Novas

Xornada 01/05/2022

This image for Image Layouts addon

Con C de Campeón

Esta semana os equipos Alevín C e Cadete C proclamáronse campeóns das súas respectivas ligas, o cadete de maneira invicta e por segundo ano consecutivo. Ademáis o Infantil C clasificouse á fase de ascenso como subcampeón da súa liga. 
Ademáis o Infantil B acadou un moi bo resultado na ida da súa eliminatoria en Xallas.

SD Milladoiro 4 - Biberón F8 11
Partido moi ben xogado esta xornada polos nosos nenos, onde acadaron unha nova vitoria coma homenaxe para as nais, o que lles permite seguir loitando polo máis alto da clasificación. Ánimo para os peques nos vindeiros partidos.

SD Villestro 4 - PB A 5
Encontro con moitos goles e moitas ocasións para ambos, chegando os nosos a ir gañando 1-4 e cun rival que foi quen de empatar 4-4 non dando o encontro por perdido en ningún intre. Rematamo-la liga en segunda posición, proba que demostra o talento do que dispoñen estos nenos, sumado a asistencia aos adestramentos e as gañas de mellorar. Noraboa por esta gran tempada!!!

PB B 8 - SD Villestro C 3
Derradeiro partido de liga da tempada onde acadamos unha victoria moi merecida. Parabenizar ós rapaces pola gran aprendizaxe amosada durante toda a temapada, po ano que ven esperamos que melloremos estes números acadados.

EFM Boiro B 2 - PB C 2
Partido moi intenso entre os dous equipos querendo acaba-la liga da mellor maneira posible. Moi bos movementos dos nosos con moita profundidade polas bandas e rematando por dentro. Dispuxemos de varias ocasións para levarnos o partido pero tamén hai que ter en conta a boa actuación de Brais, que foi quen de deter un penalti. Boa tempada dos nosos pequenos que rematan nun meritorio segundo posto.

Benxamín A 6 - SD Villestro 3
Partido moi intenso dos nosos pequenos que cometeron tres erros que supuxeron os tres goles do rival, pero que arriba gozaron de moitas ocasións para aumenta-lo marcador.

Ulla Pontecesures CF 2 - Benxamín B 7
Partido frouxo na primeira metade onde o rival e capaz de adiantarse e chegar con empate a un ao descanso. Na segunda metade o nivel mostrado foi bo, cun gran xogo fomos quen de adiantarnos e sentencia-lo partido nos primeiros dez minutos da segunda metade.

Benxamín C 3 - SD Villestro C 3
Un dos mellores encontros do Benxamín, onde os pequenos erros cometidos fixeron que non acadasen unha victoria que sería moi merecida.

Praíña SC 5 - Benxamín D 1
Derradeiro partido e moi ben xogado polos nosos de novo, diante dun dos mellores equipos da categoría, tal vez un resultado excesivo! Primeira parte igualada, con empate ó descanso. Na segunda parte os locais foron máis certeros nas áreas.

CF Noia 2 - Alevín A 3
Bo esforzo dos nosos nun día e no que era imposible xogar. A calor era absolutamente insoportable e o campo enano. Neste contexto non se presupoñía que as cousas fosen perfectas nin moito menos. Sexa como fose, o equipo xerou moitísimas ocasións claras de gol e o resultado, pensamos, non se axusta á realidade do visto. Queda un partido de liga para rematar. Alá imos.

Alevín B 3 - SD Cacheiras 1
Partido intenso e emocionante o vivido no municipal entre dous equipos da parte alta da clasificación.
O partido comenzaba baixo o guión previsto, onde os nosos levaban o peso do partido con multiples ocasións, e mantendo ao noso rival lonxe da nosa portería. A segunda parte comenzaba igual pero nesta ocasión fosmos quen de adiantarnos no marcador e poñer terra de por medio aínda que nun saque dende o curruncho o Cacheiras consegue reducir distanzas no marcador.

ADN 1 - Alevín C 9
Os pequenos sabían da necesidade de gaña-lo partido, e así foi que non deron opcións a un rival que puxo pouca oposición. Gran tempada finalizando na primeira posición e perdendo tan so o primeiro partido de liga.

EF Lalín C 1 - Alevín E 7
Cómoda derradeira xornada para os nosos alevíns que pechan unha gran segunda volta con tan só unha derrota e sete victorias.

Infantil A 1 - Ural CF 1
Chegaba o municipal un dos equipos máis en forma desta segunda fase, axiña adiantaríanse no marcador cun gol dende o mediocampo dun dos seus centrais. Tras este gol os nosos veríanse na obriga de muda-lo plan de partido, logrando empata-lo encontro dende o punto de penalti. A segunda metade sería moito máis igualada, sen ocasións claras para ningún conxunto, chegando o final cun empate xusto no marcador.

Xallas FC 3 - Infantil B 2
Partido moi igualado o disputado polo noso equipo no partido de ida das semifinais de ascenso a liga galega. A primeira parte rematou 0-0, con moi poucas ocasións para ambos equipos, tendo unha moi clara cada equipo en sendas xogadas a balón parado. Foi na segunda parte onde o partido se rompeu, e onde quizáis o noso equipo pode decirse que mereceu o empate. Antes de marca-lo Xallas o seu primeiro gol, tivemos duas ocasións moi claras, onde Santi fai dous bos remates de testa, con dúas boas respostas do porteiro contrario. Marca o primeiro gol o dianteiro do Xallas e pronto logra empatar Xurxo. Logo en dúas contras volta a marcar o dianteiro do equipo local, Alberto. O noso equipo non se veu abaixo, e nos minutos finais tivemos ocasións como para empata-lo partido, tendo un man a man co porteiro Martin, que pasou moi preto do pau. O 3-2 definitivo logrouno Martín no último minuto do encontro, nun rechace do porteiro nunha falta lanzada por Manu. Todo queda por decidirse o próximo fin de semana no partido de volta.

San Pedro FC 0 - Infantil C 12
Partido xogado baixo un sol abafante. Os nosos rapaces fixeron un partido moi serio onde non deron opción algunha ó rival. Conseguiron así o obxetivo marcado a principio de tempada de meterse na fase de ascenso. Noraboa rapaces e agora a disfrutar competindo.

Cadete A 0 - UD Santa Mariña 1
O fútbol mostra de novo o cruel que pode ser as veces. Tras un partido moi serio e disputado por ambos equipos, serían os nosos os que tivesen a primeira chegada na primeira parte. Na segunda, ambos equipos intercambiarían golpes. Mediado o segundo acto, expulsan a un dos nosos rapaces. A pesar diso, teríamos unha boa oportunidade, non a aproveitamos, e o rival levaría o partido no último minuto tras un penalti.

Victoria FC B 1 - Cadete C 7
Última xornada de liga na que durante a primeira parte o encontro estivo bastante igualado e con erros importantes no caso do Bertamiráns, froito dun deles chegou o gol do Victoria para poñerse por diante no marcador. Despois de varias ocasións claras desbaratadas por unha gran actuación do porterio na primeira metade, conseguimos a igualada ca que chegaríamos ó tempo de lecer. Na segunda parte o equipo entrou cunha gran actitude resolvendo o partido nos primeiros dez minutos da reanudacion. Destaca-la gran tempada deste grupo de xogadores dando continuidade o feito na anterior campaña.

SD Cacheiras 1 - Cadete D 4
Esta mañán o noso Cadete D pechaba a liga contra o segundo clasificado aventaxándonos nun punto. O obxetivo era claro, quedar o mais arriba posible na liga co fin de pechar unha excelente tempada dos nosos rapaces. Iniciabamos o encontro sin seren capaces de xerar oportunidades de cara a gol grazas a un enorme traballo defensivo do equipo rival. Non sería ata o minuto 30 onde abriríamo-lo marcador, e aos poucos minutos conseguiamos poñernos 2 goles por diante. Fomos ao descanso 0-2. Sabiamos que a obriga do equipo rival para poder darlle a volta ao marcador seria muda-la forma da presión e arriscar máis, co cal se xeraríanse máis espazos que poderíamos aproveitar para sentencia-lo partido. Ao pouco de saír do descanso facemo-lo terceiro gol. Levamos un susto ao pouco, xa que o Cacheiras reduce diferenzas cun gol que podería xerar dúbidas no equipo e meter no partido ao rival. Non obstante, o equipo seguiu xogando e sendo moi contundente a nivel defensivo. Finalmente, nos derradeiros minutos do encontro facemo-lo cuarto gol. Temos que parabenizar aos rapaces pola enorme tempada realizada. So perderon 4 partidos en toda a tempada.

Ulla Pontecesures CF 0 - Xuvenil B 4
Derradeiro partido da fase regular e boa ocasión para probar cousas novas e dar minutos a tódo-los xogadores. O equipo foi quen de mante-la concentración requerida e levarse un partido sinxelo onde o noso porteiro non pasou apuros. Agora a pola fase de ascenso.

Sénior 4 - ADN 2
Quinta victoria consecutiva para afianzarse no liderato da fase de permanencia. O ADN sae repregado en campo propio e o Bertamiráns domina pero custalle xerar perigo e sufre cos baloós longos as costas da defensa. No minuto 30 o Bertamiráns marca o 1-0, o rival segue sen presionar e o Sénior xoga con máis confianza con posesións máis longas e o partido vai así o descanso. No segundo tempo o Bertamiráns sae confiado, o ADN apreta arriba os primeiros 10 minutos e logra poñe-lo empate de penalti, o Berta
reacciona e co rival máis aberto comeza a chegar con claridade, fai o 2-1 os poucos minutos e marca dous máis nos 10 minutos seguintes, 4-1 o ADN volve a replegarse e saír á contra e no 70 marca o 4-2, pero o Bertamiráns segue dominando o partido e pasan os minutos sen que nada mude, ADN adn fai un último intento de ir ó ataque e xera algunha ocasión pero o partido acaba así. Comenza a segunda volta e segue a racha de victorias, de seguir así pronto a permanencia deixará de ser virtual para ser matemática.

Gol de Martín para o Infantil B.

Gol de Carlos para o PB C.

Paradón de Brais a un penalti no partido do PB C.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal