A nosa canteira brilla no campeonato galego
Este luns Eiden, xogador do Alevín "B" , consiguiu o subcampionato do Campionato Galego de Seleccións Comarcais coa selección de Santiago sub-11, despois de impoñerse por 0-1 e 1-0 ante as seleccións de Coruña e de Lugo respectivamente, e tra-lo empate a 0 fronte a selección de Vigo na fase de grupos. Na final a selección de Santiago perdeu por 0-3 fronte ao conxunto vigués.
De mismo xeito, pero na categoría sub-13, os xogadores do Infantil "B" Manu, Leo e Alberto conseguiron o subcampionato. Na primeira ronda a selección de Santiago eliminaria a selección lucense despois de ganar por 1-0. Nas semifinais os nosos xogadores enfrontáronse a selección de Ourense, e acadaron a final na tanda de penaltis, despois do empate 1-1. Na final os santiagueses perderon por 3-1 fronte a selección de Vigo.
Martina, xogadora do Infantil "C", ganou o Campionato Galego de Seleccións Comarcais Feminino na categoria sub-14. Na primeira ronda a selección santiaguesa venceu por 3-0 a Lugo. Nas semifinais volvéronse a enfrontar a selección lucense, vencendo desta vez por 2-0. Na final, faríanse co título, despois de vencer por 2-0 a selección de Vigo.
Parabéns aos nosos canteiráns!!!