Outro importante punto a domicilio
O pasado domingo o noso equipo visitou ao C.D. Sport Team Estrada no Manuel Regueiro para desputa-la xornada 31. O marcador inaugurouno Adrián Arnejo no minuto 28, que veu o porteiro rival adiantado e cun gran golpeo puxo ao Bertamiráns por diante. Con escasas ocasións para ambos equipos e moita igualdade no xogo o conxunto local foi quen de empata-lo encontro cun centro nunha falta lateral. A poucos minutos de comeza-la segunda metade o Sport Team Estrada adiantouse cun remate dende dentro da área despois dun saque de banda. A tónica do partido seguiu sendo a mesma que na primeira metade, poucas ocasións claras para ambos equipos. No minuto 86 os nosos empatarían o encontro despois de que un defensor do conxunto estradense marcase un gol na súa propia meta. Na seguinte xornada visitamos a S.D. Esteirana, para tentar levar os 3 puntos e así consegui-lo noso obxetivo.