Novas

Xornada 27/11/2022

Victoria moi traballada do Sénior a domicilio. Esta semana destacan as victorias a domicilio pola mínima do equipo Sénior diante do Agrón e máis do Cadte A diante do Conxo B. Pola contra o Xuvenil A acadou en no municial un empate despois dun gran partido pero que tivo unha arbitraxe lamentable. At. Fátima B 0 - Biberón A 4 Partido bastante sinxelo e sen complicacións, con moitos goles dos nosos en toda-las partes do mesmo, o rival non logrou marcarnos ningún gol xa que eramos bastante superiores a eles, tanto física coma técnicamente. Victoria FC - Los Rayos 3 - Biberón B 0 Partido moi igualado o principio xa que conseguimos empatarlles a primeira das catro partes, despois o Victoria xa soubo como leva-lo partido xa que cos trocos que fixeron os nenos eran superiores físicamente aos nosos, ós poucos este equipo vai mellorando, a seguir! PB A 6 - CD Rois 1 Partido do noso Prebenxamín fronte ao Rois con máis problemas dos que reflicte o resultado final cunha primeira parte moi disputada chegando ao descanso cun empate a un go. Na segunda metade estivemos máis acertados tanto en ataque como no traballo defensivo froito delo o resultado final. Agora ca clasificación xa acadada tentaremos de gaña-lo derradeiro partido pra ser primeiros de grupo. PB B 12 - CD Rois B 4 Partido sen moita historia xogado polos nosos no que o marcador, aínda que abultado, non reflicte a diferenza entre o nivel dos equipos nun partido no que houbo momentos especialmente lúcidos dos nosos xogadores facendo xogadas de moito mérito, e traballadas ó longo destas semanas. ¡Norabóa pola victoria ben merecida! ( FUTSAL) Victoria FC B 0 - PB B 2 Partido moi serio o xogado polos nosos PBs esta mañán no que demostraron moi bo xogo combinativo e aspectos defensivos novos para aumenta-la súa aprendizaxe. A pesares de ter momentos de non estar moi lúcidos cara a portería rival, temos que estar moi ledos cos nosos pequechos. EF Lalín 0 - Benxamín A 3 Partido duro baixo a intensa choiva. Os nosos foron quen de competir e sacar un bo resultado no díficil desplazamento diante dun rival complicado. SD Dubra 1 - Benxamín C 1 Partido moi intenso onde a grada desfrutou do bo partido que se disputou no terreo de xogo. Acadamos un empate debido a un gran gol de falta que conseguiu o Dubra faltando poucos minutos para o remate  do encontro. Seguimos traballando. Benxamín D 1 - ED Xuv. Oroso C 7 Mala primeira parte dos nosos benxamíns propiciada en parte polo bo xogo do rival e en gran medida por erros nosos de conceptos que deberemos ir traballando e mellorando. Tralo descanso tentamos correxir algúns erros que estabamos a cometer e melloramos un 100 %, puidendo ver un partido moito mais igualado. EF Lalín 2 - Alevín A 2 Partido moi duro diante dun rival que fixo un moi bo papel. Por momentos fixemos cousas ben, comezamos competindo bastante ben, non asumindo moitas situacións incómodas... tamen é certo que en ningún momento fomos donos do partido. A realidade é que colleitamos un empate grazas a que, Marcos, un dos nosos rapaces fixo dúas accións moi diferenciais, e foi quen de marcar dous goles moi importantes. Para a semana máis! Alevín B 6 - SD O Pino 1 Malia a comezar perdendo tras uns erráticos dez primeiros minutos onde tamén estivemos faltos de intensidade, íamos a seguir crendo na nosa idea de xogo, a cal ía facer que cedo encarrilásemo-lo partido dándolle a volta antes do descanso. Unha boa segunda parte certificaría a victoria para os nosos. Infantil A 3 - E. Estrada FB 2 Tres sufridos puntos que permiten seguir líder ao noso primeiro equipo da categoría infantil. Saíu o equipo local arroiando ao seu rival, así nos primeiros minutos tivo catro ocasións claras por medio de Álex para face-lo primeiro gol, unha acabou pegando o balón no pau, outros dous máns a máns que acerta o gardamallas e unha que sae lambendo o longueiro. A partires de ahí o encontro iguálase durante toda a primeira parte con chegadas as áreas pero sen ocasións claras, así ímonos ao descanso, có 0-0 inicial. Na volta dos vestiarios o Berta volve a poñer cerco á meta visitante, onde Álex busca a meta contraria rápidamente, tras roubo e conducción sorteando rivais cara ela. Así no minuto 52, volve a realizar unha incursión na área, sendo derribado clarísimamente ca conseguinte sinalización da pena máxima, transformada en gol por él mesmo. Seguidamente o noso equipo continúa atacando á meta contraria, domina o encontro e dez minutos despois do primeiro gol, nun centro a área visitante, Lucas tras varios rechaces envía o balón ao fondo da rede. Pensa o Berta que ten o partido sentenciado, confíase e a partires de ahí o Estrada achégase á meta do noso equipo, e así en dúas accións a balón parado, conseguen facer dous goles no minuto 66 e 75. De seguido o Berta en vez de virse abaixo saca ese  arácter gañador que ten moitas veces, e un minuto despois do empate do encontro, nunha recuperación de balón por parte de Matteo, gaña a liña de fondo, pon o balón no primeiro pau e despois dun rechace do gardamallas, Kape envía o balón ao fondo das mallas para face-lo 3-2 definitivo dun encontro entretido. Cidade de Ribeira B 1 - Infantil B 1 Partido onde seguimos a acusa-las baixas, pese a todo o equipo dispuxo de 4 ocasións moi claras nos primeiros 20 minutos para adiantarse no marcador diante dun rival que sempre compite. O Ribeira buscaba roubar e saír a contra con balóns longoss que fomos quen de controlar case sempre. Co 0-0 inicial chegabase o descanso, a segunda metade discurría polos mesmos derroteros ata que nun saque dende o curruncho Álex cun gran testarazo poñia o 0-1 no marcador. A partires de ahí ocasións en ambas porterías ata que un balón colgado en área mal defendido pola nosa parte propiciou o empate definitivo. Puebla FC 2 - Infantil C 5 Empezou o equipo sen ritmo e sen entender a que queríamos xogar cometendo erros de forma continua y sen ser capaz de ter continuidade no xogo. Nun deses erros é onde nos mesmos lle damos un pase a un rival que esta so diante do porteiro para que so teña que empurra-la pelota, chegaría o 1-0. Aínda tardamos un pouco en espertar pero cando o logramos démoslle a volta ao partido e xa non pasamos apuros. A segunda parte foi máis do mesmo, o equipo non tiña continuidade pero xa non tiñamos tantos erros polo que tampouco pasabamos apuros. Xa co 1-5 outro error garrafal por falta de concentración e actitude permitiu ao Puebla recortar distanzas no marcador. Temos que ser capaces de competir durante os 80 minutos independientemente quen sexa o rival. Sen altibaixos e mantendo a concentración en todo momento. Esperemos que nos sirva para sacar conclusións que nos fagan evolucionar e mellorar. Victoria FC C 0 - Infantil D 15 Partido sinxelo sen historia onde os nosos foron moi superiores. CD Conxo Santiago B 0 - Cadete A 1 Partido igualado o disputado na Merced, onde o noso cadete rematou conseguindo tres puntos para seguir mandando na táboa clasificatoria. Primeira parte de tanteo, onde os dous equipos queren busca-la meta rival, pero o ritmo é alto por parte dos dous, e vense poucas ocasións claras. Mencionar unha do noso equipo, onde Rodri rouba un balón e despois de desfacerse da súa marca, ten un mán a mán contra o meta local onde sae gañando este último. Có marcador inicial ímonos aos vestiarios. A segunda metade é totalmente distinta, con ocasións para ámbolos dous equipos, así sen cumprirse o primeiro minuto o Conxo nun saque dende o curruncho, o seu dianteiro envía o balón ao pau e despois de pasearse pola liña recollea o noso gardamallas. Pouco despois Rodri tras unha recuperación de balón en tres cartos de campo volve ter outro mán a mán, que finaliza lambendo o pau dereito da meta contraria. Seguidamente o Conxo ten dúas ocasións claras, unha nun mán a mán entre o dianteiro e o noso meta que sae preto do poste dereito e outra un tiro que sae preto do longueiro. Volta a da-la réplica o equipo visitante, o noso equipo, que no minuto 76 nun roubo dun balón, consegue avanzar pola banda dereita, e tras un centro e indecisión do meta local e a súa defensa, Diego remata de testa ao fondo da rede desde preto do punto de penalti. A partires de ahí o Berta defende ben a súa meta e consegue o tres puntos. Cadete B 1 - SD Compostela B 1 Resultado totalmente enganoso o visto na matinal deste Domingo no municipal. Un dos mellores partidos realizados no que vai de liga polo noso cadete B, sobretodo en fase ofensiva. Na fase defensiva debemos mellorar, sobretodo para lograr roubar e montar boas transicións, algo que nos custa moito. Chegaríamos ao descanso 0-0, puidendo levar practicamente o partido sentenciado xa no descanso co número de ocasións por parte dos nosos rapaces. Sairíamos do descanso coas mismas gañas, e ao pouco poñeríamonos diante no marcador. Seguimos errando ocasións e ao rival empataríanos ao pouco nun desaxuste defensivo. Partido no que a pelota non quixo entrar e simplemente logramos un punto deste partido. Non obstante, sentímonos moi orgullosos da actitude dos rapaces, o xogo e o importante no fútbol e xerar oportunidades, xa que se non se xeran sí que é imposible acadar goles. Noutro partido entrarán deso estamos completamente seguros. A seguir traballando para cumprir os obxetivos da tempada. Victoria FC B 0 - Cadete C 4 Bo partido do equipo. A pesares do tempo de intensa choiva, o campo estivo ben para xogar e o equipo fixo un partido serio e intelixente sen ter en conta a posición do rival na táboa clasificatoria. Seguimos formando para competir e mellorar.. Xuvenil A 2 - Galicia de Caranza 2 Gran partido o disputado polos nosos rapaces esta fin de semana, pero o gran partido do porteiro rival e os erros garrafais por parte do trío arbitral fixeron que non acadasemos unha ansiada victoria pola que vimos traballando tóda-las semanas. Tivemos numerosas ocasións que ben é certo non soubemos materializar e o porteiro rival fixo moitos méritos para elo pero se lle sumamos que o trío arbitral veu de paseo e non a face-lo seu traballo pois perdemos dous puntos. Anularon un gol legal e concederon un ó rival que non era. Moi inxusto pero temos que seguir. Victoria FC 2 - Xuvenil B 1 Encontro no que comezamos fóra do mesmo e cunha intensidade moi baixa o que nos custou encaixar dous goles. No último tercio da primeira metade o equipo aplicouse e centrouse acadando varias ocasións de gol, materializando unha delas. Na segunda metado o encontro estivo igualada ata a expulsión, o cal desnivelou completamente a balanza. Toca seguir traballando e mellorando os inicios de partido. Agrón Barcala CF 0 - Sénior 1 Partido do cal, por enriba de todo, destacaría o oficio mostrado por parte dos nosos xogadores. É un campo que non se nos da moi ben, ao ser pequeno non acostumamos a ser capaces de propoñer e cando eso pasa acostumamos a sufrir. Desta volta axustámonos ben ao plan e a maiores este non era malo. En definitiva, 3 puntos máis que nos fan boa falta para tratar de estar nos postos máis altos da táboa. Para a semana máis! Gol da victoria do Sénior diante do Agrón. Gol de Nico de falta para o Xuvenil A. Gol de Antón para o Infantil D. Gol da victoria do Infantil A obra de Kape.

Xornada 20/11/2022

Xornada solidaria do Bertamiráns Fc en apoio da causa Saharaui Gran ambiente no Municipal na victoria do Séniro diante da SD Urdilde, ademáis conseguiuse unha gran recaudación para axudar a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahui, todo por unha causa xusta e solidaria.Ademáis da victoria do Sénior que o encarama no alto da táboa, debemos destaca-las victorias do Cadete A e Xuvenil B, o primeiro recupera o lidearado da categoría e o segundo consegue tres puntos importantísimos para acadar unha ansiada permanencia. Biberón A 0 - SD Compostela A 4 Partido onde vímonos superados en tóda-las facetas do xogo, onde tentamos facelo que adestramos pero o outro equipo defendeuse moi ben e foi quen de materializar tódo-los goles do partido. Moi bo partido o do equipo rival. Biberon B 0 - At. Fátima 4 Partido moi complicado xa que os seus xogadores eran todos de segundo ano, os nosos lograron crear algunha ocasion no partido pero non puideron meter gol, por outra banda eles tiveron moitas ocasións e meteron en tóda-las partes, agora toca seguir traballando para mellorar. AD Nicrariense 0 - PB A 2 Partido do noso Prebenxamín A dinte do primeiro clasificado nun partido de moito traballo no que os dous equipos buscamo-la victoria, onde nós estivemos máis acertados cara o gol cun traballo de todo o equipo tanto con balón como no aspecto defensivo. Agora poñémonos primeiros e dependendo de nós mesmos pra pasar a xogar polo título; agora a pensar no Rois vindeiro rival. Cordeiro CF C 0 - PB B 8 Partido moi prácido o do noso PB no que quedou patente a diferenza entre ámbolos dous equipos e que serviu para que todos xogasen moitos minutos e incluso algún dos nosos se estrenase como goleador coa ledicia que supón. ¡Veña rapaces! (FUTSAL) PB B 3 - Victoria CF B 0 Partido moi ben xogado polo noso equipo, con momentos de moi bo xogo combinativo e que incluso fomos quen de comenzar a marcar de xogadas de estratexia, nesta mañán de Domingo, onde acadamos unha victoria que nos fai pecha-la primeira fase de competición cun bo sorriso. ¡Forza para o que ven, nenos! Benxamín A 0 - CD Conxo Santiago 1 Mal partido, con pouca intensidade onde non fomos quen de doblegar a alta calidade do rival. Benxamin B 2 - SR Calo 3 Bonito partido o disputado no municipal, entre dous equipos da zona alta da táboa. Primeira metade igualada, onde quizáis os nosos rapaces estiveron mellor. A segunda comezaria cos nosos bastante imprecisos e superados en varias perdas en campo propio, as cales pasáronnos factura. Continuamos ca aprendizaxe para conseguir mellorar nos nosos erros. Benxamín C 6 - Benxamín D 0 Derbi moi entretido entre dous equipos da nosa base. Notouse moito a diferenza de idade entre ambos conxuntos e iso plasmouse no marcador. Seguimos traballando para formar a estes grandes equipos. Alevín A 0 - CD Conxo Santiago 1 Desta volta tocou sufrir máis do que nos gustaría. Estivemos bastante ben na primeira parte e un chisco peor na segunda. Foi un partido moi disputado, con poucas ocasións para calquera dos dous equipos. Non estivemos fiables co balón. Erramos en accións técnicas que acostumamos a resolver con maior precisión e posiblemente iso xerou nervios e intranquilidade que tampouco nos axudaron en nada. Non era o día para cometer erros. Para a semana máis!! Milladoiro SD B 1 - Alevín B 8 Partido que comezaba algo trabado pero que tras un par de boas accións dos nosos nenos lograbamos sacar unha vantaxe que pouco a pouco seguiríamos ampliando no marcador. Destaca-la actuación de Mateo e de Hugo, que estiveron fantásticos durante todo o encontro. Alevin C 7 - SD Esclavitud A 1 Partido do noso Alevin C diante do segundo clasificado no que saímos dende o inicio facéndonos co control do partido, pobra delo foi que nos puxemos por diante nos primeiros minutos cunha presión ben executada que supuxo que roubasemos moitos balóns preto da súa portería collendo unha amplia vantaxe ó remate da primeira parte. Na segunda parte aínda que creamos ocasións non fomos quen de métela entre os tres paos. Pasamos primeiros de grupo sen coñece-la derrota, pleno de victorias. Agora toca traballar para a seguinte fase. Alevín D 4 - SD Esclavitud B 0 Derradeiro partido da primeira fase e unha victoria que nos serve para colidera-la táboa e poñer un gran final a un moi bo primeiro tramo de tempada- Agardamos con ilusión a seguinte fase e seguimos traballando para ir a ela o máis preparados posible. SD Cacheiras C 3 - Alevín E 0 Derradeiro partido de liga da primeira fase. Íamos comeza-lo encontro algo durmidos en defensa e por culpa diso regalaríamoslles un gol ao equipo rival. Despois disto subimos unha marchiña máis e comezamos a competir. Pero pouco máis alá foi o partido xa que case non se podía xogar ao fútbol xa que o rival paraba moito o xogo con continuas faltas a destempo que nos impedía intentar algo diferente no encontro. Agora toca mirar xa na seguinte fase e seguir traballando para medrar. EF Lalín 1 - Infantil A 9 Victoria clara que afianza o liderato do noso equipo. Empezou o Berta un pouco trabado, custando enlazar pases, previsible e errático, pero pouco a pouco foise achegando á meta rival. Así nun saque dende o curruncho, o balón non logra ser despexado e chega o segundo pau a Santi, que so ten que empurralo ao fondo da rede. Pouco despois, noutro saque dende o curruncho, Lucas fai un remate de testa maxistral que se cola case pola escadra esquerda. Dez minutos despois no minuto 33, Álex entra na área e cruza a pelota e acaba en gol. Con este resultado de 0-3 fómonos aos vestiarios. A segunda parte non tivo cor, e así no minuto 41, despois dunha boa xogada, Pérez fai unha boa presión defensiva preto da meta contraria, rouba balón e consegue finalizar él mesmo a acción para face-lo 0-4. Mediada a segunda parte, o Lalín nun pase en profundidade, o dianteiro local o orienta cara a porta recibe unha tarascada por parte de Santi, pena máxima e gol de Noé. Despois disto as ocasións por parte do Berta vanse sumando, e así no 61 e 62 Xurxo fai dous goles, no 68 Diego que saltou o campo na segunda parte fixo o seu gol. Todavía habería tempo para máis, xa que Lucas no 78 e 79 con dous goles conseguiría un hattrick. Infantil B 3 - Amio SD A 1 Partido moi disputado diante dun equipo de segundo ano que non puxo as cousas doadas para os nosos. O equipo achegabase con moito perigo a portería rival pero non definía como é habitual e o primeiro chegaba no min.18 por medio de Rodri. A primeira metade remataba con ese 1-0 a favor, xa na segunda a tónica seguía a se-la mesma pero nun erro na saída de balón o rival poñia o 1-1 no marcador min.41. Houbo que esperar ao min.63' despois dun claro penalti sobre Rodri para que Noya marcase. Co 2-1 o equipo goza de ocasións claras pero non e quen de materializar ata o min.75' despois dunha gran xogada colectiva Marco de perfecto disparo poñia o 3-1. Aínda tivemos ocasión de amplia-lo marcador logo doutro claro penalti sobre Darío que Noya marrou enviando o balón por riba do longueiro. Bo traballo do equipo pese as innumerables baixas por gripa e lesións, sumando 11 victorias en 11 encontros. Infantil C 4 - Bastavales UD A 0 Bo partido realizado polo infantil plasmando no campo detalles adestrados durante a semana. Puxémonos moi cedo en vantaxe no marcador e no minuto 20 xa íamos gañando 3-0. Baixamos un pouco o ritmo pero seguíamos probando cousas distintas con acerto. Bo resultado que nos permite seguir coliderando a clasificación unha semana máis. Infantil D 9 - San Pedro FC 2 Trámite de partido. Rival sen motivación que apenas opuxo intensidade, a pesares do resultado debemos muda-la actitude e volver a retoma-lo bo xogo. Cadete A 2 - SDC y R Narón O Freixo 1 Victoria traballada e sufrida, pero recuperamos de novo o liderado. Bo partido o disputado no municipal de Bertamiráns, onde nun principio se veu moito xogo de medio campo, con intensidade pero con imprecisións, con moi poucas opcións de poder facer gol ambo-los dous equipos. Mencionar unha do Berta, que con todo a favor nun remate preto da meta marrouse. Pouco despois, nunha recuperación dun balón en tres cartos de campo, o Berta trenza unha xogada perfecta, que remata preto da área pequena Pollo, axustado o pau dereito, que fai imposible a estirada do gardamallas. Con este resultado fómonos ao descanso. Á volta dos vestiarios o equipo local domina o partido, tendo varias ocasións para aumentar distanzas por parte de Mateo, unha diante do porteiro que nun intento de axustala o pau lonxano, remata suave as máns do gardamallas. Noutra ocasión despois dunha gran xogada finaliza dende a frontal da área grande moi preto do pau dereito. O dominio ten froitos e así no minuto 65, Migui despois de sortear varios rivais e adentrarse un pouco na área grande, remata de maneira maxestuosa o pau lonxano co interior do pe esquerdo, atopando o fondo da rede. Podíase pensar que a victoria estaba lograda, pero tocou sufrir, xa que o Narón empezou a estirarse, así no desconto, nunha contra rápida remata en gol por parte de Manuel. Quedaba pouco pero trouxo a incertidume o estadio. Pero non houbo tempo para máis, 2-1 definitivo. Porto do Son CF 1 - Cadete B 5 Despois do susto recibido a semana pasada, esta semana o equipo saíu ao terreo de xogo moito máis enchufado, grazas a iso aos 10 minutos do inicio xa ibamos gañando 0-3. Chegabamos ao tempo de lecer cun 0-4 a favor. Na segunda parte saímos con bastante menos ritmo e concedemos varias transicións ao rival debido a imprecisións en pases e controis. Lograbamos face-lo quinto gol, pero ao pouco por unha desas perdas nun mal pase chegaba o gol da honra do Porto do Son. Temos que lograr manternos máis metidos no partido durante todo o encontro. A seguir traballando rapaces. Cadete C 2 - E Estrada FB B 1 Partido moi intenso onde un bo equipo como o Estrada en posicionamento e intensidas fixo que no empleasemos a fondo para levarnos os tres puntos. Traballo, traballo e traballo... Bergantiños CF B 1 - Xuvenil A 0 Derrota inxusta a sufrida polos nosos en Carballo, xa que a pesares de ires con moitas baixas e completa-la convocatoria con dous cadetes o equipo foi dominador do xogo durante os 90 minutos e iso deu coma resultado que tivese numerosas ocasións que non foi quen de transformar. Pola contra o rival dispuxo de unha clara que si converteu e despois foi quen de defender, as veces o fútbol é inxusto pero debemos de tomar nota da actitude e competitividade do rival que iban todos a unha. Toca traballar para remendalo na vindeira xornada. Xuvenil B 2 - AD Nicrariense 1 Encontro no que os dous contendentes buscaron en todo momento minimizar riscos na saída de balón, o que deixou unha primeira parte moi igualada e cun par de ocasións para cada equipo. Á volta de vestiarios desnivelase grazas a un penal a favor do ADN, o que provoca uns minutos de desconcerto, pero tras superar ese momento o equipo voltou o plan establecido conseguindo remota-lo encontro sen ter que botar de menos o penal marrado. Demostrando que con traballo, gañas, actitude e confianza este equipo ten moito que decir na liga. Sénior 3 - SD Urdilde 1 Pensábamos que sería unha proba moi difícil de superar e así foi. Conseguimos acada-los tres puntos pero custounos moito. Cando a presión do equipo rival é, por momentos, tan agresiva e tan numerosa como foi a do Urdilde, un equipo só pode resolver de forma satisfactoria as situacións a vivir se é quen de mostrar, como mínimo, o mesmo nivel de implicación, o mesmo sacrificio cos outros. Faltounos algo de precisión, algo de calma, algo de tranqulidade para medir ben o momento... pero non estivemos mal, en cousas, de feito, moi acertados. Domingo outro óso duro de roer. Imos alá. Equipo do Xuvenil B que esta xornada acadou unha importante victoria diante do ADN. Gol de testa de Mateo para o Alevín B. Gol de Nacho a saída dun córner na victoria do Cadete B.

Xornada 13/11/2022

Por fin chegou a primeira victoria a domicilio do Sénior. O Sénior por fin cosechou os primeiros tres puntos fóra do Municipal de Bertamiráns, venceu a domicilio ó Valiño cun contundente 1-4. Ademáis salientamo-la victoria do Xuvenil B en Calo, onde consegue 3 puntos valiosísimos para acada-la asnsiada permanencia. SD Cacheiras B 2 - Biberón A 0 Derrota como visitante nun partido onde en liñas xerais fomos mellores ca eles, pero o rival tiña un xogador física e técnicamente moi avanzado para esta categoría e logrou marca-las diferenzas anotando tódo-los goles. Temos que seguir adestrando para mellorar. Villestro SD A 4 - Biberon B 0 Partido moi complicado para os nosos, xa que o rival tiña xogadores de segundo ano moi corpulentos e moi superiores físicamente aos nosos, non puidemos meter ningún gol en ningunha das catro partes, pero os nenos traballaron e esforzáronse e polo tanto melloran cada partido. PB B 5 - Cordeiro CF B 2 Victoria do noso equipo que de novo estivo completo, despois de sufrires diversas enfermidades de caracter vírico. Isto provocou que fora un partido no que non estivemos moi acertados, debido á falta de adestramentos, pero que fomos quen de sacalo adiante. Tódolos nenos puideron disfrutar dunha bonita tarde facendo o que máis lles gusta. Agora a traballar para recuperar ao grupo e seguir aprendendo cun sorriso sempre. Milladoiro SD 0 - Benxamín A 11 Partido serio, diante dun rival que non foi quen de presentar oposición. Toca seguir aprentando neste tramo decisivo de liga. ED O Dolmen Tordoia B 1 - Benxamin B 6 Partido onde os nosos foron moi superiores, pero custou acada-lo primeiro gol, a partires de ahi acadouse unha victoria cómoda.. cabe destacar que ante a ausencia do porteiro tódo-los xogadores do equipo ocuparon a porteria para seguir ca súa aprendizaxe. SD A baña 1 - Benxamín C 2 Bo partido do equipo, certo é que na primeira metade non estiveron tan eficientes como na segunda, xa que na primeira a penas conseguimos ocasións claras de gol e concedendo unha contra ó rival que aproveitou para adiantarse no marcador. Na segunda o equipo comezou a enlazar mellor as xogadas e froito deste dominio chegaron as ocasións de gol, primeiro cun penalty transformado e despois cunha falta ben excutada, e con esto o equipo conseguiu darlle a volta ó marcador. Seguimos traballando cada semana para mellorar. Benxamín D 1 - AD Nicrariense 1 Partido igualado o xogado polos nosos pequenos onde o empate foi un resultado xusto visto os méritos dos dous equipos. Puido haber máis goles pero a boa actuación dos porteiros e a falta de punteria impedíronno. Milladoiro SD 0 - Alevín A 5 Foi unha fin de semana productiva para os nosos, cambiáronse algunhas directrices no noso xogo e saíron moi ben. Foi un pracer ver a capacidade que os nosos rapaces mostraron para entender e executa-los trocos propostos. Estivemos moi involucrados, moi atentos e traballadores, para mostra o resultado diante dun equipo incómodo e competitivo como é o Milladoiro. Toca seguir insistindo, tratar de muda-lo que faga falta para esta-lo mellor posible e avanza-lo máximo posible. Temos máis potencial do que estamos sendo capaces de mostrar pero estamos seguros de que imos ir a máis. Alevín B 6 - CF Cire Melide 3 Victoria importante diante dun rival dos postos altos. Seguimos un pouco espesos na elaboración do xogo pero contiuamos a crer na idea de gañar a través do xogo combinativo. Sexta victoria consecutiva e a traballar para máis! Alevin C 14 - CD Rois B 0 Partido do noso Alevín C diante do pecha cancelas. Partido dominado como reflicte o resultado final agora a xogar polo primeiro posto fronte o segundo clasificado que está igualado a puntos. Ambos equipos xa ca plaza pra segunda fase acadada. SD Dubra B 0 - Alevín D 10 Partido dominado polos nosos nenos dende o pitido inicial. Gran victoria que nos serve para clasificarnos matemáticamente para a fase seguinte. Pelexaremos na derradeira xornada polo primeiro posto desta primeira fase. Alevín E 1 - AD Nicrariense B 2 A pesar do resultado, gran partido dos nosos diante do terceiro clasificado. O encontro comeza moi serio para ambo-los dous conxuntos pero nos íamos ser quen tiveramos máis ocasións e mellor xogo na primera parte, de ahí poñeriamos o 1-0 grazas a un bo remate de córner pero pouco despois debido a falta de intensidade encaixaríamos co que nos fomos con empate camiño dos vestiarios. Na segunda parte o rival ten maís ocasións e nos preparámonos para saír á contra pero non houbo maneira de acadar un gol nesas contras e finalmente o ADN acabaría facendo o 1-2. Coa vista xa no seguinte partido e traballando así a victoria estará moi preto! Infantil A 3 - Racing Club Ferrol 2 Empezou mal o noso equipo, con erros constantes nos pases e mal posicionados, que levaba o equipo rival a dominarnos. Así no minuto 10 adiantaríanse no marcador por medio de Pablo Bouzada. Despois disto, o Berta empezaría paseniñamente a achegarse a portería contraria e a ter ocasións claras. Así nun roubo en tres cuartos de campo, os nosos trenzan unha boa xogada que acaba finalizada cun bo golpeo na frontal da área por parte de Pérez a escadra, rematando o balon no fondo da rede. Esto fai que o noso equipo suba unha marcha, conlevando boas novas, xa que no minuto 38, noutra xogada rápida, Alex dende a zona esquerda da área de ataque cruza o balón moi ben e remata entrando pola cepa do poste contrario. Gol importante e psicolóxico, xa que pouco despois o colexiado indica o descanso. A volta dos vestiarios, voltamos a ver un fútbol intenso, con chegadas por parte dos dous equipos as áreas rivales. Destacar unha falta directa do equipo visitante, nun lanzamento lonxano por riba da barreira, obriga a Xoel a sacar un balón da escadra a man cambiada, parada espectacular e de gañar puntos. Vendo ademais que pouco despois, e preto de cumprirse o tempo regulamentado, nun saque dende o curruncho perfecto, Pérez remata de testa de forma inapelable e fai o 3-1. Podería pensarse que este sería o resultado definitivo, pero nada máis lonxe da realidade, xa que no tempo engadido, nunha falta lonxana e colgada a área, crease unha indecisión entre o noso porteiro e os defensas, a pelota queda morta preto da meta e esta é empurrada por un rival o fondo da rede. Pouco tempo quedaba pero os nosos sufriron ata o pitido final. Bonito e intenso partido. AD Nicrariense 0 - Infantil B 11 Comezaba o encontro co rival plantado no seu campo e buscando roubar algun balón para montar algunha contra, pero o equipo non dou opción en ningún momento mostrandose moi seguro co balón. Nos minutos 9 e 10 Elihan poñia o 0-2 no marcador, e de seguido Dario, Elihan e Fabio sentenciaban a primeira metade cun claro 0-5. O segundo tempo discurriu da mesma maneira e os goles ian chegando, Dario de novo marcaba 2 , Rodri outros 2, Gabi e Marco para pecha-lo partido no definitivo 0-11. SD A Baña 0 - Infantil C 12 Partido sen moita historia onde fomos superiores en todo momento a pesares de que nos costou adaptarnos as medidas do campo e o movemento do balón en ocasións era moi lento. No momento que se entendeu onde estaban os espazos empezaron a aparece-las ocasións e por ende os goles. ED O Dolmen de Tordoia 4 - Infantil D 2 A diferenza de idade nesta categoría pasa factura. Derrota diante dun rival de 2⁰ ano, facendo as cousas serias, pero non fomos quen de iguala-la forza fisica do rival, a pesares desa adversidade e estando 4 goles por debaixo, fomos quen de saca-la testa e chegariamos a iguala-lo encontro se o colexiado nos permitise os dous goles que anulou en dubidoso fora de xogo. CD Lugo B 2 - Cadete A 1 Mal partido o visto no Rodríguez Lago 1, onde o noso equipo sae derrotado e perde a primeira posición da táboa. Empezou o partido con graves erros por parte dos dous equipos, o equipo local perde varios balóns na súa parcela de iniciación sen os nosos aproveitar para conseguir o primeiro tanto. Pero nos tamén estaríamos imprecisos ca pelota, menos intensos, sen gañar unha disputa nin un segundo balón. Pero así a todo, nunha contra as costas do lateral dereito local Mateo logra poñer un centro e despois dun rechace Rodri envía o balón ó fondo da rede. Polo visto ata ese momento, o Berta non merecía ir gañando, e nin o gol conseguiu activar os nosos. Desta maneira, o Lugo acabou facéndose co encontro, logrando o gol do empate Gael, despois dun erro da nosa defensa. Esto intensifica máis o dominio rival e afunde os nosos, e así tan só seis minutos despois, nunha serie de erros encadeados o Lugo fai o 2-1, gol marcado por Pablo García. Mentras que no resto da primeira parte o noso equipo non logrou inquedar a meta rival. Despois do descanso, o Berta segue durmido, tendo varias ocasións o equipo da cidade amurallada para sentencia-lo encontro, pero non o fixo. Así nos minutos finais os nosos despois dun troco de sistema, pasando a xogar con dous dianteiros e envíos de balóns en longo, Mateo nun destes puido face-lo 2-2 nun remate escorado, onde o gardameta ten unha boa intervención. Pouco despois e xa no tempo engadido o árbitro puido interpretar como pena máxima unha entrada a Lemos, pero non o fixo así, finalizando o encontro có 2-1. Moito que traballar visto o visto se queremos ascender. Cadete B 2 - Bastavales UD 1 Partido no que o rival nos recibia totalmente replegado e nos custaba moitísimo xogar por dentro. Moi mala primeira parte dos nosos, que sendo fieis ao que se traballa durante a semana pero con circulacións moi lentas que non intimidaban ao rival, a primeira metade remataba cun empate a 1 gol. Na segunda o equipo saiu mais enchufado e xenerou bastantes máis ocasións de gol obrigando ao porteiro rival a facer varias paradas. Ao final un golazo de falta de Yerai fixo que os tres puntos quedasen no municipal. Debemos mellorar bastante si queremos estar nos postos altos da táboa. A seguir traballando. SR Calo 1 - Cadete C 6 A pesares do resultado o equipo rival foi un opoñente serio e duro, pero cando se fan as cousas con intensidade, intencionalidade e gañas pois ocorre que ademáis saen ben e vense reflectido nos resultados.Bo traballo grupal, seguimos formando. Xuvenil A 2 - Racing Club Ferrol B 0 Partido moi serio do noso Xuvenil, que foi quen de sacar adiante con moito traballo con balón o que fixo que apenas sufrise acometidas na súa portería. O primeiro gol veu despois dun saque dende o curruncho ben executado por Rodri que Dopazo consegue rematar dentro da área pequena, con esta vantaxe marchamos ós vestiarios. Na segunda metade seguimos dominando o balón grazas a grande labor realizada no medio por Varela, Fran, Álvaro e Rodri. O segundo gol chega despois dunha gran xogada combinativa que remata Álvaro cun gran disparo dentro da área. Parabenizar a todo o equipo porque a pesares das baixas foi quen de saca-los tres puntos. SR Calo 0 - Xuvenil B 3 Partido moi ben xogado polo noso Xuvenil, que foi quen de desbaratar as acometidas do rival con intensidade, gañando as dispùtas e os segundos balóns para que así o rival non puidera achegarse a nosa portería en ningún momento. Na primeira metade a penas houbo ocasións de gol por parte de ambos conxuntos xa que o Calo soubo desbaratar as nosas e abundou o xogo directo sumado a que o Bertamiráns abusou das conduccións no medio do campo e non buscou triangulacións, estas facían moito máis dano ó rival.  Na segunda metade cos trocos o Bertamiráns foi quen de achegarse máis a área rival xa que fructificaron as triangulacións e conseguía xira-lo xogo á banda contraria buscando os espazos que deixaba o rival. Así Vizcaya, Kike de penalty e Labandeira conseguiron os tres goles do equipo. SD Valiño 1 - Sénior 4 Esta fin de semana chegou, por fin, a primeira victoria do Sénior a domicilio. Foi un partido moi duro, xogamos contra o Valiño, un dos mellores equipos da categoría. Nós non aforramos ningunha carreira nin ningunha disputa, estivemos serios, metidos no partido, sen demasiadas dúbidas na defensa organizada e bastante finos na transición defensa-ataque. O rival manexou a fase de ataque organizado con maior eficacia ca nós pero non foi quen de chega-la profundidade. Pódese dicir que durante varios minutos, na primeira parte, despois do 0-2, o rival foi quen de someternos e darnos un par de toques de atención. Quitando ese momento, a nosa estructura defensiva non se viu ameazada. En relación a nosa fase de ataque posicional dicir que o rival púxonolo moi difícil, obrigounos a escoller camiños distintos aos que máis nos gustan. Sexa como fose, 3 puntos máis e moi merecidos; fomos quen de xerar moitas ocasións de gol, tamén de acertar máis de cara a portería do que acertou o Valiño. Para a semana máis!! Equipo do Infantil C que gañou na Baña.

Xornada 06/11/2022

O Municipal de Bertamiráns segue a ser un fortín para o Sénior. O Sénior segue a contar por victorias os seus partidos xogados no Municipal de Bertamiráns, nesta xornada goleou ó SD Esclavitud. Biberón A 0 - ED Xuv. Oroso 2 Partido onde os nosos, sendo superiores na maior parte do partido non foron quen de ganarlle ao Oroso, que tras un par de xogadas individuais conseguiron tres goles, que foron suficientes para levarse o partido. Nos vivimos todo o partido preto da portería rival pero custounos demasiado anotar, únicamente anotamos un gol. Biberon B 0 - ADN 4 Neste caso os nosos non puideron facer nada, gañaron tóda-las partes dunha maneira moi doada xa que tiñan xogadores moito máis preparasdos ca os nosos. Resultado merecido para o ADN, agora toca seguir traballando. SD Cacheiras 1 - PB A 2 Partido do noso Prebenxamin A diante dun rival que nos puxo as cousas moi complicadas dende o inicio ata o remate do partido como así o reflicte o resultado. Fomos mellores na primeira parte tendo varias ocasións moi claras acadando un so gol, a segunda metade foi moi igualada con ocasións en ambas porterias, pero o partido caeu do noso lado cun gran gol de Iago Arias; agora a pensar no vindeiro rival. (FUTSAL) SD Dubra 1 - PB B 2 Primeira victoria a futsal do noso PB polo que se lle fixo xustiza ó grupo polo traballo ben feito ata agora. Non foi o partido mellor xogado polos nenos, aínda con ausencias, pero sí un bo e xusto resultado para coller folgos para seguir traballando coa mesma ilusión que ata agora. Parabéns ós peques e ánimo para os que faltaron esperando unha pronta recuperación. SR Calo B 2- PB B 7 Partido onde o noso equipo presentouse con moitas baixas e que aínda así foi quen de levarse. Un partido controlado dende o principio e que gañou de maneira clara. Demostración de solidez e a esperar que os enfermos se recuperen o antes posible. A seguir disfrutando e traballando tanto nos partidos coma nos adestramentos. Benxamín A 4 - SD Cacheiras 0 Partido serio e completo diante dun rival complicado que non tivo opción para gañar no municipal de Bertamiráns. Destacamo-la primeira parte dos nosos pequenos, que senon chega a ser polo seu porteiro a diferenza sería moito maior. A po-los seguintes 3 puntos!!! Benxamín B 1 - EF Xuv. Oroso B 2 Partido moi igualado o disputado en Bertamiráns, onde se adiantou o equipo local e remontaron os visitantes pouco despois, os nosos puideron empatar ao final pero non puido ser, partido para seguir aprendendo. Benxamín C 2 - ED O Dolmen Tordoia 2 Partido moi intenso e entretido entre dous equipos que o deron todo no campo e onde puido haber moitos máis goles. Os nosos nenos tiveron que traballar todo o partido para conseguir este empate xa que o rival andivo sempre por diante no marcador. Bo partido do equipo que consegue un punto que sabe a victoria. SR Calo B 9 - Benxamín D 0 Partido onde nos encontramos a un rival superior e non fomos quen de contrarresta-lo bo xogo que despregaron. Na segunda parte melloramos un pouco pero nunca fomos quen de iguala-lo nivel do noso rival. Felicitar ao Calo e a seguir traballando para ir mellorando para atoparnos cómodos cando temo-lo balón. Alevín A 3 - Atl. Fártima 1 Partido moi duro esta fin de semana, comezamos ben. Xerando perigo e do xeito que está previsto que suceda. Aos 10-15 minutos o partido comezou a poñerse moi feo, comezamos a xogar máis en campo propio, cometemos máis imprecisións e comezamos a ter máis dúbidas das que serían aceptables. Hai que recoñece-lo mérito de quen xoga contra os nosos, o seu esforzo e as súas gañas tamén fan que a nós non nos saian as cousas mellor. Ao final conseguimo-los tres puntos e outra experiencia máis vivida. Debemos seguir aprendendo e esforzándonos sen esquecernos de que estes dous aspectos van facer que poidamos desfrutar ao máximo do deporte. ACD Esc. Dep. Arzúa 0 - Alevín B 4 Saímos bastante enchufados nos primeiros minutos onde chegamos a marca-lo primeiro gol. A partires de ahí, todo moi errático e lento. Ben é certo que non sufríamos porque o equipo rival non chegaba a porta pero, non éramos quen de xerar boas ocasións no derradeiro terzo do campo dado a que a nosa velocidade de balón non era o suficientemente boa. Pese a isto, a superioridade ante o rival fíxose notar nun par de boas accións individuais onde fomos quen de amplia-la vantaxe. Alevin C 14 - ADN 1 Partido do noso Alevin C sen moita historia xa que fomos moi superiores dende o inicio do partido no que acadamos matemáticamente a clasificación pra segunda fase pra loitar polo título; agora toca prepara-lo vindeiro partido. Alevín D 2 - SD A Baña 0 Enfrontabámonos a un rival bastante duro, con moitos nenos de segundo ano e que estaba empatado con nos a puntos no alto da táboa. Unha primeira parte moi igualada levabanos co 0-0 ao descanso, pero outra vez tra-lo descanso o equipo mostrou unha boa reacción. Unha gran acción de Yago ía conseguir o máis difícil, o 1-0. Un pouco máis relaxados xa, tras un bo saque dende o curruncho ía chegar o 2-0 final. Logramos con esta victoria deixar case lista a clasificación para a seguinte fase, o cal nin de lonxe era o obxectivo a principios de tempada. Gran traballo dos pequenos! EF Xuv. Oroso C 10 - Alevín E 0 Esta xornada tocábanos enfrentarnos aos primeiros da liga. Tiñamos a idea clara de xogo e plantexamos o partido como tal. Comezamos moi despistados e frouxos en defensa e iso ía facer que foramos perdendo dende moi cedo. A segunda parte foi algo mellor e intentamos xogar algo máis pero non seríamos quen de facer ocasión claras de gol. Seguimos traballando e medrando para mellor, xa ca vista no seguinte partido. SD Residencia 1 - Infantil A 2 O infantil A volta a senda da victoria tras dúas semanas con empates. Partido bastante igualado o disputado no campo da Cheda. O noso equipo comezou atacando a portería rival, e así no minuto 6 Lucas remata cruzado un centro lateral dende a dereita que acaba dentro das mallas. Logo no 13, Matteo marca o segundo de testa, anticipándose no segundo pau ao seu par e rematando de maneira impecable un saque dende o curruncho. A partires de ahí o noso rival empeza a dominarnos e achegarse con perigo a nosa meta, e no minuto 21 nun remate de testa de saque dende o curruncho fan o 1-2. Segueu dominando o resto da primeira parte o Residencia, aínda que preto do remate desta, o Berta, por parte de Diego erra unha ocasión moi clara, que puido dar moita tranquilidade os nosos, con todo a favor para marcar envía o balón por riba do longueiro. A segunda parte volve estar igualada. O Residencia ataca e crea ocasións e o Berta as contras ten algunha moi clara. Asi Lucas puido aumentar distanzas se o árbitro non interpretase como man un control co peito que logo rematou en gol. Preto do final o árbitro non considerou como penalti unha entrada de Santi o dianteiro do Residencia, que puido pitalo e ser ocasión clara para o 2-2. Despois disto o Berta sufriu pero deu aguantado o 1-2. Infantil B 6 - Atl. Fátima 1 Mañan fría con 4° de temperatura no Municipal, rápidamente subiría a temperatura co bo xogo dos rapaces diante dun rival que non lle perdeu a faciana ao encontro. A primeira metade remataba cun 3-0 grazas aos goles de Rodri, Fabio e Marco de falta directa. A Segunda metade comenzaba cun Fátima que quería reduci-la vantaxe e gozou de dous ou tres claras ocasións que non foi quen de materializar, a partires de ahí o equipo voltou toma-lo mando do encontro e chegaba o 4-0 por parte de Brais cun gran disparo dende 25 metros que o porteiro rival non foi quen de atrapar. Posteriormente Darío poría o quinto e o sexto no marcador ó finalizar dúas boas xogadas do equipo que segue a liderar a clasificación con autoridade. Infantil C 2 - Carreira CF 1 Victoria importante que nos mantén nos postos de arriba pero que non veu acompañada dun bo xogo.Costounos atopa-lo ritmo de xogo diante dun equipo que esperaba atrás e tentaba saír con velocidade á contra. A pesares de que non foi o noso mellor partido levabamos en todo momento o peso do mesmo e o rival non xeraba perigo. Tras chegar con empate a cero no marcador comezamo-la segunda parte un pouco mellor entendendo onde estaban os espazos e empezando a xerar perigo e así chegaron os goles.O Carreira aproveitou unha falta para poñer o 2-1 definitivo. Infantil D 1 - SD Compostela B 5 Partido duro diante dun bo rival que fixo imposible representa-las situacións traballadas e os nosos sentíronse incómodos durante todo o partido. Seguiremos co traballo nos adestramentos para mellorar o antes posible. Cadete A 1 - SD Compostela 1 O cadete A fixo méritos para levarse os tres puntos, pero só logrou un empate. Saiu o noso equipo decidido a lograr os tres puntos, cun par de ocasións para facer gol, pero foi o Compos quen se adiantaría, cun bo disparo de fora da área que remataría no fondo da rede. A partir de ahí o Berta aínda se volca máis sobre a portería visitante, tendo dous mans a mans co porteiro pero non logra marcar. Así remata a primeira parte. A volta dos vestiarios o equipo local todavia logra acentuar máis o dominio, conseguindo ter varias ocasións claras por parte de Lemos, Mateo con sendos disparos e Suárez nun saque dende o curruncho. Pero nunha destas veces chega o 1-1 por parte de Diego. O Berta seguíu intentando facer algún gol máis, pero non o dou conseguido. Resultado final 1-1. Cidade de Ribeira CF 2 - Cadete B 0 Partido no que os dous equipos saíamos con moitas gañas ao terreo de xogo. Quizáis as gañas de competir por parte dos nosos acabounos afectando, sabíamos que xogabamos contra un rival tremendamente perigoso nas accións a balón parado. Falouse no vestiario da importancia de non realizar faltas innecesarias en campo propio, algo que non fomos quen de facer. Tivemos moita sorte en chegar ao descanso 0-0, xa que o rival tivo moitas oportunidades para poñerse por diante no marcador na primeira metade, todas estas ocasións viñeron de accións a balón parado, a nivel xogo custaballes moito xerarnos perigo. Na segunda parte é certo que reducimos a realización de faltas innecesarias e ao final o primeiro gol foi un grave error noso, nun balón atrás e o noso porteiro e central que non se poñen de acordo permite que o dianteiro rival chegase regateando ao porteiro e marcase a portería vacía. O segundo gol ven dunha falta que a única persoa que ve falta nesa xogada é o arbitro, isto permitiu que o lanzador do Ribeira puidese fusilar a nosa portería poñendo o 2-0 no marcador. Resultado totalmente merecido e que fai que deamos uns pasiños atrás na clasificación pero pronto estaremos de volta nos postos altos da táboa, iso está máis que asegurado. Cadete C 2 - EF Xuv. Oroso 2 A pesare de adiantarnos no marcador cun 2-0 non fomos quen de xestionar na primeira parte o resultado xa que o rival conseguiu empatar. Na segunda metade a pesares de controla-lo partido e de atosigar ó rival no seu campo non acadamos máis goles. Bo punto que sabe a pouco xa que fomos claramente mellores durante todo o partido. Seguimos traballando e avanzando na formación. SD Residencia 2 - Xuvenil A 2 Xogamos o peor partido da tempada no que hai que dicir que tiñamos moitas baixas, e no que nos vimos obrigados a levar 3 cadetes que traballaron moi ben e non se notou que foran xogadores doutra categoría. Ademáis non fomos quen de adaptarnos ó campo da Cheda que ten unhas dimensións máis grandes do que normalmente nos atopamos na categoría, aínda así fomos quen de marchar a vestiarios cun 0-2 a favor con dous goles de Dopazo. Digamos que fomos mellores ca o rival nas áreas nesta primeira metade. Na segunda foi un desastre absoluto sobre todo os primeiros 15 minutos onde concedimos moitas ocasións e o rival acadou o empate. O equipo non soubo xogar cos ritmos do partido nin soube ler que podería controlar mellor ó rival facendo outro tipo de xogo. Aínda así puidemo gañalo partido no último minuto se Dopazo houbese estado atinado na área nunha contra que levou xunto con Miguel. Debemos de pornos as pilas nos vindeiros partidos e adestramentos se queremos estar no play-off. Xuvenil B 0 - SD Cacheiras 3 Encontro no que unha vez máis encaixamos na primeira xogada do mesmo e onde o equipo estivo desactivado os primeiros 10 minutos o que custou recibir tres goles. A partires dese momento o choque igualouse debido a unha mellora pola nosa parte e a un pasiño atrás do rival que xa tiña o encontro moi de cara. O marcador non se modificaría en todo o resto do encontro. Sen actitude e concentración é imposible competir nesta categoría. Sénior 4 - SD Esclavitud 0 Partido apañadiño do noso Sénior que foi quen de obter unha boa victoria diante dun bo rival. O encontro púxose de cara cun gol nada máis comeza-lo encontro, iso deunos certa tranquilidade para afronta-lo resto dos 90 minutos. O ritmo non foi moi alto, a circulación de balón e a precisión non foron as desexables pero as gañas dos nosos eran evidentes. Con todo, fomos xerando ocasións, unhas moi claras e outras non tanto, igualmente, a nivel ofensivo estivemos mellor ca o noso rival posto que o Escravitud non foi capaz de xerar perigo na nosa portería. Ao final fomos quen de acertar de cara a gol e colleitamos un resultado tranquilizador e esperanzador. Para a semana máis!! Equipo Cadete C que esta xornada empatou na casa diante do EF Xuv. Oroso C. Gol de Iago Arias na victoria do PB A. Gol de Diego na victoria do Alevín B.

881087583

627145820 Fútbol 11

676014018 Fútbol 8

bertamiransfc@gmail.com

As Nosas Redes Sociais

Concello
Deputación
Futgal