Novas

8 ideal e 11 ideal da xornada 20/06/2021

CAFÉ DON BUDI patrocina o noso 11 ideal e o noso 8 ideal da xornada A continuación presentamos o 11 ideal e o 8 ideal da xornada 20/06/2021. Alineacións patrocinadas por CAFÉ DON BUDI.

Xornada 20/06/2021

Case acadamo-lo pleno nas fases de ascenso A pesares do bo partido do Cadete B, éste non puido acada-la ansiada clasificación xa que as veces a pelota é moi caprichosa, e perdeu pola mínima fronte ó Oroso. Pola súa banda Xuvenil A, Xuvenil B e Cadete C cumpliron nas súas eliminatorias e clasifican para a final de ascenso. Unha mágoa que o Cadete C non poida ascender debido o tropezo do equipo B.Ademáis remataron as ligas de fútbol 8, e pra semana comenzan as fases de campeóns onde se clasificaron os seguintes equipos da nosa base: Alevín A, Alevín B, Benxamín A, Benxamín C, PB A e PB B. Cadete C 4 - Cacheiras 1 Partido moi completo dos nosos rapaces que controlaron case por completo. Adiántaronse no marcador na primeira metade, onde o rival non pisou a nosa área. Na segunda metade pasamos algo de apuro debido a que eles conseguiron achegarse no marcador cun gol mal defendido polos nosos, pero soupemos reaccionar e acadar un gran resultado. Agora toca pensar na final polo título, magoa que non poidamos ascender. PB B 3 - Amio B 1 Bo partido no que os nosos sairon moi concentrados, pero no que non acadaron un marcador mais amplio debido ó baixo ritmo da segunda metade. Futsal PB B 2 - Amio B 0 Partido moi competido, no que destacou o gol de Enzo e mai-lo penal detido por David. Moi boa actitude de todo o equipo. Alevín C 1 - Estrada B 2 Partido moi frouxo do equipo, que chegaba líder á derradeira xornada. O exceso de confianza e os nervos puideron cos nosos que non foron quen de nin sequera acada-lo empate. Xuvenil B 3 - Lasalle 0 Iniciábase a eliminatoria tentando os dous equipos marca-lo ritmo do partido sen dominador claro. A medida que ían pasando os minutos e con transicions rápidas conseguíamos poñer en apuros ao Lasalle. Aos 20 minutos, un roubo na zona central acaba nun claro penalt que supon un marcador en superioridade para o noso xuvenil. Cinco minutos despois unha xogada similar acaba cunha caída dentro da área que nesta ocasión o colexiado non considerou que houbera falta punible.Na segunda parte o Lasalle aumenta o ritmo nos primeiros minutos, pero o noso xuvenil aguanta ben sen grandes complicacións. O mellor fondo físico vai decantando o partido cara os nosos a medida que se suman os minutos sumando dous goles máis hata acadae un 3-0.Agora toca pensar na final. Noia A 2 - Benxamin C 10 Último partido do grupo con victoria clara dos nosos nenos, onde foron moi superiores ó rival en toda-las zonas do campo. Con esta victoria acadamos os trinta puntos en xogo, agora a agarda-la fase polo titulo. Noia 2 - Benxamín A 1 Partido frouxo en termos xerais do Bertamiráns. O comezo do encontro foi positivo para nós, aínda tendo en conta que non mostramos toda a claridade e precisión que nos gustaría, tivemos varias ocasións e fomos capaces de adiantarnos no marcador. Pouquiño a pouco o equipo foise relaxando e, dado que a nosa vantaxe era moi curta e que os locais non se rendiron, o Noia acabou por darlle a volta ao marcador. Noia B 9 - Benjamín D 0 Partido sen moita cor o do noso benxamín que non foi quen de prantar cara ó rival coma na primeira volta, sufrindo unha clara derrota de Noia. De todas formas péchase un ano difícil de aprendizaxe pero ilusionante polo que virá no futuro. Alevín A 8 - Milladoiro 0 Goleada dos nosos rapaces que rematan a liga líderes e esperan xa as eliminatorias polo título. Victoria adicada a Xurxo que non poderá xogar nun tempo. Conxo B 9 - Alevín D 0 Gran partido dos nosos nenos. O abultado marcador debeuse o bó facer do mellor equipo da liga, que era o rival que tiñamos de fronte. Os nosos competiron, pero o rival foi quen de imposibilita-lo desenrrolo do noso xogo. Benxamín B 2 - Calo 3 Un forte e sólido Calo impúxose pola mínima aos nosos nun partido moi disputado, no que se viu un gran fútbol por parte dos dous equipos. O noso Benxamín remata a liga na 2ª posición. PB A 11 - Conxo B 0 Os peques clasifícanse á fase final sen apenas esforzo, cun bo xogo e tan só con 4 goles en contra en toda a liga. Esperamos rivais para a fase polo título. Oroso B 1 - Cadete B 0 A superioridade amosada no xogo polos nosos rapaces non se viu reflectida no marcador debido a falta de puntería cara a porta contraria. Infantil A 2 - Conxo 2 Moi bo partido o dos nosos para pecha-la tempada, quizáis o máis completo de todos. O rival adiantaríase no marcador cun golazo, pero os nosos non lle perderon a cara ao partido e se mostraron dominadores co balón. A partir de ahí, varias ocasións para os nosos ata acada-lo 2-1 favorable, que se vería truncado o final cun gol nunha acción a balón parado. Alevin B 3 - Villestro B 1 Partido intermitente dos nosos, que se mostraron dominadores pero sen xerar perigo sobre a portería rival. Finalmente, chegaron os goles que lle permiten ao equipo meterse na fase final. Xuvenil A 2 - Amio 0 Gran resultado dos nosos na primeira eliminatoria do playoff de ascenso, no que os dous goles de Salama sirvenlle ao equipo para avanzar a seguinte ronda. O partido foi moi competido e as ocasións foron moi escasas en ambas áreas. Neste caso, a sorte estivo da nosa parte. O Alevín A adícalle a victoria a seu compañeiro Xurxo que non vai poder acompañalo durante un tempo. Moita forza para Xurxo.

Xornada 13/06/2021

Rematan as ligas para a nosa Base Finalizaron esta fin de semana as ligas regulares nas distintas categorías, destacamos os campeonatos acadados polo Infantil C e o Benxamín C. Ademáis Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete B e Cadete C clasificaron ó playoff de ascenso que se disputará nas vindeiras semanas. Futsal Biberón 2 - SD Compostela 1 Gran partido dos nosos campéons onde souberon competir cada unha das castro partes. Poñen así a guinda a unha gran tempada. Agora a pensar nas vacacións e no campus do clube para pasar uns días moi divertidos xogando ó fútbol e refrescándose na piscina. SD Amio B 0 - Infantil C 3 Partido dominado de principio a fin polos nosos rapaces. O ritmo de xogo foi moi lento debido a abafante calor que se prodiciu durante todo o encontro. Aínda así o rival non foi quen de achegarse con perigo a nosa área, e os nosos rapaces conseguiron tres tantos que puideron ser máis. Con esta victoria proclámanse campeóns imbatidos. Benxamín C 12 - Puebla FC 1 Partido dominado dende o pitido inicial. Saimos moi concentrados, poñéndonos por diante moi cedo e non dando ningún tipo de opción ó equipo rival. Acadando un resultado claro pra os nosos nenos, con este partido saimos campeóns de grupo a falta dunha xornada. Agora a pensar no Noia. Estrada B 3 - Benxamín B 7 Partido dominado dende o inicio mediante xogo combinativo dos nosos rapaces, que se impoñían con facilidade aos locais. Villestro C 2 - Infantil D 3 O infantil D lograba sacar adiante unha victoria moi sufrida logo de ir gañando 1-0 ao descanso. Na segunda os locais dábanlle a volta ao marcador e, quedando menos de 10', nuns minutos máxicos de Pablo Sande (alevín D) foron aproveitados polo máximo goleador da Liga, Mattia, conseguindo así unha apretada victoria. O infantil termina a Liga nun gran 2° posto. Xuvenil B 2 - San Lázaro 1 Partido intrascendente o xogado no municipal de Bertamiráns. O tempo tampouco colaboraba, cunha temperatura excesiva. O partido empezou cun ritmo baixo por parte dos dous equipos poñéndose o equipo visitante diante no marcador nunha xogada illada. A raiz do gol, o xuvenil aumentou o ritmo dándolle a volta ao marcador poucos minutos despois. O partido baixou de novo de ritmo propiciado polos intereses dos dous equipos e pola elevada temperatura. A segunda parte sigueu coa mesma tonica e xa non se moveu o marcador. Milladoiro 0 - Cadete B 5 Partdido cómodo para os nosos, que xa é campeón de grupo e agora espera con moitas gañas a Fase de Ascenso a Liga Galega. Cadete A 0 - Calasanz 0 Partido moi disputado durante os oitenta minutos sen apenas ocasións de gol que deixa nas máns dos nosos rapaces a clasificación para semifinais. Noia 1- Alevín A 6 Partido no que os nosos rapaces comezaron xogando moi ben pero nunha falla de entendemento reciben o gol do Noia. Despois souberon seguir co seu xogo e acadaron seis goles para remonta-lo partido. SD Compostela 5 - Infantil B 1 Derradeiro encontro de liga, no que os nosos xogadores, sairon a disfrutar sobre o céspede de Santa Isabel. Nos primeiros minutos o partido poríase en desvantaxe na primeira aproximación do equipo rival, pola contra, teríamos varias chegadas para poder empatar, non se deron, e tocou traballar ante un rival físicamente superior. A segunda metade, foi cando os nosos lograron acurtar distancias, e no mellor momento do partido, chegaría a sentenza nos derradeiros minutos de xogo e pola contra os demais goles. Destacar a gran actuación do noso porteiro Quique, con varias paradas de mérito. Benxamín D 0 - C.Ribeira 3 Partido loitado polo noso benxamín que mantivo o marcador axustado ata ben entrado o segundo tempo. Decantouse en favor do equipo visitante por accións de mala sorte. Moi ben loitado, nenos. Victoria B 1 - PB A 11 Moi bo partido a nivel tactico donde fomos capaces de iniciar e finalizar casi tóda-las xogadas sin que os rivais foran capaces de aproximarse a nosa porteria. Conxo Santiago D 1 - Alevín C 9 Moi bo partido dos nosos nenos. Foron superiores en tóda-las facetas do xogo. Conxo B 1 - Alevin B 0 Partido frouxo do alevin, que non foi quen de soporta-lo ritmo implantado no encontro polo rival, que dispuxo de moitas ocasións na primera metade. Os nosos, so puideron xerar ocasións por medio de contraataques, desbaratados na súa maioría pola defensa rival. Aínda así, erramos un penalti que puido supoñer o 0-1.Na segunda metade, o rival logra o 1-0 definitivo. Victoria CF 2 - Infantil A 0 Partido no que os nosos disputaban o primeiro posto cos coruñeses. Partido disputado ata o minuto 30, onde o rival logra o primeiro tanto por medio dunha acción embarullada. Posteriormente, acaban cun xogador expulsado tras unha entrada fea, ainda que involuntaria. Aos poucos minutos amplían a vantaxe nunha xogada que parecía non ter perigo. Na segunda metade, os nosos intentarono ata o final, pero sen acerto para finaliza-las xogadas. Gran tempada dos rapaces. Noraboa para eles.       Despois desta tempada despedimos a Quique, porteiro do Infantl C, xa que se muda fóra de Galicia coa súa familia. No video que temos a continuación vémo-la despedida que lle dan os seus compañeiros de equipo. Moita sorte Quique!!!!!!

Infantís adestran en Abegondo

Tres novos infantís adestran en Abegondo Dentro do convenio de colaboración e formación que temos asinado co RC Deportivo da Coruña, onte Leo, Nico e Aitor, xogadores en idadeinfantil, foron seleccionados polos técnicos do clube coruñés para realizar adestramentos na cidade deportiva de Abegondo, integrándose na dinámica de adestramento dos equipos do RC Deportivo.

881087583

Director Deportivo
676014018

F11 Coordinador
653345278

F8 Coordinador
690793915

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal