Novas

SR Calo 4 - Bertamiráns FC 0

Dura derrota na visita a Calo froito da excesiva relaxación.

Contundente derrota do Sénior diante da S.R. Calo no Municipal de Rebordelo por 4-0.
A primeira metade rematou cun 0-0 despois de 45 minutos con escasas ocasións para ambos conxuntos, ademáis o xogo tivo pouco ritmo. No segundo tempo os nosos sufriron moito a balón parado do rival, tal e como se viu aos 2 minutos de comezar cun gol de córner do conxunto local. O nerviosismo e as presas xogáronnos unha mala pasada que se viu reflectida en ocasións para a S.R. Calo, que non perdoou, e acabouse levando os 3 puntos despois de facernos 4 goles en pouco menos de media hora. Derrota que debe servir para aprender dos erros cometidos e non repetilos no futuro. O equipo seguirá traballando para voltar a sumar puntos e consegui-lo obxectivo da permanencia.

os nosos colaboradores

Image
Image
futgal2.jpg

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Milongas
CES CAROU
Stampa
Vaca Vella
O Establo
Emma Café
Sopgal
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal