Novas

Xornada 13/05/2021

This image for Image Layouts addon

Comenzamo-la xornada con bos resultados

Comezamos esta xornada aproveitando a festividade da Ascensión, na que se disputaron xa xornadas de competición nos nosos equipos da base.

Alevín A 13- Milladoiro 0
Partido no que o noso alevín foi moi súperior ó equipo rival e goleu sen apuros.
Os nosos rapaces rematan a primeira volta líderes e invictos.

Benxamin C 10 - Noia A 1
Partido ante o Noia A, segundo clasificado, os nosos rapaces sairon moi metidos dende o pitido inicial co cal nos primeiros minutos xa tiñamos o partido encarrilado, salvo nun par de ocasions non pasamos moitos apuros. Agora a pensar no Riveira.

Benxamín D 0 - Noia B 4
Derrota clara do Benxamín D por 0-4 ante o Noia B, ao final da primeira volta, onde a diferenza podería marcarse pola efectividade diante da portería onde os nosos non foron quen de converter as súas ocasións en gol.

Agora a seguir traballando e aprendendo.

Infantil D 1 - Conxo C 5
Mal partido dos nosos rapaces que acusaron as baixas, e aínda así lograban adiantarse no marcador.

Unha mala segunda parte condenou ó equipo e o Conxo, acertado de cara a porta, non perdonou.

Villestro B 1 - Alevin B 8
Partido dominado dende o pitido inicial. Os rapaces do alevin B mostraronse dominadores a través do balón durante a primeira parte ata acadar un 0-3 favorable.
Na segunda, atoparon un rival moito mais presionante, polo que tiveron que buscar novas armas para alcanzar o 1-8 final.

Calo 1- Benxamín B 5
Un Calo moi forte poñía en apuros ao Benxamín tras adiantarse no marcador e gozar de varias ocasións para ampliar a vantaxe.
O benxamín ao que non lle estaban a sair as cousas, logrou cambiar a dinámica do partido e remontar en 5 minutos para irse 4-1 ao descanso. Unha sólida segunda parte incrementaba a vantaxe para os nosos.

Alevín  D 0 -  Conxo C 5
O equipo mezou moi serio sen apenas conceder ocasións, pero á minima o Conxo aproveitou os dous primeiros remates e puxose o encontro moi costa arriba. Na segunda parte os nosos rapaces intentárono a traves dalgunha recuperación de Martina ou un par de carreiras de Sande. Non foi posible atopa-lo camiño diante dun rival ordeado e cas ideas moi claras. 

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal