba a victoria pola mínima. (FUTSAL) Benxamin 15 - San Francisco de Teo 0 Estreno en Liga cunha victoria contundente dos nosos. ADN 2 - Benxamin B 3 Mal partido dos nosos, que tras alcanzar unha vantaxe de dous goles non foron capaces de mantela durante todo o encontro, pois o rival reduciría a vantaxe por dúas veces. Aínda así, acadamo-la primeira victoria na primera xornada. A seguir! Escola Estrada C 4 - Benxamín C 2 Estrea con derrota para o noso benxamín C. Unha parte para cada equipo, na que os pequenos detalles foron decisivos. Os nosos erraron un penal antes do descanso, quen sabe quizáis de marcalo o encontro tería outro gañador. Alevín A 4 - Escola Estrada 3 Partidazo o vivido este sábado entre dous bos equipos. Os nosos dominaron o encontro na primeira metade, chegando a conseguir o 1-0 moi cedo. A partir de ahí, o rival replegado buscando saír á contra, acada o empate. Na segunda metade, o equipo botaría o resto para acabar logrando a segunda victoria da tempada. Toca seguir traballando para que os puntos sigan chegando. Ánimo para os peques!! Alevín B 3 - Tordoia 1 Partido serio anque impreciso do noso Alevín B. Temos q ser máis agresivos de cara a portería rival, non hai outra. Temos que ser máis contundentes, máis seguros, máis conscientes do que se fai e do que se espera de cada cousa q facemos. Sexa como sexa, é un pracer compartir con rapaces que se esforzan día a día da maneira na que o fan. Un séntese orgulloso. (FUTSAL )Fátima B 0 - Alevín B 3 Como partido incial pensamos que non estivo mal. Queda moitísimo traballo por diante, por parte do adestrador principalmente, (dise esto porque quen escribe pensa q o grupo ten gran capacidade para progresar) pero tamén por parte dos xogadores. Este é un equipo comprometido e que se esforza; toca ser precisos e recoñecer que polo momento imos xustos. Queda un mundo por camiñar. Parabéns rapaces!!! Conxo C 3 - Alevín C 2 Partido moi competido onde adiantáronse os nosos cunha boa xogada. A falta de rodaxe pasanos factura con tres despiste onde o Conxo non perdonou. Cara o final do partido reducimos distancia no marcador pero non fomos quen de acada-lo ansiado empate. At. Fátima C 2 - Alevín D 8 Inicio da liga cunha victoria moi merecida, dende o inicio fomos superiores tendo o control do partido poñéndonos por diante dende os primeiros minutos e sufrindo moi poucas ocasións. Agora centrámonos no Victoria, quen será o noso próximo rival. Escola Estrada C 2 - Alevín E 3 Partido dominado dende o inicio polo Alevín E, quen se atopou por debaixo no marcador durante case todo o partido con tan só dúas chegadas do equipo rival. Dous carambolescos e merecidos goles tardíos daban a primeira victoria ligueira aos nosos. Xuv. Oroso 0 - Infantil A 4 Partido disputado en Sigüeiro no que os nosos rapaces fixeron un xogo moi práctico. A primeira metade transcurriu dunahforma na que os nosos rapaces serían capaces de chegar preto da área rival, pero non serían quen de mante-la calma suficiente para ver e crea-lo espazo para poder culminar dunha forma plácida as xogadas. No descanso intentaríamos correxir distancias, e ahí foi cando nos toparíamos cos tan ansiados espacios e cos xogadores ben distribuídos. Temos que seguir nesta boa dinámica, sabendo que nos quedan moitos aspectos dos momentos de partido nos que traballar, e así poder fomenta-la súa formación. Infantil B 5 - Unión Rianxo 0 Gran debut na liga. Partido controlado dende o pitido inicial, os nosos rapaces non pasaron moitos apuros en mante-la portería a cero e tiveron moitas ocasións para que o marcador fose máis abultado. Infantil C 12 - Vista Alegre 1 Partido sen historia o desputado no municipal de Bertamiráns onde un rival que se presentou con dez xogadores non foi quen de presentar batalla. Os nosos rapaces aínda así non fixeron un gran partido xa que levaron un ritmo de xogo moi lento durante os noventa minutos, ademáis de permitir unha contra onde encaixaron o gol rival. A seguir traballando para mellora-la actitude. S.D. Cacheiras B 9 - Infantil D 0 O Cacheiras foi un equipo moi superior durante todo o partido e en ningún momento deu opcións ós nosos rapaces para achegarse a súa portería. O noso equipo estivo moi perdido durante todo o encontro, non tivo reacción ningunha e co trascorrer dos minutos mostraba menos capacidade para achegarse á portería rival. Seguiremos a traballar para mudar esta dinámica. Cadete A 0 - San Tirso 3 O partido puxosenos custa arriba cun gol moi cedo na nosa contra, a persares de tentalo non fomos quen de empata-lo partido. Cadete B 1 - Noia 6 O equipo foi superado totalmente polo rival durante todo o partido. O Noia impuxo a súa clara superioridade física e a través de gaña-la maioría das disputas, balóns divididos e rexeites, por forza os goles foron caendo. Os rapaces dérono todo pero a diferencia física foi determinante. Xusta derrota. Cadete C 9 - La Salle 0 Gran partido dos rapaces que sentenciaron na primeira parte con cinco goles. Xogaron moi intensos e non concederon ocasión algunha ó rival. Salienta-lo traballo dos nosos tres dianteiros xa que acadaron cada un deles un doblete. SD O Pino 2 - Cadete D 2 O noso cadete D rasca un punto nun campo sempre complicado como é o da SD O Pino. Despois dunha moi mala primeira parte dos nosos con dous erros non forzados fomos ao descanso con dous goles por debaixo. Ao saír do entretempo o equipo mudou a súa actitude e dous goles de Christian Rojo puxeron o empate no marcador puidendo incluso consegui-la remontada con varias ocasións claras de gol. Xuvenil A 2 - Bergantiños B 2 Partido marcado por unha segunda parte moi sería do equipo. Tras comezar perdendo 0-1, o equipo reaccionaria empatando o partido aos 3 minutos do segundo tempo. A partir de ahí, mostrariase con moitas ganas e chegaron as ocasions, podendo ponerse por diante en varias ocasions. Tras iso, o rival poriase por diante tras unha falta lateral. Puidose gañar, pero tamen perder. Toca seguir traballando para que as victorias cheguen! Oleiros 1 - Xuvenil B 2 Partido moi serio do xuvenil que comezaba a primeira parte atopando aos extremos e tendo varias ocasións de gol que coma sempre non era capaz de materializar, ata que mediada a primeira logra o seu obxetivo e adiántase no marcador. Minutos despois teria outra ocasión similar pero desta vez o balón sae lambendo o pau. Comenza a segunda parte e o Oleiros continuaba co seu plan de balóns directos sobre os dianterios esperando sobre todo un segundo balón para achegarse a nosa portería. Nunha destas un erro no balance defensivo caelle o balón diante do noso porteiro poñendo o empate no marcador. Subimos liñas e sen pasar apuros atrás acadamos o ansiado gol que nos deu a segunda victoria. Senior 2 - Urdilde 0 Parabéns ao senior polo bo traballo que levaron a cabo hoxe. Foi un pracer ver ao equipo repoñerse da última derrota, loitando todos cada balón en defensa e estivemos moi seguros co balón nos pés. Ao igual que dixemos o último fin de semana, nin o outro día éramos tan malos nin este somos tan bos. Destacamo-lo gol acadado por Lucas de falta co Infantil B.
Os máis cativos tamén comezan a competir Esta fin de semana comezaron algunhas competición de fútbol 8 co que os nosos cativos comenzaron a competir no que máis lles gusta... xogando ó balón.Destacamos a goleada do Alevín A e as victorias dos nosos Xuvenís nesta xornada. Pola contra o equipo Senior ten moito traballo por diante despois do descalabro sufrido en Calo. Infantil C 1 - Estrada 1 Partido moi competido o desputado no municipal de Bertamiráns, os dous equipos propuxeron un fútbol moi físico no que se impuxeron as defensas e houbo moi poucas ocasións de gol. Adiantáronse os nosos rapaces cun gol de testa de Jorge na primeira parte, nunha xogada moi ben trenzada polos nosos pola banda dereita. Na segunda, o equipo dispuxo de 2 boas ocasións para acada-la victoria pero non as materializou e o rival acadou o empate cun gol olímpico na saía dun saque dende o curruncho. Toca seguir traballando para conseguir a primeira victoria da tempada. Infantil A 5 - CD Calasanz 3 Nova xornada de liga, na que esta vez xogamos na nosa casa. O partido foi moi competido grazas a un equipo visitante, moi aguerrido e con unha presión asfixiante. Os nosos, farian unha primeira metade onde o fútbol non sería brillante, pero mateliarizaron as ocasións das que dispuxeron cunha alta eficacia. Tras saír medio durmidos do tempo de lecer, os visitantes acortarían distancias, tras erros dos nosos rapaces. Boa reacción do equipo, que cun pouco de fortuna e, tras unha acción a balón parado, mudaron a faciana que estabana a mostrar. Victoria CF 0 - Xuvenil A 1 Partido serio dos nosos, que visitaron aos primeiros clasificados nun campo compricado. Tras un primeiro tramo do partido no que non houbo ocasións por ningunha parte, un erro na saída de balón do rival supuxo o 0-1 definitivo a favor do noso xuvenil. No tramo final do partido, ambos equipos disporían de ocasións para amplia-la vantaxe ou empata-lo partido. Victoria FC 0 - Alevín A 11 Debut dos nosos alevíns na competición ligueira cunha cómoda victoria a domicilio dos santiagueses. Os nosos cativos poríanse por diante moi cedo, non dando opcións ao rival durante todo o encontro. Rois 0 - Alevín B 4 Bo partido dos nosos rapaces; foron quen de impoñer un nivel de esixencia moi alto e o rival non foi capaz de adaptarse. O Berta dominou o encontro dende o principio e tivo incluso ocasións para aumenta-la vantaxe no marcador. Racing Ferrol 2 - Cadete A 0 O partido púxose moi custa arriba cun gol de falta en contra, e a pesar de xerar 3 ocasións moi claras na primeira parte non fomos capaces de empata-lo encontro. Nos primeiros minutos da segunda parte fomos moi superioes apretando o rival pero non conseguimos facer dano en parte debido as baixas coas que conta o equipo. Xuvenil B 1 - Noia B 0 Segundo partido para o Xuvenil, que viña dunha dolorosa derrota na primeira xornada, polo que dende o minuto 1 foi a pola victoria, pero a pesar das muútiples ocasións o gol non daba chegado, ata que cando a primeira parte achegabase ao seu fin, acadamos o ansiado gol. A segunda parte ía polo mesmo camiño pero o marcador seguía sendo moi curto. A pesar dun par de sustos por parte do Noia o partido chegou ao seu fin, conseguindo asi a primeira victoria da tempada. Infantil D 2 - E.D. Tordoia 5 Os primeiros 20 minutos da primeira parte o Bertamiráns non foi quen de esforzarse o suficiente provocando numerosos erros que puxeron moi custa arriba o partido cun resultado abultado de 0-4. Na segunda metade o equipo mudou a súa actitude e iso veuse reflexado no campo, o equipo acadou un parcial de 2-1 a favor, pero xa era tarde para acada-la remontada. Benxamín A 4 - Cidade de Ribeira 2 Primeira victoria do campeonato ligueiro a prol do noso Benxamín A, que aos 20 segundos de partido xa dispuña de vantaxe no marcador. Outro gol de Diego serviu para poñer o 2-0 no marcador xusto antes do descanso, pero dous despistes dos nosos antes facían que o Ribeira puidese empata-la contenda. Os nosos souperon seguir impoñendo un alto ritmo de partido e 2 goles máis de Diego, que ía marcar 4 no día de hoxe supuxeron o 4-2 final. Calo 6 - Senior 1 O partido só serve para darnos conta de onde estamos... que é moi lonxe de onde queremos estar. O equipo, dende o primeiro ata o último dos seus membros, non estivo á altura do momento. Só queda traballar arreo, moito máis do feito ata este momento. Toca esforzarse máis ca nunca para poder ver que podemos ser máis do que fomos hoxe. "Nin onte éramos tan bos nin hoxe somos tan malos", é o mesmo de sempre pero é certo.
Comezaron as demáis ligas de fútbol 11 Arrancaron os demáis equipos de fútbol 11 que faltaban por competir. Foi grazas a que arrancaron as ligas locais, polo tanto tódo-los equipos en categorías infantil, cadete, xuvenil e senior atópanse xa competindo nas súas respectivas ligas. At. Fátima 15 - Infantil C 0 Partido no que os nosos víronse superados en todo momento polo rival tanto técnica, táctica e físicamente. Ademáis a superficie do terreo de xogo favorece os locais, e se lle sumamos o estado no que se atopaba debido a choiva máis. Aínda así non é escusa para o partido realizado polos nosos que teñen moito que mellorar. C.M. Peleteiro 2 – Cadete C 3 Partido condicionado polas dimensións do terreo de xogo, o cal fai que o o xogo sexa unha continua disputa de balóns nas respectivas zonas defensivas, polos envíos en longo, producense poucas ocasións de gol, e as aproximacións a área rival son por erros nos despexes de ambas defensas. A partires do minuto 20 o Bertamiráns ten un pouco máis de control e xenera un par de ocasións, que dan como resultado un penalti (que mandamos o longueiro) e un córner a favor do que nace o primeiro gol despois de un semiremate do capitán, que consegue sacar o porteiro, pero o rechazo é aproveitado por Labandeira. A partir deste momento seguen as emprecisions ata o descanso. A volta de vestiarios o encontro segue nas mesmas tesituras ata que nunha xogada illada o C.M. Peleteiro logra o empate e os xogadores do Bertamiráns descolocanse, froito desa situación o equipo rival aproveitase para lograr o 2-1. O equipo muda o sistema cara unn 1-3-4-3 aumentando a intensidade e logrando a remontada gracias as asociacións de Roi Ferreiro con Miguel Labandeira e principalmente con Pablo Vizcaya que se resarciu dos do erro dende os 11 metros con dous goles no minutos finais. Xuvenil A 3 - Calasanz B 1 Chegou a primeira victoria do noso xuvenil tra-lo ascenso a liga galega. Despois dun inicio de liga complicado, o noso xuvenil acada a victoria tras firmar unha primeira parte con moitas ocasiós, na que a diferencia no marcador puido ser máis abultada que o 2-0 acadado. Tra-lo descanso, o partido tornaríase complicado tras un erro na defensa que supón o 2-1. A falta de 20 minutos, o equipo acada o 3-1 final a saída dun saque dende o curruncho. Esperemos que sexa a primeira de moitas victorias Xallas 4 - Infantil D 2 Primeira xornada de liga para o Infantil D, partido moi disputado por parte de ambos equipos. O resultado foi algo cruel para os nosos rapaces despois dos méritos feitos por uns e outros. A seguir traballando. AD Nicrariense 1 - Cadete B 5 Partido controlado de principio a fin que se puxo de cara moi cedo cun gol na primeira xogada. O Cadete B atopaba moitos espacios ás costas da defensa rival con balóns longos, e así chegábase ao descanso con 0-3 no marcador. Na segunda parte o Nicrariense recortaría distancias debido a un despiste da defensa pero pronto o equipo marcaría o cuarto e quinto gol definitivos que acabaron de rompe-lo partido. ED Arzúa 1 - Cadete D 3 Partido moi serio o disputado polo cadete D, no minuto 14 de partido comezou perdendo debido a un disparo dende fóra do área do equipo local. Non obstante, o equipo repúxose e seguiu competindo sin que lle afectase a moral ese tanto. No descanso o corpo técnico deulle entrada a Dario Baraja e Adrián Capeáns, este primeiro logrou poñe-lo equipo por diante cun doblete. O terceiro gol foi logrado por Christian Rojo. Bastavales B 3 - Xuvenil B 1 Comenzaba a liga para o Xuvenil B en Brión fronte o Bastavales B e non puido ser peor. Nos primeiros minutos un erro puña ao bastavales por diante no marcador. O xuvenil botouse arriba xerando varias ocasions para empata-lo partido pero non logra introducir a pelota na porteria rival.Cando xa íamos camiño aos vestiarios outro erro, se cabe superior ao do primeiro gol provoca que o Bastavales aumente a renta. Voltamos do vestiario ca intencion clara de ir polo partido pero o Bastavales sabía o que tiña que facer para rompe-lo ritmo do mesmo. Botámonos arriba con todo e conseguimos reduci-la distancia con moita sorte. Nos minutos finais e tras unha falta quedámonos con 10 xogadores. No saque marcaron o 3-1 definitivo. De ahí ata o final intentámolo pero o equipo contrario pechado e ben posicionado impediu toda-las nosas intentonas de reduci-lo marcador. Cadete A 0 - Galicia Caranza 1 Partido moi disputado e igualado na primeira parte. Na segunda, pola contra, foi completamente dominado polos nosos, onde o rival atopouse co seu gol grazas a un erro dos nosos. Despois de encaixar este gol o Cadete A foi aínda máis superior ó rival pero non foi quen de mete-lo balón na portería contraria. O equipo marrou demasiadas ocacións claras de gol. CF Dumbria 2 - Infantil A 5 Xornada número 6 do campionato, onde nos desprazamos a un campo complicado ante un rival sempre difícil. Primeira metade dominada polo rival, onde nos crearía perigo a través de transicións, con pouco acerto de cara a gol dos nosos xogadores nas escasas oportunidades das que despuxeron. Tra-lo paso por vestiarios o equipo mudaría a faciana, estando moito máis xunto e sen permitirlle transitar ó rival, froito de eso poderíamos muda-la faciana e remonta-lo encontro, algo que se está sendo tónica habitual e que fala ben da condición física a que chegan os rapaces os intres finais dos partidos. Seguiremos traballando para mellorar, como cada día. Agrón 1 - Senior 1 O Bertamirans comeza dominando a posesión, logra adiantarse cedo no marcador e dispón de varias ocasións claras para amplia-la vantaxe pero perdoa e o Agrón consegue empatar nun saque dende o curruncho. A partir de ahí o Bertamirans intentao cun xogo directo pero o Agron logra defende-lo resultado. Un punto que sabe a pouco, pero queda moita liga, é importante seguir sumando.