Novas

Xornada 03/04/2022

Gran victoria do Sénior na casa diante do Abanqueiro SD.

Por fin o equipo Sénior acada unha victoria cómoda no que vai de tempada. Ademáis salientamo-las victorias do Infantil B e do Xuvenil A, ambas facilitan a consecución dos seus obxetivos. Pola contra temo-las derrotas do Cadete B e do Infantil A, que se complican un pouco as fases de ascenso.

UD Bastavales 1 - Biberón F8 14
Partido moi doado do noso Biberón o xogado nesta fin de semana. Dende o principio quedou clara a diferenza entre os dous equipos. Bonita mañán a pasada todos xuntos desfrutando do noso amado deporte.

Xuv. Oroso B 4 - PB B 2
Partido complicado diante dun rival punteiro na táboa. Pese as baixas do equipo, os nosos nenos competiron moi ben, nesta liña de traballo e xogo chegarán as victorias.

PB C 5 - SD Villestro D 1
Partido entretido o vivido no municipal de Bertamiráns onde o resultado foi o menos importante. Os nosos pequenos evolucionan na práctica do fútbol e engaden a cada partido novos conceptos que aprenderon nos adestramentos.

Cordeiro CF 0 - Benxamín A 15
Victoria cómoda dos nosos diante dun rival que non foi quen de poñer oposición.

Benxamín B 8 - UD Bastavales 2
Partido cómodo onde os nosos gañaron sen esforzarse demasiado.

Santa Marta C 1 - Benxamín C 12
Partido doado, onde dende o primeiro minuto os nosos foron quen de impor a súa superioridade técnica e física.

Benxamín D 3 - At. Fátima B 2
Partido igualado entre dous equipos da mesma zona da táboa clasificatoria, onde os nosos conseguiron impoñerse. Acadaron así a terceira victoria da tempada.

Alevín A 3 - Conxo Santiago 1
Gran resultado dos nosos cativos, destacándose na primeira praza da clasificación. O rival sería quen dominaría o balón ao longo do partido, pero as ocasións, nas contras, foron nosas.

SD Milladoiro B 0 - Alevín B 5
Partido cómodo para o noso Alevín b. Non foi o noso mellor partido nin moito menos, pero ao pouco do comezo conseguimos un par de goles que fixeron que o partido estivese controlado pola nosa parte. Foi un día no que contábamos con moitas baixas e, a pesar de tal feito, fomos capaces de non sufrir demasiado. Parabéns aos rapaces.

Alevín C 5 - Santa Marta 1
Partido moi serio que nos facilita continuar no alto da táboa clasificatoria.

Alevín D 9 - San Pedro 1
Partido dos nosos Alevins fronte o pechacancelas, non tivo moita historia, victoria cómoda que serviu para probar distintos trocos de posicións. Agora a pensar no vindeiro partido fronte ó líder.

Bandeira FC 1 - Alevín E 4
Séptima victoria consecutiva pra os nosos pequenos que gañaron de forma moi contundente na casa do líder. Moi meritoria a segunda volta que estan a realizar.

(FUTSAL) La Salle 2 - Alevín B 5
Moi bo comezo dos nosos; aos poucos minutos xa íamos gañando 0-3, e, ao descanso, 0-5.
Na segunda metade relaxámonos bastante e a falta de intensidade e acertos nas nosas decisións fixeron que os nosos rivais puideran achegarse no marcador.

(LUIS CALVO) Alevín 0 - Conxo Santiago 1
Partido moi parello, onde o rival, que volveu a te-lo balón, logrou o 0-1 a tra-lo saque dunha falta directa. Nós dispuxemos dun par de boas ocasións, pero non fomos quen de materializalas.

Infantil A 0 - CD Lugo 2
Primeira toma de contacto desta segunda fase, a cal nos deixa un mal sabor. Puidose ver un encontro bonito, onde o rival tentaba ser combinativo e os nosos tentaban non cometer erros. Deuse a posibilidade de adiantarse no marcador varias veces, o Lugo tamén tería esa posibilidade con disparos dende fora de área, pero adiantaríanse eles nunha xogada a balón parado a cal tirou por terra tódo-los esforzos realizados, sen marxe de reacción encaixaríamo-lo segundo. Esto demostra o nivel que van a ter tódo-los rivais desta fase, onde imos a ter que facer moitas cousas ben para poder acadar puntos, mante-la concentración todo o partido e non cometer erros.

SD O Pino 1 - Infantil B 3
Primeiro partido da eliminatoria da fase de ascenso do noso equipo.
Este grupo de xogadores saiu o terreo de xogo un pouco durmido, así antes de cumprirse o primeiro minuto, agasallamos cun penalti que puxo o 1-0 no marcador. Seguidamente outro erro na zona de iniciación levou a que O Pino tivese outra ocasión clarísima, que inexplicablemente o errou. A partir de ahí os nosos xogadores empezaron a facerse co encontro, onde foron sumando ocasións erradas e goles anulados por foras de xogo moi dubidosos, certo que o noso primeiro gol tamen ben precedido dun posible fora de banda non pitado. Gol de Lucas e a primeira parte remata con 1-1. Na segunda parte seguimos co dominio do encontro, tendo a maioría das ocasións, marcando Álex de penalti o 1-2 e Martin pechou o marcador co definitivo 1-3. O resultado puido ser moito máis claro, pero as ocasións erradas deixa con probabilidades de remontada o equipo do Pino.

Infantil C 3 - Conxo Santiago C 1
Gran victoria do Infantil C que lle serve para certifica-la súa clasificación para a fase de ascenso. A primeira parte os nosos rapaces desplegaron un xogo cheo de imprecisións e erros na fase de finalización, ademáis de facilitarlle as cousas ó rival regalandolle o seu gol. Todo esto tendo o rival un home menos por expulsión xusta dun defensa que realizou dúasa duras entradas merecedoras cadansúa con cartón amarelo. O descanso marchamos con empate a un gol grazas a un saque dende o curruncho ben executado xunto antes do descanso. Na segunda metade o equipo mellorou moito e co seu bo xogo e empurre acadou dous goles que puideron ser máis xa que os paos estiveron de lado do rival. Hai que seguir traballando para acada-lo segundo posto.

SD Milladoiro B 2 - Infantil D 2
Moi mal partido do Infantil D diante dun rival directo. Os xogadores saíron ó campo cunha falta de actitude e intensidade que fixo que non foran quen de rebasa-lo medio campo ata o minuto trinta da primeira parte. O equipo non estivo metido no encontra nin tan siquera cando se adiantou no marcador no minuto trinta e oito da segunda metade. A falta de intensidade amosada polos xogadores ocasionou que o rival empatase o encontro no tempo de desconto.

UD Santa Mariña 1 - Cadete A 1
Bo resultado diante dun gran rival, que desplegou un fútbol moi vistoso. Na primeira parte ambos dispuxemos de ocasiós, mentres que na segunda, puidemos mata-lo partido en máis dunha ocasión. Pero xa sabemos cómo é o fútbol, e a cousa mudaría nos minutos finais, onde foi o rival o que puido levarse os tres puntos.

Cadete B 0 - EF Lalín 1
Afrontamos un partido cheo de baixas e de infortunios da peor maneira, cunha lesión grave do noso xogador Lio, que tivo que retirarse no primeiro minuto de xogo. Os primeiros vinte minutos foron de tanteo, saímos ben a nivel de intensidade pero o rival foi quen de supera-la nosa presión e de xerar perigo. Co paso dos minutos fomos dificultando o xogo do rival e as ocasións foron aparecendo. Despois de varias ocasións claras nunha segunda metade que foi completamente nosa, chegou un penalti a favor que erramos. No último minuto o Lalín aproveitou un erro en cadea e marcou o gol da victoria.
Resultado inmerecido que non nos deixa tocados, xa que temos a confianza de poder face-lo mesmo partido que na ida pero aproveitando as ocasións que teñamos. Neste partido, demostramos moito.

Cadete C 7 - Vista Alegre 2
Partido dominado completamente polo noso Cadete que non permitiu que o rival se achegase a súa portería en setenta e cinco minutos, xa que nos derradeiros cinco o árbitro cunha falta e un penalty inexistentes permitiu que o rival marcase dous goles. Parabenizar a Xoel porteiro do Infantil B que nos axudou neste partido e cumpleu perfectamente o seu cometido a pesares da diferenza de idade.

SR Calo 0 - Cadete D 2
Esta semana ao noso cadete D tocáballe xogar contra o Calo, saída importante e que sabiamos sería complicada diante dun equipo que aínda que vai abaixo na clasificación compite moi ben. Logramos irnos ao descanso cun 0-2 a favor, marcador que non se movería ata a finalización do encontro, os minutos finais o equipo local gozou de varias oportunidades. Finalmente conseguimos os tres puntos e agora de gaña-la vindeira semana fronte ao Santiso no municipal de Bertamiráns, certificarase matemáticamente quedar no alto da táboa o que será unha enorme tempada dos nosos rapaces.

Xuvenil A 2 - E. Estrada FB 1
Boa primeira parte dos nosos xuvenís, que lograban unha vantaxe de dous goles na súa pelexa pola permanencia. Na segunda metade, o rival empuxaría para acada-lo empate, pero so foi quen de lograr recortar distanzas. A seguir!

Xuvenil B 3 - Cidade de Ribeira B 1
Cos deberes feitos xogaba o noso xuvenil xa pensando na fase final. Comenzaba ben o partido para os nosos cun bo movemento que deixaba só ao noso extremo cun man a man co porteiro rival adiantándonos no marcador. O dominio foi noso diante dun equipo que quería xoga-lo balón dende inicio pero sen chegar a xerar problemas ao noso porteiro ata que tras un erro ao tentar saír rápido ao
contragolpe chega o gol do empate. A pesar do golpe fomos a pola victoria adiantándonos de novo antes do descanso. A segunda parte xogamos mirando cara ao marcador sen pasar apuros pero tendo en conta que o resultado era moi curto. Despois dunha xogada ensaida logramo-lo terceiro que daba aínda máis tranquilidade. Octava victoria consecutiva para seguir afianzando unha idea de xogo.

Sénior 5 - Abanqueiro SD 0
Puidera parecer que, dado o resultado, o noso foi un partido brillante. O certo é que non.
Non foi diferente a tantos outros, simplemente, desta vez fomos capaces de convertir cinco das ocasións xeradas. Comezou coma case sempre, errando diante da portería ocasións ben claras. No minuto 1 de partido dispuxemos do noso primeiro man a man co porteiro rival. Dende aí ata o minuto 15 conseguemos facer dano e dispuxemos doutras dúas boas ocasións que non fomos quen de convertir. No minuto 16 acadamo-lo noso primeiro tanto e no 17 o segundo. Foi sen dúbida unha bendición posto que nos deu certa tranquilidade que nos facía falla para poder acada-los tres puntos. A dinámica na primeira parte continuou coma até o minuto 17. Pouco a pouco íanse xerando ocasións e, desta vez, conseguimos amplia-la vantaxe no marcador ata chegar ao descanso cun 4-0 no marcador. Na segunda parte o equipo baixou bastante o seu nivel, cousa que é entendible dado o marcador; tivemos ocasións para marcar máis goles e tamén concedemos un par delas ao Abanqueiro. Ningún dos dous estivo acertado e ao final, case na última xogada conseguimos o último dos nosos goles. O resultado debe darnos certa confianza pero queda moito por diante e hai q ter en conta que, como dixemos antes... non foi un partido diferente a tantos outros, simplemente estivemos máis acertados de cara ao gol.

Gol de Álex de penalty para o Infantil B.

Gol de Sebas de tiro cruzado para o Alevín E.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal