Novas

S.D. Esteirana 1 - 1 Bertamiráns F.C.

O Bertamiráns FC acada a ansiada permanencia en Esteiro.

O pasado domingo o noso equipo visitou á S.D. Esteirana no Xosé Luis Vara para desputa-la xornada 32.
A primeira parte non tivo un dominador claro, posto que ningún dos equipos quería expoñer moito, deixando as costas descubertas. Malia os escasos ataques, o Bertamiráns adiantouse no marcador no minuto 24 cunha gran xogada individual de Julito, que culminou cun disparo dende fóra da área. A ledicia non durou moito para os nosos, pois no minuto 29, o conxunto local igualaba o encontro cun balón ás costas da nosa liña defensiva, que deixaron ao dianteiro rival nunha situación de man a man con Ferreiro, na que nada puido facer. Ao minuto 33 os nosos quedábanse cun menos despois de que "Ferre" evitase unha ocasión manifesta de gol. Na segunda metade o equipo soubo sufrir cun menos no campo, e os nosos xogadores fixeron grandes esforzos, traducíndose algúns deles en ocasións de gol. Aínda asi, ningun equipo foi quen de desface-la igualada e o encontro rematou co 1-1 no marcador. Con este empate o equipo alcanza os 42 puntos e por ende a permanencia matemática. Parabéns a Sechu, Edu, Marcos e a tódo-los xogadores por cumplires o obxetivo. O Bertamiráns F.C. é un ano máis de Primeira. Na vindeira xornada recibimos ao Puebla F.C. no Municipal, esperámosvos.

os nosos colaboradores

Image
Image
futgal2.jpg

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Milongas
CES CAROU
Stampa
Vaca Vella
O Establo
Emma Café
Sopgal
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal