Novas

Xornada 22/05/2022

Infantil B campeón da fase de ascenso a Liga Galega.

Esta fin de semana estivo marcada polo gran éxito do noso Infantil B que se procalamou campéon da fase de ascenso a Liga Galega contra todo pronóstico, xa que sendo rapaces de primeiro ano competindo diante de rivais de segundo ano esto é unha auténtica xesta. Noraboa ós rapaces e os seus adestradores Vilouta e Boga. 

Ademáis esta fin de semana disputáronse as fases intermedias do campeonato galego de fútbol 8 en Narón onde tivemos representación do clube en diferentes categorías.

RC Deportivo da Coruña 5 - Infantil A 2
Visita A Coruña para enfrontarnos ó líder da categoría, nun encontro complicado dado o nivel dos xogadores rivais. Comezaría o partido cun Depor dominador e un Berta esperando, así tras algún roubo fixemos moito dano, aínda que tamén o Depor cando chegaba a fase de finalización. Adiantámonos no marcador e ampliamos distanzas para irnos ó descanso gañando 0-2. Na segunda metade o Depor incrementaría a velocidade, o cal fixo que nos viramos superados e con moitos metros para correr detrás do balón. Bo partido do equipo, que pesa a derrota ten que saber o tipo de xogadores que ten enfronte.

Infantil B 3 - E. Estrada FB 0
O infantil B logra gaña-la fase de ascenso á liga galega, e agora toca esperar polos resultados do infantil A para poder facerse efectiva. Partido con moi poucas ocasións, onde o principio se veu o nerviosismo en ambo-los dous equipos, e que non era un partido máis. Todo esto trocou no minuto 15, onde Dani comeza moi ben unha contra, e Álex despois dun gran pase de Martín logra face-lo primeiro gol nun man a man contra o porteiro. A partir de ahí, o noso equipo fíxose forte atrás, esperando que cometese algún erro e aproveita-lo. Así nos derradeiros minutos da primeira parte, un tiro lonxano de Viqueira é repelido polo porteiro, pero o balón cae nos pes de Lucas e fai o segundo gol. Na segunda parte o Estrada sae moito máis ofensivo, mete un dianteiro máis, pero os nosos rapaces están serios e non dan opcións. Con todo esto o equipo rival descoida a súa parte defensiva e nos derradeiros minutos, nunha contra, Martín logra o 3-0 definitivo. Noraboa campeóns!!!

Cidade de Ribeira B 3 - Infantil C 0
O fútbol foi moi inxusto cos nosos rapaces esta fin de semana. Este era o partido máis importante da tempada e os nosos rapaces souberon estar á altura das circunstancias, pero unha vez máis os nosos erros defensivos e a labor arbitral fixeron que o sono do ascenso quede seguramente para outro ano. O peso do partido levámolo en todo momento, pero non fomos quen de ter ocasións moi claras na primeira metade, o rival tampouco se achegou con demasiado perigo, pero unha vez máis concedemos un agasallo nun saque dende o curruncho que nos custou moi caro. Á volta de vestiarios o equipo saiu decidido a gaña-lo partido e fixo os méritos necesarios para elo pero desta vez topouse co árbitro que decidiu que él non era neutral que él é do Ribeira e que quizáis algún día lle dean unha oportunidade de xogar alí despois do favor que lles fixo na segunda metade. Este individuo decidiu mirar para outro lado na área do Ribeira e así é imposible. Ó final co equipo volcado o rival aproveitou dúas contras. Mentres as matemáticas nos dean opcións non queda outra que seguir traballando.

Cadete D 8 - SD Milladoiro B 0
O noso cadete afrontou un partido sen complicacións contra un rival moi inferior. Superior durante todo o partido, o rival non foi quen de intimidar en ningún momento do partido ao noso porteiro. Aínda que na federación poñan que o resultado foi un 7-0, debeu ser unha equivocación por parte do árbitro, xa que non debeu anotar o tanto do noso xogador Odei.

Xuvenil B 3 - Cía de María 4
Partido para esquecer o realizado polo noso xuvenil despois de varios partidos a un moi alto nivel, onde apareceron os erros puntuais en varios momentos do partido que non fomos quen de correxir e que provocaron que finalizaramos a primeira parte por debaixo no marcador a pesar de que non se estabamos xogando tan mal partido. Na segunda parte fomonos arriba para logra-lo empate o antes posible pero non era o noso dia e dous erros acabaron en otros dous goles. Con este resultado o ascenso está máis difícil pero non imposible polo que seguirémolo intentando.

Sénior 1 - Agrón CF 4
Último partido na casa con sabor amargo. É certo q o partido era intrascendente pero tamén é certo que a intensidade mostrada foi nula. Se á falta de intensidade sumamos os erros nos primeiros minutos enténdese que o marcador reflectise o amosado ao descanso. A segunda parte non foi moi diferente, é certo que cometemos algún erro defensivo menos pero tamén é certo que de cara a gol non tivemos acerto ningún.

FASE INTERMEDIA PREBENXAMÍN

Bonita xornada a que viviron os nosos prebenxamíns, foi un sábado cheo de emocións e disfrute dos nosos rapaces, onde se enfrontarían aos mellores equipos da zona norte de Galicia.
Chegaríamos a final fronte o Calasanz, onde o gañador sería o encargado de participar na fase galega, foi un partido moi bonito de ver, onde desfrutamos das mellores ocasións pero non fomos quen de marcar para acada-la victoria. Fomos á tanda de penaltis onde a fortuna non estivo do noso lado.
Parabeniza-lo Calasanz, xa que se proclamaría campeón galego.

FASE INTERMEDIA BENXAMÍN

Benxamín A 2-2 Cidade de Ribeira
Benxamín A 1-3 RC Deportivo
Benxamín A 5-2 Ural CF
Benxamín A 6-0 UC Cee

Clasificamos para as finais como segundo clasificado onde perdemos diante dun gran CD Lugo.
Benxamín A 1-2 CD Lugo

Malia o bo desempeño dos pequenos durante todo o día, quedámonos eliminados diante dun gran rival. Logramos así clasificarnos entre os catro mellores das provincias de Lugo e A Coruña.

FASE INTERMEDIA ALEVÍN

Cidade de Ribeira 1-1 Alevín A
SD Porto Burela 2-2 Alevín A
CD Lugo 0 - 2 Alevín A
E. Luis Calvo 2 - 1 Alevín A

Día frustrante para o noso equipo. Non fomos quen de amosar un nivel alto ao longo do día. Houbo momentos no que o equipo mostrou ambición, capacidade e gañas de competir e gañar. O certo é que eses momentos foron só puntuais e abundaron momentos de falta de ambición e claridade no xogo. Evidentemente os rivais eran fortes, tratan de xogar da mellor maneira posible e de acada-los seus obxectivos. Dado que esta era a fase intermedia galega é sinxelo entenderes que tódo-los equipos eran moi parellos e cada un dos partidos puido caer para calquera. Sexa como fose, chegar ata aquí fala moi ben do traballo realizado polo equipo ao longo de toda esta tempada.

Gol de Martín para o Infantil B

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal