Novas

Xornada 13/11/2022

Por fin chegou a primeira victoria a domicilio do Sénior.

O Sénior por fin cosechou os primeiros tres puntos fóra do Municipal de Bertamiráns, venceu a domicilio ó Valiño cun contundente 1-4. Ademáis salientamo-la victoria do Xuvenil B en Calo, onde consegue 3 puntos valiosísimos para acada-la asnsiada permanencia.

SD Cacheiras B 2 - Biberón A 0
Derrota como visitante nun partido onde en liñas xerais fomos mellores ca eles, pero o rival tiña un xogador física e técnicamente moi avanzado para esta categoría e logrou marca-las diferenzas anotando tódo-los goles. Temos que seguir adestrando para mellorar.

Villestro SD A 4 - Biberon B 0
Partido moi complicado para os nosos, xa que o rival tiña xogadores de segundo ano moi corpulentos e moi superiores físicamente aos nosos, non puidemos meter ningún gol en ningunha das catro partes, pero os nenos traballaron e esforzáronse e polo tanto melloran cada partido.

PB B 5 - Cordeiro CF B 2
Victoria do noso equipo que de novo estivo completo, despois de sufrires diversas enfermidades de caracter vírico. Isto provocou que fora un partido no que non estivemos moi acertados, debido á falta de adestramentos, pero que fomos quen de sacalo adiante. Tódolos nenos puideron disfrutar dunha bonita tarde facendo o que máis lles gusta. Agora a traballar para recuperar ao grupo e seguir aprendendo cun sorriso sempre.

Milladoiro SD 0 - Benxamín A 11
Partido serio, diante dun rival que non foi quen de presentar oposición. Toca seguir aprentando neste tramo decisivo de liga.

ED O Dolmen Tordoia B 1 - Benxamin B 6
Partido onde os nosos foron moi superiores, pero custou acada-lo primeiro gol, a partires de ahi acadouse unha victoria cómoda.. cabe destacar que ante a ausencia do porteiro tódo-los xogadores do equipo ocuparon a porteria para seguir ca súa aprendizaxe.

SD A baña 1 - Benxamín C 2
Bo partido do equipo, certo é que na primeira metade non estiveron tan eficientes como na segunda, xa que na primeira a penas conseguimos ocasións claras de gol e concedendo unha contra ó rival que aproveitou para adiantarse no marcador. Na segunda o equipo comezou a enlazar mellor as xogadas e froito deste dominio chegaron as ocasións de gol, primeiro cun penalty transformado e despois cunha falta ben excutada, e con esto o equipo conseguiu darlle a volta ó marcador. Seguimos traballando cada semana para mellorar.

Benxamín D 1 - AD Nicrariense 1
Partido igualado o xogado polos nosos pequenos onde o empate foi un resultado xusto visto os méritos dos dous equipos. Puido haber máis goles pero a boa actuación dos porteiros e a falta de punteria impedíronno.

Milladoiro SD 0 - Alevín A 5
Foi unha fin de semana productiva para os nosos, cambiáronse algunhas directrices no noso xogo e saíron moi ben. Foi un pracer ver a capacidade que os nosos rapaces mostraron para entender e executa-los trocos propostos. Estivemos moi involucrados, moi atentos e traballadores, para mostra o resultado diante dun equipo incómodo e competitivo como é o Milladoiro. Toca seguir insistindo, tratar de muda-lo que faga falta para esta-lo mellor posible e avanza-lo máximo posible. Temos máis potencial do que estamos sendo capaces de mostrar pero estamos seguros de que imos ir a máis.

Alevín B 6 - CF Cire Melide 3
Victoria importante diante dun rival dos postos altos. Seguimos un pouco espesos na elaboración do xogo pero contiuamos a crer na idea de gañar a través do xogo combinativo. Sexta victoria consecutiva e a traballar para máis!

Alevin C 14 - CD Rois B 0
Partido do noso Alevín C diante do pecha cancelas. Partido dominado como reflicte o resultado final agora a xogar polo primeiro posto fronte o segundo clasificado que está igualado a puntos. Ambos equipos xa ca plaza pra segunda fase acadada.

SD Dubra B 0 - Alevín D 10
Partido dominado polos nosos nenos dende o pitido inicial. Gran victoria que nos serve para clasificarnos matemáticamente para a fase seguinte. Pelexaremos na derradeira xornada polo primeiro posto desta primeira fase.

Alevín E 1 - AD Nicrariense B 2
A pesar do resultado, gran partido dos nosos diante do terceiro clasificado. O encontro comeza moi serio para ambo-los dous conxuntos pero nos íamos ser quen tiveramos máis ocasións e mellor xogo na primera parte, de ahí poñeriamos o 1-0 grazas a un bo remate de córner pero pouco despois debido a falta de intensidade encaixaríamos co que nos fomos con empate camiño dos vestiarios. Na segunda parte o rival ten maís ocasións e nos preparámonos para saír á contra pero non houbo maneira de acadar un gol nesas contras e finalmente o ADN acabaría facendo o 1-2. Coa vista xa no seguinte partido e traballando así a victoria estará moi preto!

Infantil A 3 - Racing Club Ferrol 2
Empezou mal o noso equipo, con erros constantes nos pases e mal posicionados, que levaba o equipo rival a dominarnos. Así no minuto 10 adiantaríanse no marcador por medio de Pablo Bouzada. Despois disto, o Berta empezaría paseniñamente a achegarse a portería contraria e a ter ocasións claras. Así nun roubo en tres cuartos de campo, os nosos trenzan unha boa xogada que acaba finalizada cun bo golpeo na frontal da área por parte de Pérez a escadra, rematando o balon no fondo da rede. Esto fai que o noso equipo suba unha marcha, conlevando boas novas, xa que no minuto 38, noutra xogada rápida, Alex dende a zona esquerda da área de ataque cruza o balón moi ben e remata entrando pola cepa do poste contrario. Gol importante e psicolóxico, xa que pouco despois o colexiado indica o descanso. A volta dos vestiarios, voltamos a ver un fútbol intenso, con chegadas por parte dos dous equipos as áreas rivales. Destacar unha falta directa do equipo visitante, nun lanzamento lonxano por riba da barreira, obriga a Xoel a sacar un balón da escadra a man cambiada, parada espectacular e de gañar puntos. Vendo ademais que pouco despois, e preto de cumprirse o tempo regulamentado, nun saque dende o curruncho perfecto, Pérez remata de testa de forma inapelable e fai o 3-1. Podería pensarse que este sería o resultado definitivo, pero nada máis lonxe da realidade, xa que no tempo engadido, nunha falta lonxana e colgada a área, crease unha indecisión entre o noso porteiro e os defensas, a pelota queda morta preto da meta e esta é empurrada por un rival o fondo da rede. Pouco tempo quedaba pero os nosos sufriron ata o pitido final. Bonito e intenso partido.

AD Nicrariense 0 - Infantil B 11
Comezaba o encontro co rival plantado no seu campo e buscando roubar algun balón para montar algunha contra, pero o equipo non dou opción en ningún momento mostrandose moi seguro co balón. Nos minutos 9 e 10 Elihan poñia o 0-2 no marcador, e de seguido Dario, Elihan e Fabio sentenciaban a primeira metade cun claro 0-5. O segundo tempo discurriu da mesma maneira e os goles ian chegando, Dario de novo marcaba 2 , Rodri outros 2, Gabi e Marco para pecha-lo partido no definitivo 0-11.

SD A Baña 0 - Infantil C 12
Partido sen moita historia onde fomos superiores en todo momento a pesares de que nos costou adaptarnos as medidas do campo e o movemento do balón en ocasións era moi lento. No momento que se entendeu onde estaban os espazos empezaron a aparece-las ocasións e por ende os goles.

ED O Dolmen de Tordoia 4 - Infantil D 2
A diferenza de idade nesta categoría pasa factura. Derrota diante dun rival de 2⁰ ano, facendo as cousas serias, pero non fomos quen de iguala-la forza fisica do rival, a pesares desa adversidade e estando 4 goles por debaixo, fomos quen de saca-la testa e chegariamos a iguala-lo encontro se o colexiado nos permitise os dous goles que anulou en dubidoso fora de xogo.

CD Lugo B 2 - Cadete A 1
Mal partido o visto no Rodríguez Lago 1, onde o noso equipo sae derrotado e perde a primeira posición da táboa. Empezou o partido con graves erros por parte dos dous equipos, o equipo local perde varios balóns na súa parcela de iniciación sen os nosos aproveitar para conseguir o primeiro tanto. Pero nos tamén estaríamos imprecisos ca pelota, menos intensos, sen gañar unha disputa nin un segundo balón. Pero así a todo, nunha contra as costas do lateral dereito local Mateo logra poñer un centro e despois dun rechace Rodri envía o balón ó fondo da rede. Polo visto ata ese momento, o Berta non merecía ir gañando, e nin o gol conseguiu activar os nosos. Desta maneira, o Lugo acabou facéndose co encontro, logrando o gol do empate Gael, despois dun erro da nosa defensa. Esto intensifica máis o dominio rival e afunde os nosos, e así tan só seis minutos despois, nunha serie de erros encadeados o Lugo fai o 2-1,
gol marcado por Pablo García. Mentras que no resto da primeira parte o noso equipo non logrou inquedar a meta rival. Despois do descanso, o Berta segue durmido, tendo varias ocasións o equipo da cidade amurallada para sentencia-lo encontro, pero non o fixo. Así nos minutos finais os nosos despois dun troco de sistema, pasando a xogar con dous dianteiros e envíos de balóns en longo, Mateo nun destes puido face-lo 2-2 nun remate escorado, onde o gardameta ten unha boa intervención. Pouco despois e xa no tempo engadido o árbitro puido interpretar como pena máxima unha entrada a Lemos, pero non o fixo así, finalizando o encontro có 2-1. Moito que traballar visto o visto se queremos ascender.

Cadete B 2 - Bastavales UD 1
Partido no que o rival nos recibia totalmente replegado e nos custaba moitísimo xogar por dentro. Moi mala primeira parte dos nosos, que sendo fieis ao que se traballa durante a semana pero con circulacións moi lentas que non intimidaban ao rival, a primeira metade remataba cun empate a 1 gol. Na segunda o equipo saiu mais enchufado e xenerou bastantes máis ocasións de gol obrigando ao porteiro rival a facer varias paradas. Ao final un golazo de falta de Yerai fixo que os tres puntos quedasen no municipal. Debemos mellorar bastante si queremos estar nos postos altos da táboa. A seguir traballando.

SR Calo 1 - Cadete C 6
A pesares do resultado o equipo rival foi un opoñente serio e duro, pero cando se fan as cousas con intensidade, intencionalidade e gañas pois ocorre que ademáis saen ben e vense reflectido nos resultados. Bo traballo grupal, seguimos formando.

Xuvenil A 2 - Racing Club Ferrol B 0
Partido moi serio do noso Xuvenil, que foi quen de sacar adiante con moito traballo con balón o que fixo que apenas sufrise acometidas na súa portería. O primeiro gol veu despois dun saque dende o curruncho ben executado por Rodri que Dopazo consegue rematar dentro da área pequena, con esta vantaxe marchamos ós vestiarios. Na segunda metade seguimos dominando o balón grazas a grande labor realizada no medio por Varela, Fran, Álvaro e Rodri. O segundo gol chega despois dunha gran xogada combinativa que remata Álvaro cun gran disparo dentro da área. Parabenizar a todo o equipo porque a pesares das baixas foi quen de saca-los tres puntos.

SR Calo 0 - Xuvenil B 3
Partido moi ben xogado polo noso Xuvenil, que foi quen de desbaratar as acometidas do rival con intensidade, gañando as dispùtas e os segundos balóns para que así o rival non puidera achegarse a nosa portería en ningún momento. Na primeira metade a penas houbo ocasións de gol por parte de ambos conxuntos xa que o Calo soubo desbaratar as nosas e abundou o xogo directo sumado a que o Bertamiráns abusou das conduccións no medio do campo e non buscou triangulacións, estas facían moito máis dano ó rival.  Na segunda metade cos trocos o Bertamiráns foi quen de achegarse máis a área rival xa que fructificaron as triangulacións e conseguía xira-lo xogo á banda contraria buscando os espazos que deixaba o rival. Así Vizcaya, Kike de penalty e Labandeira conseguiron os tres goles do equipo.

SD Valiño 1 - Sénior 4
Esta fin de semana chegou, por fin, a primeira victoria do Sénior a domicilio. Foi un partido moi duro, xogamos contra o Valiño, un dos mellores equipos da categoría. Nós non aforramos ningunha carreira nin ningunha disputa, estivemos serios, metidos no partido, sen demasiadas dúbidas na defensa organizada e bastante finos na transición defensa-ataque. O rival manexou a fase de ataque organizado con maior eficacia ca nós pero non foi quen de chega-la profundidade. Pódese dicir que durante varios minutos, na primeira parte, despois do 0-2, o rival foi quen de someternos e darnos un par de toques de atención. Quitando ese momento, a nosa estructura defensiva non se viu ameazada. En relación a nosa fase de ataque posicional dicir que o rival púxonolo moi difícil, obrigounos a escoller camiños distintos aos que máis nos gustan. Sexa como fose, 3 puntos máis e moi merecidos; fomos quen de xerar moitas ocasións de gol, tamén de acertar máis de cara a portería do que acertou o Valiño. Para a semana máis!!

Equipo do Infantil C que gañou na Baña.

Image

Golazo de Iker na victoria do Sénior en Valiño.

Gol de Yerai de falta directa na victoria do Cadete B.

Gol de Pérez na victoria do Infantil A.

Gol de Sebas para o Alevín B, despois dunha boa xogada combinativa.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal