Novas

Xornada 24/10/2021

Debuta con victoria o Senior na primeira xornada de liga. Dúas derrotas e unha victoria na nosa base. A victoria foi colleitada polo Infantil A diante do EF Lalín. Ademáis debutou o noso equipo Senior con victoria diante do SDC Recesende. Infantil A 3 - EF Lalín 1 Visitaba o municipal de Bertamiráns as Escolas de Fútbol Lalín, un equipo sempre aguerrido e coas ideas moi claras. Os nosos comezarían o partido sen gañas, con circulacións de balón moi lentas e sen ritmo, esto propiciaría chegar cun gol en contra ó descanso. Tra-lo paso por vestiarios, o equipo mudaría a cara e comezaria a a xogar cun ritmo moi alto o que implicaría o empate no primeiros minutos. Con esta nova cara do equipo conseguiuse remontar na segunda parte. Toca descansar para coller folgos e pensar na seguinte parada. Atl. Montañero 3 - Cadete A 1 Partido moi malo o desputado polos nosos na Coruña. Non fomos capaces de desplega-lo noso xogo e ademáis erramos varias ocasións. EF Lalín 1 - Xuvenil A 0 Nova derrota do noso Xuvenil A, que se mostrou serio durante boa parte do partido, pero non foi quen de materializa-las súas ocasións. O rival, adiantábase no marcador a falta de 15 minutos, cunha falta directa lanzada con maestría que se colou pola escadra do noso meta. A seguir adiante. Trataremos de muda-la dinámica o máis cedo posible. Senior 3 - SDC Recesende 0 Bo comenzo de liga para o primeiro equipo, que se impuxo na primeira metade 2-0 sen pasar apuros en defensa e dispoñendo de varias ocasións. Na segunda metade o Bertamiráns relaxouse e deixou de domina-la posesión pero o Recesende a penas chega con perigo a balón parado. Certificaron a victoria con un terceiro gol a 10 minutos do final. Agora a pensar no seguinte rival.

Lotaría de Nadal do Bertamiráns FC

E se toca aquí? Merca lotaría de Nadal do Bertamiráns FC Xa temos á venda lotaría de Nadal do clube. Os décimos teñen un prezo de 22€, co que axudas ó clube cun donativo de 2€ tan necesario nestos tempos.A lotaría atópase á venda na cafetería do campo de fútbol as fins de semana. E se toca aquí?? Non o penses máis!!!!!

Xornada 17/10/2021

Gran victoria a domicilio do Infantil A A nosa base colleita unha vicrotia, un empate e unha derrota nesta xornada. A vicrtoria, contundente eso sí, foi conseguida polo noso Infantil A en Boiro. Pola contra a derrota foi na casa e recibiuna o noso Cadete A fronte o Victoria FC da Coruña. O Xuvenil A pola súa banda sacou un empate in extremis tamén na casa fronte a Estrada. EFM Concello de Boiro 1-6 Infantil A Perfecta maña para a práctica deportiva, desplazaríamonos a Boiro co equipo mermado polas baixas. Cuarta xornada de liga, enfrontámonos a un Boiro repregado e apostando polo contraataque.Partido dominado polos nosos xogadores, donde a rápida reacción o gol encaixado o pouco de comezar o partido sería a crave para consegui-la primeira victoria en liga.A segunda metade o Boiro subiría líneas deixando mais espazos as súas costas, uns espazos que os nosos explotaron comos se viu reflectido no marcador. e sacar rendimento. Xuvenil A 1 - Estrada 1 Mal partido do noso xuvenil, que deixa pasar de novo a posibilidade de sumar 3 puntos. Primeira parte na que non soubemos aproveita-las nosas ocasións, chegando empatados ao descanso. A partir de ahí, o equipo meteu unha marcha máis, pero non logrou o gol ata o minuto 95, para empata-lo encontro, tralo gol inicial do rival no minuto 80. Magoa, toca levantarse e seguir traballando duro. Cadete A 1 - Victoria FC 2 O gran fútbol do equipo nos primeiros 40 minutos non se viu reflectido no marcador debido a escaso acerto dos nosos rapaces diante da portería rival, acadando únicamente un gol para afronta-la segunda parte.Na segunda parte, o noso equipo xogou cunha relaxación impropia da categoría, o que nos custou moi caro xa que o rival aproveitouse da situación para remonta-lo partido.

Xornada 10/10/2021

Chegou a nosa primeira victoria da tempada Na segunda xornada da División de Honra Cadete chegou a nosa primeira victoria da nosa base nesta tempada, foi a domicilio fronte o CD Calasanz.Ademási cosechamos dous empates na Liga Galega Infantil e na Liga Galega Xuvenil. CD Calasanz 0 - Cadete A 2 Encontro dominado dende o minuto un, onde os nosos desplegaron un gran xogo. Deixaron encarrilado o encontro na primeira media hora grazas ós tantos de Roi Ferreiro e Pablo Míguez. Xuvenil A 0 - Montañeros 0 Segunda xornada da nova categoría. O equipo saiu con moitas gañas ao encontro, tra-la derrota da xornada pasada, para tratar de mostrar outra cara distinta a do comezo de tempada. Atopáronse a un gran rival, que dominou a posesión durante todo o encontro, pero sin precisión nos derradeiros metros. Os nosos, aproveitando todas as saídas a contra, lembrando o xogo da tempada pasada. Tras unha primeira parte con poucas ocasións, a segunda tivoas nas dúas áreas. Primeiro para os visitantes en varios centros laterais, e ao final cun remate de Muñiz ao poste.Esperemos poder troca-la dinámica e conseguir unha victoria na vindeira fin de semana. Infantil A 2 - Victoria FC 2 Boa mañá de fútbol, donde os nosos se adiantarían moi cedo e disporían de claras ocasións para aumenta-la vantaxe. A expulsión dun dos nosos xogadores mudaría o estilo e forma do noso xogo, cun equipo máis xunto e preparado para contragolpear. Sen máis, a primeira metade remataría con ese resultado e cun rival que só incomodaría a balón parado. Na segunda metade, o Victoria avisaria e acto seguido sube o empate nunha xogada calcada a anterior. Logo dese gol o Bertamiráns mudaría de sistema e reconduciría o xogo ao seu terreo, con varias ocasións e aumentando a vantaxe nun saque de falta. O partido non se pecharía con este gol, xa que piques de remata-lo partido os visitantes subirían o empate ó marcador. Gran esforzo dos nosos xogando todo o segundo tempo e parte do primeiro con 10 xogadores.

881087583

Director Deportivo
676014018

F11 Coordinador
653345278

F8 Coordinador
690793915

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal