Novas

Bertamiráns F.C. 1 - 2 S.D.V. Cabo de Cruz

Outra oportunidade perdida para sella-la permanencia.

O pasado domingo o noso equipo recibiu a S.D.V. Cabo de Cruz no Municipal para desputa-la xornada 30.
O partido comezou cun gol cedo de Adrián Arnejo no minuto 4, que logo dun segundo balón regateou ao defensa rival e puxo ao Bertamiráns por diante no marcador. Os nosos tiveron escasas ocasións para aumenta-la diferenza pero non materializaron. Aos poucos minutos de finaliza-lo primeiro tempo o conxunto visitante igualaba o partido cun disparo dende fóra da área. Na segunda metade o noso sénior dominou o xogo pero de novo con poucas ocasións claras para adiantarse no marcador, que ou as negaba o porteiro ou acababan saindo por liña de fondo. No minuto 82 o Cabo de Cruz marcaría un gol nun remate dun saque dende o curruncho para poñer no marcador o 1-2 definitivo. Na vindeira xornada visitamos ao C.D. Sport Team Estrada, para tentar leva-los 3 puntos.

os nosos colaboradores

Image
Image
futgal2.jpg

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Milongas
CES CAROU
Stampa
Vaca Vella
O Establo
Emma Café
Sopgal
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal