Novas

Xornada 13/06/2021

This image for Image Layouts addon

Rematan as ligas para a nosa Base

Finalizaron esta fin de semana as ligas regulares nas distintas categorías, destacamos os campeonatos acadados polo Infantil C e o Benxamín C. Ademáis Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete B e Cadete C clasificaron ó playoff de ascenso que se disputará nas vindeiras semanas.

Futsal Biberón 2 - SD Compostela 1
Gran partido dos nosos campéons onde souberon competir cada unha das castro partes. Poñen así a guinda a unha gran tempada. Agora a pensar nas vacacións e no campus do clube para pasar uns días moi divertidos xogando ó fútbol e refrescándose na piscina.

SD Amio B 0 - Infantil C 3
Partido dominado de principio a fin polos nosos rapaces. O ritmo de xogo foi moi lento debido a abafante calor que se prodiciu durante todo o encontro. Aínda así o rival non foi quen de achegarse con perigo a nosa área, e os nosos rapaces conseguiron tres tantos que puideron ser máis. Con esta victoria proclámanse campeóns imbatidos.

Benxamín C 12 - Puebla FC 1
Partido dominado dende o pitido inicial. Saimos moi concentrados, poñéndonos por diante moi cedo e non dando ningún tipo de opción ó equipo rival. Acadando un resultado claro pra os nosos nenos, con este partido saimos campeóns de grupo a falta dunha xornada. Agora a pensar no Noia.

Estrada B 3 - Benxamín B 7
Partido dominado dende o inicio mediante xogo combinativo dos nosos rapaces, que se impoñían con facilidade aos locais.

Villestro C 2 - Infantil D 3
O infantil D lograba sacar adiante unha victoria moi sufrida logo de ir gañando 1-0 ao descanso. Na segunda os locais dábanlle a volta ao marcador e, quedando menos de 10', nuns minutos máxicos de Pablo Sande (alevín D) foron aproveitados polo máximo goleador da Liga, Mattia, conseguindo así unha apretada victoria. O infantil termina a Liga nun gran 2° posto.

Xuvenil B 2 - San Lázaro 1
Partido intrascendente o xogado no municipal de Bertamiráns. O tempo tampouco colaboraba, cunha temperatura excesiva. O partido empezou cun ritmo baixo por parte dos dous equipos poñéndose o equipo visitante diante no marcador nunha xogada illada. A raiz do gol, o xuvenil aumentou o ritmo dándolle a volta ao marcador poucos minutos despois. O partido baixou de novo de ritmo propiciado polos intereses dos dous equipos e pola elevada temperatura. A segunda parte sigueu coa mesma tonica e xa non se moveu o marcador.

Milladoiro 0 - Cadete B 5
Partdido cómodo para os nosos, que xa é campeón de grupo e agora espera con moitas gañas a Fase de Ascenso a Liga Galega.

Cadete A 0 - Calasanz 0
Partido moi disputado durante os oitenta minutos sen apenas ocasións de gol que deixa nas máns dos nosos rapaces a clasificación para semifinais.

Noia 1- Alevín A 6
Partido no que os nosos rapaces comezaron xogando moi ben pero nunha falla de entendemento reciben o gol do Noia. Despois souberon seguir co seu xogo e acadaron seis goles para remonta-lo partido.

SD Compostela 5 - Infantil B 1

Derradeiro encontro de liga, no que os nosos xogadores, sairon a disfrutar sobre o céspede de Santa Isabel. Nos primeiros minutos o partido poríase en desvantaxe na primeira aproximación do equipo rival, pola contra, teríamos varias chegadas para poder empatar, non se deron, e tocou traballar ante un rival físicamente superior. A segunda metade, foi cando os nosos lograron acurtar distancias, e no mellor momento do partido, chegaría a sentenza nos derradeiros minutos de xogo e pola contra os demais goles.
Destacar a gran actuación do noso porteiro Quique, con varias paradas de mérito.

Benxamín D 0 - C.Ribeira 3
Partido loitado polo noso benxamín que mantivo o marcador axustado ata ben entrado o segundo tempo. Decantouse en favor do equipo visitante por accións de mala sorte. Moi ben loitado, nenos.

Victoria B 1 - PB A 11
Moi bo partido a nivel tactico donde fomos capaces de iniciar e finalizar casi tóda-las xogadas sin que os rivais foran capaces de aproximarse a nosa porteria.

Conxo Santiago D 1 - Alevín C 9
Moi bo partido dos nosos nenos. Foron superiores en tóda-las facetas do xogo.

Conxo B 1 - Alevin B 0
Partido frouxo do alevin, que non foi quen de soporta-lo ritmo implantado no encontro polo rival, que dispuxo de moitas ocasións na primera metade. Os nosos, so puideron xerar ocasións por medio de contraataques, desbaratados na súa maioría pola defensa rival. Aínda así, erramos un penalti que puido supoñer o 0-1.
Na segunda metade, o rival logra o 1-0 definitivo.

Victoria CF 2 - Infantil A 0
Partido no que os nosos disputaban o primeiro posto cos coruñeses. Partido disputado ata o minuto 30, onde o rival logra o primeiro tanto por medio dunha acción embarullada. Posteriormente, acaban cun xogador expulsado tras unha entrada fea, ainda que involuntaria. Aos poucos minutos amplían a vantaxe nunha xogada que parecía non ter perigo. Na segunda metade, os nosos intentarono ata o final, pero sen acerto para finaliza-las xogadas. Gran tempada dos rapaces. Noraboa para eles.

Despois desta tempada despedímonos de Quique, porteiro do Infantl B, xa que se muda fóra de Galicia coa súa familia. No video que temos a continuación vémo-la despedida que lle dan os seus compañeiros de equipo.
Moita sorte Quique!!!!!!

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal