Novas

Xornada 30/01/2022

Primeira victoria a domicilio do Sénior Esta xornada deixounos a primeira victoria a domicilio do noso equipo Sénior, victoria sufrida e traballada que esperemos sexa a primeira de moitas. Ademáis destacamo-la victoria do noso Cadete C que se coloca líder da súa liga. SD Cacheiras 3 - Biberón A 0 Resultado en contra moi abultado acadado polo noso Biberón nunha tarde na que non lles saíu nada e que se lle notou ós nosos nenos sen a chispa doutros días, mentres os rivais foron quen de acadar unha victoria moi merecida. Aìnda que comezan a amosa-los conceptos futbolìsticos que adestran pola semana, toca seguir traballando. SD Villestro 4 - Biberon B 0 Partido dominado de principio a fin polo noso rival. Fómonos sen aproveita-las poucas ocasións claras que tivemos. Agradecer a deportividade do rival por igualar o número de xogadores, xa que nos non dispoñíamos dun quinteto para inicia-lo partido. PB B 3 - Peleteiro 8 Partido complicado contra os líderes no que pese a derrota abultada, os nosos foron quen de plantarlle cara xa que tiveron bastantes ocasións para poder acadar máis goles. Partido moi disputado onde o PB B deu a talla fronte a un rival un ano maior. Destacamo-la actuación dos 3 biberóns que xogaron neste partido. CD Unión Asados B 3 - PB C 1 Bonito partido o xogado en Rianxo onde os nosos pequenos fixeron o posible para levarse o partido, pero pequenos erros, normais nesta etapa de aprendizaxe, evitaron que foramos quen de acadar un mellor resultado. A seguir mellorando día a día e disfrutar deste deporte. SD Villestro 0 - Benxamín A 6 Partido bronco debido a que en vez de xogar con balóns, xogamos con pedras. Ainda así o Benxamín suma e segue para o obxetivo de ser campión e está a un partido de pecha-la primeira volta invicto. CF Noia B 1 - Benxamín B 13 Partido sen historia onde os pequenos seguen invictos e aumentan a distancia na táboa cos seus rivais. Benxamín C 1 - SD Villestro C 3 Derrota inxusta do equipo, que amosou unha superioridade en xogo durante todo o partido, pero que non soubo resolver nas dúas áreas. Os erros penalizáronnos moito. EFB Estrada B 3- Benxamin D 1 Partido entretido, onde os locais dispuxeron das mellores ocasións, pero os nosos tamén tiveron os seus achegamentos á área rival, o equipo local adiantouse 2-0 antes do descanso; e marcaría o terceiro xa na segunda parte e uns minutos despois recortaríamos distancias. O mellor partido desputado no que levamos de campeonato. (FUTSAL) Benxamín 0 - Stellae FS 7 Un imponente Stellae pasábanos por riba a un impotente Benxamín, que pouco puido facer, nada máis achegouse poucas veces cara a portería contraria. Alevín A 6 - CF Noia 0 Partido marcado pola calor, o que fixo que o partido tivera pouco ritmo dada a falta de costume a xogar con esas temperaturas. Cedo poríase todo de cara para os nosos, tra-lo gol de Darío no minuto dous. Dita vantaxe duplicaríase pouco despois cun gol de falta de Simón. A partir de ahí, os goles irían chegando en accións illadas, pois non houbo un claro dominador no xogo. SD Cacheiras 1 - Alevín B 5 Bo partido dos rapaces; dende o primeiro momento estivemos activos e intensos, principalmente na presión. Con balón, maiormente na primeira parte, non estivemos finos, igualmente fomos capaces de competir contra un bo rival grazas ao esforzo e á intensidade mostrada por cada un dos nosos xogadores. Na segunda parte, á que chegamos con vantaxe no marcador, as cousas foron mellor que na primeira; fomos máis precisos co balón e iso posibilitou un bo número de ocasións que acabaron co 1-5 final. (FUTSAL) Alevin A 8 - Stellae FS B 2 De novo os nosos voltaron a demostrar ser moi superiores ó rival en toda-las facetas do xogo, control absoluto do partido de principio a fin EF Lalín 0 - Infantil A 3 Fomos a Lalín para disputa-lo encontro onde no quecemento os rapaces xa poderían comprobar que manterse en pé ía ser tarea complicada, e cada bote do balón estrano, todo isto debido o xeo que acumulaba un campo perfecto en dimensións e céspede. O encontro comezaba cos nosos tentando dominar pero, como de costume sen fortuna para finaliza-las xogadas con premio, custaba que nos metros finais se decidira ben e así poder abri-lo marcador. Na última xogada da primeira metade, adiantaríamonos no marcador, dun saque dende o curruncho en contra montaríamos unha contra onde plantaríamonos diante do porteiro rival, percorrendo a máxima velocidade uns 80 metros. Saímos do vestiario coas ideas claras, pero nas primeiras xogadas o Lalin comezaría a incomodar mediante o xogo directo, un hándicap que levamos sufrindo toda a tempada, pero nun saque dende o curruncho, un rapaz que debutaba na liga con nenos maiores ca él poñería o segundo no marcador. Para finalizar, pecharíamo-lo encontro, cun terceiro no tempo engadido. Parabeniza-los rapaces, logo de que novamente se produxeran baixas durante a semana, especialmente a David Rico e Martin, que debutarían na Liga Galega, cun de eles marcando un gol e o outro dando unha asistencia. CD Unión Asados 1- infantil B 7 Mal partido dos nosos diante dun rival que na primeira parte foron mellores pero non o reflectiron no marcador. Na segunda os nosos melloraron para conseguir unha goleada e así continuar no máis alto da táboa clasificatoria e acadando máis vantaxe diante dos seus máis inmediatos competidores. Infantil C 15 - San Pedro 3 Partido doado para os nosos rapaces que sentenciaron xa na primeira parte. O rival non foi quen de presentar batalla, áinda que que os nosos empeñáronse en axudarlle xa que voltaron a conceder agasallos na súa área que o rival non desaproveitou. SD Dubra 4 - Infantil D 1 Outra vez o equipo amosou unha boa faciana no partido desta fin de semana, despregou un bo xogo, intensidade e non lle perdeu a faciana ó partido, pero ó final o resultado foi abultado e non reflicte o traballo realizado. Imos polo bo camino, toca seguir traballando. Cadete C 4 - Victoria B 0 Gran partido dos nosos cadetes que acadaron unha importante victoria, e arrebatáronlle o liderato da liga ó rival. Na primeira metade con tres goles sentenciaron un partido no que o rival tamén tivo as súas ocasións con dous remates ós postes. Pero nos primeiros minutos da segunda metade o equipo sentenciaría cun golazo obra de Labandeira. Desta vez o equipo non amosou lagoas de concentración e non conedeu agasallos ó rival. Cadete D 3 - SD Cacheiras 4 O noso cadete D xogaba diante dun rival directo, o SD Cacheiras, despois dunha primeira parte con bastantes desaxustes por parte dos nosos, saímos mellor na segunda parte, aínda que dous erros puntuais fixeron que finalizaramos o encontro perdendo 3-4. A seguir traballando!!! Xuvenil B 9 - Ulla CF B 0 Partido sen demasiada historia o disputado no municipal de Bertamiráns, onde os nosos adiantábanse moi cedo no marcador e poñían unha distancia xa considerable nos primeiros minutos. Na segunda parte aproveitábamos para dar descanso a algúns xogadores e probar cousas novas para os seguintes partidos. SD Urdilde 3 - Sénior 4 Bo comenzo para o Bertamiráns que converte en gol as dúas primeiras ocasións do partido e ponse 0-2 nos primeiros minutos, a partires de ahí o Urdilde presiona a tumba aberta e consegue poñer o 2-1 e o 2-2 a balón parado, pero o Bertamiráns á contra logra o 2-3 antes do descanso. No segundo tempo o dianteiro do Bertamiráns acaba expulsado por doble amarilla ós 5 minutos e xogamo-lo resto da segunda metade con un home menos, o Urdilde apreta e logra poñe-lo 3-3. O Brtamiráns non baixa os brazos e chega o premio, a falta de poucos minutos para o final un centro a área acaba en penalti a favor. Chegou a primeira victoria fóra da casa, a menos merecida sen dúbida pero a máis traballada. Gol do Benxamín A obra de Gael.

Xornada 23/01/2022

O Senior non acaba de engancharse á parte alta da clasificación A nosa base segue dándonos grandes alegrías outra semana máis. Unha mágoa que os máis pequechos do nosos clube non puideran xoga-lo seu partido por culpa das filtracións no pavillón que obligaron a adia-lo seu partido. Por outra banda o noso equipo Sénior colleitou unha nova derrota que o distancia da zona noble da táboa clasificatoria. Pb A 5 - Conxo Santiago 0 Bonita mañán de fútbol base, onde veríamos un gran partido por parte de ambos equipos. Pese o frío, os nosos nenos, puxeron todo o seu esforzo no campo e demostraron esas gañas que teñen por este deporte. Benxamín A 4 - EFM Estrada 1 Partido serio dos nosos pequenos que dominaron de principio a fin; sen dar opcións ao equipo rival, que tan só disparou unha vez a porta. Benxamín B 4 - CD Rois 0 Visitaba o municipal de Bertamiráns o segundo clasificado, que a pesar do que indica o resultado, non puxo as cousas nada sinxelas. Os nosos cativos demostaron unha gran solidez defensiva e unha gran pegada que nos fai seguir invictos tras sete xornadas. Benxamín C 8 - Compostela B 3 Partido moi cómodo para os nosos rapaces, aínda que o exceso de confianza fixo que ó descanso o resultado fora de 3-2 a favor. Nos primeiros minutos da reanudación o equipo saiu moi concentrado e deixou sentenciado o encontro. Benxamin D 0 - ED Xuventude Oroso B 5 Partido diante dun rival moi superior, o equipo non soubo competir e polo tanto en ningún momento tivo opcións tanto a nivel de xogo como de ocasións, toca seguir mellorando cos adestramentos semanais. EFM Boiro 2 - Alevín A 4 Bo resultado dos nosos alevíns, que acadan o liderato tra-lo empate do Cidade de Ribeira. O partido comezou ben para os nosos, que lograron o 0-2 moi cedo, arrebatándolle ao rival as opcións que tiña. A partir de ahí, o Boiro non abandonou o seu posicionamento plegado, polo que renunciaban a remontar pero dificultaban aos nosos á hora de finaliza-las xogadas. A seguir traballando nesta liña. SD Compostela C 0 - Alevin C 5 Victoria doada dos nosos nenos que se divertiron moito perforando a rede do rival. Alevín D 2 - San Lorenzo 5 Primeira derrota do noso Alevín frente a un moi bo equipo que se puxo por diante cun gran gol. Fomos quen de darlle a volta aínda na primeira parte. Á volta dos vestiarios entramos nun partido de ida e volta onde eles estiveron moito más acertados. Non queda outra que seguir traballando. SD Cacheiras B 5 - Alevin E 3 Gran partido dos nosos que volveron a gozar das mellores ocasións pero uns erros tontos atrás déronlle o partido ao equipo rival. Infantil A 2 - EFM Boiro 2 Logo de pecha-lo ano no municipal da mellor forma posible, sería o Boiro o encargado de baixarnos á terra e saber cal é a nosa realidade neste novo ano. Este sería un partido no que logo de adiantarnos no marcador, baixaríamos a intensidade e seríamos superados por un equipo que o deixou todo no campo. Ben é certo que fallamos ocasións, pero uns días entran e outros non. Esperemos que este partido nos faga reaccionar e propicie nos rapaces esas gañas de esforzarse, competir e xogar. CF Noia 2 - Infantil B 6 Partido máis igualado do que reflectiu o marcador, moi competido. Empezou o partido adiantándose por dúas veces o equipo local. Menciona-lo segundo gol do noso equipo, espectacular, tiro cruzado potentísimo a escadra de Álex. A partir de ahí aproveitamos as ocasións e pouco a pouco fomos ampliando a distancia. Os goles foron de Mattiá 2, Alex 1 e Martín 3. SD Compostela B 2 - Infantil C 7 Partido resolto no segundo tempo, xa que no primeiro os nosos non foron quen de aporveita-las numerosas ocasións das que dispuxeron e aínda por riba concederon ocasións ó equipo rival para que acadase dous goles. Á volta dos vestiarios o equipo estivo máis serio e acadou un parcial de 0-4 que sentenciou o encontro. Destaca-la actuación de Edu na portería que debutaba en fútbol 11 e tivo unha gran actuación. Infantil D 0 - UD Bastavales 1 Unha grande tristura colleitou o Infantil D coa derrota deste Sábado diante do Bastavales por 0-1. O equipo local creou innumerables ocasións grazas ó seu gran xogo desplegado, aínda que desta vez a sorte estivo do lado dos visitantes. Cadete A 3 - AT. Montañeros 3 O fútbol e así. Tras impoñernos mediante o xogo ao rival e acadar por dúas veces unha vantaxe de dous goles, os nosos viron como se lle escapaban os tres puntos na derradeira xogada do partido, tras un grave erro do colexiado. A pesar diso, temos razóns para ilusionarnos, pois o equipo mostrou de novo a súa mellor faciana. Cadete B 3 - AD Nicrariense 0 Partido marcado polas numerosas baixas coas que contabamos e que aproveitamos para probar un sistema novo e a varios xogadores en posicións novas. O partido foi bastante pesado para todo o mundo, dende os xogadores de ámbolos dous equipos, que non desplegaron un xogo nada vistoso como para o público. O equipo foi superior todo o encontro pero sen alardes, e fallando moitas ocasións claras. O único destacable foi a actuación de Anxo Olveira, que debutaba como titular diante do seu ex equipo e marcoulles un hat-trick. SD Villestro B 0 - Cadete C 5 Partido moi serio dos nosos cadetes que non concederon ocasión clara algunha ó rival. Debemos de parabenizalos por este detalle porque levaban toda a liga dando agasallos ós rivais partido tras partido. O dito partido dominadao de cabo a rabo polos nosos que lograron unha goleada que non foi máis abultada porque non estiveron máis atinados cara a portería. Debemos de seguir nesta liña de concentración. Xuvenil A 1 - EFM Lalín 1 Bo partido o disputado no municipal entre dous equipos que disputaron a posesión e se atoparon con numerosas ocasións de gol. Comezaríamos perdendo cun erro en saída de balón, pero sería Salama o encargado de poñe-lo empate final no minuto 60. CD Rois 2 - Xuvenil B 1 Visitaba o noso Xuvenil B a casa do líder. Xa dende o minuto un cada equipo expoñía ao que quería xogar. O partido discurría sen ocasións claras para ningún dos dous conxuntos debido en gran medida ao gran traballo defensivo. Ata que a mediados da primeira parte un bo golpeo do Rois dende fóra da área cólase pola escadra convertindo o 1-0. Os nosos seguían fieis ao preparado e a raíz deso chegaban as ocasións para empata-lo partido pero o balón non entrou. A segunda parte comenzaba cun paso adiante dos nosos, poñendo en apretos en varias ocasións a meta rival. Pero ía se-lo Rois outra vez quen anotara cunha transición rápida no que pouco se puido facer. Seguíamos apretando e grazas a eso reducíamos distancias no marcador. Nese intre xa eramos dono do partido e so quedaba que se materializase no marcador. A pesar do esforzo realizado que se notaba xa nas pernas de todo-los xogadores intentámolo ata o final pero faltounos algo de sorte. Noraboa aos rapaces por que fixeron un gran traballo. A seguir por este camiño. Sénior 2 - SR Calo 6 O partido comeza ben para o Bertamiráns que sae enchufado a presiona-la saída de balón, desfruta das primeiras oportunidades para adiantarse no marcador e faino cun golpeo de larga distancia no minuto 17. O Bertamiráns segue xogando cómodo, serio na presión desvaratando cada ataque do Calo e cun xogo directo dispón de varias ocasións claras para aumenta-la vantaxe pero perdoa e o Calo comeza chegar con máis claridade. Fallan un penalti no 40, e no 44 nun mal despexe caelle o balón ó dianteiro que marca o empate antes do descanso. Na segunda metade a presión do Bertamiráns xa non funciona tan ben, chegamos a destempo e ainda así conseguimos adiantarnos ós dez minutos. A alegría non dura moito pois responde o Calo e pon o empate ós dous minutos, e o terceiro na seguinte xogada. O partido rómpese e o Bertamiráns intentao a desesperada ata que no minuto marcan o 4-2 á contra e o Bertamiráns baixa os brazos. Primeira derrota na casa, a parte boa e que o equipo mostrou unha mellor cara que a semana pasada, a derrota foi xusta pero o resultado é enganoso. Toca seguir mellorando ca cabeza posta xa no seguinte partido, e traballar duro para que chegue a primeira victoria a domicilio. Gol de falta de Gael para o Benxamin A.

Xornada 16/01/2022

Xornada marcada polas xiadas matinais. Chegou o inverno e con él o frío. Un frío intenso que se traduce en campos xiados onde esta fin de semana os nosos rapaces voltaron a colleitar grandes resultados. Salientar o esforzo do Prebenxamín B que xogou o seu partido nun campo completamente xiado como podemo ver na foto deste artigo.  De todo-los xeitos a xiada non foi quen de amilanar ós nosos nenos que o pasaron en grande xogando ó deporte rei.Destacar tamén o derbi vivido no pavillón entre os dous alevíns na liga de futsal. Racing San Lorenzo 0 - Pb A 5 Tarde fría onde a práctica deportiva veulles ben ós nosos nenos. Neste partido veríamos varios resbalóns propiciados polo xeo que comezaba a aparecer no rectángulo de xogo. Polo momento, o mellor partido do que vai de tempada, esperamos que os nosos pequenos sigan a mellorar. Pb B 2 - SD Villestro B 4 Mañán de moito frío no municipal de Bertamiráns na que os nosos pequenos, co campo xiado, fixeron un moi bo partido. Resultado duro para os méritos dos nosos, non queda outra que seguir traballando. Destacamo-la actuación dos tres biberóns que completaron a convocatoria. SD Villestro D 1-7 Pb C Partido xogado en Belvís, onde os nosos sacaron adiante o partido dende moi cedo tentando aplica-lo aprendido e traballado durante a semana. Lalín 2 - Benxamín A 10 Partido cedo pola mañá o sábado, no que os cativos, a base dun gran ritmo de xogo, superaron o frío e a un rival que só puxo oposición nun tramo curto de partido. Benxamín B 10 - UD Bastavales 0 Partido sen historia onde fomos capaces de saca-los tres puntos baixo unha espesa xiada no campo de Brión. X. Oroso C 1 - Benxamín C 1 Empate con sabor a derrota en Sigüeiro. Partido moi completo do equipo, onde as ocasións marradas custannos moi caro. At. Fatima B 3 - Benxamin D 0 Partido a priori igualado, no primeiro tempo as ocasións máis claras foron a prol do Bertamiráns, pero sería o equipo local quen se adiantaría nos minutos finais. Na segunda parte o partido dominouno de principio a fin o equipo local, acadaría dous goles máis. UD Bastavales 1 - Alevin B 5 Partido sacado adiante polo noso alevín cun bo resultado diante dun equipo que o intentou cunha presión alta pero que non puido facer nada ante a superioridade dos nosos. Aínda que a nivel de xogo non foi o mellor dos nosos partidos, hai que ter en conta tamén ao rival e o alto nivel mostrado polos dous porteiros rivais. A seguir así. Alevín C 5 - ED Santa Marta 3 Mal comezo dos nosos que encaixaron un gol de saque directo de centro. Comezaron descentrados, pero despois foron quen de controla-lo partido e remontar ata un 4-1 parcial. A excesiva relaxación fai que o rival volva anotar de saque directoe tras unha falta rápida xusto antes do final. Hai que traballar máis para non encaixar tantos goles. Alevín D 13 - San Pedro 0 Partido do noso Alevín frente un rival que fixo pouca resistencia de ahí o resultado tan abultado. Partido sen moita historia, agora a pensar no vindeiro partido que seguro será unha historia moi diferente. Alevin E 3 - Bandeira FC 4 O mellor partido da tempada dos nosos cativos. Mereceron a victoria pero a mala fortuna negoulla. A seguir traballando. (FUTSAL) Alevin A 2 - Bertamiráns B 0 Partido disputado e entretido por parte dos dous equipos do clube. No que o equipo A impuxose grazas a súa pegada ante un equipo B que fixo un gran traballo durante todo o encontro. Destaca-lo gran traballo na portería do equipo B de Mateo e por parte do equipo A a calidade de Fabio. (FUTSAL) Bertamiráns A 2 - Alevín B 0 Partido intenso e interesante. O Alevín A foi, como era de esperar, mellor. Nós non fomos quen de xerar moitas ocasións aínda que puidemos competi-lo partido dende unha defensa organizada e tratando de saír rápido despois de roubar. Victoria FC 1 - Infantil A 4 Primeiro partido de liga para o noso infantil neste 2022. Mermados polas baixas dispuxemos algo totalmente distinto ó que viñamos facendo, onde os rapaces interpretaronno á perfección. Foi un encontro de ida e volta, sen demasiada pausa, onde saímos beneficiados grazas ó acerto de cara á portería contraria. Destaca-la participación no once de dous nenos de primeiro ano, e a actuación doutro que entrou para dar refresco, os cales fixeron que o DNI non se notara no campo. Infantil B 4 - AD Nicrariense 0 Partido que comeza moi ben grazas a un gol dos nosos no primeiro minuto de xogo. Aínda así estiveron imprecisos neses primeiros compases de partido aínda que lograron outro gol máis. Na segunda parte o ritmo de xogo baixou e tivemos menos ocasións de gol. Aínda así acadamos ourtos dous goles. Seguimos no alto da táboa clasificatoria e pa semana rendemos visita ó Noia, segundo clasificado. Destacar que Manu conseguiu un poker de goles neste partido. Infantil C 8 - SD Amio B 3 Entramos moi enchufados no partido, xa que abrímo-lo marcador ós dous minutos de xogo nunha gran xogada combinativa. Pero segundo transcorrían os minutos o equipo perdeu a concentración e sufreu máis do esperado ante un rival inferior. O electrónico ó descanso reflexaba un 4-2 a favor dos locais que regalaron 2 goles en sendos fallos de concentración. Na segunda metada o equipo foi un vendabal en ataque pero volveu a conceder atrás, xa que regalou outro gol. O equipo ten que mellora-la contundencia nas dúas áreas. SD Compostela C 1 - Infantil D 6 Terceira victoria do equipo nesta tempada contra o Compostela C, moi ledos non só pola victoria senon tamén po-lo xogo despregado. Os rapaces por fin puideron decatarse que xogar ó fútbol e xerar fútbol é moi divertido. Moi bo partido dos xogadores durante todolos minutos o que lles fai gañar confianza. Victoria 2 - Cadete A 0 Saída compricada diante dun rival directo onde os nosos non foron quen de impoñerse no partido, a pesares de lograr varias ocasións claras, tanto para poñerse por diante como para recortar distancias. Pola contra, o rival foi quen de aprobeitar as súas con dous goles na saída de sendos saques dene o curruncho. Cadete B 1 - Cidade de Ribeira 0 Disputado encontro entre dous dos equipos que están loitando polo play-off. A primeira parte comezou con tres achegamentos do Cadete B nos primeiros cinco minutos, que amosaban unha clara intención de ir a polo partido desde o primeiro momento e marcar cedo. O Cidade de Ribeira propoñía un xogo directo cara os seus dous mellores xogadores que por varias ocasións creou problemas á nosa defensa. Chegouse ao descanso sen goles pero cunha sensación de mandar sobre o terreo de xogo tras sete claras ocasións locais. Despois da reanudación, o número de ocasións baixou pero o equipo seguiu mandando co balón. Os trocos foron trascendentais nos dous equipos, xa que engadiron frescura e propostas distintas ás que xa había. O partido decantouse para o noso Cadete no tempo engadido cun man a man perfectamente executado que fixo estourar de alegría a todo o Municipal de Bertamirans. Santiso 2 - Cadete D 2 Os noso visitaban esta semana ao Santiso, rival que aínda que estivese último clasificado, sabíamos que ía a poñe-las cousas difíciles. Comezou o partido e aos 10 minutos xa ibamos gañando 0-2, a partires do segundo gol o equipo deu un baixón moi importante tanto en actitude como en xogo, axudando a que o Santiso empatase o partido. A pesar disto seguimos no segundo posto da clasificación. Estrada 1 - Xuvenil A 0 Mal partido dos nosos, que levan semanas sen face-las cousas como deben. Debemos volver ao bo camiño, traballar xuntos e creer no que facemos. Esa e a única oportunidade que temos. Ni antes eramos tan bos, nin agora tan malos. Senior 2 - Agrón 2 Partido moi igualado como xa fora en cepelo onde ambos equipos disfrutaron de poucas ocasións claras, adiantouse o Bertamiráns ós 30 minutos de empezar, pero empata o Agrón de corner antes do descanso. Na segunda metade o Bertamiráns presiona alto e goza das mellores ocasións, pero e o Agron á contra quen logra adiantarse; e ó revés que na primeira metade o Bertamiráns é o que pon o empate de falta directa a falta de poucos minutos para o final. Toca seguir traballando duro nos adestramentos e esforzándose ó máximo nos partidos. Golazo de Mateo co Infantil C. Gran xogada do Infantil C que remata co Gol de Jorge

Xornada 09/01/2022

A primeira xornada do ano traenos grandes resultados. Primeira xornada do 2022 que case nos deixa un pleno de victorias, únicamente perderon os pequenos do PB B, pero non nos preocupamos porque están en fase formativa e aprenden moi rápido. Ademáis o Senior non pasou do empate no dificil campo de terra da Devesiña. Pb A 5 - Cía de María 0 Formar e divertirse será o único obxetivo deste grupo. Propio desa diversión sería o acontecido no encontro. Seguimos a mellorar. Pb B 1 - SD Villestro 2 Partido moi disputado por ambolos dous conxuntos, os nosos pequenos seguen a buscar a ansiada segunda victoria, que sen dúbida chegará xa que están a xogar moi ben ó fútbol. Benxamín A 14 - Cordeiro 0 Partido cómodo dominado de principio a fin polos nosos pequenos. Benxamín C 11 - UD Santa Marta 0 Victoria doada diante dun rival que non prestou oposición. Ó descanso xa tiñámo-la victoria no peto. Conxo-Santiago C 2 - Infantil C 5 Partido moi disputado no campo da A Merced, onde os nosos rapaces foron quen de acadra unha importante victoria que nos permite seguir nos postos altos da clasificación. A primeira metade foi controlada polos nosos en todo momento pero unha vez máis na única achegada do rival recibimos o primeiro gol, aínda así os nosos xogadores seguiron sendo fieis a idea que levan traballando toda a tempada e foron capaces de darlle a volta ó marcador antes de marchar pos vestiarios. Á volta dos mesmos, voltamos a encaixar o segundo gol nun erro na saída de balón e o rival aproveitou eses momentos para apretar, o equipo soubo sufrir en defensa ata que Jorge transformou de maneira maxistral unha falta e puxo o 2-3 no marcador. A partires de ahí o equipo agrandouse ata conseguir o resultado final. Infantil D 2 - SD Milladoiro B 0 Segunda victoria do Infantil D nesta tempada, a mesma fraguouse na primeira parte onde tivemo-las ocasións que o equipo aproveitou para consegui-los goles. O primeiro veu dun remate nun saque dende o curruncho e o segundo nunha xogada individual dun dos alevíns que nos axudou a completa-lo once inicial. Na segunda metade o rival tivo mellores oportunidades e os nosos contaxiáronse do xogo rival o que propiciou que sufriramos ata o final. Cadete A 2 - Calasanz 1 Bo comezo dos nosos, que acadan os tres puntos na primeira xornada do 2022. Tras un bo inicio de encontro, acadan o 1-0 a saída dun corner. Esa vantaxe perderíamola antes do descanso, remontando novamente ao saír dos vestiarios. Finalmente, sufriríamos para mante-lo marcador, dada a necesidade do rival de sumar. Cordeiro 1 - Cadete B 3 Partido moi completo do equipo que afrontabamos con dúbidas despois dunha semana frouxa a nivel de adestramentos. A actitude e traballo do equipo foi enorme e foise ao descanso con victoria pola mínima e con multitude de ocasións erradas. Na segunda parte, marcamos moi pronto os dous goles restantes para rematar de amarra-lo partido e tan so se volveu mover nun balón que o noso porteiro sacou da liña e que o árbitro interpretou como gol. Boas sensacións no regreso a competición e seguimos na loita polo playoff. Vista Alegre 1 - Cadete C 8 Gran victoria a acadada no municipal de Santa Isabel. Aínda que o equipo segue a saír o campo con pouca intensidade e concentración o que implica que sempre o rival se poña por diante con suma facilidade, nesta caso ós 10 minutos o equipo encaixa un gol a saída dun saque dende o curruncho. Tocou de novo remar en contra pero os rapaces puxeronse as pilas acadando unha goleada merecida. Cadete D 3 - SR Calo 0 O noso Cadete D volve a senda da victoria tras un empate na anterior xornada. Esta xornada medíanse fronte ao Calo, partido moi serio dos nosos rapaces que finalizarían o encontro cun 3-0 a favor. A victoria puido ser moito mais abultada, pero un gran partido por parte do porteiro visitante impediuno. Seguimos unha semana máis no segundo posto da táboa. Ciudad de Ribeira B 2 - Xuvenil B 5 Partido importante o que disputábamos en Ribeira contra un rival que comenzaba a xornada empatado a puntos con nos. Non empezábamos ben o partido pois aos dous minutos adiantábase o ribeira no marcador. Supémonos repoñer a ese gol pero non materializábamos as ocasións que tiñamos e tampouco eramos capaces de leva-lo peso do partido. No minuto 35 conseguíamos empatar con gol de Kike tras un saque dende o curruncho pero tralo saque de centro o Ribeira adiantábase de novo. Non foi ata a derradeira xogada da primeira parte cando Andrés conseguía empatar tras rematar un bo centro lateral de Jesús. No descanso fixemos unha corrección no sistema de xogo e fomos capaces de domina-lo xogo e as ocasións. Despois de varios intentos conseguimos adiantarnos no marcador con sendos goles de Bruno e Dylan. De ahí ata o final non pasamos apuros salvo cun penalti sinalado que ninguén veu pero que atrapou perfectamente Iván, que ademais íase converter no protagonista da derradeira xogada do partido cunha falta no borde da área que transforma no quinto e derradeiro gol do partido. SDC Recesende 1 - Senior 1 Primeiro partido co novo sistema, comezamos algo enchufados e nos primeiros minutos xeramos un par de ocasións moi claras que non soupemos definir, a continuación deixamos de axustarnos ó plantexamento e o rival logra adiantarse no marcador a raíz dunha perda en campo propio, foi o único disparo que fixo en toda a primeira parte e entra de rebote, esta historia xa a vivimos demasiadas veces e desta vez soupemos reaccionar e saimos a segunda parte a dar o 110% e face-lo adestrado durante a semana, marcamo-lo empate ós 10 minutos e seguimos apretando ata o final, xeramos suficientes ocasións para meter 2 ou 3 goles pero a falta de acerto de cara a gol fai que sepa a pouco o empate. O desempeño do equipo na segunda parte é o que debemos mostrar os 90 minutos. Sen escusas. Destacámo-lo gol de Rubén co Benxamín A.

881087583

690020553

611615209

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal