Novas

Xornada 23/10/2022

This image for Image Layouts addon

Puntos importantes para o Bertamiráns FC

Esta xornada deixa importantes victorias no fútbol 11, o equipo Sénior, que se achega ós postos altos da clasificación, do Xuvenil B que lle permite colocarse na zona tranquila da táboa e dos Cadetes A e B que os sitúa nos postos de privilexio da clasificación.
Ademáis destacamos os empates a domicilio, diante de rivais complicados, do Infantil A e do Xuvenil A que lles permite seguir coas súas aspiracións.
E por último destacamo-la victoria dos máis peques do clube, o Biberón A que acadou unha victoria no debut dos nosos adestradores noveis, xogadores da nosa base, Andrés e Dylan ós que lles desexamos a mellor das sortes nesta bonita etapa.

ED Xuv. Orosos B 1 - PB A 11
Partido do noso Prebenxamin A sen moitos problemas xa que dominamos de principio a fin como reflicte o resultado final. Agora a pensar no vindeiro partido.

Milladoiro SD 1 - PB B 3
Gran partido dos nosos pequechos que xogaron baixo unha intensa choiva pero a pesares diso o pasaron xenial e divertíronse competindo diante dun gran rival. Adiantámonos cun gol de falta na primeira metade, para despois na segunda marcar dous goles máis e o rival descontou nos intres finais. Agora a seguir adestrando para mellorar.

Benxamín A 1 - ED Xuv. Oroso A 9
Sufrimos unha avalancha do mellor equipo da liga, que non deixou opción ós nosos cativos. Debemos traballar para saír ós partidos máis enchufados sen cometer erros que se convertan en agasallos para o rival nos primeiros minutos.

Benxamin B 6- Milladoiro SD B 0
Nova victoria do benxamin, partido marcado pola intensa choiva pero onde o benxamin impuxo claramente o seu fútbol e dispuxo de moitas ocasións.

Benxamín C 3 - ED Xuv. Oroso C 3
Partido moi bonito o disputado esta fin de semana polo noso equipo. A pesares de comezar gañando 1-0 o equipo rematou abaixo no electrónico cun 1-3. Aínda así, na segunda metade ademáis de empata-lo partido o equipo dispuxo de moitas oportunidades para levarse os 3 puntos. Seguimos progresando na formación do equipo.

Alevín A 0 - ED Xuv. Oroso A 3
Partido moi duro e moi difícil ao que non lle perdemos a cara en ningún momento. O primeiro e máis importante é parabenizar a todo-los rapaces que participaron. Aos rapaces do Xuventude Oroso parabenizalos polo esforzo, polo xogo e pola vitoria. A os nenos do Bertamiráns parabenizalos polo esforzo e o xogo. Na primeira parte o Oroso chegou á nosa área con certa facilidade pero os nosos rapaces estiveron moi ben na defensa da área. Nós tivemos algunha ocasión, menos ca eles. Na segunda parte mudamos a nosa formación e tamén a nosa presión e axudounos o troco, roubamos máis veces e roubos de maior calidade que nos deron certas ocasións de gol. Tamén conseguimos facer que o rival dispuxera de non moitas ocasións de gol, a mágoa foi que foron efectivos. Para a semana máis.

SD Cruces 2 - Alevín B 10
Un campo tan grande coma o de Cruces íanos permitir desplegar un gran xogo combinativo á hora de iniciar e atacar moi ben os espazos xerados ás costas do equipo rival, que non era quen de frear os constantes ataques dos nosos pequenos. Somos o único equipo en sumar 3 victorias, o cal di moito do bo arranque dos nosos pequenos esta tempada.

Alevin C 14 - Milladoiro SD C 0
Partido do noso Alevin C diante do Milladoiro C, o pecha cancelas, sen moita historia dende o inicio fomos donos do partido como así o reflicte o resultado final; agora a pensar no vindeiro rival.

SD Cacheiras C 0 - Alevín D 9
Partido sinxelo pero moi trabado. O pouco xogo combinativo que fomos quen de crear, pese ao vento e á choiva, foi freado polas constantes faltas do equipo rival. Bo partido dos nosos que nos serve para seguir nos postos altos da táboa.

Alevín E 2 - Dubra SD B 4
Comezaba o partido con moita igualdade pero o bo traballo dos nosos fixo que case toda-las ocasións foran nosas, a falta de acerto pola nosa parte supuxo que marchásemos ós vestiarios con tan só un 2-0 no marcador. Sen embargo na segunda parte baixamos a intensidade e un temprano gol do rival fixo que o equipo viñérase abaixo e da aí a encaixar outros dous goles moi seguidos. Co 2-3 no marcador volveríamos a ter moitas ocasións pero non fomos quen de convertelas e ao ter ao equipo moi arriba fixo que nunha contra caera o 2-4. Toca seguir traballando e pouco a pouco vaise vendo a mellora no campo.

Victoria CF 1 - Infantil A 1
Dominio do Victoria e dano as contras por parte dos nosos. Empezou o encontro co dominio do Victoria, movendo a bola constantemente de lado a lado, buscando as superioridades e os espazos libres de xogo, pero nunha perda de balón no medio campo, contra rápida por parte dos nosos que finalizada en gol por parte de Álex. Despois desto veñen uns minutos no que o partido é mais igualado en posesión de balón, pero nun córner lanzado polo Victoria acaba entrando directamente polo segundo pau. Logo disto o equipo contrario volta a facerse co dominio claramente do xogo, dominándonos e tendo varias ocasións claras, puidendo sentencia-lo encontro. Con estas sensacións fómonos o descanso. A segunda parte o noso equipo colócase mellor no terreo de xogo, deixa o dominio da pelota ao contrario pero sen deixar que teñan ocasións tan claras como na primeira parte. Así pódese decir que neste periodo o Berta tivo as mellores ocasións, quedando varias veces os nosos dianteiros diante do porteiro, pero sen materializar ningunha. En definitiva partido que deixa claro que estes dous equipos serán claros candidatos ao ascenso.

Infantil B 5 - ED Xuv. Oroso B 2
O equipo afrontaba o encontro con 5 baixas por lesións e gripa, polo que tivo que convocar ao alevín Marcos Miguez e ao central do Infantil C Iker. Ambos xogadores cumpriron con creces nun bo partido diante dun rival que sempre compite, de feito o equipo encaixa o 0-1 e ten que remonta-lo marcador adverso. O empate chegaría tras un centro perfecto de Pla e un exprctacular remate de cabeza de Elihan Torres. A partires de ahí o equipo fíxose dono do encontro, cun Rodri que manexaba o centro do campo sen oposición. Froito dese dominio foron caendo os goles na portería rival. O equipo segue liderando a táboa con 7 victorias en 7 partidos.

Infantil C 3 - CF Noia B 1
Comenzaba ben o noso infantil diante do Noia, adiantándose no marcador e poñendo distanza no mesmo nos primeiros minutos. Tiñamo-lo control do partido con múltiples chegadas e sin pasar apenas apuros atrás. Pero nun erro ao ser incapaces de despexar un balón directo o noia marca e acorta distanzas. Reaccionamos ben e volvemos a marcar. Na segunda parte o obxetivo principal era non encaixar. Non foi un bo partido dos nosos pois cometemos demasiados erros con balón pero seguiremos traballando para ir mellorando.

Conxo Santiago C 6 - Infantil D 4
Choiva de goles no campo da Merced. Primeira parte boa na que o único erro que cometemos aproveitao rival para meter un golazo dende fóra da área, a pesares diso remontámo-lo partido e ímonos ao descanso 1-2. Un exceso de confianza e falta de concentración propicia 4 goles seguidos do rival en 10 minutos, deixando o sexto e último gol local para o minuto 58. Quedaron 20 minutos de absoluto dominio visitante onde fomos quen de volver meter 2, pero a distanza era moi abultada e fixo imposible a remontada.

Galicia Caranza CF 0 - Cadete A 2
Partido serio do noso equipo, onde presentou a candidatura para loitar polo ascenso. Partido que empeza dunha maneira moi igualada en canto a posesión do balón, onde predomina o xogo do medio campo, e moi poucas ocasións de gol. Eso si, o noso equipo puido ter varias claras se acertásemos no último pase. Na segunda parte o equipo sae moito máis enchufado, da un paso ao fronte, e nos primeiros minutos consegue facer dous goles, dúas recuperacións de balón na zona media do campo, contra rápida e a pelota acaba no fondo da rede. Minuto 3 Diego e minuto 6 Rodri. Desde ese momento o Berta non pasa apuros, consegue domina-lo partido, crea ocasións pero non consegue materializar ningunha máis. Resultado final 0-2 e resalta-la importancia que aportaron os trocos. Todo o equipo aporta.

SD Cacheiras 0 - Cadete B 3
Mañán pasada por auga no campo de A Cañoteira. O equipo saía ao campo sabendo que hoxe non era un día para poder practica-lo seu fútbol, xa que o campo estaba moi encharcado por toda a choiva e vento destes días. A primeira metade finalizaba con 0-0, vendonos moi incómodos sobre o terreo de xogo por non poder xogar ao futbol que vimos practicando. Nótase cara o final da primeira metade que o estado do campo mellorou e a choiva nos daba un respiro. No vestiario falamos que deberiamos comezar a xogar ao noso fútbol e polo tanto sabiamos que as ocasións comezarían a chegar, así foi, a segunda metade foi moi boa por parte dos nosos e marcamos 3 goles que fan que alcancemos o segundo posto na táboa a 2 puntos do liderato. Para a semana recibimos na nosa casa ao Melide, outro partido importantísimo ao que saíremos para tratar de acada-los 3 puntos de novo!!!

Viveiro CF 3 - Xuvenil A 3
Viaxabamos á Mariña Lucense, encontro no que a viaxe longa e o ter que xantar no bus, faría que saísemos demasiado espesos. Froito do noso mal facer, o equipo local adiantaríase no marcador e, ampliaría distanzas, reflectindo un 3-0 no marcador. A partires de ahí, os nosos rapaces parecen reaccionar, antes do descanso, encontrámonos cun penalti e a expulsión do porteiro local, recurtaríamos distanzas e iríamonos para o vestiario. Tralo paso por vestiarios, o equipo mudaría radicalmente, metendo todo o ritmo que nos faltara na primeira metade, o que nos faría someter ao rival. Tra-la mala nova dun xogador noso, o cal se lesiona o pouco de comezar este segundo tempo, e por riba sen a posibilidade de facer trocos, remaríamos contra o resultado e o muro defensivo dos locais. O empate tardaría en chegar, ata o minuto 94, pero faría xustiza ao visto no campo, onde unha segunda metade moi boa faría que puidesemos traer un punto de Viveiro, de onde tamén traeriamos malas novas, para algún xogador noso, o cal resultaría gravemente perxudicado. Moral do partido: De todo se aprende.

Xuvenil B 3 - Porto do Son CF 1
Gran partido o disputado na tarde do Sábado por parte dos nosos rapaces, onde amosaron unha actitude e intensidade a corde ó que demanda a categoría na que xogan; se manteñen esta maneira de afronta-los encontros conseguirán puntos suficientes para mante-la categoría. O partido comezou sen un dominador claro, xa que os nosos renuncian a iniciar en curto e apostan polo balón longo para gañar segundos balóns que propician xogadas en ataque bastante claras. Froito desto o equipo consegue colocarse cun 2-0, pero en defensa comete un erro que propicia un penalti que o rival non desaproveita, e ademáis xusto antes do pitido final prodúcese unha expulsión rigorosa para os nosos. Con 10 homes afrontamos unha segunda parte onde o equipo decide esperar e apostar polo xogo directo para tratar de gañar segundos balóns que lle dean ocasións, e o plantexamento funcionou porque o rival a penas tivo achegas á área e conseguimos un terceiro gol obra de Dylan, que todo hai que dicilo foi un golazo con toda a intención. Gran victoria e gran traballo de todo o equipo.

Sénior 3 - CD Galicia Bealo 0
Bo partido do noso Sénior, supuxo tres puntos moi necesarios para non afastarnos moito dos mellores na táboa clasificatoria. Seguramente non xogamos como nos gustaría pero a presión do equipo rival era tan numerosa que decidimos que a mellor idea sería usar recursos distintos aos habituais. Cabe destaca-la ilusión e a capacidade para competir mostrada por parte dos nosos.

Plantilla do Biberón A cos novos adestradores Dylan e Andrés.

Image

Golazo de xogada colectiva rematada por Jhon E para o PB A.

Golazo de Gael de tiro lonxano para o Alevín B.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal