Novas

Xornada 16/05/2021

This image for Image Layouts addon

Rematamo-la xornada con case pleno de victorias

A continuación detallamos o que aconteceu nos derradeiros partidos da xornada que comezara entre semana debido a festividade da Ascensión.

Milladoiro 1 - Xuvenil A 3
Partido espeso do noso xuvenil no Milladoiro, que sumadas as condicions meteorolóxicas tan adversas do día de onte, impediron que se vise un bo partido. O partido decidiuse con tres accions aisladas que nos permitiron logra-los goles.

Conxo Santiago B 1 - PB A 9
Gran partido dos peques que mostraron un gran fútbol. O equipo colocouse en tres cuartos deixando iniciar e a partir das pérdidas do equipo contrario atopou os espazos necesarios para rematar tóda-las ocasións. Destacou Martín Silva que foi quen de anotar 5 tantos.

Cadete B 2 - EF Lalín 1
O Cadete atopouse no primero tempo cun gran ritmo, agresividade e intensidade defensiva por parte do EF Lalín poñendose por diante no marcador no minuto 20 tra-lo único erro que cometeu o Cadete B na Fase de Iniciación. Según avanzaban os minutos os nosos deron dominado o balón durante o primeiro tempo o que se reflexou en perigo e ocasións non sendo quen de empata-lo partido ata o minuto 68 por medio de Recho que nun balón morto na área fai o empate. E, para poñe-la guinda o gran partido do equipo, no minuto 73 de novo Recho, cun gran golpeo dende fora da área da a victoria o equipo e deixanos a un paso de cerrar matemáticamente o acceso o play off de ascenso.

Cacheiras 0 - Cadete C 4
Partido que dende o primeiro momento tivemo-la posesion e no que o rival buscaba balóns as espaldas da nosa defensa. Conseguimos adiantarnos os 5 minutos na 2° ocasion que dispuxemos. Durante os seguintes minutos repartironse varias ocasións para uns e outros, as ocasións rivais foron a balón parado. Pero o fío dondescando marcamos o 2° gol rematando cas esperanzas do rival.
Na segunda metade o control do partido foi total. So crearon peligro a balón parado. Sentenciando co 0-3 e xa no tramo final incrementando oresultado a un 0-4 reflexando o gran partido feito por todo o equipo.
Victoría importantísima para acadar a clasificación para a seguinte fase.

Estrada C 1 - Alevín C 4
Os nosos impuxéronse con moita superioridade na Estrada, nun campo moi complicado debido as condicións meteorolóxicas.
Partido cómodo de principio a fin cun hat-trick de Mario.

Amio 2 -  PB B 4
Partido no que o prebenxamin partía como claro favorito e veuse reflexado nos primeiros minutos o que levou a relaxacion. Mala primeira parte na que acabamos 1-1. A segunda parte cun Dani enchufado, metendo dous goles estivemos mais tranquilos.

Amio 1-0 PB A (4-2) global : FUTSAL
Partido moi intenso donde xeramos moi poucas oportunidades. Moito fisico e moita loita donde os nosos PBs foron capaces de remontar o 2-0 inicial, pero no último cuarto nos ultimos 3 minutos eles aproveitaron as súas ocasións, e nos fallamos o man a man que temos para poñernos por diante. Co equipo volcado chega o último gol e o final do partido.

Benxamín 7 -  Victoria C 0 : FUTSAL
Posiblemente fose este o noso mellor partido no q vai de tempada. O equipo saiu con moitas ganas dende o primeiro minuto e foi capaz de manter ese gran nivel ao longo dos minutos.
Toca pois felicitar aos nosos polo esforzo mostrado, tanto a nivel condicional como a nivel mental.
A felicitación debe ser maior se cabe posto que no plano técnico-táctico foron precisos e rigurosos.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal