Novas

Xornada 29/05/2022

Importantísimas victorias do Infantil A e o Xuvenil B.

Dúas importantísimas victorias acadamos esta fin de semana na nosa base. A primeira a do Infantil A que lle permite seguir con opcións de ascenso á división de honra. A segunda do noso Xuvenil B diante do líder que lle permite seguir na pelexa polo ascenso a primeira autonómica.
Pola contra o Infantil C perdeu en Extramundi toda opción de ascenso.

Infantil A 3 - Racing de Ferrol 1
Derradeira xornada no municipal, visita dun Racing cas mesmas aspiracións ca nós. Comezaria o partido cos nosos rapaces moi enchufados, axiña nos adiantaríamos, e teríamos varias ocasións para aumenta-las distanzas. Marcaríamo-lo segundo e o Racing recortaría distanzas, pero sacando nós de centro acadaríamo-lo terceiro e definitivo. A segunda metade sería moito máis igualada, as forzas esgotáronse, ainda así ambos equipos teríamos varias oportunidades de marcar algún tanto máis. Queda unha xornada, onde non dependemos de nós mesmos, pero tentaremos da-la nosa mellor versión no noso partido para acada-los tres puntos.

CD Sar Extramundi 4 - Infantil C 3
Partido disputado no campo de Extramundi nun dia de moita calor. O equipo comezou o encontro cunha moi boa actitude desfacéndose da presión alta do rival e desactivando os seus ataques. Froito do cal chegou o primeiro gol nun saque dende o curruncho. Unha vez postos por diante no marcador en lugar de seguir competindo o equipo baixou o nivel e concedeu varias ocasión moi claras, aproveitadas polo rival para irse o descanso 3-1. Na segunda metade o equipo volveuse a activar xerando ocasións suficientes para lograr a igualada cando menos.. Aínda que nos intres finais, debido a busca do empate, o rival tamen dispuxo dun par de ocasións moi claras. Os despistes da primeira metade foron decisivos para o resultado final de 4-3.

Cadete B 2 - CF Noia 1
Bo partido dos nosos, que nas contras foi quen de acada-la victoria ante un bo equipo, que quedou sen porteiro tras unha expulsión ao final da primeira parte.

Cadete C 4 - Cadete D 1
Partido disputado na mañá do Domingo contra o Cadete D. Onde cada equipo fixo un plantexamento completente distinto segundo as caracteristicas de cada platilla. Na primeira metade costounos atopa-los espazos tendo que xera-lo perigo nas accions a balón parado, de feito o primeiro gol chega dende un córner. Na segunda parte do encontro xa comezamos a xerar máis ocasións e froito delas chegan os goles.

A matinal deste Domingo houbo duelo de cadetes, sabiamos que nos enfrentabamos ao mellor equipo ata agora co que nos tiveramos enfrontado en toda a tempada. Un exame para os nosos, dende o inicio sabiamos que o balón non iba ser noso e que deberíamos aproveita-las transicións para facer dano. Así foi todo o encontro, tivemos 3 ocasións tras un roubo no noso campo e intentar aproveita-los espazos ás costas do equipo rival. Ao final caemos derrotados por unha diferenza de 3 goles ante un moi bo equipo. Bo exame para finaliza-la gran tempada executada polos nosos rapaces.

Xuvenil A 3 - Orillamar SD 3
Partido marcado pola abafante calor, no que o rival xogábase a salvación e os nosos disfrutaban do seu derradeiro partido da tempada. Innumerables ocasións en ambas porterías, chegando a adiantarse o rival por 0-2. Finalmente, tras remonta-lo partido ao 3-2, encaixamos un gol no último tramo do partido.

Xuvenil B 2 - Racing San Lorenzo 1
Voltábamos a xogar contra o líder do grupo para non perde-lo tren da loita polo ascenso despois do último partido. Saímos moi intensos dende o primeiro minuto impoñendo o ritmo do partido e as ocasións ían aparecendo pero como ven sendo habitual non éramos quen de subi-lo primeiro gol ao marcador a pesares de ter varias moi claras. A medida que ían pasando os minutos o San Lorenzo sacudíase a presión pero tampouco nos creaba problemas. Na segunda parte decidimos meter xente fresca e notouse xa que voltamos a leva-lo peso do partido e grazas a iso chegaron os dous goles que nos puñan con vantaxe no marcador. Dende ahí ata o final xestionamos ben o resultado a pesares de que o San Lorenzo nun saque dende o curruncho reducía distanzas no marcador.
Victoria importante para seguir na loita.

SD Araño 1 - Sénior 1
Derradeiro partido do senior esta tempada. Por desgraza non nos xogábamos nada neste partido, asi que coma os últimos tres partidos anteriores, foi un partido de moi pouco ritmo. O noso rival, de feito, tampouco de xogaba nada e iso fixo q fose unha tarde ben tranquila. Tivemos ocasión varias para gañar e concedimos poucas ao rival mais o pouco acerto de cara a gol fixo q o derradeiro partido do ano rematar en empate. Agardamos para o ano facer un papel considerablemente mellor, asique dende xa, tocar poñerse a traballar.

Gol de Anxo para o Infantil A.

os nosos patrocinadores

sen o seu apoio non sería posible.
grazas.

Café Don Budi
Tropic
Milongas
J&M
PubliVal
Martínez Haynes
CES CAROU
Image

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal