Novas

Bertamiráns F.C. 1 - 1 S.D. Negreira

Valioso empate diante do líder.

Puntazo do sénior diante do líder da liga, que sabe a pouco tralo tanto do Negreira na derradeira xogada do encontro. Os nosos recibiron este domingo á S.D. Negreira para desputa-la xornada 24 do campeonato, que rematou cun empate a un gol. O gol do Bertamiráns chegou aos 15 minutos de partido despois dunha boa xogada entre Fabri, Adrián Arnejo, e Caeiro, quen se encargou de comeza-la xogada e rematala cun gran testarazo. O equipo seguiu tendo ocasións a pesares do dominio do equipo visitante, que foi quen de pornos contra as cordas reiteradas veces pero sen atopa-lo camiño do gol. Despois de máis de 90 minutos moi serios, nos que os nosos fixeron un gran desgaste, tras unha xogada a balón parado, a S.D. Negreira conseguiría o tanto que igualaba o marcador e que daría lugar ao 1-1 definitivo.
Temos por diante unha semana de esforzo para seguir mellorando de cara ao seguinte encontro, no cal visitamos ao C.D. Baio.

os nosos colaboradores

Image
Image
futgal2.jpg

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Milongas
CES CAROU
Stampa
Vaca Vella
O Establo
Emma Café
Sopgal
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal