Novas

Xornada 16/04/2023

Gran victoria a domicilio do Xuvenil B

Importantísima victoria do Xuvenil B en Negreira que lle permite soñar con acada-la permanencia na categoría. Ademáis o equipo Sénior segue con paso firme cara o ascenso directo con outra goleada na casa diante do Agrón. No debe queda a derrota do Cadete A na Coruña por 1-0 diante do Atlñetico Coruña Montañeros CF.

PB A 4 - Cidade de Ribeira CF 2
Partido do noso Prebenxamín A diante do Ribeira, víronse dous equipos que saíron a polo partido dende o pitido inicial. A itensidade amosada por ambo-los dosu conxuntos veuse reflectida no marcador da primeira metade cun empate a dous goles. Na segunda metade axustamos mellor a defensa e o rival non foi quen de facer ocasións claras de gol, pola contra en ataque a pesares de facer dous goles estivemos algo faltos de puntería. Seguimos traballando para tratara de saír campeóns de liga.

PB B 4 - CCCD Taragoña 4
Un partido moi ben xogado polos nosos nenos, amosando a boa fase que están a pasar en canto a bo xogo, unha mellora acadada tralo bo traballo feito nos adestramentos. O partido comezou cun gol en contra que fomos quen de remontar e poñernos 3-1 cun xogo moi rápido e preciso onde por momentos dominamos ó rival, quen en dúas contras foi quen de empatar nos derradeiros minutos, pero isto non debe ensombrece-la progresión do grupo ó longo do ano, que é para estar moi orgullosos do equipo. A seguir nesta liña e ánimo rapaces!!

Cidade de Ribeira 0 - Benxamín A 6
Os cativos do benxamín apretan nesta recta final en busca do obxetivo. Partido doado no barbanza onde os nosos se adiantan moi cedo no marcador o que fai que leven o peso do partido con moita tranquilidade.

ED O Dolmen de Tordoia B 0 - Benxamín B 11
Partido onde os nosos, unha vez máis, amosan a súa superioridade e certifican matemáticamente o primeiro posto nesta fase. Un partido máis para que os nosos continúen ca súa aprendizaxe.

Cordeiro CF 2 - Benxamín C 0
Partido onde o rival con dúas accións a balón parada foi quen de levarse os puntos en xogo. Aínda así, gran actuación dos nosos que amosaron o seu progreso tanto en posicionamento táctico coomo en accións combinativas, foron superiores en xogo ao rival. Seguimos traballando para mellorar.

Cordeiro CF C 0 - Benxamín D 9
Partido con pouca historia o xogado polo noso benxamín, xa que nos permitiu probar a xogadores en distintas posicións da que o viñan desempeñando habitualmente co fin de que sigan progresando como xogadores e principalmente como persoas.

Cidade de Ribeira CF 4 - Alevín A 1
Partido difícil diante dun equipo moi bo e moi intenso, ao que viñamos de gañar na final da Arousa Cup. Comezaba o partido como esperabamos con moita intensidade por parte do Ribeira buscando golpeos en canto tiveran oportunidade. Tapabamos ben os golpeos e con boas basculacións, non pasabamos demasiados apuros. Na saída de balón en ocasións había un pouco de precipitación o que permitía ao Ribeira roubar pronto pero lonxe da nosa portería. Como ben sendo bastante habitual esta tempada, a balón parado tras un saque dende o curruncho o rival adiantábase no marcador. Na segunda parte foi polos mesmos derroteiros que a primeira cando nun erro encadeado e sen perigo aparente volve a marca-lo segundo. A partires de ahí aumentan as imprecisión o que nos fai cometer maís erros e ao rival amplia-las diferenzas. Fomos quen de reducir distanzas tras unha boa acción combinativa que daba lugar ademáis ao final do partido.

EF Lalín B 0 - Alevín B 3
Derradeiro partido de Liga que nos deixa como subcampeóns, empatando só un partido e perdendo outro en toda a tempada. Gran partido dos nosos que fixeron unha temporada magnífica sendo todos xogadores de primeiro ano.

Alevín C 5 - Puebla FC 1
Partido do noso Alevín sen nada en xogo salvo remata-lo ano invictos. O equipo saiu sen intensidade na primeira metade e apenas xerou ocasións de perigo, na segunda subiu unha marcha máis e grazas a elo foron chegando os goles.

Alevín D 4 - Carreira CF B 1
Un partido moi trabado e marcado polas nosas baixas, decídese nunha boa segunda metade dos nosos na que foron quen de remonta-lo gol inicial do rival.

SD A Baña 4 - Alevín E 4
Partido importante para nós, xa que puntuando poderíamos escalar un pouquiño na clasificación.
Comezabamos moi intensos, cunha presión alta e con moitas ocasións, iso faria que aos poucos minutos foramos 0-2 gañando. Pero non ía ser todo tan bonito xa que cometemos erros graves na defensa coma malos despexes ou mal posicionamiento, polo tanto á conclusión da primeira metade o marcador sinalaba táboas. Na segunda metade fomos quen de poder adiantarnos no marcador pero o rival sempre respostaba coutro gol. A piques de remata-lo partido recibiríamos o 4-4 final e facer un reparto de puntos.
Unha mágoa xa que a nivel ofensivo mostramos un bo fútbol e puidemos marchar a casa cos tres puntos pero os erros na parcela defensiva fixo que non fora así.

Oza Juvenil SD 0 - Infantil A 3
Tres novos puntos do noso primeiro equipo infantil, que xunto co empate do Victoria en Viveiro, implica que recupera-lo liderado da liga. Comezou o encontro cos dous equipos pelexando por facerse co dominio del, cunha presión alta por ambo-los dous, o que facía que se buscase a meta contraria con xogo directo. A primeira ocasión clara do Berta, sería, coma non, a balón parado, nun saque dende o curruncho esquerdo. O balón pono Pérez directamente no segundo pau, onde Lucas remata doado, abaixo, e o meta local desbarata a ocasión nunha magnifica intervención. Pouco despois, o Oza tería a súa única ocasión en todo o encontro. Sería nunha xogada pola banda dereita, pon un centro o extremo e aparece no segundo pau compretamente só o extremo contrario que remata fóra. A partires de aquí toda-las ocasións serían do equipo visitante, e o primeiro gol chegaría no minuto 31, nun saque dende o curruncho dereito que pon Diego o primeiro pau, onde Santi fai un remate de testa cara o segundo pau e éste chega ao fondo da rede. O seguinte gol viría no minuto 37, nunha xogada pola banda dereita, onde Matteo pon o centro e éste despois de varios rexeites acaba chegando o segundo pau, sendo Pérez quen empala o balón ca sua perna menos boa dunha maneira perfecta, entrando na meta local pola súa parte esquerda. Có 0-2 fómonos aos vestiarios. Na segunda metade o Berta sae un pouco descentrado, pero pouco a pouco voltou a asentarse no campo e no minuto 53 chegaria o terceiro. Sería nun balón en longo, onde Pérez pelexa co meta local na área, este despexa de puños e cae na frontal da área grande nos pés de Lucas. Éste remata de primeiras e fai unha vaselina perfecta que se cola preto do longueiro da meta local. Nos minutos finais, entra Álex no campo e tería tempo para facer unha boa arrancada pola banda esquerda, poñer un bo balón ao segundo pau, onde aparecería Hugo con opcións de rematar, pero tarda moito e a defensa local logra afasta-lo perigo. Encontro serio que permite suma-los tres puntos.

Infantil B 4 - Cidade de Ribeira CF B 4
Intenso e cheo de emocións o encontro disputado este Domingo por ambo-los dous conxuntos.
Os nosos pegaban primeiro con 2 tantos de Fabio e Darío antes do descanso que facían xustiza no marcador. Trala reanudación un erro defensivo provoca o 2-1 e seguidamente un desafortunado despexe na área pola nosa parte dalle na man a un xogador noso e provoca un penalti deses que se pitan no fútbol "moderno", anteriormente o colexiado cómese outro clarísimo na área do rival por un empurrón cando quedaba só para rematar. Pero así é este deporte, e o rival con ese penalti faría o 2-2 no marcador, co equipo volcado en busca do terceiro una contra mal defendida pola nosa parte provoca o gol do rival 2-3 no minuto 60 de partido. Quedaba tempo e o equipo segue a traballar e xera ocasións para remontar pero non é quen de materializar, ata que unha gran xogada por banda dereita cun centro académico de Simón á testa de Fabio que marca para empatar 3-3 no minuto 68. Seguimos empurrando e metiendo ao rival na sua área, dispoñemos de 4/5 ocasións inmellorables pero unhas veces o gardameta, que fai dúas paradas espectaculares e outras nós mesmos, que non fomos capaces de materializar. Ata que chega unha clara falta na frontal que provoca a expulsión do porteiro, o rival quedaba con 10. Simón executa perfectamente para poñer o 4-3 no minuto 80. Co partido finalizado e o colexiado a punto de pitar o rival saca de centro e concedemos un córner, o partido esta acabado pero permite sacar e o seu porteiro, libre de marca, que subiu a rematar de maneira desesperada empata un encontro de infarto. 4-4 final.

Infantil C 5 - Puebla CF 0
Partido para recuperar sensacións despois de 15 días de descanso competitivo. Síguenos faltando saber o que queremos facer co balón e detectar o home libre para xerar boas situacións. Levamos o peso do partido e por momentos dábanse boas situacións de saída de balón e de circulación do mesmo pero debería selo habitual e non o excepcional. A seguir traballando.

Infantil D 12 - Victoria FC B 1
Rival que non opuxo resistenza e co paso dos minutos foron chegando os goles.

SD Compostela B 1 - Cadete B 4
Na matinal deste Domingo o noso 2º equipo cadete visitaba o campo municipal de As Cancelas onde o esperaba a SD Compostela. Iniciabamos o partido a nivel defensivo moi fríos e iso fixo que tras un desaxuste defensivo iniciase o equipo local con vantaxe no marcador. Na primeira metade xeramos máis ocasións de gol, nas que o porteiro local estivo moi ben, e impediu que empatásemos o encontro antes do tempo de lecer. Tra-lo paso por vestiarios e tras correxir unha serie de conceptos o equipo saíu bastante máis enchufado e logrou sobrepoñerse e gaña-lo partido con solvencia.

Cadete C 0 - Victoria FC B 1
Mal resultado do noso equipo. Partido para esquecer. En ningún momento competimos diante dun rival que só amosou no campo as gañas, a forza e a sorte dun gol por erro noso no final da primeira metade. Seguimos formando.

Xuvenil A 9 - CF Dumbría 1
Partido moi serio dos nosos xuvenís que foron quen de controlar en todo momento e non pasar apuros en ningún momento do mesmo. Tanto os xogadores que foron titulares coma os que saíron dende o banco de suplentes aportaron traballo para que se conseguise este magnífico resultado. Temos que seguir traballando para acada-la ansiada clasificación para o play-off de ascenso.

AD Nicrariense 0 - Xuvenil B 6
Gran victoria dos noso segundo equipo xuvenil que lle achega un pouco máis ao obxetivo da salvación. Partido no que o equipo soubo traballar en defensa xa que foi quen de non recibir ocasións claras, pero no que lle custou chegar con claridade á área contraria na primeira metade, xa que non foi ata os minutos finais da mesma cando se acadaron dous goles obra de Vizcaya e Antelo. Na segunda metade o cansanzo do rival e a intensa calor fixo que baixase un pouco o ritmo do encontro e as ocasións so se producisen na meta contraria. Salientar o gran traballo de Chapela que viña dunha longa inactividade competitiva.

Sénior 6 - Agrón Barcala CF 1
Máis alá do resultado cabe dicir que o partido foi moi malo. Non houbo intensidade nin ritmo en ningún momento do partido. Evidentemente a tremenda calor que facía resultaba insufrible e, en boa medida,
o partido veu marcado por eso e tamén polas baixas en ambos conxuntos.

Golazo de falta directa de Lois para o Alevín E.

Gol de Santi coa testa para o Infantil A.

Gol de Mateo para o Alevín D.

os nosos colaboradores

Image
Image
futgal2.jpg

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Milongas
CES CAROU
Stampa
Vaca Vella
O Establo
Emma Café
Sopgal
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal